Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 85 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 20 Total: 125
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Os obxectivos desta materia son que o alumnado afonde nos aspectos dasocráticos básicos e amplíe coñecementos na aplicación práctica da ordenación, na toma de decisións e na optimización da xestión forestal, na ordenación de comarcas forestais e en certificación forestal.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos: Instrumentos e modalidades para a xestión forestal sustentable de montes e de comarcas forestais. Métodos de toma de decisión e optimización en diferentes escalas de planificación forestal. Sistemas e modalidades de certificación forestal. Indicadores de xestión sustentable.
Estes contidos serán desenvolvidos de acordo co seguinte programa, que inclúe tanto exposicións teóricas como prácticas relacionadas (especifícanse entre parénteses as horas presenciais e estímase que por cada unha delas serán necesarias dúas horas de traballo persoal do alumnado):
Teoría (20 h):
1. Introdución á xestión sustentable de montes e comarcas forestais (3 h).
2. A ordenación de comarcas forestais (2 h).
3. Certificación da xestión forestal sustentable e da cadea de custodia (3 h).
4. Métodos de control de superficie e volume (2 h).
5. Formulacións do problema de planificación forestal (2 h).
6. Planificación forestal mediante programación lineal, mixta e enteira binaria (3 h).
7. Métodos heurísticos para a planificación forestal (2 h).
8. Planificación forestal multiobxectivo (2 h).
9. Restricións e consideracións espaciais na planificación forestal (1 h).
Prácticas (20 h):
1. Aplicación de técnicas de control de superficie e volume (2 h).
2. Planificación de cortas mediante programación lineal, mixta e enteira binaria (5 h).
3. Planificación de cortas mediante métodos heurísticos (2 h).
4. Planificación forestal multiobxectivo (5 h).
5. Aplicación do método AHP á xestión forestal (4 h).
6. Inclusión de restricións espaciais na planificación de cortas (2 h).
Básica:
- Bettinger, P.; Boston, K.; Siry, J.P.; Grebner, D.L. 2009. Forest Management and Planning. Academic Press, Elsevier (ref. BUSC Intercentros: CASI 887).
- Buongiorno, J.; Gilless, J.K. 2003. Decision methods for forest resource management. Academic Press (ref. BUSC Intercentros: CASI 553).
- Clutter, J.L.; Fortson, J.C.; Pienaar, L.V.; Brister, G.H.; Bailey, R.L. 1983. Timber management: a quantitative approach. Krieger Publishing Company, Malabar (Florida) (reprint ed. 1992) (ref. BUSC Intercentros: CASI 596).
- Davis, L.S.; Johnson, K.N.; Bettinger, P.S.; Howard, T.E. 2001. Forest management: to sustain ecological, economic, and social values. McGraw-Hill, New York (ref. BUSC Intercentros: CASI 339).
- Madrigal, A. 1994. Ordenación de montes arbolados. Colección Técnica. ICONA-Mº de Agricultura, Pesca y Alimentación, 375 p. Madrid (ref. BUSC Intercentros: CASI 31, CASI 741).
Complementaria:
- Diéguez-Aranda, U.; Rojo Alboreca, A.; Castedo-Dorado, F.; Álvarez González, J.G.; Barrio-Anta, M.; Crecente-Campo, F.; González González, J.M.; Pérez-Cruzado, C.; Rodríguez Soalleiro, R.; López-Sánchez, C.A.; Balboa-Murias, M.A.; Gorgoso Varela, J.J.; Sánchez Rodríguez, F. 2009. Herramientas selvícolas para la gestión forestal sostenible en Galicia. Xunta de Galicia. https://www.qforestry.com
- Kangas, A., Kangas, J., Kurttila, M. 2008. Decision support for forest management. Managing Forest Ecosystems 16. Springer.
- Pita, P.A. 1973. El inventario en la ordenación de montes. I.N.I.A., Madrid.
- Prieto, A., López-Quero, M. 1993. Manual de ordenación de montes. Ed. Paraninfo, Madrid. 261 p. (versión española de: Dubourdieu, J. 1989. Manuel d'amenagement. Office National des Forêts, 3ª ed.).
- Rojo Alboreca, A., Madrigal, A., Pérez-Antelo, A. 2006. Estructura y contenido de los proyectos de ordenación de montes arbolados. Unicopia. Lugo. http://hdl.handle.net/10347/23751
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias básicas, xerais e transversais, desexables en calquera titulación universitaria, e outras específicas, propias da enxeñaría forestal. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
Competencias básicas e xerais:
- CB6. Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
- CB7. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en novos contornos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
- CG2. Capacidade para deseñar, dirixir, elaborar, implementar e interpretar proxectos e plans de actuación integrais no medio natural.
- CG7. Capacidade para o desenvolvemento de políticas forestais.
Competencias transversais:
- CT1. Capacidade de análise y síntese.
- CT2. Capacidade para o razoamento e a argumentación.
- CT3. Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
- CT4. Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
- CT5. Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
- CT6. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
- CT7. Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
- CT10. Utilización de información bibliográfica e de Internet.
- CT11. Utilización de información en lingua estranxeira.
Competencias específicas:
- CE5. Coñecemento e capacidade para deseñar plans de desenvolvemento integral sustentable de comarcas forestais e o desenvolvemento de indicadores de xestión.
- CE6. Capacidade para deseñar e calcular plans de declaración e/ou ordenación de espazos naturais protexidos.
- CE7: Capacidade para deseñar e calcular plans de ordenación do territorio, áreas de montaña e zonas costeiras.
A docencia desta materia será presencial. Tras unha explicación teórica dos distintos temas, a aprendizaxe continuará coa lectura da bibliografía recomendada (que incluirá, ademais da bibliografía básica e complementaria, varios artigos escritos en inglés) e a resolución de casos prácticos. As clases de teoría, expositivas e de carácter maxistral participativo, desenvolveranse nunha aula convencional coa axuda dun encerado e medios audiovisuais. As clases de prácticas, de carácter interactivo, realizaranse en grupos reducidos coa axuda dunha computadora. Tanto nunhas como noutras se traballarán as competencias CG2, CG7, CT2, CE5, CE6 e CE7. As actividades de ensinanza/aprendizaxe apoiaranse no Campus Virtual da USC, que ofrece recursos docentes en Internet (repositorio de documentación, plataforma para o desenvolvemento de actividades en liña e medio de comunicación profesor/alumnado). O profesor proporá exercicios semellantes ós explicados na clase que o alumnado deberá resolver fóra da aula para fortalecer o seu coñecemento e descubrir as súas dificultades coa materia. Tamén subministrará datos reais ou simulados para que o alumnado os analice de forma autónoma empregando as técnicas aprendidas na materia, e redacte informes nos que explique o traballo feito, expoña e discuta os resultados obtidos e resalte as principais conclusións. Coa realización destes traballos o alumnado traballará as competencias CB6, CB7, CG2, CG7, CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT10, CT11, CE5, CE6 e CE7. Os informes destes traballos de curso servirán para a avaliación continua da materia. Nas titorías atenderase ó alumnado para comentar e aclarar cuestións concretas en relación coas súas tarefas dentro da materia (recompilación de información, análise de datos, preparación de traballos...).
Será unha combinación entre avaliación continua e proba final, que terán a mesma ponderación (50%) na cualificación final da materia:
- Avaliación continua: a medida que se avance no desenvolvemento da materia iranse propoñendo varios traballos de diferente temática e complexidade que deberán realizarse individualmente ou en grupo (especificarase en cada caso) e entregarse e/ou exporse no prazo que se especifique.
- Proba final: consistirá en cuestións teóricas e/ou na resolución de supostos prácticos. Realizarase de xeito presencial no lugar e a data fixados pola Dirección do Centro en cada unha das convocatorias oficiais de exame.
Tanto na avaliación continua como na proba final será necesario obter polo menos 4 puntos sobre 10 para facer media coa outra parte. Non se conservará a avaliación positiva de ningunha actividade nos seguintes cursos académicos, polo que se aplicará o mesmo sistema de avaliación a todo o alumnado (aínda que sexa repetidor ou se lle teña concedido dispensa de asistencia a clase, que só poderá ser parcial e para as actividades expositivas).
Aínda que se traballarán todas as competencias indicadas, soamente una parte serán avaliadas. A relación entre os sistemas de avaliación e dichas competencias é a seguinte:
- Proba escrita (50%): competencias CB7, CG2, CT2 e CE5.
- Traballos entregados e/ou expostos (50%): competencias CB7, CG2, CT1, CT2, CT3, CT5, CT6, CT7, CT10 e CE5.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na «Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións» (artigo 16 da Resolución de 15/06/2011 da USC, DOG de 21/07/2011).
Esta materia ten una carga de 5 ECTS, divididos en docencia expositiva (20 h), interactiva (20 h) e titorías (2 h). Cada hora de traballo presencial co profesor deberá ser correspondida con aproximadamente dúas horas de traballo do alumnado. Isto permitirá afianzar os conceptos explicados na aula mediante o estudo dos aspectos teóricos expostos, a resolución dos exercicios propostos e a elaboración dos traballos de curso que se empregarán para a avaliación parcial da materia.
Asistencia e participación nas clases teóricas e prácticas. Ordenar e asimilar a información recibida (apuntes, material complementario, etc.). Completar a información recibida coa bibliografía recomendada. Aproveitar as titorías para aclarar conceptos e reflexar esas aclaracións na documentación (apuntes, etc.). Preparar a exposición dos traballos da materia.
Existe unha materia no campus virtual da USC co mesmo nome.
Materia en extinción no curso 2024/2025, sen docencia pero con dereito á avaliación co
sistema especificado para estudantes repetidores.
Alberto Rojo Alboreca
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- alberto.rojo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Ulises Dieguez Aranda
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- ulises.dieguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade