Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 76.5 Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 13.5 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
O curso está dirixido a estudantes con coñecementos moi básicos sobre o mundo microbiano. Trátase de iniciar ao alumnado en conceptos básicos da Microbioloxía que vaian ter relevancia á hora do deseño dunha fermentación ou proceso microbiano industrial. Algunhas clases impartiranse no laboratorio de maneira que se podan conectar os conceptos coa aplicación práctica á vez que nos familiarizamos coas condicións de traballo e o instrumental dun laboratorio de Microbioloxía.
Todos os temas serán impartidos parte na aula e parte no laboratorio de prácticas. A docencia no laboratorio levarase a cabo cando se considere que a materia a tratar queda máis clara co traballo práctico do alumnado.
1. Introdución ao mundo microbiano. Morfoloxía e fisioloxía dos microorganismos. Diferenzas entre microorganismos procariotas e eucariotas. Observación ao microscopio. Tincións simples e diferenciais.
2. Crecemento microbiano. Parámetros importantes. Factores ambientais. Cultivo de microorganismos en diferentes substratos. Tipos de medios de cultivos.
3. Tipos de fermentacións. Produción de metabolitos secundarios. Curva de crecemento microbiano, depleción de glucosa e produción dun metabolito secundario. Manexo dun fermentador.
4. Os microorganismos como causantes de problemas: contaminacións, patoxenicidade e alteración de produtos de interese industrial. Control e prevención de riscos microbiolóxicos na industria. Métodos de desinfeción, esterilización e redución da carga microbiana.
5. Encimas. Grupos importantes desde o punto de vista industrial. Encimas recombinantes. Inmobilización de encimas e células enteiras. Fermentacións con encimas e células inmobilizadas. Aspectos éticos e legais do emprego de microorganismos modificados xenéticamente na industria
Clases interactivas:
Consistirán na exposición por parte do alumnado dun traballo de investigación realizado en equipo.
Visita técnica:
Poderá realizarse unha visita á empresa "Bioetanol Galicia"
Clases prácticas de laboratorio:
-Tincións simples e diferenciais para a observación de microorganismos ao microscopio
-Cultivo de microorganismos en distintos medios
-Curvas de crecemento, consumo de glucosa e produción de carotenoides por parte dunha levadura pigmentada de interese industrial
-Fermentación usando levaduras e encimas inmobilizadas en alxinato.
As normas de seguridade de cada práctica están detalladas no guión que estará ao dispor do alumnado ao comezo das mesmas.
Bibliografía básica:
Título: Microbiología Esencial, 1ª edición
Editores: Martín A, Béjar V, Gutiérrez J, Llagostera M, Quesada E.
Editorial: Editorial Médica Panamericana
Ano: 2019
ISBN: 978-84-9835-786-8 (versión impresa + eBook
ISBN: 978-84-9110-242-7 (versión eBook
MADIGAN, Michael T. et al. Brock: Biología de los microorganismos. 14ª edición. Ed. Pearson. ISBN: 978-84-9035-279-3
MARTÍN, Ana et al. Microbiología esencial. Ed. Panamericana. ISBN: 978-84-9835-786-8
Bibliografía e material complementario:
artigos científicos para cada tema en concreto
Competencias xerais: CB10, CG7
Competencias específicas: CE1, CE2
Competencias transversais: CT4, CT5
Seguirase a metodoloxía da materia equivalente no novo plan de estudos, que oferta docencia presencial:
P4142108 - Biocatálise
Seguirase o sistema de avaliación da materia equivalente no novo plan de estudos, que oferta docencia presencial:
P4142108 - Biocatálise
-
Carlos Rodriguez Osorio
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Teléfono
- 881816050
- Correo electrónico
- cr.osorio [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade