Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Interactiva: 0.6 Total: 2.6
Linguas de uso Inglés
Tipo: Prácticas Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación, Departamento externo vinculado ás titulacións, Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores, Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial, Electrónica, Linguaxes e Sistemas Informáticos, Área externa M.U en Intelixencia Artificial, Lingüística Xeral
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
As prácticas externas teñen como obxectivo principal saber usar os coñecementos adquiridos en neste mestrado nunha contorna real.
Para iso, traballarase nun entorno real (empresas ou institucións do ámbito da IA) no que se poñan de manifesto as capacidades para aplicar as competencias adquiridas no desenvolvemento da titulación en contornos reais da profesión..
Polas peculiaridades deste traballo é imposible definir uns contidos a priori. Para cada práctica, os contidos dependerán da área na que se desenvolva o traballo, estando en todo caso relacionados cos estudos realizados.
Non hai. O alumnado deberá buscar a bibliografía relevante no ámbito específico da temática da práctica externa seleccionada.
As competencias específicas que se desenvolvan durante a realización da práctica externa dependen da temática concreta do traballo.
Competencias da titulación que se traballan na practices externas (ver memoria título):
Básicas: CB7, CB8 y CB9.
Generales: CG1, CG2, CG4 y CG5.
Transversales: CT1, CT3, CT5, CT6, CT7, CT8 y CT9.
Específicas: CE27 y CE28.
O estudante deberá acudir á convocatoria anual de prazas de prácticas externas, seguindo os procedementos e prazos establecidos nela.
Os métodos e metodoloxías de aprendizaxe particulares dependerán da cultura organizativa/empresarial da entidade colaboradora na que se realice a práctica externa, así como da problemática ou temática da mesma. En todo caso, será necesario redactar a memoria final de actividade.
O alumnado deberá asistir necesariamente ás actividades que sexan programadas para a preparación dos procesos selectivos e foros/charlas de empresa. A nota final calcularase a partir do informe emitido pola entidade colaboradora e da avaliación da memoria final de actividades por parte do titor académico.
O tempo a dedicar a esta asignatura serán 150 horas incluíndo o desenvolvemento da memoria final de actividades.
A Comisión de Máster de Intelixencia Artificial da titulación é a encargada de velar polo correcto desenvolvemento de todos os aspectos relacionados con esta materia.