Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 14 Clase Interactiva: 14 Total: 32.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Linguaxes e Sistemas Informáticos
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Preténdese con esta materia que o estudante sexa quen de identificar os diferentes tipos de innovación e emprendemento, e a súa aplicación a proxectos empresariais baseados en IoT. Para iso debe coñecer e comprender os diferentes estadios polos que pasa unha innovación, dende que é tan so unha idea ata que se transforma nun produto, proceso ou servizo comercializable, e os aspectos básicos de protección intelectual e industrial, así como as diferentes fontes de financiamento para un plan de negocio innovador baseado en desenvolvementos sobre tecnoloxías de IoT.
1.- Aspectos básicos de Innovación e Emprendemento
2.- Modelos de innovación: Intra-emprendemento, Innovación aberta vs. Innovación pechada
3.- Modelo e plan de negocio: metodoloxías áxiles de desenvolvemento e xestión do proxecto empresarial
4.- Fontes de financiamento do Emprendemento baseado en tecnoloxía
5.- Protección da propiedade intelectual e industrial
Lean Startup para científicos: Una guía para científicos e investigadores visionarios que quieren transformar el mundo acercando sus innovaciones a la sociedad y el mercado”. José Javier Ruiz Cartagena y Carmen García Mora. Editado por Prismático. 2023.
Fases del proceso de apoyo al emprendedor. Buenas prácticas de Referencia. Cristobal García y otros. Colección Estudios RedEmprendia. Editorial Netbiblo. 2016
Emprender con éxito desde la Universidad. Juan M. Romero y otros. Colección Estudios RedEmprendia. Editorial Netbiblo. 2013
CMP8- Desenvolver un plan de negocio para un proxecto empresarial baseado en IoT
CMP12- Integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo
incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación de coñecementos e xuízos
CMP13- Asumir a responsabilidade do propio desenvolvemento profesional e da especialización nun ou máis campos de estudo, de forma continuada, autodirigida e autónoma
HBL14- Predicir e controlar a evolución de situacións complexas mediante o desenvolvemento de novas e innovadoras metodoloxías
de traballo adaptadas ao ámbito científico/investigador, tecnolóxico ou profesional concreto, en xeral multidisciplinar, no que se desenvolva a súa actividade.
A clase de teoría será desenvolvida na modalidade de clase maxistral.
As clases de prácticas de laboratorio articularanse de forma que o estudante desenvolva un proxecto innovador baseado no uso de tecnoloxías IoT, que dea resposta a un reto proposto polo profesorado; este proxecto será desenvolvido grupo, e concluirá co deseño dun modelo de negocio.
Aprendizaxe por proxectos: O alumno afianzará os conceptos desenvolvidos na clase de teoría, a través do desenvolvemento das distintas fases do seu proxecto.
A nota final da materia estará formada pola media ponderada dos seguintes items:
Exame teórico: 40%
Avaliación do traballo práctico: 40%
Seguimento continuado : 20%
Para ter dereito a exame tanto na convocatoria ordinaria como na extraordinaria, o alumno ha de asistir ao 80% das clases prácticas.
Para superar a materia, o alumno deberá superar por separado tanto o exame teórico como a avaliación do traballo práctico.
De suspender unha das partes na convocatoria ordinaria, o alumno só deberá de repetir a parte non superada na convocatoria extraordinaria: o exame se é a parte de teoría, e a elaboración dun proxecto novo a proposta do profesorado, se é a parte práctica
Considérase que as horas de dedicación do alumnado será de 75; das cales 24 serán presenciais, 12 expositivas e 12 de laboratorio. Os 51 restantes serán de traballo persoal, dedicadas polo alumno ao estudo da materia (20) e ao traballo práctico (31)
Aínda que hai contidos teóricos, estes están dirixidos a fundamentar os coñecementos necesarios para sacar o máximo proveito dos contidos interactivos e as prácticas de laboratorio. Por tanto, non só o profesorado, senón tamén o alumnado debe ver a materia no seu conxunto como contidos que se reforzan, comprenden e aplican a través de múltiples interaccións cruzadas.
Por outra banda, é importante que o alumnado siga as clases teóricas, base das clases interactivas, coas cales están altamente aliñadas.
Recoméndase manter unha comunicación fluída co profesorado e unha actitude participativa nas clases. Tamén se recomenda un traballo semanal constante relacionado coas actividades descritas na metodoloxía. O alumno deberá de dispoñer dun ordenador persoal portátil no que desenvolver as prácticas e no que se poida instalar o software utilizado na materia, que será software libre..
José Manuel Cotos Yáñez
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Linguaxes e Sistemas Informáticos
- Teléfono
- 881816461
- Correo electrónico
- manel.cotos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A10 |
17:30-19:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula A10 |