Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 22 Clase Interactiva: 6 Total: 32.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación, Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Linguaxes e Sistemas Informáticos, Área externa M.U en Internet de las Cosas - IoT
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia "Redes de comunicacións en IoT" examina as características dos distintos tipos de redes IoT e das
tecnoloxías de rede para IoT.É unha materia cun marcado carácter práctico. Entre os obxectivos da materia están:
- Coñecer as principais características e requisitos dunha rede de comunicacións IoT.
- Coñecer distintas tecnoloxías de rede aplicables aos entornos IoT.
- Adquirir a capacidade para escoller a tecnoloxía de rede máis adecuada para escenarios concretos de IoT.
- Adquirir a capacidade para deseñar e desplegar escenarios de conectividade para redes IoT.
Os contidos desta materia inclúen tres bloques temáticos:
1. Redes sen fíos de área persoal e corporal (PAN).
2. Redes WAN de baixo consumo (LPWAN).
3. Redes de sensores sen fíos (WSN).
Haberá tres prácticas, cada unha delas asociadas a algunha rede concreta das vistas en cada tema:
1. Rede Bluetooth LE.
2. Rede LoRA/NB-IoT e Wifi HaLow.
3. Rede de sensores con Thread + Matter.
Bibliografía Básica:
- Rolando Herrero, Fundamentals of IoT Communication Technologies, https://doi.org/10.1007/978-3-030-70080-5, 1, Springer Cham, 2021.
- Kevin Townsend, Carles Cufí, Akiba, Robert Davidson, Getting Started with Bluetooth Low Energy, 9781491900581, 1, O'Reilly Media, Inc., 2014.
Bibliografía Complementaria:
- Cory Beard, Wireless Communication Networks and Systems, 978-1292108711, 1, Pearson, 2016.
- Hanes D., Salgueiro G., Patrick Grossetete P., Henry J., Barton R, IoT Fundamentals: Networking Technologies,
Protocols, and Use Cases for the Internet of Things, 978-1-58714-456-1, 1, Cisco Press, 2017.
- Rolando Herrero, Practical Internet of Things Networking, https://doi.org/10.1007/978-3-031-28443-4, 1, Springer Cham, 2023.
- Kersten Heins, NB-IoT Use Cases and Devices, https://doi.org/10.1007/978-3-030-84973-3, 1, Springer Cham, 2021.
Nesta materia adquirense os seguintes resultados de aprendizaxe obrigatorios:
Coñecementos ou contidos:
- CNC7. Identificar as características dos distintos tipos de redes e das tecnoloxías de rede para IoT.
Habilidades:
- HBL8. Planificar escenarios de conectividade para redes IoT.
- HBL12. Aplicar os coñecementos adquiridos e resolver problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos e máis mulitidisciplinarios, sendo capaces de integrar coñecementos.
Competencias:
- CMP3. Construír redes e definir protocolos que permitan a comunicación entre dispositivos IoT.
- Clases de teoría/Clase maxistral: o profesorado da materia proporcionaralle atención individualizada e personalizada aos alumnos e alumnas durante o curso, solucionando as súas dúbidas e preguntas. As dúbidas atenderanse de forma presencial ou telemática (durante a propia sesión maxistral, ou durante o horario de titorías). O horario de titorías acordarase cos alumnos e alumnas mediante cita previa. Exposición por parte do profesorado, dos principais contidos teóricos relacionados coas redes de comunicacións en IoT. Con esta metodoloxía contribuirase a adquisición das competencias CNC7 e CMP3.
- Clases prácticas de laboratorio/Prácticas de laboratorio: o profesorado da materia proporcionaralle atención individualizada e personalizada aos alumnos e alumnas durante o curso, solucionando as súas dúbidas e preguntas. Así mesmo, o profesorado orientará e guiará aos alumnos e alumnas durante a realización das tarefas que teñan asignadas nas prácticas de laboratorio. As dúbidas atenderanse de forma presencial ou telemática (durante as propias prácticas, ou durante o horario de titorías). O horario de titorías acordarase cos alumnos e alumnas mediante cita previa. Realización de prácticas guiadas e supervisadas por parte do alumnado, relacionadas cos contidos presentados durante as sesións maxistrais. Con esta metodoloxía trabállanse as competencias CNC7, HBL8, HBL12 e CMP3.
- Traballo tutelado. O profesorado da materia proporcionaralle atención individualizada e personalizada aos alumnos e alumnas durante o curso, solucionando as súas dúbidas e preguntas. Así mesmo, o profesorado
orientará e guiará aos alumnos e alumnas durante a realización das tarefas que teñan no traballo tutelado. As dúbidas atenderanse de forma presencial ou telemática (durante o horario de titorías). O horario de titorías acordarase cos alumnos e alumnas mediante cita previa. Realización dun traballo relacionado con distintos aspectos das redes de comunicacións en IoT de forma autónoma. O tema de cada traballo será consensuado entre alumnado e profesorado. Con esta metodoloxía trabállanse as competencias CNC7, HBL12 e CMP3.
• Exame de preguntas obxectivas: 40%
Realizaranse una proba individual para avaliar a comprensión dos contidos presentados nas sesións maxistrais.
• Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas: 40%
Os alumnos e alumnas completarán de forma individual cuestionarios e/ou informes de prácticas onde se amosará a correcta realización e comprensión das prácticas.
• Presentación: 20%
Os alumnas e alumnas levarán a cabo un traballo individual relacionado coas redes de comunicacións en IoT (estudio doutras tecnoloxías distintas as revisadas en clase, análise de prestacións, ...) que presentarán por escrito (mediante unha memoria) e de forma oral a todo o estudantado.
Outros comentarios sobre a Avaliación
Seguindo as directrices propias da titulación, cada estudante disporá de dúas oportunidades de avaliación (primeira e segunda) para aprobar a materia. A súa vez, na primeira oportunidade, disporá de dous procedementos de avaliación (continua e global).
Primeira Oportunidade
Durante o primeiro mes, os e as estudantes deberán indicar se cursan a materia seguindo a avaliación continua ou global. Quen siga a avaliación continua non se poderá considerar "non presentado" unha vez que se realice a entrega do primeiro cuestionario ou tarefa.
Avaliación continua
A nota final (NF) da materia calcularase como a media xeométrica ponderada das notas obtidas nas probas de preguntas obxectivas (PO), nos informes de prácticas (IP), e pola realización do traballo tutelado (TT), seguindo a seguinte fórmula:
NF = PO^0.4*IP^0.4*TT^0.2
Para superar o curso é preciso que NF sexa maior ou igual que 5. Ademais, como resultado da aplicación da media xeométrica ponderada, para poder superar a materia non se pode ter un cero en ningunha das partes.
Avaliación global
Quen opte pola avaliación global deberá presentar adicionalmente un dossier onde se inclúan todos os detalles sobre a realización das distintas tarefas, moi especialmente das prácticas. A nota final (NF) da materia calcularase como a media xeométrica ponderada das notas obtidas na proba de preguntas obxectivas (PO), nos informes de prácticas (IP), no dossier sobre a realización de tarefas (DT) e pola realización do traballo tutelado (TT), seguindo a seguinte fórmula:
NF = PO^0.4*IP^0.3*DT^0.1*TT^0.2.
Para superar o curso é preciso que NF sexa maior ou igual que 5. Ademais, como resultado da aplicación da media xeométrica ponderada, para poder superar a materia non se pode ter un cero en ningunha das partes.
Segunda Oportunidade
Aplicarase o mesmo sistema de avaliación ca no caso da avaliación global na primeira oportunidade.
Os/as estudantes que seguisen a avaliación continua durante o curso poden optar por manter as notas das partes que tivesen superadas na primeira oportunidade ou descartalas.
Convocatoria de fin de carreira
Aplicarase o mesmo sistema de avaliación ca no caso da avaliación global na primeira oportunidade.
Outros comentarios
• Os/as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliográficas para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.
• As puntuacións obtidas só son válidas para o curso académico en vigor.
• O uso de calquera material durante a realización dos exames terá que ser autorizado explicitamente polo profesorado.
• Nos supostos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o disposto na “Normativa de avaliación do rendemento académico do alumnado e revisión de títulos”, que no artigo 16 sinala: A realización fraudulenta de calquera exercicio ou proba requirida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na correspondente convocatoria, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a creación de obras plaxiadas ou obtidas de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e fontes.
Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar o estudantado para superala:
Clases teóricas/Master – 16 horas presenciais + 28 horas non presenciais
Clases prácticas de laboratorio/Prácticas de laboratorio – 8 horas presenciais + 8 horas non presenciais
Realización de traballos tutelados/Traballos autónomos – 0 horas presenciais + 8 horas non presenciais
Realización de exames – 2 horas presenciais + 0 horas non presenciais
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas – 0 horas presenciais + 4 horas non presenciais
Presentación - 1 hora presencial + 0 horas non presenciais
Alvaro Vazquez Alvarez
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Linguaxes e Sistemas Informáticos
- Correo electrónico
- alvaro.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | - | Aula A10 |
18:00-19:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula A10 |