Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 13 Total: 32.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación, Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Linguaxes e Sistemas Informáticos, Área externa M.U en Internet de las Cosas - IoT
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Ao finalizar a materia o alumno deberá: - Coñecer os fundamentos básicos dos sensores máis habituais para as cidades intelixentes. - Coñecer os conceptos esenciais sobre a medición ambiental baseada en dispositivos IoT. - Coñecer os conceptos xerais sobre a automatización de tarefas para as cidades intelixentes. - Coñecer as tendencias tecnolóxicas para a xestión e construción de cidades intelixentes. - Coñecer os conceptos esenciais sobre xestión e eficiencia enerxética para as cidades intelixentes. - Coñecer os sistemas de interconexión entre vehículos e redes de distribución de enerxía. Ser capaz de deseñar e implantar sistemas básicos de IoT para cidades intelixentes.
Fundamentos dos sensores nas cidades intelixentes.
Cidade saudable. Medición ambiental.
Automatización e programación de tarefas para cidades intelixentes.
Tendencias tecnolóxicas na xestión e construción urbanas.
Xestión e eficiencia enerxética. Xeración distribuída, Polixeración, Microredes.
Modelos enerxéticos para as cidades: Smart Grids.
Sistemas de interconexión entre vehículos e redes de distribución de enerxía.
CNC12 - Adquirir coñecementos avanzados e demostrar, nun contexto de investigación científica e tecnolóxica ou altamente especializada, unha comprensión detallada e fundamentada dos aspectos teóricos e prácticos, e da metodoloxía de traballo en un ou máis campos de estudo. TIPO: Coñecementos ou contidos
HBL12 - Aplicar os coñecementos adquiridos e resolver problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos e mulitidisciplinares, sendo capaces de integrar coñecementos. TIPO: Habilidades ou destrezas
S-CP1: Deseñar e despregar redes de dispositivos IoT no ámbito das Ciudades e Edificios Intelixentes.
S-CN2: Coñecer e comprender os fundamentos básicos de sensórica e automatización para cidades intelixentes.
S-CN3: Identificar as tendencias tecnolóxicas para a gestión e construcción de cidades intelixentes.
Prácticas de laboratorio: Realización de prácticas de laboratorio na medida do posible, xunto coa entrega dun informe final das prácticas.
Traballos tutelados: Realizarase un traballo individual ou colectivo (dependendo do número de alumnos) que terá que ser presentado na clase.
Proba obxectiva: Consiste na realización dunha proba obxectiva dunha duración aproximada de 2 horas, na que se avaliarán os coñecementos adquiridos.
Sesión maxistral: Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao alumnado, co obxectivo de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A orde dos temas impartidos non terá que ser a descrita na guía docente. Ademais, haberá temas que se poidan ver conxuntamente no desenvolvemento doutros, xa que a división entre eles pode non ser estrita.
Prácticas de laboratorio
Competencias: A37 A40 A57
Descrición: Realización das tarefas establecidas na materia, no marco desta metodoloxía.
Peso na Cualificación: 30%
Traballos tutelados
Competencias: A25 A37 A40
Descrición: Resolución de casos prácticos.
Peso na Cualificación: 40 %
Proba obxectiva
Competencias: A56 A57
Descrición: Exame con preguntas para comprobar os coñecementos adquiridos.
Peso na Cualificación: 30 %
No marco das "Prácticas de laboratorio" poderanse incluir aspectos tales coma a asistencia a clase, actitude, etc., para axudar á obtención do aprobado.
Para a segunda oportunidade non haberá un segundo prazo de entrega de traballos, e a avaluación relativa a ese traballos incluirase na "Proba obxectiva".
Os criterios de evaluación da convocatoria adiantada de decembro serán iguais ós da segunda oportunidade do curso anterior.
Todos os aspectos relacionados con "dispensa académica", "dedicación ó estudo", "permanencia" e "fraude académica" rexeranse de acordo cosa normativa académica vixente.
Competencias
A
Horas presenciais
B
Horas non presenciais / traballo autónomo
C (A+B)
Horas totais
Prácticas de laboratorio
Competencias: A37 A40 A57
Horas presenciais: 12
Horas non presenciais / traballo autónomo: 12
Horas totais: 24
Traballos tutelados
Competencias: A25 A37 A40
Horas presenciais: 0
Horas non presenciais / traballo autónomo: 22
Horas totais: 22
Proba obxectiva
Competencias: A56 A57
Horas presenciais: 2
Horas non presenciais / traballo autónomo: 0
Horas totais: 2
Sesión maxistral
Competencias: A25 A40 A56
Horas presenciais: 12
Horas non presenciais / traballo autónomo: 12
Horas totais: 24
Atención personalizada
Horas presenciais: 3
Horas non presenciais / traballo autónomo: 0
Horas totais: 3
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado
Recomendacións Sostenibilidade Medio Ambiente
Intentarase transmitir aos/as estudantes a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade para que estos os apliquen non so na aula, senón nos comportamentos persoais e profesionais.
Para axudar a acadar un entorno inmediato sostible e cumprir co obxectivo da acción número 5: "Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social" do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":
A entrega dos traballos documentais que se realicen en esta materia:
- Solicitaránse en formato virtual e/ou en soporte informático.
- Realizarase a traverso de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.
- En caso de ser necesario realizalos en papel:
o Non se emplearán plásticos.
o Realizaranse impresións a dobre cara.
o Emplearase se papel reciclado.
o Evitarase a impresión de borradores.
Debe facerse un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural
Recomendacións sobre Igualdade de Xénero e respeto á diversidade
- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...).
- Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
- Detectaránse situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.
José Ángel Taboada González
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Linguaxes e Sistemas Informáticos
- Teléfono
- 881816457
- Correo electrónico
- joseangel.taboada [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
17:30-19:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula A7 |