Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Área externa M.U en Matemática Industrial
Centro Facultade de Matemáticas
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Pretendese que o estudante se familiarice cos distintos paquetes de software para a simulación e resolución numérica de problemas acústicos, intentando que se manteña un paralelismo entre este curso e el de modelización acústica.
Na memoria do Máster Universitario en Matemática Industrial contemplanse, para as materias de Software profesional, os siguientes contidos xeraies:
— Capacidades de modelado do software profesional de simulación numérica en mecánica de fluídos e aplicacións, mecánica de sólidos e estruturas, electromagnetismo e óptica
— Control o modelado e resolución numérica en software profesional de simulación numérica
—Validación de modelos numéricos implementados en software profesional de simulación numérica
Estes contidos serán desenvolvidos para a parte específica da materia de Software Profesional en acústica de acordo co siguiente temario:
Tema 1: Ecuacións, solucións analíticas e métodos numéricos para as ecuaciones
acústicas en dimensión un
1.1. Repaso da ecuación de ondas en dimensión un
1.2. Transmisión acústica multicapa
1.3. Métodos numéricos. Erro de dispersión e polución
1.4. Simulación en MATLAB e manexo do programa PAMM
Tema 2: Ecuacións da acústica en dimensión dous e tres
2.1. Métodos de resolución para o fluído en cavidade ríxida. Cálculo numérico das
frecuencias de resonancia
2.2.Métodos de resolución para problemas de acústica no dominio do tempo
2.3. Manexo do Programa COMSOL
Tema 3: Aplicación do Método de Elementos de Contorno en acústica
3.1. Teoría básica. Ecuación integral de Helmholtz
3.2. BEM en problemas 2D e 3D
3.3. Formulación para problemas axisimétricos
3.4. A implementación numérica do BEM
3.5. Descripción do paquete OPENBEM de MATLAB
3.6. Problemas 2D: Difracción sobre barreiras acústicas
3.7. Problemas axisimétricos: difracción sobre unha esfera e radiación dunha esfera pulsante
3.8. Problemas 3D: Radiación dun pistón sobre unha esfera. Radiación de altofalantes en caixas
D.T. Blackstock. Fundamentals of Physical Acoustics. John Wiley & Sons. New York, 2000.
G.C. Cohen. Higher-order numerical methods for transient wave equations. Springer-Verlag.
Berlin, 2002
COMSOL Acoustics module. User’s Guide and Model Library.
F. Ihlenburg. Finite Element Analysis of Acoustic Scattering. Springer-Verlag. Berlin, 1998.
The Boundaty Element Method for Sound Field Calculations. PhD Peter Moller Juhl. Disponible en
http://www.openbem.dk/
De entre as competencias recollidas na memoria del Máster Universitario en Matemática Industrial, nesta materia traballaranse as siguientes:
XERAIS:
CG1 - Posuir coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, de cote nun contexto de investigación, sabendo traducir necesidades industriais en términos de proxectos de I+D+i no campo da Matemática Industrial.
CG4 - Saber comunicar as conclusións, xunto cos coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades
TRANSVERSAIS
Non existen datos
ESPECÍFICAS
CE4 - Ser capaz de seleccionar un conxunto de técnicas numéricas, linguaxes e ferramentas informáticas, axeitadas para resolver un modelo matemático
CE5 - Ser capaz de validar e interpretar os resultados obtidos, comparando con visualizacións, medidas experimentais e/ou requisitos funcionais do correspondente sistema físico/de enxenaría
CS1 - Coñecer, saber seleccionar e saber manexar as ferramentas de software profesional (tanto comercial como libre) máis acaídas para a simulación de procesos no sector industrial e empresarial.
CS2 - Saber adaptar, modificar e implementar ferramentas de software de simulación numérica.
O enfoque da materia é fundamentalmente práctico. Presentarase ao incio de cada tema un breve resumo teórico en pizarra para poñer en contexto os modelos e método numéricos antes de pasar á explicación dos paquetes comerciais.
Dado o carácter práctico da materia os estudantes adicarán, de xeito individual, a maior parte do tempo, baixo a supervisón do profesor, a familiarizarse cos paquetes informáticos presentados así como a resolver con eles os exercicios e problemas que se irán describindo ao lorgo do curso.
Coa metodoloxía anteriormente exposta trabállanse a parte das competencias CG1, CG4, CE4, CE5, CS1 e CS2 que se contemplan nesta materia.
O estudante será evaliado a partir dos exercicios e problemas expostos ao longo do curso
e dun examen final práctico
As probas/actividades anteriormente expostas avalían completamente a parte das competencias CG1, CG4, CE4, CE5, CS1 e CS2 traballadas nesta materia.
6 créditos ECTS, durante parte dos cales o/a alumno/a traballará no ordenador para resolver os problemas e exercicios descritos. Agárdase que este/a adique certo tempo, o cal dependerá dos coñecementos previos, ao repaso dos modelos teóricos e a familiarizarse coas ferramentas informáticas.
Xa que a materia centrase na resolución de problemas acústicos mediante ordenador, recomendase ao estudante que adique tempo a practicar e familiarizarse coas ferramentas informáticas que se irán presentando ao lorgo do curso.
PLAN DE CONTINXENCIA (para a adaptación desta guía ao documento Bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura no curso 2021-2022 aprobado por el Consello de Goberno de la USC en sesión común celebrada el día 30 de abril de 2021):
O procedemento de avaliación é o mesmo independentemente do escenario.
Nos escenarios nos que non sexa factible realizar probas nalgunha das cinco sedes do M2i serán en remoto.
As clases impartiranse cos sistemas que indique o M2i, actualmente LifeSize, ao mesmo tempo poderá empregarse MS Teams para as presentacións e as probas dos estudantes. A titorías tamén se poden solicitar por Skype e MS Teams en todos os escenarios.