Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía, Socioloxía e Política Agraria
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Poñer a disposición do estudantado as ferramentas básicas da análise económica aplicadas á planificación territorial e á protección do ambiente.
Ofrecer as ferramentas de análise do enfoque ecosistémico para comprender as interaccións entre os sitemas económicos e ecolóxicos.
Ofrecer unha panorámica sobre os fundamentos dos instrumentos de política económica aplicados á protección ambiental.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
· Sistema económico e sistema ecolóxico.
· Introducción aos principios de economía ambiental e de economía ecolóxica.
· Funcións e servizos ecosistémicos.
· Impacto territorial das políticas agroambientais.
Que se desenvolverán dacordo á seguinte programación:
Tema 1. Sistema económico e sistema ecolóxico (3 h teóricas e 2 interactivas, 17,5 traballo autónomo)
A economía circular
A economía sustentable
Economía ambiental vs economía ecolóxica.
Tema 2. Corpus teórico da economía ambiental (3 h teóricas e 6 interactivas, 18,5 traballo autónomo)
Concepto de externalidade
Dereitos de propiedade
Análise custe-beneficio
Métodos de valoración.
Recursos non renovables e renovables
Tema 3. Impacto territorial das políticas agroambientais. (3 h teóricas e 4 interactivas, 14,5 traballo autónomo)
Programa de prácticas
Práctica 1. Sistema ecolóxico e sistema económico
Lectura do texto: Passet R. (1979) L’Economique et le vivant
Práctica 2. Dereitos de propiedade
Lectura do texto: Hardin, G (1968) “La tragedia de los comunes”
Práctica 3: Ordenación do territorio e desenvolvemento sustentable
Lectura dos textos: Martinez de Anguita (2004): Economía Ambiental y ordenación del territorio" Ecosistemas, nº 1 vol. 13
Naredo, J.M. Sostenibilidad, diversidad y movilidad horizontal en los modelos de uso del territorio. En http://habitat.aq.upm.es/cs/p2/a006.html
Práctica 4. Técnicas de Valoración
Práctica 4.1 Lectura de :Constanza ,R. et al. (2014) “Changes in the global value of ecosystem services” in Global Environmental Change, 26, 152-158
De Groot, R.S. et al (2010): Challenges in integrating the concept of ecosystem services and values in landscape planning, management and decision making. In Ecological Complexity, 7, 260-272.
Práctica 4.2 Fotovoz
Bibliografía
Básica
Common, M. y Stagl, S. 2008. Introducción a la economía ecológica. Barcelona: Reverté.
Labandeira, X. et al. 2006. Economia Ambiental. Madrid: Pearson.
Martínez Alier, J.& Muradian, R. Ed. (2015): Handbook of Ecological Economics. Edward Elgar Publishing. 503pp.
Complementaria
Aguilera, F. (ed.) 1995. Economía de los recursos naturales: un enfoque institucional. Textos de S.V. Ciriacy-Wantrup y K.W. Kapp. Madrid: Fundación Argentaria.
Federico Aguilera y Vicent Alcántara, comp. (1994). De la ECONOMÍA ambiental a la economía ecológica. ICARIA: FUHEM, Barcelona, 408p.
Azqueta, D. y Ferreiro, A. (eds.), 1994. Análisis económico y gestión de recursos naturales. Madrid: Alianza.
Azqueta O, D. 1996. Valoración económica de la calidad ambiental. Madrid: MacGraw-Hill.
Baumol, W. y Oates, W. 1982. La teoría de la política económica del medio ambiente. Barcelona: Antoni Bosch.
Bermejo, R. 1994. Manual para una economía ecológica. Madrid: Los libros de la catarata.
Constanza ,R. et al. (2014) “Changes in the global value of ecosystem services” in Global Environmental Change, 26, 152-158
Conway, G. R. (1986): Agroecosystem analysis for research and development. Winrock International, Bangkok.
De Groot, R.S. et al (2010): Challenges in integrating the concept of ecosystem services and values in landscape planning, management and decision making. In Ecological Complexity, 7, 260-272.
Dobson, A. 1999. Pensamiento verde: una antología. Madrid: Trotta.
Jiménez, L. M. 1997. Desarrollo sostenible y economía ecológica. Integración medio ambiente-desarrollo y economía-ecología. Madrid: Sintesis.
Martinez de Anguita (2004): Economía Ambiental y ordenación del territorio" Ecosistemas, nº 1 vol. 13
Naredo, J.M. (1989): La economía en evolución. Siglo XXI editores.
Naredo, J.M. Sostenibilidad, diversidad y movilidad horizontal en los modelos de uso del territorio. En http://habitat.aq.upm.es/cs/p2/a006.html
Naredo y Martínez Alier (2001): Naturaleza transformada. Icaria.
Passet, R. 1996. Principios de bioeconomía. Madrid: Fundación Argentaria.
Pearce, D. W. y Turner, R. K. 1995. Economía de los recursos naturales y del medio ambiente. Madrid: Colegio de Economistas de Madrid.
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da titulación que nos ocupa. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
Competencias básicas, xerais e transversais:
CG04 - Capacidade de planificar e realizar tarefas de investigación no ámbito dos estudos e análise territoriais.
CG05 - Capacidade para desenvolver unha perspectiva crítica sobre os diferentes aspectos que condicionan o uso humano do territorio.
CG06 - Capacidade para abordar os problemas dende unha visión holística que considere os efectos ambientais, sociais e económicos das decisións territoriais.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüedades
CB10 - Que os estudiantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá que ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
CT02 - Capacidade analítica e de síntese.
CT01 - Capacidade de búsqueda e selección de información.
CT03 - Capacidade de realizar unha exposición en público e debater con soltura sobre o tema que se está a expoñer.
CT08 - Adquisición de responsabilidade ambiental e social na elaboración de políticas territoriais e na implantación de plans e proxectos con incidencia territorial, así como nas solucións técnicas adoptadas.
Competencias específicas
CE04 - Capacidade para levar a cabo procesos de análise, avaliación e diagnose do territorio, do ambiente, do urbanismo, dos usos do solo y da propiedade da tierra dende un punto de vista económico, social e ambiental.
Clases expositivas
Os docentes a traveso de clases maxistrais participativas explicarán os contidos básicos da materia. Competencias traballadas CE04, CG05, CG06
Clases interactivas
Lectura e comentario de textos. Os docentes proporán un texto sobre o que traballar un determinado tema ou boletíns de exercicios. O alumnado, previa lectura do texto, participará no debate na aula sobre ese texto ou realizará os exercicios propostos.. Competencias traballadas:CB9, CB10, CT02, CT01,CT03 CT08, CE04
Exposición pública de traballos realizados. Competencias traballadas: CG04, CB9, CB10, CT02, CT01, CT03, CE04
O profesor proporá unha serie de temas e proporcionará a bibliografía básica así como os coñecementos previos necesarios para a realización dos traballos. O alumnado realizará os traballos propostos para o que terá que levar a cabo unha búsqueda bibliográfica e unha memoria. Estes constituirán as evidencias da aprendizaxe.
Seminarios e conferencias. O Grupo de Innovación Educativa Ruralia organizará xornadas de debate nas que se reflexionará sobre os problemas e a situación actual do medio rural galego no que se enmarca o ámbito forestal e ambiental. Estas xornadas constitúen unha práctica obrigatoria, polo que os contidos nelas tratados serán avaliados mediante un traballo. Agárdase do alumnado que participe activamente nestas sesións de discusión activa. Competencias traballadas: CE04, CG05, CG06
Uso de plataformas de docencia presencial a distancia. Competencias traballadas: CB10, CT01, CG04.
Na aula virtual o alumnado contará co material necesario para o seguimento das clases e para a elaboración do seu traballo autónomo.
Mediante as titorias compróbase o progreso do alumno e dáselle información sobre o mesmo. Competencia traballada CB10
Probas de avaliación de coñecementos e competencias (10%). Competencias avaliadas: CE04
Realización de traballos, comentarios de texto e memorias: Realización dun cartafol que reúna as evidencias de aprendizaxe que se irán pedindo ao longo do curso (Traballos individuais e en grupo) (60%). Avaliarase a estrutura, redacción, uso do léxico adecuado, documentación e bibliografía seleccionadas, análise realizada e presentación. Competencias avaliadas: CG04, CG05, CG06, CB9, CB10, CT02, CT01, CT03, CE04
Valoración da participación na clase e aproveitamento das prácticas (30%). Consistirá en participar nos debates na aula, previa preparación de textos seleccionados e na resolución dos exercicios propostos, e na realización de traballos na aula virtual sobre os contidos impartidos e os coñecementos adquiridos. Competencias avaliadas: CE04, CB9, CB10, CT02, CT01,CT03
A perda da avaliación contínua supón presentarse ao exame ou proba específica de segunda oportunidade que terá un peso do 60%. Xunto con esta proba terase que presentar unha memoria de prácticas que pesará un 40% na avaliación final. A non entrega dalgunha das prácticas suporá a perda de avaliación contínua. O alumnado repetidor será avaliado cos mesmos criterios que o resto do alumnado na primeira e na segunda oportunidade.
Realizar calquera práctica fraudulenta na realización das probas de avaliación tamén suporá o suspenso na oportunidade correspondente. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cun exame final específico que suporá o 60% da cualificación e a entrega dunha memoria de prácticas que suporá o 40% da cualificación.
Clases expositivas 9 horas
Clases interactivas 12 horas
Titorías 3 horas
Traballo autónomos 51 horas
O estudo continuado e a participación activa son recomendables.
En caso de contradicción entre versiones de esta guía docente, la versión en gallego es la original y la que prevalecerá.
Ana Isabel García Arias
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía, Socioloxía e Política Agraria
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade