Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Análise Xeográfica Rexional
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
As materias obrigatorias de métodos de análise territorial do primeiro semestre destínanse a que o alumnado sexa quen de analizar e diagnosticar o territorio para a súa correcta planificación, nomeadamente nun sentido ordenador e no seo de tarefas propias de postos en consultoras e/ou departamentos de planificación territorial de organismos gobernamentais. No entanto, esta materia optativa do segundo semestre ten por principal obxectivo o desenvolvemento das competencias de metodoloxía de investigación do alumnado, orientadas, sobre todo, á confección de entregas eminentemente académicas tales como traballos fin de mestrado, artigos científicos e teses doutorais. Non se trata, pois, de dedicarse á análise territorial para a planificación e xestión a través de distintas técnicas, senón de reflexionar sobre a diversidade de métodos de investigación consagrados en Ciencias Sociais, particularmente en Ordenación do territorio. Destínase unha atención especial aos métodos cualitativos, dado que adoitan estar preteridos.
Os contidos recollidos na memoria de título son os seguintes:
1. As bases de elaboración de traballos de investigación territorial.
2. Como escoller os temas e formular as preguntas chave a resolver.
3. A discusión sobre obxectivos, metodoloxía e cronograma a desenvolver. A elaboración de hipóteses.
4. Como se realiza a investigación: tempos, cálculo de custos e elección das mellores opcións para o traballo.
5. A presentación oral, escrita, mediante textos, figuras e mapas das investigacións.
6. Como elaborar conclusións. Como defender todo o traballo de análise territorial realizada.
Estes contidos desenvolveranse nos seguintes temas:
1. Investigación. Metodoloxía. Métodos
2. Introdución aos debates na metodoloxía da investigación. Ontoloxía. Epistemoloxía
3. A ética na investigación
4. Estabelecemento dun problema de investigación, obxectivo/s e hipótese/s. Estudo ou caso/s de estudo
5. O uso da bibliografía. Estado da arte/cuestión. Antecedentes
6. Fontes primarias e secundarias
7. Métodos cualitativos e cuantitativos. Triangulación. Métodos mixtos
8. Tipoloxía de métodos cualitativos
9. Traballo de campo
10. A redacción de artigos/traballos de investigación
Nos temas 1 a 8, as aulas prácticas respectivas consistirán na análise titorizada de artigos científicos. Un contido obrigatorio desta materia é a saída de campo de día enteiro en desenvolvemento do tema 9; esta computaranse entre 4,5 e 12 h en función do acordo que se acade na Comisión Académica do Máster en Planificación e Xestión Territorial.
Bibliografía básica
- Evans, D., Gruba, P. & Zobel, J. (2014): How to Write a Better Thesis. Cham: Springer.
- Flowerdew, R. & Martin, D. (eds.) (2013): Methods in Human Geography: A Guide for Students Doing a Research Project. Harlow: Prentice Hall.
- Hay, I. & Cope, M. (eds.) (2021): Qualitative Research Methods in Human Geography. Don Mills: Oxford University Press.
- Kitchin, R. & Tate, N. J. (2000): Conducting Research into Human Geography. Theory, Methodology and Practice. Harlow: Prentice Hall.
- Lindsay, D. (2011): Scientific Writing = Thinking in Words. Collingwood: CSIRO.
- Morange, M. & Schmoll, C. (2016): Les outils qualitatifs en géographie. Méthodes et applications. Paris: Armand Colin.
- Ruiz Olabuénaga, J. I. (2012): Metodología de la investigación cualitativa. Bilbao: Universidad de Deusto.
- Silva, E. A. et al. (eds.) (2015): The Routledge Handbook of Planning Research Methods. New York/Abingdon: Routledge.
Bibliografía complementaria
Tal e como se explica no apartado de metodoloxía de ensino-aprendizaxe, nas aulas traballarase arreo a través de artigos de revistas científicas especializadas de referencia na materia tales como «European Planning Studies», «Landscape and Urban Planning» ou «Land Use Policy», a las cuales tiene acceso la USC. Estas constitúen a bibliografía complementaria.
BÁSICAS E XERAIS
CG01. Capacidade de procurar e seleccionar a información útil para resolver problemas complexos, manexando con soltura as fontes bibliográficas e estatísticas existentes.
CG02. Capacidade de manter e estender formulacións teóricas fundadas para abordar problemas de investigación no campo da análise xeográfica e territorial.
CG03. Capacidade de recompilar información espacial procedente de diferentes fontes e integrala en bases de datos xeoespaciais.
CG04. Capacidade de planificar e realizar tarefas de investigación no ámbito dos estudos e análises territoriais.
CG05. Capacidade para desenvolver unha perspectiva crítica sobre os diferentes aspectos que condicionan o uso humano do territorio.
CG06. Capacidade para abordar os problemas desde unha visión holística que considere os efectos ambientais, sociais e económicos das decisións territoriais.
CB6. Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de seren orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7. Que o alumnado dea aplicado os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8. Que o alumnado sexa quen de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9. Que o alumnado saiba comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
CB10. Que o alumnado posúa as habilidades de aprendizaxe que lle permita continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
TRANSVERSAIS
CT01. Capacidade de procura e selección de información.
CT02. Capacidade analítica e de síntese.
CT03. Capacidade de realizar unha exposición en público e debater con soltura sobre o tema que se está expondo.
CT04. Coñecemento das principais fontes cartográficas e de información territorial.
CT06. Capacidade de traballo en equipa e liderado, en contornas cooperativas, pluridisciplinares ou de alto nivel competitivo.
CT07. Capacidade de traballo e de resposta baixo condicións adversas (dificultade de comunicación entre membros dunha equipa, prazos de entrega exiguos, falla de recursos, etc.).
CT08. Adquisición de responsabilidade ambiental e social na elaboración de políticas territoriais e na implantación de plans e proxectos con incidencia territorial, así como nas solucións técnicas adoptadas.
ESPECÍFICAS
CE01. Entender o marco legal e institucional da planificación e xestión territorial.
CE02. Coñecer os principais instrumentos de ordenación e xestión territorial e as principais figuras de planeamento en ordenación do territorio e urbanismo.
CE04. Capacidade de levar a cabo procesos de análise, avaliación e diagnóstico do territorio, do medio ambiente, do urbanismo, dos usos do solo e da propiedade da terra desde un punto de vista económico, social e ambiental.
CE05. Formación para extraer, analizar e presentar a información precisa para a toma de decisións na planificación e xestión territorial e ambiental.
CE06. Coñecemento e uso crítico da terminoloxía especializada en planificación e xestión territorial e ambiental, e capacidade para a aplicación práctica dos coñecementos sobre planificación do territorio, nomeadamente no ámbito galego.
CE07. Preparación e redacción de informes de ordenación do territorio, planeamento urbanístico e de xestión ambiental a través da análise crítica, a avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
CE08. Coñecer as técnicas, ferramentas e tecnoloxías que permiten realizar unha planificación e xestión territorial eficientes e a diferentes escalas (rexional, urbana, etc.).
CE09. Capacidade para o deseño de políticas de planificación e xestión do uso do solo, así como de propiedade da terra.
CE12. Capacidades críticas necesarias para a actividade investigadora e a realización dunha tese doutoral nos ámbitos propios da planificación e xestión territorial.
- Aulas de carácter expositivo, combinadas con interaccións constantes co alumnado.
- Estudos de investigacións xa realizadas.
- Sesións de debate ao redor de artigos e outros traballos académicos. Lectura e comentario de textos científicos.
- Exposición dos traballos realizados.
- Titorías individuais e en grupo.
- Uso de plataformas para docencia (Teams e Campus Virtual).
- Saída de campo para o tema 9. Computaranse entre 4,5 e 12 h en función do acordo que se acade na Comisión Académica do Máster en Planificación e Xestión Territorial. O alumnado deberá entregar unha memoria escrita desa actividade.
PONDERACIÓNS DAS COMPOÑENTES FORMATIVAS E AVALIACIÓN POR COMPETENCIAS
[1] Proba oral derivada de [4]: 10% [CB6, CT02, CT03, CE02, CE06, CE08, CE12]
[2] Valoración da participación nas aulas (comentarios de artigos): 40% [CG05, CG06, CB8, CB9, CB10, CT02, CT03, CT06, CT08, CE01, CE02, CE04, CE05, CE06, CE12]
[3] Memoria resultante da saída de campo obrigatoria (tema 9): 20% (en caso dunha ausencia xustificada, entrega alternativa) [CG01, CG03, CG06, CB6, CB7, CB8, CT01, CT04, CT06, CT07, CE04, CE05, CE08. CE09, CE12]
[4] Entrega final dunha proposta de artigo científico, co apartado metodolóxico desenvolvido: 30% [CG01, CG02, CG03, CGO4, CG05, CB6, CB9, CB10, CT01, CT02, CT04, CE04, CE05, CE06, CE07, CE08, CE09, CE12]
INDICACIÓNS ADICIONAIS
Se as ponderacións das compoñentes formativas non resultasen por riba de 5 na primeira oportunidade, pódese afrontar a segunda oportunidade de avaliación. Na segunda oportunidade non se pode producir avaliación continua, polo que haberá un único exame presencial.
O alumnado coa dispensa concedida segundo o disposto na Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral será avaliado mediante un exame presencial equivalente consistente en preguntas de razoar na primeira oportunidade. Aquel alumnado que asista a menos do 50% das aulas tamén estará comprendido neste procedemento. Non existen actividades obrigatorias, agás o exame presencial, para o alumnado coa dispensa concedida segundo o disposto na Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral.
OUTRAS ESPECIFICACIÓNS NA AVALIACIÓN
Nas entregas, a listaxe bibliográfica e as referencias dentro do texto (estilo Harvard) deberán ser correctas. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Os requisitos necesarios para superar a materia serán os mesmos para aquel alumnado de primeira matrícula ca para aquel que estea a repetila.
A materia ten unha carga de traballo persoal de 75 horas (3 ECTS), que se distribúen en:
a) Aulas expositivas: 9 h.
b) Aulas interactivas: 12 h, coa contabilidade horaria aplicábel á saída [1].
c) Titorías: 3 h.
d) Outro traballo do estudante, nomeadamente preparación das lecturas [2], da entrega [4] e da proba [1]: 51 h.
Esta materia implica un traballo continuado de seguimento das aulas e dos artigos cuxas lecturas se vaian propondo [2], da entrega [4] e da proba [1]. Agárdase do alumnado unha aprendizaxe autónoma mediante a lectura de artigos de revistas especializadas ás cales a USC está subscrita, así como unha actitude proactiva na saída.
Mº Mar Sobral Bernal
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- mar.sobral.bernal [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a Distinguido/a
Xoves | |||
---|---|---|---|
15:00-16:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 14 |
15:00-16:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 15 |
20.05.2025 18:00-19:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 18 |