Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 30 Total: 45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Xestión de métodos de extracción de información a partir dos resultados dun voo UAS. Competencias básicas para tratar os temas das aplicacións temáticas.
A memoria verificada do título contempla os seguintes contidos: Corrección radiométrica, corrección xeométrica e xeración de ortoimaxes. Análise de datos multiespectrais (índices espectrais; melloras e axustes). Métodos de clasificación (supervisado/non supervisado; orientado a píxeles/orientado a obxectos; análise de erros). Análise 3D (clasificación das nubes de puntos Lidar; xeración de modelos de terreo e modelos de superficie; nubes de puntos SfM).
Estes contidos desenvolveranse do seguinte xeito:
SESIÓNS EXPOSITIVAS:
T01.- Cámaras e imaxes (1 HP + 2,4 HTA)
T02.- Método xeral de fotogrametría (1 HP + 2,4 HTA)
T03.- Apoio fotogramétrico (2 HP + 4,8 HTA)
T04.- Modelos dixitais do terreo (2 HP + 4,8 HTA)
T05.- Ortofotogrametría (2 HP + 4,8 HTA)
T06.- Conceptos básicos da teledetección (2 HP + 4,8 HTA)
T07.- Procesamento de imaxes (2 HP + 4,8 HTA)
SESIÓNS INTERACTIVAS:
P01.- Proceso de orientación interna. Calibración (2 HP + 4,8 HTA)
P02.- Calibración de cámara (2 HP + 4,8 HTA)
P03.- Procesamento dun voo con apoio fotogramétrico (4 HP + 9,5 HTA)
P04.- Procesado de imáxes multiespectrais: operacións ráster (2 HP + 4,8 HTA)
P05.- Procesamento dun voo con sensor multiespectral (4 HP + 9,5 HTA)
P06.- Procesamento dun voo con sensor térmico (8 HP + 19 HTA)
S01.- Visita ao aeródromo de Rozas (4 HP + 9,5 HTA)
S02.- Usando GPS-RTK a bordo (2 HP + 4,8 HTA)
S03.- Uso de sensores LiDAR en UAS (2 HP + 4,8 HTA)
HP = Horas Presenciais
HTA = Horas de Traballo Autónomo
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
(1) Lerma García, J.L. (2002). Fotogrametría moderna: analítica y digital. Valencia: Universidad Poiltécnica de Valencia
(2) Shenk, T. (2002). Fotogrametría digital. Barcelona: Ed. Marcombo
(3) Pádua, L., Vanko, J., Hruška, J., Adão, T., Sousa, J. J., Peres, E., & Morais, R. (2017). UAS, sensors, and data processing in agroforestry: a review towards practical applications. International Journal of Remote Sensing, 38(8-10), 2349-2391.
(4) Tang, L., Shao, G. (2015). Drone remote sensing for forestry research and practices. Journal of Forestry Research, 26(4), 791-797.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
(1) Malveaux, C., Hall, S. G., Price, R. (2014). Using drones in agriculture: unmanned aerial systems for agricultural remote sensing applications. In 2014 Montreal, Quebec Canada July 13–July 16, 2014 (p. 1). American Society of Agricultural and Biological Engineers.
(2) Cancela, J.J. y González, X.P. (2018). Uso de drones y satélites en agricultura: actas de horticultura de III Symposium Nacional de Ingeniería Hortícola y I Symposium Ibérico de Ingeniería Hortícola: celebrado del 21 al 23 de febrero de 2018, en Lugo 978-84-697-9314-5
(3) Díaz, J. y Cervigón, J. (2015). Estudio de Índices de vegetación a partir de imágenes aéreas tomadas desde UAS/RPAS y aplicaciones de estos a la agricultura de precisión. Madrid: Universidad Complutense.
Competencias básicas e xerais:
CB7, CB9, CB10, CG5
Competencias transversais:
CT2, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9
Competencias específicas:
CE2
DESCRICIÓN DAS COMPETENCIAS:
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade para resolver problemas en entornos novos ou descoñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que os apoian a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan seguir estudando dun xeito en grande parte autodirixido ou autónomo.
CG5 - Que os estudantes coñezan e sexan capaces de aplicar os principios e metodoloxías da investigación como as buscas bibliográficas, a recollida de datos e a análise e interpretación dos mesmos, así como a presentación de conclusións, dun xeito claro, conciso e rigoroso.
CT2 - Capacidade para comunicarse oralmente e por escrito en lingua galega.
CT4 - Desenvolvemento do espírito innovador e emprendedor.
CT5 - Habilidades de relación interpersoal.
CT6 - Capacidade para o traballo en equipo.
CT7 - Habilidades organizativas e de planificación.
CT8 - Capacidade de análise e síntese.
CT9 - Capacidade de razoamento crítico e creatividade.
CE2 - Coñecemento dos principios xeomáticos, fotogramétricos e cartográficos, de navegación, aerotriangulación, interpretación e tratamento dixital de imaxes, así como das boas prácticas existentes no funcionamento de sistemas aéreos non tripulados e saber aplicar a normativa vixente.
COMPETENCIAS: CE02
- Sessión maxistral a través das TIC.
- Prácticas a través das TIC. Viaxe de prácticas ó aeródromo de Rozas (Lugo).
- Traballos tutelados.
COMPETENCIAS: CT02, CT04, CT05, CT06, CT07, CT08, CT09
- Prácticas a través das TIC.
- Traballos tutelados.
COMPETENCIAS: CB07, CB09, CB10, CG05
- Traballos tutelados.
1) ALUMNOS MATRICULADOS POR PRIMEIRA VEZ NA MATERIA:
[EC] Seguemento continuado da asistencia e participación ativa (10%)
O alumno terá cuestionarios que terá que facer de cada tema na aula virtual, así como actividades prácticas para a aplicación dos coñecementos adquiridos, obtendo unha nota sobre un máximo de 10 puntos.
COMPETENCIAS: CE2, CT2, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CB7, CB9, CB10, CG5
[EX] Probas periódicas e/ou proba final (50%)
O exame consistirá en preguntas teóricas e prácticas puntuando a nota dun total sobre 10 puntos.
COMPETENCIAS: CE2
[PR] Realización de práticas e traballos tutelados (40%)
O alumno debe entregar as actividades prácticas que se van realizando, puntuando cunha nota de 10 puntos. No caso de realizarse unha viaxe de prácticas, a asistencia será obrigatoria. A avaliación desta actividade computarase baixo este epígrafe.
COMPETENCIAS: CT2, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CE2
2) ALUMNOS QUE NON SUPERARON A MATERIA EN ANOS ANTERIORES:
- Terán que facer o exame e as actividades de avaliación cos mesmos criterios que os alumnos matriculados por primeira vez.
IMPORTANTE:
- A avaliación da primeira e segunda oportunidades realizarase utilizando os mesmos criterios.
- En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o establecido no Regulamento para a avaliación do rendemento académico dos estudantes e a revisión de cualificacións.
Os tempos de estudo establecidos nesta materia son:
- Clases teóricas expositivas: 12 horas
- Clases interactivas (prácticas/seminarios): 30 horas
- Titorías en grupo: 3 horas
- Estudo individual, lectura e terminación de traballos prácticos: 100 horas
- Consulta diaria do campus virtual.
- Consulta diaria del campus virtual.
- Asistencia a titorías grupais para discutir, aclarar ou resolver dúbidas.
DISPENSA DE ASISTENCIA:
Os estudantes aos que se lles conceda esta exención deben seguir a materia a través do Campus Virtual, realizando todas as entregas necesarias para obter unha nota positiva en EC, PR e EX respectivamente.
IMPORTANTE:
É obrigatorio dispor dos medios necesarios (cámara, micrófono, etc.) para demostrar a presenza nas clases cando a participación sexa remota. A participación en Microsoft Teams sen a disponibilidade de ditos medios suporá a expulsión da sesión.
Xesus Pablo Gonzalez Vazquez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
- Correo electrónico
- xesuspablo.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Jaime Rodriguez Pereña
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
- Correo electrónico
- jaime.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Teresa Martin Sanchez
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
- Correo electrónico
- mteresa.martin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade