Ir o contido principal

O xestor xeral da Oficina Central de EUniWell visita a USC para coñecer o traballo do equipo local deste consorcio europeo de universidades polo benestar

O reitor Antonio López recibiu a Graham Harrison esta mañá no seu despacho de San Xerome. Foto: Santi Alvite
O reitor Antonio López recibiu a Graham Harrison esta mañá no seu despacho de San Xerome. Foto: Santi Alvite
O reitor Antonio López recibiuno esta mañá no seu despacho de San Xerome

O reitor da Universidade de Santiago, Antonio López, recibiu este luns no seu despacho o xestor xeral da Oficina Central de EUniWell (European University for Well-Being) en Colonia (Alemaña), Graham Harrison.

Harrison atópase estes días en Compostela para reunirse con todas as persoas implicadas no equipo local da USC e coñecer as súas impresións sobre os proxectos en marcha e previstos no marco do consorcio europeo de universidades do que a institución compostelá forma parte. Para Harrison, este consorcio “debe entenderse como unha plataforma que, a través da asociación de distintas universidades, busca construír unha universidade europea”.

No marco da visita, Harrison tamén se reuniu cos coordinadores do Paquete de Traballo 8 (WP8), dedicado á investigación, innovación e emprendemento, e que a USC lidera ata o 2028 no marco do proxecto EUniWell-Weff. Neste contexto, a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización, María José López Couso, sinalou que formar parte da Universidade Europea para o Benestar permite que “unha universidade completa como é a USC poida estar integrada arredor desde concepto transversal que representa o benestar e co que nos identificamos”.

Pola súa banda, o coordinador institucional do consorcio na USC, José María Miranda Boto, explicou que EUniWell é “o camiño para que cando chegue o plan europeo de titulacións a USC poida estar nesa competición” e, deste modo, “crear unha universidade de futuro”.

Graham Harrison estivo acompañado na recepción por parte do equipo do Paquete de Traballo 8 (WP8). Foto Santi Alvite
Graham Harrison estivo acompañado na recepción por parte do equipo do Paquete de Traballo 8 (WP8). Foto Santi Alvite
Foto de grupo das persoas participantes na xuntanza de traballo do equipo local de Euniwell. Foto: Euniwell
Foto de grupo das persoas participantes na xuntanza de traballo do equipo local de Euniwell. Foto: Euniwell
Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.05.2024.