Ir o contido principal

Aprendizaxe colaborativa na universidade

  • 2023/2024

Nos últimos anos, as universidades están consolidando novas metodoloxías docentes que poñen ao estudantado no centro do proceso o que fomenta o seu compromiso coa aprendizaxe. Unha desas metodoloxías é a aprendizaxe colaborativa que, sendo xa un método óptimo para lograr aprendizaxes significativas e profundas, vese potenciada polo uso de diferentes ferramentas tecnolóxicas.