A introdución nas titulacións oficiais das modalidades híbrida e virtual como contrapunto da modalidade presencial obriga a por en valor as ferramentas dispoñibles para o profesorado para crear estratexias didácticas específicas e materiais de estudo adaptados á docencia non presencial. Neste curso percorreranse os aspectos máis esenciais do Campus Virtual e Microsoft 365 co fin de adquirir as habilidades básicas para afrontar as modalidades de docencia híbrida e virtual con garantías.
-
A AULA VIRTUAL
a) Organización e estrutura dunha aula virtual.
b) Recursos básicos de uso xeral na aula virtual
c) Xestión de grupos, restricións e informes -
FERRAMENTAS DE COMUNICACIÓN
a) Foros de avisos
b) Listas de distribución con Microsoft Outlook
c) Xestión de videoconferencias con Microsoft Teams -
FERRAMENTAS PARA A ENTREGA DE TAREFAS
a) Tarefas
b) Obradoiros -
FERRAMENTAS PARA O TRABALLO COLABORATIVO
a) Foros
b) Enquisas
c) Wikis
d) Creación colaborativa de documentos con Microsoft OneDrive
e) Salas de reunión con Microsoft Teams
f) Xestión de tarefas pendentes con Microsoft To Do e Planner -
ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN
a) Creación e xestión de cuestionarios
b) Creación de formularios con Microsoft Forms
c) Configuración do libro de cualificacións
Alejandro Nieto