A pesar das accións levadas a cabo nos últimos anos, a desigualdade de xénero persiste no ámbito científico e académico. Como noutros ámbitos, para acabar con estas desigualdades, puxéronse en marcha políticas públicas de igualdade que teñen acadado niveis de desenvolvemento diverso. Este curso ten como obxectivo analizar a situación das mulleres na USC así como as políticas de igualdade implementadas pola institución nos últimos anos
- A SITUACIÓN DAS MULLERES NA USC. ANÁLISE DOS DATOS DESAGREGADOS POR SEXO.
- AS POLÍTICAS DE IGUALDADE NA UNIVERSIDADE
- A INSTITUCIONALIZACIÓN DAS POLÍTICAS DE IGUALDADE NA USC: ESTRUTURAS
- O III PLAN ESTRATÉXICO DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES DA USC (2021-24)
Isabel Diz Otero
Natalia Paleo Mosquera