Nos últimos lustros, o formato podcast vén protagonizando un auxe moi notorio, dentro do que xoga un papel fundamental o carácter accesible dos coñecementos e recursos técnicos precisos para o traballo co audio. Este curso pretende achegar a comunidade universitaria a estas habilidades e ferramentas coa intención de capacitalos para elaborar contidos sonoros que axuden á transferencia de resultados de investigación ou a divulgación de materiais docentes, patrimonio institucional, etc.
-
ESCRITURA DE GUIÓNS PARA PODCASTING. O CASO DA DIVULGACIÓN
-
AUXE DO FORMATO PODCAST
-
RECURSOS DOS DIFERENTES XÉNEROS DO PODCASTING
-
O PODCASTING DE DIVULGACIÓN
-
ESCRITURA PARA CONTIDOS SONOROS
-
INTRODUCIÓN Á ORGANIZACIÓN E PRODUCIÓN DE PODCASTS
-
CONDICIONANTES TÉCNICOS E ORGANIZATIVOS
-
FERRAMENTAS BÁSICAS PARA A ORGANIZACIÓN DE EQUIPOS
-
XESTIÓN DE RECURSOS TÉCNICOS E HUMANOS
-
NOCIÓNS BÁSICAS DE PRODUCIÓN SONORA
-
ACHEGAMENTO Á LOCUCIÓN
-
FERRAMENTAS E TÉCNICAS DE GRAVACIÓN DE VOZ
-
EDICIÓN SONORA
-
SOFTWARE E MATERIAL ACCESIBLE
-
DESEÑO DE PROXECTO E DIFUSIÓN
-
ESTRATEXIAS DE DISTRIBUCIÓN DE PODCASTING
-
APOIO EN CONTIDOS NON SONOROS
-
RECURSOS
-
TRABALLO FINAL
Cibrán Tenreiro Uzal. Dpto.Ciencias da Comunicación USC
Marta Pérez Pereiro. Dpto.Ciencias da Comunicación USC