Este curso de 24 horas de formación tratará sobre a Formulación de Proxectos de Cooperación Internacional ao Desenvolvemento segundo o Enfoque de Marco Lóxico transversalizando a análise das debilidades detectadas en formulacións de anteriores convocatorias así como propostas de mellora e contribución aos ODS.
-
COÑECER O ENFOQUE DO MARCO LÓXICO COMO FERRAMENTA PARA A FORMULACIÓN DE PROXECTOS DE COOPERACIÓN INTERNACIONAL AO DESENVOLVEMENTO.
-
IDENTIFICAR DO PROXECTO NA COOPERACIÓN UNIVERSITARIA. O ENFOQUE DE DESENVOLVEMENTO.
-
FORMULAR DO PROXECTO SEGUNDO AS CONVOCATORIAS DA COOPERACIÓN GALEGA E DA AECID.
-
APLICAR Á FORMULACIÓN DO PROXECTO A MATRIZ DO MARCO LÓXICO.
-
IDENTIFICAR PROCESOS AXEITADOS PARA A FORMULACIÓN O SEGUIMENTO E A AVALIACIÓN.
VIRGINIA ROMERO SOBRAL
Licenciada en CC Políticas e da Admón. Máster en Acción Solidaria Internacional de Europa: Cooperación Internacional, Axuda Humanitaria e Migración, Asilo e Refuxio. Diploma de Estudos Avanzados en América Latina, e Doctoranda en “Análise comparada dos modelos de formación en Cooperación internacional ao Desenvolvemento no Sistema Universitario Galego e a súa contribución real ao alcance da Axenda 2030 en Galicia”
Experta con mais de 20 anos de experiencia na identificación, formulación, xestión, xustificación e avaliación de programas e proxectos de cooperación ao desenvolvemento financiados pola Unión Europea, AECID, Xunta de Galicia e Fondo Galego de Cooperación (cooperación municipal)
ESTHER RODRÍGUEZ LÓPEZ
Licenciada en Dereito e Máster en Asuntos da Unión Europea.
Experta con mais de 20 anos de experiencia na identificación, formulación, xestión, xustificación e avaliación ex-ante e ex-post de convenios, programas e proxectos de cooperación ao desenvolvemento financiados pola Unión Europea, BID, AECID, Xunta de Galicia e outros doantes.