Ir o contido principal

Eventos e comunicación

Comunicar e compartir os avances da investigación coa comunidade científica e coa sociedade en xeral é parte esencial do traballo de investigadores e investigadoras. A USC pon ao seu servizo diversas unidades para axudarlles neste labor.

A organización de congresos e conferencias científicas son unha oportunidade excepcional para compartir os últimos avances con outros membros da comunidade investigadora, pero tamén con empresas e representantes da Administración e, directamente ou a través dos medios de comunicación, coa sociedade en xeral.

Pero a organización de eventos é complexa —selección do emprazamento, invitación e atención a ponentes, xestión de ponencias e presentacións, loxística, cáterin…— polo que resulta esencial contar con asesoramento e apoio experto. Eso é o que ofrece a Oficina de Congresos da USC, que está a disposición do persoal investigador, grupos, institutos e centros da nosa universidade para axudarlles a organizar con éxito calquera tipo de evento.

Se o voso obxectivo é dar a coñecer os resultados dun proxecto ou calquera nova iniciativa científica ao público xeral a través dos medios de comunicación, entón podedes contar co apoio do Gabinete de Comunicación da universidade, encargada de difundir nos medios todas as actividades e proxectos da USC. A universidade tamén conta cun Servizo de Medios Audiovisuais, cuxo obxectivo é promover o uso de novas tecnoloxías na docencia e a investigación, e incentivar a produción e difusión de documentos audiovisuais.

A USC aposta por unha ciencia aberta e accesible. ¡Comparte e difunde a túa investigación!

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.05.2022.