O desenvolvemento da carreira do persoal investigador, en cada unha das súas diferentes etapas, é unha prioridade, e para elo se deseñan programas e accións de formación continuada, tanto a nivel transversal para todos os equipos de investigación da universidade, como dende cada un dos centros singulares e institutos de investigación para facilitar a formación continuada dos seus equipos.
O programa de formación da USC para o seu persoal investigador comprende varias decenas de actividades que se desenvolven ao longo do ano, centradas tanto en materias directamente relacionadas coas disciplinas científicas sobre as que levan a cabo a súa investigación como en habilidades transversais, imprescindibles para desenvolver todo o seu potencial como profesionais.
Nas seguintes ligazóns amplíase a información sobre a oferta formativa e as actividades para o desenvolvemento da carreira investigadora na USC e nos seus centros e institutos de investigación.
A Escola de Doutoramento Internacional da USC (EDIUS) encárgase da xestión e coordinación dos doutoramentos e estudos avanzados na USC. Supervisa e facilita os procesos que levan á obtención do título de doutor/a, ofrecendo unha formación flexible, interdisciplinaria e de calidade, orientada a potenciar as liñas de investigación de maior interese e proxección da USC. Ofrece 55 programas de doutoramento, en Artes e Humanidades (11), Ciencias (11), Ciencias da Saúde (15), Ciencias Sociais e Xurídicas e Enxeñaría e Arquitectura (7).
- Máis información sobre os programas de doutoramento na web da EDIUS
Os estudantes de doutoramento (investigadores R1 en formación) contarán durante todo o período de realización do seu PhD coa supervisión dun/ha titor/a e un/ha director/a de tese (posicións que poden converxer ou non na mesma persoa). O persoal investigador da USC pode asumir estes roles, mesmo se conta cun contrato temporal, sempre que este cubra todo o tempo previsto para a realización da tese. A dirección da tese considérase unha actividade clave no desenvolvemento dunha carreira investigadora cara posicións de liderado e a USC promove a participación dos seus investigadores nesta actividade.
- Máis información en Seguimento de doutorandos/as
Durante toda a etapa predoutoral, a USC promove a formación dos investigadores tanto en materias relacionadas coa súa especialidade disciplinaria como en competencias e habilidades transversais, tales como a comprensión das metodoloxías e técnicas de investigación, os procesos de documentación científica, as técnicas e métodos de comunicación científica e a redacción de traballos de investigación.
A USC conta con cinco centros singulares: CIMUS, CIQUS, CITIUS e IFGAE, acreditados como centros de investigación do SUG, e CRETUS. Todos eles ofrecen amplos programas de formación, tanto para investigadores predoutorais como para investigadores posdoutorais, e para os seus equipos máis sénior (R3 y R4).
- CIMUS (Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermedades Crónicas), ademais de aportar profesorado e directores de investigación en varios másteres e programas de doctoramento, ofrece cada ano unha veintena de seminarios para profundizar en materias relacionadas coas súas áreas de investigación, en medicina molecular e enfermedades crónicas.
- CIQUS (Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares) ofrece tamén formación a investigadores predoutorais e posdoutorais, así como sendos programas de conferencias e seminarios internos para a formación continuada dos seus investigadores.
- CITIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes) conta cun amplo programa de formación con actividades organizadas en diferentes ámbitos (investigación, competencias transversais, Doctoral Meetings, EmprendeLab, tecnoloxía e transferencia). Asemade, conta cun programa propio de conferencias, promove a participación dos seus investigadores e investigadoras en congresos e seminarios organizados por terceiros, e conta cunha oferta de seis másteres interuniversitarios.
- IGFAE (Instituto Galego de Física de Altas Enerxías), pola súa parte, conta cun programa de capacitación académica, dirixido principalmente a estudantes de doutoramento, un programa de doutoramento internacional en Físisca de Partículas e Nuclear, e un plan de capacitación para investigadores posdoutorais, que inclúe temas como mentoring, visibilidade internacional, financiamento ou responsabilidades organizativas.
- CRETUS (Centro Interdisciplinar de Investigación en Tecnoloxías Ambientais) conta asemade cun programa de formación que combina ofertas para investigadores predoutorais (bolsas, programa de mentorización) con seminarios e cursos para os seus investigadores posdoutorais e sénior, e axudas para estancias internacionais.
Por outro lado, varios institutos de investigación da USC levan a cabo accións de formación continuada dos seus equipos de investigación, como o Instituto de Acuicultura, o Instituto de Matemáticas (IMAT), e o Instituto de Ciencias da Educación (ICE).
A USC conta co Centro de Tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA) para impulsar a innovación educativa, formando ao seu persoal docente e investigador (PDI) en novas metodoloxías de ensinanza, con especial atención á aplicación das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC). O seu programa de actividades inclúe cursos para a mellora de competencias e o desenvolvemento profesional dos investigadores.
- Accede á web do CeTA