Os estudos realizados por distintas comisiones (Research Careers in Europe: Landscape and Horizons, Harvesting Talent: Strengthening Research Careers in Europe, Towards an European Framework for Research Careers) deron lugar ao establecemento de catro etapas na carreira investigadora, que se inicia coa formación do persoal investigador, a través dos doutoramentos, e continúa con posteriores niveis de desenvolvemento asociados ao grado de independencia investigadora.
As catro etapas se resumen no seguinte cadro:
Código | Estado de desenvolvemento | Grao de independencia |
---|---|---|
R1 | Persoal investigador na súa primeira etapa (First Stage Researcher) |
Ata obtener o doutoramento (PhD) |
R2 | Persoal investigador recoñecido (Recognised Researcher) |
Doutor/a ou equivalente que aínda non é independente |
R3 | Persoal investigador consolidado (Established Researcher) |
Persoal investigador doutor/a que conta xa cun alto nivel de independencia |
R4 | Persoal investigador líder (Leading Researcher) |
Persoal investigador que lidera a súa liña ou campo de investigación |
A continuación, se definen con detalle cada un destes perfís e se especifican que convocatorias e tipos de contrato se inscriben en cada un dos niveis.
- Persoas que se atopen na fase inicial da súa actividade investigadora e aínda non alcanzaran o grao de doutor.
- A súa actividade investigadora realízase sempre baixo supervisión.
- Poden ter a condición de estudantes de grao ou posgrao (máster), ou ter sido contratados pola Universidade para desenvolver unha actividade docente ou investigadora limitada, ademais da súa labor predoutoral.
- Posición contractual transitoria e temporal (< 5 anos)
- Persoal contratado, tanto a través de convocatorias competitivas de RRHH como de proxectos de investigación, ou mediante fondos obtidos de diferentes organismos financiadores.
R2A – Persoal posdoutoral
- Trátase de investigadores/as que acaban de obter o grao de doutor/a.
- Posición contractual transitoria e limitada no tempo (en xeral < 5 anos)
- Están nun período de formación avanzada, baixo unha titorización orientada a mellorar tanto as súas habilidades como a súa independencia como investigadores/as.
- Poden ter unha actividade docente limitada en paralelo ao seu trabajo de investigación.
- En xeral, non son os investigadores/as principais (IP) de proxectos de investigación competitivos, aínda que poden dirixir algúns estudos ou proxectos con financiamento de carácter non competitivo.
- Persoal contratado, tanto a través de convocatorias competitivas de RRHH como de proxectos de investigación, ou mediante fondos obtidos de diferentes organismos financiadores.
R2B – Persoal investigador ‘junior’
- Persoal investigador co título de doutor/a
- En xeral coinciden co chamados “tenure researcher” ou “junior researcher”
- Posición contractual transitoria e limitada no tempo (en xeral < 5 anos)
- Poden ter unha actividade docente limitada en paralelo ao seu traballo de investigación.
- Xa foron ou poden ser investigador/a principal (IP) dos seus propios proxectos de investigación competitivos e asinan artigos científicos en posición de seniority.
- Persoal contratado, tanto a través de convocatorias competitivas de RRHH como de proxectos de investigación, ou mediante fondos obtidos de diferentes organismos financiadores.
- Persoal investigador con título de doutor/a
- Posición contractual permanente ou con posibilidade de prorrogarse
- Teñen actividade docente e de titorización de estudantes
- Son IP dos seus propios proxectos cun alto nivel de independencia e asinan artigos científicos en posición de seniority.
- Pode ser persoal contratado a partir de convocatorias competitivas tanto nacionais como internacionais.
- Persoal investigador con título de doutor/a e alto grado de independencia, recoñecidos na súa área de investigación.
- Posición contractual permanente ou con posibilidade de prorrogarse
- Teñen actividade docente e de titorización de estudantes
- Publican artigos influintes e teñen unha reputación internacional baseada na excelencia na súa área de investigación. Amosan unha visión estratéxica das implicacións e o futuro da súa investigación.
- Participan en comités organizadores de seminarios e conferencias de ámbito internacional, e son invitados a dar conferencias no seu ámbito de investigación.
- Son líderes de grupos de referencia competitiva avaliados periodicamente en convocatorias competitivas.