Os recursos para financiar a investigación poden obterse de programas internos da propia USC, de diversas convocatorias competitivas, tanto autonómicas como estatais e europeas. Outra forma de financiar a investigación e, ao mesmo tempo, transferir coñecemento ao mercado, son os contratos de I+D+i con empresas e administracións. A Oficina de Investigación e Tecnoloxía (OIT) presta servizo aos investigadores e investigadoras da USC á hora de establecer acordos e contratos para servizos de I+D+i.
Asemade, a USC promove a captación de recursos privados e a implicación das empresas e a cidadanía na promoción da investigación, a través de iniciativas e programas de mecenado.
Esta sección tamén inclúe os enlaces a servizos internos da USC cuxa misión é facilitar a xestión económica dos proxectos de investigación.