Por iso, a universidada conta cunha Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE), dependente da Vicerreitoría de Investigación e Innovación, que se encarga de xestionar de maneira integral o proceso de transferencia, dende a identificación de resultados con potencial comercial ata a negociación de acordos de licenza ou o pulo da creación de empresas spin-off. A AVTE promove os seus propios programas de valorización e transferencia e, por outro lado, colabora con terceiras entidades para ampliar as oportunidades do persoal da USC de valorizar e transferir os resultados da súa investigación.
Outra forma de transferir coñecemento ao mercado e, ao mesmo tempo, obter recursos para a investigación son os contratos de I+D+i con empresas e administracións. A Oficina de Investigación e Tecnoloxía (OIT) da USC presta servizo ao persoal investigador na negociación de contratos de servizos de I+D+i.