Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
Centro Facultade de Relacións Laborais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo xeral desta materia é que o alumnado adquira os coñecementos básicos sobre o comportamento e as experiencias psicolóxicas dos traballadores, en contextos relacionados co traballo, dende unha perspectiva grupal e organizacional. Todo iso co obxectivo dunha intervención na realidade da empresa, pondo especial énfase na adquisición de habilidades e técnicas de intervención nos procesos psicosociais de integración e desenrolo da actividade laboral.
a)INTRODUCIÓN AO COMPORTAMENTO ORGANIZACIONAL
-Que é unha organización?
-Tipos de organizacións
-Funcións e habilidades dos directivos
-Que é o comportamento organizacional?
-Por que é importante o estudo do Comportamento Organizacional?
-Modelo de Comportamento Organizacional
-Retos y Oportunidades del Comportamiento Organizacional
b)COMUNICACIÓN VERBAL E NON VERBAL
-Concepto de comunicación
-Elementos do sistema de comunicación
-Tipos de comunicación: verbal e non verbal
-Canles de comunicación
-Barreiras para a comunicación efectiva
-Comunicación organizacional
i.Funcións da comunicación
ii.Tipos de comunicación: Formal (vertical e horizontal) e Informal (rumores e chismorreo)
-Estilos interpersoais de comunicación
-Habilidades para a comunicación interpersoal
c)LIDERADO NAS ORGANIZACIÓNS
-Concepto de liderado
-Liderado e dirección
-¿Que é un líder?
-Teorías temperás do liderado
-Enfoques e teorías do liderado:
i.Teorías das características do líder
ii.Teorías da conducta do líder: Modelo do Liderado de Ohio
iii.Teorías da continxencia: Teoría LPC do Liderado de Fiedler
iv.Novos enfoques do Liderado: Liderado Carismático, Liderado Transformacional, Liderado Responsable e Liderado Positivo
-Liderado e xénero
d)A PERCEPCIÓN E A TOMA DE DECISIÓNS
-Que é a percepción? Concepto e factores que inflúen na percepción
-Teoría da atribución
-Sesgos na percepción
-O vínculo entre a percepción e a toma de decisión
-Toma de decisión nas organizacións: definición e tipoloxías
-Etapas no proceso de toma de decisión individual
-Modelos da toma de decisión individuais: modelos normativos e descritivos
-Limitacións na toma de decisión
-A toma de decisión grupal
-A toma de decisión organizacional
e)CONFLITO E XESTIÓN DE CONFLITOS
-Definición de conflito
-Tipos de conflito
-O proceso de Conflito: Etapas
-Estilos de resolución de conflitos
-Estratexias para o manexo de conflitos: estratexias de resolución de conflitos e estratexias para estimular ou crear conflito
f)O PODER NAS ORGANIZACIÓNS
-Definición de poder
-Bases e fontes de poder nas organizacións
-Dependencia e poder
-Poder e personalidade
-Tácticas de poder nas organizacións
-Tácticas políticas nas organizacións
g)CLIMA E CULTURA
-Clima organizacional: Definición, dimensións, implicacións e efectos
-Cultura organizacional: Definición, tipoloxías, dimensións, funcións e elementos
h)CAMBIO E DESENVOLVEMENTO ORGANIZACIONAL
-O cambio organizacional: Concepto, modelos de cambio organizacional planificado e a resistencia ao cambio.
-O desenvolvemento organizacional: Concepto, intervencións de desenvolvemento organizacional, innovación e creatividade.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
- Robbins, S.P. y Judge, T. (2017). Fundamentos de comportamiento organizacional. México: Prentice Hall.
- Salgado, J. (1997). Comportamiento organizacional. Vigo: Escuela de Negocios CaixaVigo.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
- Collado, C. (2006). La comunicación en las organizaciones. Méjico: Trillas
- Giraudier, M. (2004). Cómo gestionar el clima laboral: escuchar, dar feedback, comunicar, negociar, motivar.... Barcelona: Obelisco.
- Gibson, J. L., Ivancevich, J. M., Donnelly, J. H. y Konopaske R. (2011). Organizaciones: comportamiento, estructura, procesos. México: McGraw Hill.
- Landy, F. J y Conte, J.M. (2005). Psicología industrial. México: McGraw Hill.
- Luthans, F. (2008). Comportamiento organizacional. México: McGrawHill.
- Munduate, L. y Medina, F. (2005). Gestión del conflicto, negociación y mediación. Madrid: Pirámide
- Newstrom, J. (2011). Comportamiento humano en el trabajo. México: McGrawHill
- Palací, F. J., Osca, A., Moriano, J. A., Lisbona, A. (2016). Nuevas Perspectivas en Psicología de las Organizaciones. Madrid: Sanz y Torres
- Spector, P. (2010). Psicología Industrial y Organizacional. Investigación y práctica. México: Manual Moderno.
- Wagner III, J.A y Hollenbeck, J.R. (2004). Comportamiento organizativo. Consiguiendo la ventaja competitiva.
- Yukl, G. (2008). Liderazgo en las organizaciones. Madrid: Pearson Prentice Hall.
COMPETENCIAS DA TITULACIÓN ÁS QUE CONTRIBÚE A MATERIA:
• Traballar individualmente e en equipo.
• Localizar, analizar, sistematizar e xestionar diferentes fontes e tipos de información.
• Aplicar o razoamento crítico no estudo e análise dun determinado asunto ou tema.
• Expoñer e defender, oralmente e/ou por escrito, un asunto ou tema de carácter xeral ou relacionado coa súa especialidade.
• Aprender autonomamente.
• Traballar e relacionarse cos demais, respetando as normas básicas de convivencia, os dereitos fundamentais e os valores democráticos.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA MATERIA:
Ao finalizar o curso, o alumnado debería ser capaz de exhibir as competencias/destrezas/habilidades básicas (a un nivel non especializado) requiridas para:
• Identificar e comprender a importancia do factor humano no traballo.
• Coñecer e saber aplicar, a un nivel básico, algunhas das principais técnicas de intervención e tratamento psicolóxico sobre o comportamento individual, grupal e social, no contexto e ámbito de intervención nas organizacións.
• Coñecer os modelos nos que se basea o funcionamento das organizacións actuais e a xestión do comportamento organizacional.
• Saber aplicar algúns dos principais métodos, técnicas, instrumentos, estratexias e procedementos de avaliación e de intervención sobre o comportamento nas organizacións.
• Desenvolver habilidades de comunicación (oral/escrita, verbal, non verbal, etc.).
• Mostrar unha actitude positiva cara ás achegas que, dende a materia de Comportamento Organizacional, se poden realizar para o logro dos obxectivos organizacionais e persoais.
• Orientar a súa actuación profesional a partir do respeto e a consideración dos principios e valores propios da materia e do Código Deontolóxico da profesión.
Metodoloxía da ensinanza
As clases expositivas e prácticas están orientadas á capacitación do estudantado respecto a adquisición dos coñecementos relativos aos contidos da materia. Para iso, o profesorado explicará os diferentes temas apoiándose en material audiovisual e ferramentas TIC.
O contido teórico será impartido nas clases expositivas, utilizando todos os medios técnicos dispoñibles na aula.
Empregarase o Campus Virtual como vía de comunicación co alumnado para facerlle chegar toda a información referente á avaliación da materia, os materiais que deben ser preparados por parte do alumnado, así como para realizar as entregas dos traballos que formarán parte da avaliación.
As actividades interactivas serán de varios tipos: (1) Análise de casos, exercicios, traballos e simulacións para poñer en práctica os conceptos aprendidos nas clases expositivas e adquirir as
competencias específicas (a nivel elemental) necesarias para superar a materia. (2) Dinámicas de grupo pequeno nas que, ademais de desenvolver as competencias específicas relacionadas directamente cos contidos da materia, practicaranse as habilidades de comunicación oral. Ademais de todo isto, ao longo do curso, o alumnado poderá participar na realización de experimentos e estudos relacionados coa materia, así como realizar diversas lecturas.
a) Sistema de avaliación alumnado sen dispensa de asistencia a clase
O sistema de avaliación que se detalla a continuación aplícase de forma xeral ao alumnado matriculado na materia, a excepción de aqueles a quen se lles concedese a dispensa de asistencia a clase que se especificará nun apartado máis abaixo.
A asistencia as clases interactivas e expositivas é obrigatoria para superar a materia.
A avaliación das competencias específicas da materia que están máis relacionadas coa adquisición de coñecementos teóricos e prácticos realizarase mediante o exame final que valerá un 70% da cualificación final. Deberá obterse unha puntuación mínima de 5 puntos (sobre 10) no exame para poder superar a materia.
O exame estará composto de dúas partes. Unha parte será tipo test, con 4 opcións de resposta, onde so haberá unha resposta correcta, e a segunda parte consistirá en preguntas cortas. O exame basearase no contido que se irá subindo ao Campus Virtual e explicando na clase.
A avaliación das competencias tanto específicas como aquelas relacionadas coa titulación farase en función do desempeño do alumnado en cada unha das actividades interactivas (prácticas, traballos, lecturas). Esta parte valerá o 30% restante da cualificación final. A continuación, especifícanse os aspectos que serán valorados e a puntuación máxima correspondente a cada apartado:
• Asistencia a clase, participación voluntaria e entrega dos exercicios realizados nas clases interactivas (máximo 2 puntos): Cada exercicio subirase ao Campus Virtual na semana da clase interactiva correspondente. Disporase dunha semana de prazo para realizar as entregas. Os exercicios para realizar serán sobre cada un dos temas impartidos nas semanas anteriores.
• Traballo Grupal Final: (máximo 1 punto): Realización dun póster científico sobre algún tema relacionado co comportamento organizacional. As pautas para a realización deste traballo explicaranse nunha clase interactiva. O traballo realizarase en grupos de 4 ou 5 persoas. Terase que entregar o póster e posteriormente expoñelo e defendelo na aula nas últimas clases interactivas.
Para superar a materia é preciso que o alumnado cumpra os seguintes requisitos:
• Obter como mínimo 5 puntos sobre 10 no exame (ou o que é o mesmo, 3.5 sobre 7).
• Obter unha cualificación mínima de 5 puntos no total da materia (ao sumar a parte do exame e a parte dos traballos tense que obter polo menos un 5).
b) Sistema de avaliación alumnado con dispensa de asistencia a clase
No caso do alumnado que teña concedida dispensa a clase, o 70% da cualificación será obtida a través do exame e o 30% restante a través da realización de traballos e actividades similares ás realizadas polo resto do alumnado.
O exame estará composto de dúas partes. Unha parte será tipo test, con 4 opcións de resposta, onde so haberá unha resposta correcta, e a segunda parte consistirá en preguntas cortas. O exame basearase no contido que se irá subindo ao Campus Virtual. Deberá obterse unha puntuación mínima de 5 puntos (sobre 10) no exame para superar a materia.
O restante 30% da cualificación final consistirá na valoración do desempeño do alumnado na realización de traballos individuais. O alumnado con dispensa de asistencia a clase terá que facer ao menos un traballo ou actividade a cerca dos seguintes temas: comunicación, liderado, poder e xestión do conflito. Estas actividades explicaranse no campus virtual da materia e especificarase a data límite de entrega. Ademais, deberán facer o traballo final consistente na elaboración e desenvolvemento dun póster científico sobre algún tema relacionado co comportamento organizacional. A puntuación máxima que poden obter coa realización do traballo final é de 1 punto. A puntuación máxima que poden obter coa realización dos restantes traballos é de 2 puntos en conxunto.
Para superar a materia é preciso que o alumnado con dispensa de asistencia a clase cumpra os seguintes requisitos:
• Obter como mínimo 5 puntos sobre 10 no exame (ou o que é o mesmo, 3.5 sobre 7).
• Obter unha cualificación mínima de 5 puntos no total da materia (ao sumar a parte do exame e a parte dos traballos tense que obter polo menos un 5).
Estímase que se necesitarán unhas cen horas de traballo e estudo persoal. Repartido entre estudo persoal, realización de traballos individuais ou en grupo, preparación de presentacións e realización de lecturas.
O alumnado deberá levar a materia ao día, tanto no que se refire ás clases expositivas como as clases interactivas.
Para poder obter o máximo aproveitamento nesta materia, recoméndase ter superada a materia de Psicoloxía do Traballo, xa que isto permitiralle ter uns coñecementos previos que lle axudarán a comprender e contextualizar os temas impartidos en Comportamento Organizacional.
Plaxio e uso indebido das tecnoloxías:
A realización fraudulenta de calquera exame, exercicios, informes, etc., de maneira total ou parcial, que poida ser obxecto de avaliación para a materia, implicará a cualificación de suspenso na convocatoria vixente de acordo co artigo 16 recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Inmaculada Otero Moral
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
- Correo electrónico
- inmaculada.otero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Alexandra Martinez Gomez
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
- Correo electrónico
- alexandra.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Tania París Rodríguez
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
- Correo electrónico
- taniaparis.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Ariana Picallo Rodríguez
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
- Correo electrónico
- arianapicallo.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Galego, Castelán | Aula 5 |
15:00-17:00 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | Castelán | Aula 5 |
Mércores | |||
09:00-11:00 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Galego, Castelán | Aula 5 |
15:00-17:00 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | Castelán | Aula 5 |
27.05.2025 09:30-12:30 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Aula 3 |
27.05.2025 09:30-12:30 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | Aula 3 |
27.05.2025 09:30-12:30 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Aula 5 |
27.05.2025 09:30-12:30 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | Aula 5 |
27.05.2025 09:30-12:30 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Aula 6 |
27.05.2025 09:30-12:30 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | Aula 6 |
27.06.2025 09:30-12:30 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Aula 3 |
27.06.2025 09:30-12:30 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | Aula 3 |
27.06.2025 09:30-12:30 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Aula 5 |
27.06.2025 09:30-12:30 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | Aula 5 |
27.06.2025 09:30-12:30 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Aula 6 |
27.06.2025 09:30-12:30 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | Aula 6 |