Créditos ECTS Créditos ECTS: 12
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 280.5 Horas de Titorías: 14 Clase Interactiva: 5.5 Total: 300
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
Centro Facultade de Relacións Laborais
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Saber manexar fontes documentais especializadas para a procura de información.
- Ser capaz de interpretar e valorar a calidade das investigacións que se producen nos contextos da Psicoloxía aplica-da os contextos organizacional, social e xurídicoforense.
- Saber formular un problema de investigación nos ámbitos da Psicoloxía do Traballo, as organizacións e os recursos humanos, así como da Psicoloxía Xurídica-Forense.
- Saber deseñar e desenvolver unha investigación científica nos ámbitos de coñecemento propios do Máster.
- Ser capaz de defender o informe de investigación.
Para a obtención do Título de Máster o alumno deberá realizar un Traballo Fin de Máster (TFM) individual cunha asignación de 12 créditos. Este supoñerá a realización dun proxecto ou estudo no que se aplique e desenvolva os coñecementos adquiridos no Máster. O TFM implicará a planificación, realización e defensa dun traballo científico no que apliquen e desenvolvan os coñecementos e competencias adquiridas no Máster.
O TFM pode adoptar as seguintes modalidades:
a) Intervención aplicada: Describe e analiza un problema particular en relación aos contidos das materias do Máster, formulando unha proposta de intervención profesional que signifique unha achega relacionada coa problemática abordada.
b) Investigación empírica ou de revisión con meta-análise: Describe, analiza e/ou explica unha problemática teórica ou empírica asociada coas liñas temáticas manexadas nunha área do programa do Máster.
c) Investigación con estudo de caso: Consigna o estudo e a resolución dun caso, acompañando os elementos teóricos que permitan unha análise máis profunda. Pode consistir na realización dun informe pericial.
O TFM terá a estrutura dun traballo académico científico. Será dirixido por un membro de equipo docente do Máster, coa titulación de doutor. Con anterioridade á súa presentación, o titor do TFM deberá emitir un informe positivo á Comisión Académica do Máster.
O alumnado terá unha única Convocatoria e dúas oportunidades por curso académico. Haberá tres períodos de presentación e defensa do TFM: febreiro, xullo e setembro. O alumnado deberá elixir o período ó que desexa optar unha vez que cumpra os requisitos para a súa defensa.
Non procede
- Ser capaz de elaborar proxectos de intervención nos diversos ámbitos da Psicoloxía do Traballo e as Organizacións
- Ser capaz de elaborar deseños de investigación-acción nos diversos ámbitos da Psicoloxía Xurídica e Forense
- Ser capaz de relacionar os contidos teóricos coa práctica profesional do psicólogo do traballo e das organizacións e do psicólogo xurídico-forense
- Coñecer e interpretar a un nivel avanzado os métodos de medición e avaliación que se utilizan nos contextos ou organizacional, forense
- Ser capaz de establecer as metas da actuación psicolóxica nos contextos organizacional e forense ou Coñecer valorar e interpretar a relación entre as características de diferenzas individuais ( p.e., personalidade, ou habilidades, destrezas) e o desempeño (individual e grupal), así como establecer a súa influencia sobre a efectividade organizacional
- Coñecer a un nivel avanzado as diferentes técnicas e ferramentas necesarias para poder entender, medir e/ou solucionar situacións e problemas laborais como conflitos, toma de decisións, satisfacción laboral, clima organizacional, etc.)
- Ser capaz de realizar avaliación psicolóxica e forense nos niveis individual, grupal e comunitario, discriminándoa da avaliación e diagnóstico clínico
- Coñecer e entender diferentes procesos que se producen no ámbito das organizacións e a súa im-portancia (motivación, comunicación, liderado, etc.)
- Ser capaz de resolver de problemas psicolóxicos forenses en contextos complexos ou Saber redactar e elaborar informes periciais en todos os ámbitos de intervención na Sala de Xustiza (penal, civil, laboral, menores, etc.)
- Saber realizar informes técnicos, recomendacións de intervención ou informes sobre o momento da investigación ou programa de intervención
- Manexar recursos de negociación e mediación para a resolución de conflitos e problemas psicojurídicos
- Coñecer e asumir as limitacións da avaliación e actuación en Psicoloxía Forense e Psicoloxía das Organizacións, axustándose aos requirimentos deontolóxicos e os estándares internacionais ( p.e., APA, SIOP, EFPA)
- Orientar a actuación profesional por valores de respecto, igualdade imparcialidade e obxectividade
- Saber manexar fontes documentais especializadas para a procura de información
- Ser capaz de interpretar e valorar a calidade das investigacións que se producen na Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e na Psicoloxía Xurídica-Forense
- Saber formular un problema de investigación nos ámbitos da Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e da Psicoloxía Xurídica-Forense
- Saber deseñar e desenvolver unha investigación científica nos ámbitos da Traballo e as Organizacións e da Psicoloxía Xurídica-Forense
- Saber redactar e defender un informe de investigación
- Ser capaz de deseñar e implementar estratexias de intervención psicolóxica nas organizacións e no contexto jurídicoforense
- Ser capaz de divulgar e comunicar de forma eficaz, entre outros, a destinatarios, profersionales, responsables institucionais e a poboación xeral, os resultados das diferentes fases do proceso de avaliación e intervención.
- Saber levar a cabo avaliacións de risco, reincidencia, de prognóstico de rehabilitación e reinserción social, e permisos Penais
- Saber detectar grupos vulnerables ou que mostren risco de exclusión social derivado de problemas sociais específicos
Non procede
O TFM será avaliado por un tribunal composto por tres profesores doutores designados pola Comisión Académica do Master, quen xulgará a calidade científica do traballo que se presenta, así como a exposición e defensa oral do mesmo. Os TFM serán orixinais, e deberán demostrar a familiaridade e o dominio que o alumno posúe sobre o tema proposto.A presentación dos traballos poderá adecuarse a tres forma-tos Tesina, Artigo ou Estudo de Caso.
Para o Traballo de revisión METAANALÍTICA os apartados serán:
�� Datos identificativos do traballo: título, director, máster, convocatoria.
�� Índice.
�� Introdución: Onde quede claramente expresada a temática, os seus obxectivos xerais e específicos, as súas hipóteses (en caso pertinente), e a súa relevancia teórica.
�� Marco teórico: Onde se revisan os antecedentes do tema e principais achegas, así como outros aspectos relacionados que o alumno e o seu director consideren pertinentes.
�� O marco metodolóxico (seguir o Formato APA): desde o que se aborda o tema proposto, unha descrición dos materiais e procedementos empregados, os resultados obtidos, unha análise e discusión dos mesmos. Os epígrafes serán: Participantes, Deseño, Instrumentos, Procedemento, Discusión de resulta-dos.
�� As conclusións ás que chegase no traballo e as achegas que o autor desexa destacar. �� Referencias bi-bliografías: Normativa APA
Os TFM que se presenten en formato ARTIGO non terán o Marco teórico. No seu lugar levarán unha introdución na que se haberá de establecer o estado da cuestión apoiándose na bibliografía relevante e ac-tualizada. Nesta exporanse ao final as hipóteses ou o problema para afrontar, segundo proceda. Os demais apartados axustaranse aos epígrafes establecidos pola APA: Participantes, Deseño, Instrumentos, Procedemento, Discusión de resultados.
Para a modalidade de ESTUDO DE CASO (informe pericial), o marco teórico recollerá unha revisión sobre a situación do tema de estudo. No marco metodolóxico farase constar os seguintes apartados:
- Introdución (quen emite o informe, nº de identificación, Xulgado e procedemento/sumario/ ejecutoria, obxecto do informe [mandato xudicial, requirimento da fiscalía ou solicitude das partes], persoa( s) avaliada( s), intervencións).
- Método (descrición do protocolo aplicado, descrición de instrumentos psicométricos, número de entrevistas, tipo de entrevistas, suxeitos avaliados,…..).
- Resultados (dividir por áreas tal como antecedentes, fiabilidade, entrevista psicosocial, análise psicosocial, avaliación de domicilios, estudo da adaptación, autoconcepto, avaliación multiaxial, estudo das condicións de traballo, capacidades cognitivas, estudo clínico, exploración neuropsicolóxica, observación da interacción paterno/materno filial, estudo da personalidade, análise das declaracións, etc.)
- Conclusións (han de responder o obxecto da pericial, pódense estruturar por áreas, poden incluír un proxecto de intervención, recomendacións ou, entre outros, en implicacións legais da avaliación). As conclusións han de terminar cunha advertencia sobre os límites na xeneralización a outros contextos e no tempo.
- Referencias bibliográficas (Normativa APA).
O TFM defenderase de forma oral nas datas asignadas e segundo a orde que se anuncie previamente. O tempo máximo de exposición será de vinte minutos. A continuación o tribunal poderá expor as cuestións que estime respecto ao traballo.
O TFM deberá permitir avaliar os coñecementos e capacidades adquiridas polos estudantes nos ámbitos de coñecemento do máster, atendendo á especialización profesional, ou, ben, a promover a iniciación en tarefas investigadoras.
Os traballos serán cualificados da seguinte maneira:
0-4,9: Suspenso ( SS)
5,0 – 6,9: Aprobado (AP)
7,0 – 8,9: Notable ( NT)
9,0 – 10: Sobresaliente ( SB)
Non procede
- Recoméndase que o alumno dispoña dunha capacidade de lectura e comprensión de documentos en inglés.
- Recoméndase que o alumno domine técnicas de revisión sistemática ou metaanálisis.
- En todas as actividades escritas realizadas polo alumno valorarase o axuste á normativa APA (2012).
- Para presentar o Traballo de Fin de Máster será requisito superar a totalidade dos créditos obrigatorios (24) e os optativos da especialidade (mínimo 24) establecidos no plan de estudos
- Será dirixido por un membro de equipo docente do máster, que exercerá como titor/a.
Praxio e uso indebido das tecnoloxías: a realización fraudulenta e calquera exercicio, informe, etc. de xeito total ou parcial, que poida ser obxecto de avaliación para a materia implicará a calificación de suspenso na convocatoria vixente dacordo co artigo 16 recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións"