Créditos ECTS Créditos ECTS: 9
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2.5 Clase Interactiva: 0.8 Total: 3.3
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticas Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Ciencia Política e da Administración
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A pretensión das prácticas pasa principalmente por habilitar a conexión entre os coñecementos teóricos e traballados mediante a xestión de casos e outras tarefas, co traballo real en empresas, institucións ou equipos de investigación.
Esta conexión ten tamén como obxectivo básico o feito de permitir ao alumnado achegarse ao mercado laboral e incrementar o seu coñecemento do mesmo, así como proporcionarlle unha primeira experiencia e oportunidade de inserción dentro das áreas específicas da súa formación.
Aínda que esta titulación ten un marcado perfil no local, este eido pode abordarse dende institucións multinivel e entidades tanto públicas como privadas (lucrativas ou do terceiro sector). Por isto, a relación de entidades nas que realizar prácticas está sempre en constante evolución e trata de atender a diversidade de preferencias do alumnado.
O programa de prácticas externas do Máster busca promover o desenvolvemento profesional e a inserción laboral dos titulados, permitindo aplicar e probar os coñecementos adquiridos durante o curso. Supervisado por titores/as académicos/as e externos/as, o programa inclúe tarefas en administracións locais e consultarías, abarcando áreas como recursos humanos, xestión económica, comunicación e análise de datos. As actividades axústanse ao nivel de formación e concrétanse en programas específicos acordados coas entidades colaboradoras, como o deseño de avaliacións e proxectos, a asistencia en funcións administrativas ou organizativas, xestión da comunicación, de bases de datos, planificación e programación ou a elaboración de informes, entre outras, equivalentes a 9 créditos ECTS.
Tamén se ofrece a posibilidade de recoñecemento de experiencia laboral e a opción de realizar prácticas en grupos ou centros de investigación.
Segundo o perfil de cada entidade de destino escollida polo alumnado a vertente temática e as súas funcións serán do máis diversas, polo que non procede incluír aquí ningún tipo de documentación ao respecto.
Sen embargo, o alumnado contará coa bibliografía de referencia das distintas materias especializadas que terá cursadas antes de comezar coas súas prácticas, podendo acudir a esta para solucionar calquera dúbida ao respecto.
Entre as competencias formativas destes Máster, durante as prácticas preténdese traballar e fomentar o desenvolvemento das seguintes:
Xerais e Transversais
Análise e Crítica: Capacidade de analizar, sintetizar e xulgar criticamente con información limitada.
Coñecementos Avanzados: Adquisición de ferramentas e recursos en organización do goberno local e políticas públicas.
Responsabilidade e Ética: Reflexionar sobre responsabilidades sociais e éticas na xestión local.
Creatividade e Innovación: Xerar ideas, resolver problemas e aplicar coñecementos en contextos cambiantes.
Comunicación e Organización: Habilidades de comunicación oral e escrita, organización e planificación.
Autonomía e Aprendizaxe: Aprendizaxe autodirixido e traballo autónomo en ciencias sociais.
Traballo en Equipo: Capacidade de traballo en equipos interdisciplinarios.
Sensibilidade e Compromiso: Sensibilidade cara a problemas sociais e ambientais, compromiso con calidade e responsabilidade.
Xestión de Información: Buscar, xestionar e aplicar información para proxectos innovadores.
Específicas
Teoría e Práctica: Coñecer paradigmas teóricos, técnicas de dirección e xestión pública.
Roles e Estratexia: Entender roles político-administrativos e desenvolver pensamento estratéxico.
Deseño e Avaliación: Deseñar, analizar e avaliar políticas, proxectos e programas innovadores.
Datos e Tecnoloxías: Xestionar datos e aproveitar cambios tecnolóxicos en servizos públicos.
Procedementos e Xestión: Coñecer procedementos administrativos e xestionar equipos.
Innovación Social: Deseñar políticas sociais innovadoras, promovendo igualdade e sustentabilidade.
Resultados
O alumnado aplicará os coñecementos adquiridos no plan de estudos a través de prácticas no ámbito profesional e durante o desenvolvemento das actividades a realizar incluiranse:
• Familiarización: Coñecer o funcionamento de gobernos locais, administracións públicas, e ONG.
• Colaboración Técnica: Participar en tarefas técnicas e administrativas.
• Recursos humanos e xestión: Colaborar na xestión de recursos humanos, asuntos económicos e infraestruturais.
• Comunicación: Asistir na comunicación interna e externa.
• Análise de datos: Realizar análises cualitativas e cuantitativas, e elaborar informes.
• Documentación: Organizar e manexar bases documentais, interpretar documentos.
• Seguimento e avaliación: Realizar seguimento e avaliación de actividades.
• Deseño e implementación: Participar no deseño, implementación e avaliación de proxectos e políticas.
Do anterior agárdanse os seguintes resultados:
• Adquisición de coñecementos Prácticos: Aplicación efectiva de coñecementos teóricos en contornas reais.
• Familiarización institucional: Comprensión do funcionamento de administracións e organizacións.
• Desenvolvemento profesional: Mellora de habilidades técnicas e administrativas.
• Xestión eficiente: Contribución ao desenvolvemento de funcións de recursos humanos e xestión económica.
• Comunicación eficaz: Fortalecemento de habilidades en comunicación interna e externa.
• Competencia analítica: Capacitación en análise de datos e elaboración de informes.
• Manexo documental: Habilidade para organizar e xestionar documentación.
• Avaliación e seguimento: Capacitación en seguimento e avaliación de actividades e proxectos.
• Innovación e deseño: Participación no deseño e avaliación de proxectos innovadores e políticas públicas.
Unha vez se inicie o curso, o/a coordinador/a de prácticas realizará unha presentación e breve explicación das prácticas, de xeito que con anterioridade suficiente á convocatoria dispoñan de información clave ao respecto.
Igualmente, comunicaranse a previsión dos prazos para a adxudicación das mesmas e os requisitos para propicialas en entidades que sexan do interese do alumnado.
Unha vez chegado o período de asignación, no segundo semestre, convocarase ao alumnado matriculado a un acto público para a adxudicación das prácticas, debendo solicitar a/as praza/s que máis lle interesen durante o acto ou con anterioridade segundo o comunicado polo coordinador/a.
Nesta sesión, a orde de escolla será a da cualificación media obtida ata o momento do curso, recollido no expediente académico da cada alumno/a.
A cada persoa matriculada, asignaráselle un titor/a interno (do propio máster) e externo (da institución). A función de ambos roles é a de supervisar o desenvolvemento nas prácticas e aportar unha valoración do desempeño nas mesmas do alumnado, así como se responsabilizarán do mesmo e velarán polo correcta realización de todo o proceso de prácticas.
Se ben o titor/a externo/a realiza unha valoración do desempeño daquel alumnado que titorice, será o/a titor/a académico/a quen cualifica o conxunto das prácticas. A tal fin, tomará en consideración varios documentos como son:
- Informe do/a titor/a interno/a: valórase o progreso do alumnado durante o período de prácticas, así como a súa participación nas tarefas da entidade e a dedicación e motivación amosada.
- Informe do titor/a externo/a: valórase o desempeño do alumno durante a realización das prácticas, así como o seu sentido da responsabilidade e compromiso.
- Memoria (final) de prácticas: Documento no que se deberá afondar nos principais contidos e tarefas realizados, sendo este un documento que permita sintetizar a traxectoria do alumnado dentro da entidade na que desenvolvese as súas prácticas. Terase en conta tanto o anterior como a explicación da planificación, a cronoloxía das mesmas e onde e en que momentos empregou os distintos coñecementos ou competencias traballadas no máster.
Tamén se avaliará a súa calidade expositiva e argumentativa, así como a correcta estruturación da información subministrada.
Para facilitar a súa redacción, facilitarase unha guía respecto da súa elaboración.
Igualmente, aínda que non conte para a avaliación, solicitaráselle ao alumnado unha síntese das tarefas e da experiencia xeral, que destaque os principais aspectos como son: a natureza das actividades (tarefas -principais e complementarias) desenvolvidas; a aplicación de coñecementos e habilidades adquiridos durante a titulación e a súa relación coas materias; o desempeño (establecemento de horarios, planificación; calidade do traballo feito); ou de ser ou caso, as incidencias presentadas (dificultades / problemas detectados) e a valoración xeral e de conxunto das prácticas.
Sen a recepción de toda a documentación anterior non será posible avaliar ó alumnado, polo que é moi importante non retrasar a súa entrega. Dende a titorización académica, na mesma data de finalización das prácticas, remitirase o modelo de informe de avaliación para que o/a titor/a externo/a cualifique o desempeño do alumnado.
Pola súa parte, o alumnado deberá entregar nos días seguintes ó remate das prácticas a memoria e a avaliación propia das mesmas. Recoméndase polo tanto ir anticipando parte destas tarefas antes do remate para non dilatar logo os períodos de corrección e avaliación das mesmas.
Para a determinación da cualificación final, teranse polo tanto en conta tres compoñentes, que terán distinto peso proporcional sobre da nota, a saber:
- Informe do/a titor/a externo/a.................................... 50%
- Memoria e Informe do/a titor/a interno/a................ 50%
De acordo co plan de estudos, a distribución do esforzo da dedicación do alumnado é a seguinte:
Titorías internas: 2 horas
Titorías externas: 8 horas
Realización de prácticas externas: 205 horas
Elaboración da memoria final: 10 horas
Ler atentamente as convocatorias que se publiquen de prácticas e seguir responsablemente as indicacións dos/as titores/as.
A obtención do NIE para o alumnado estranxeiro así como a do NUSS, son dous trámites precisos para a realización das prácticas. As datas de alta e baixa asociadas aos días que o alumnado permaneza nas institucións externas son tamén moi importantes posto que dende a entrada en vixencia do novo Real Decreto-ley 2/2023, de 16 de marzo, debemos respectar coa máxima rigorosidade os procedementos.
Igualmente, se se queren propiciar prácticas específicas, compre notificar canto antes esta intención ao/á coordinador/a de prácticas co obxectivo de ter suficiente tempo para levar a cabo os novos convenios.