Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
Áreas: Psicoloxía Social
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Ofertada)
Matrícula: Non matriculable (Só alumnado repetidor)
1. Analizar as distintas aproximacións teóricas que se desenvolveron no ámbito da psicoloxía dos grupos, e valorar as súas implicacións.
2. Identificar e comprender os procesos subxacentes na formación, desenvolvemento e funcionamento dos grupos humanos, e as súas implicacións na teoría e a práctica da psicoloxía nos seus distintos ámbitos de aplicación.
3. Manexar os instrumentos e as técnicas de avaliación e intervención grupal.
Clases expositivas (35 horas):
BLOQUE I: Natureza e desenvolvemento dos grupos
Tema 1: Concepto e perspectivas teóricas no estudo dos grupos.
Tema 2: Formación e desenvolvemento grupal: Modelos e etapas no desenvolvemento dos grupos. Socialización grupal.
Tema 3: O entorno grupal: entorno físico, espazo e territorialidade. Entorno persoal e a súa influencia sobre o funcionamento grupal.
BLOQUE II: Procesos de funcionamento intragrupal
Tema 4: Estructura grupal: Normas. Roles. Poder e Estatus. Cohesión grupal.
Tema 5: Liderazgo e Influencia grupal: O papel do grupo nos procesos de influencia. Liderazgo: Características do líder. Liderazgo e situación. Liderazgo e características dos liderados.
Tema 6: Toma de decisións en grupo: Polarización. Pensamento grupal. O grupo versus o individuo na toma de decisións.
Tema 7: Rendemento grupal: rendemento real e potencial dun grupo. Facilitación e inhibición social. Folgazanería social.
BLOQUE III: Comportamento intergrupal
Tema 8: Conflito e cooperación intergrupal. Condicións para o conflito: metas conflitivas e competición. Estratexias de resolución de conflitos. Condicións para a cooperación intergrupal.
Clases interactivas (15 horas):
Sesión 1: Técnicas de iniciación á vida grupal: A etapa de formación do grupo.
Sesión 2: Técnicas de interacción grupal: Asignación de roles e creación de normas grupais.
Sesión 3: Técnicas de avaliación do clima grupal e de identificación de roles grupais.
Sesión 4: Técnicas de tarefa: Técnicas creativas: O brainstorming.
Sesión 5: Técnicas de toma de decisións: Técnica do grupo nominal.
Sesión 6: Técnicas e estratexias de manexo do conflito grupal.
Sesión 7: Técnicas de avaliación do funcionamento grupal: avaliación do rendemento e satisfacción grupal.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
BLANCO, A. y DE LA CORTE, L. (2005). Psicología de los grupos. Madrid: Pearson Prentice-Hall.
GIL, F. y ALCOVER, C.M. (Coords.) (2007). Introducción a la psicología de los grupos. Madrid: Pirámide.
MUÑOZ GARCÍA, F. J. (2016). Elementos básicos de Psicología de los grupos. Huelva: Publicaciones de la Universidad de Huelva.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
BALLENATO PRIETO, G. (2005). Trabajo en equipo. Dinámica y participación en los grupos. Madrid: Pirámide.
CANTO ORTIZ, J.M. (2002). Dinámica de grupos. Aspectos técnicos, ámbitos de intervención y fundamentos teóricos. Málaga: Aljibe.
CEMBRANOS, F. y MEDINA, J.A. (2003). Grupos inteligentes. Teoría y práctica del trabajo en equipo. Madrid: Editorial Popular.
GONZÁLEZ, M.P. (1997). Psicología de los grupos. Teoría y aplicaciones. Madrid: Síntesis.
MORALES, J.F. y otros (1996). Identidad social: Aproximaciones psicosociales a los grupos y a las relaciones entre grupos. Valencia: Promolibro.
MYERS, D.G. (2004) (3ª ed.). Exploraciones de la psicología social. Madrid: McGraw-Hill.
SHAW, M. (1980). Dinámica de grupo. Psicología de la conducta de los pequeños grupos. Barcelona: Herder.
SÁNCHEZ, J.C. (2002). Psicología de los grupos. Teorías, procesos y aplicaciones. Madrid: McGraw-Hill.
TURNER, J.C. (1990). Redescubrir el grupo social. Madrid: Morata.
1. Coñecer as funciones, características, contribucions y limitacions dos distintos modelos teóricos da Psicoloxía.
2. Coñecer as leies básicas dos distintos procesos psicolóxicos.
3. Coñecer os principios psicosociales que interveñen no comportamento dos individuos e no funcionamento dos grupos y das organizacións
4. Saber identificar as características relevantes do comportamento dos individuos, grupos, organizacións e contextos mediante os métodos, técnicas e instrumentos propios da evaluación psicolóxica.
5. Saber promover a saude e a calidade de vida, a través dos métodos propios da profesión, en individuos, grupos, comunidades e organizacións, nos distintos ámbitos e contextos: educativo, clínico e da saúde, do traballo e das organizaciones, grupal e comunitario.
6. Saber seleccionar e administrar técnicas e instrumentos propios e específicos da Psicoloxía.
7. Saber elaborar informes psicolóxicos en distintos ámbitos de actuación, dirixidos aos destinatarios e a outros profesionais.
8. Axustarse as obrigas deontolóxicas da Psicoloxía
As clases expositivas (35 horas) servirán para introducir e explicar os temas do programa teórico. Estas explicacións serán completadas con exemplos/casos prácticos dos procesos fundamentais de funcionamento grupal.
As clases interactivas (15 horas) servirán para presentar as técnicas de intervención grupal, así como os instrumentos de avaliación da dinámica grupal. Os estudantes deben desenvolver e implementar (en grupo) unha destas técnicas.
As tutorías (1 hora) están encamiñadas a orientar e supervisar os traballos individuais e grupais dos alumnos acerca dos temas e procesos presentados nas clases expositivas e interactivas.
Así, as actividades dos estudantes inclúen a preparación de lecturas para a comprensión teórica dos temas, a elaboración e presentación de informes sobre os exemplos presentados na aula, e a elaboración e presentación dun informe grupal sobre os procesos observados nas clases prácticas. Estas actividades complétanse coas necesarias horas de estudo para preparar a avaliación das competencias adquiridas.
A avaliación da aprendizaxe nas clases expositivas inclúe:
Unha proba final na que se pregunta sobre os contidos teóricos e os casos/exemplo analizados na aula. Esta proba supón un 60% da nota final.
A avaliación das clases interactivas inclúe:
A elaboración e implementación (en grupo) dunha das técnicas de dinamización grupal do programa. Esta actividade suporá un 30% da nota final.
A participación nas clases expositivas e interactivas suporá ata un 10% da nota final.
Para superar a asignatura será necesario superar tanto a avaliación dos contidos das clases expositivas como os contidos das clases interactivas, acadando, polo menos, a metade da nota asignada a cada unha delas.
Clases expositivas: 35 horas
Clases interactivas: 15 horas
Asistencia a tutorías individualizadas: 1 hora
Lectura e análise do material: 20 horas
Elaboración de informes para as clases expositivas: 15 horas
Preparación de prácticas grupais: 25 horas
Elaboración de informes sobre as prácticas grupais: 15 horas
Preparación de avaliacións: 15 horas.
Nesta materia, nos casos documentados de concesión de exención de docencia (polos motivos contemplados na normativa), aplicarase esta exención as clases expositivas. No caso das interactivas o alumnado nesta situación deberá acollerse á modalidade alternativa de elaboración personal dunha dinámica de grupos (teórico-práctica) que presentarán individualmente ao profesor/a. Esta modalidade excepcional será valorada con un máximo de 1.5 puntos.
María Lourdes Mirón Redondo
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Social
- Teléfono
- 881813922
- Correo electrónico
- marialourdes.miron [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Marcos Dono Martin
- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Social
- Teléfono
- 881813893
- Correo electrónico
- marcos.dono.martin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Xoves | |||
---|---|---|---|
12:00-13:15 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 5 |
13:15-14:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 6 |
Venres | |||
12:00-13:15 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 6 |
13:15-14:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 5 |
28.05.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
28.05.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 3 |
28.05.2025 12:30-15:00 | Grupo de exame | Aula 3 |
28.05.2025 12:30-15:00 | Grupo de exame | Aula 5 |
28.05.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 5 |
28.05.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
28.05.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 6 |
28.05.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
28.05.2025 12:30-15:00 | Grupo de exame | Aula 6 |
28.05.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 7 |
28.05.2025 12:30-15:00 | Grupo de exame | Aula 7 |
28.05.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
01.07.2025 12:30-15:00 | Grupo de exame | Aula 3 |
01.07.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
01.07.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 3 |
01.07.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 6 |
01.07.2025 12:30-15:00 | Grupo de exame | Aula 6 |
01.07.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
01.07.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
01.07.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 7 |
01.07.2025 12:30-15:00 | Grupo de exame | Aula 7 |