Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
Áreas: Psicoloxía Básica
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
. Que o alumno lea e resuma axeitadamente a literatura científica sobre Psicoloxía da Linguaxe.
. Que os alumnos coñezan e valoren a diversidade teórica e experimental da Psicoloxía da Linguaxe.
. Que o alumno coñeza os distintos deseños de investigación e se inicie no uso dos procedementos e tarefas experimentais propios da Psicolingüística.
. Que os alumnos sexan capaces de realizar axeitadamente os informes experimentais correspondentes ás prácticas da materia.
. Que os alumnos desenvolvan un interese xenuíno pola Psicolingüística.
. Que o alumno sexa capaz de traballar, non só de xeito eficaz, senón tamén do mellor xeito posible.
Sesións expositivas
1.Concepto de Psicoloxía da Linguaxe.
• Fundamentos da Psicolingüística.
• Primeiros pasos da Psicolingüística.
• Linguaxe humana e linguaxe animal
• Métodos de investigación en Psicoloxía da Linguaxe.
2.Cuestions centrais en Psicoloxía da Linguaxe.
• Sistema de procesamento lingüístico.
• Procesos abaixo-arriba e arriba-abaixo.
• Modularidade.
• Autonomía ou interacción nos procesos.
3.Percepción da fala.
• Introducción. Espectrogramas.
• Rasgos xerais da percepción da fala.
• Percepción categórica.
• Teorías sobre a percepción da fala.
• Efectos do contexto na percepción da linguaxe.
4. Recoñecemento de palabras.
• Percepción da linguaxe escrita.
• O léxico mental.
• Efectos experimentais.
• Modelos de recoñecemento de palabras.
• Teorías do significado.
5. Comprensión de oracións.
• O procesamento de oracións.
• A perspectiva estrutural.
• A perspectiva funcional.
• A perspectiva semántica e pragmática.
6. Comprensión de textos e discursos.
• Introdución
• Fenómenos emerxentes no discurso
• Teorías do procesamento do discurso
7. A produción da linguaxe.
• Caracterización xeral do proceso de produción.
• Fontes de datos: pausas e erros da fala
• Niveis de procesamento na produción da linguaxe
• Modelos de produción oral
Sesións Interactivas: Seminario (IS) e Prácticas de Laboratorio (PL).
1. Os desafíos da Psicolingüística (temas 1 e 2).
2. A percepción da fala (tema 3).
3. Modelos de recoñecemento de palabras (tema 4).
4. Procesamento de palabras: efectos de frecuencia e lexicalidade (tema 4).
5. Resolución de ambigüidades sintácticas: como decidimos quen estaba no balcón? (primera parte, tema 5).
6. Estratexias de adxunción ante cláusulas de relativo ambiguas (tema 5).
7. Resolución de ambigüidades sintácticas: como decidimos quen estaba no balcón? (segunda parte, tema 5).
Bibliografía básica
CARROLL, D.W. (2006 [2004]). Psicología del lenguaje. Madrid: Thomson.
*CUETOS, F., GONZÁLEZ, J. y de VEGA, M. (2015). Psicología del Lenguaje. Madrid: Editorial Médica Panamericana. (Disponible libro electrónico)
de VEGA, M., CUETOS, F. (1999). Psicolingüística del español. Madrid: Trotta.
*FERNÁNDEZ-REY, J., FRAGA, I., REDONDO, J., ALCARAZ, M., PARDO-VÁZQUEZ, J.L. (2010, 2ª ed.). Procesos psicológicos básicos II. Manual y cuaderno de prácticas de memoria y lenguaje. Madrid: Pirámide.
*Manuais da materia
Bibliografía complementaria
BELINCHON, M., RIVIERE, A., IGOA, J. M. (1992). Psicología del lenguaje. Investigación y teoría. Madrid: Trotta.
FRAGA, I. (1997). Psicología del lenguaje: Aspectos teóricos y metodológicos. Santiago: Tórculo.
HARLEY, T.A. (2009 [3ª ed. orig. 2008]). Psicología del Lenguaje. De los datos a la teoría. Madrid: McGraw-Hill.
PINKER, S. (1995, [1994]). El instinto del lenguaje. Cómo crea el lenguaje la mente. Madrid: Alianza.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA TITULACIÓN:
- Coñecer as funcións, características, contribucións e limitacións dos distintos modelos teóricos da Psicoloxía.
- Coñecer as leis básicas dos distintos procesos psicolóxicos.
- Saber identificar as características relevantes do comportamento dos individuos, grupos, organizacións e contextos mediante os métodos, técnicas e instrumentos propios da avaliación psicolóxica.
- Saber seleccionar e administrar técnicas e instrumentos propios e específicos da Psicoloxía.
- Saber elaborar informes psicolóxicos en distintos ámbitos de actuación, dirixidos aos destinatarios e a outros profesionais.
- Axustarse ás obrigas deontolóxicas da Psicoloxía.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA MATERIA:
- Coñecer e comprender os principios básicos do procesamento da linguaxe, así como as contribucións e limitacións dos modelos que tratan de explicalos.
- Ser capaz de relacionar eses coñecementos cos temas que se estudan no resto das materias do plan de estudos, en especial cos outros procesos psicolóxicos básicos.
- Iniciarse na utilización dos procedementos e tarefas experimentais propios da Psicolingüística.
- Analizar e interpretar os datos cuantitativos e cualitativos procedentes das investigacións en Psicolingüística.
- Reflexionar sobre o papel da linguaxe na cognición humana.
Para poder chegar a unha aprendizaxe significativa dos coñecementos anteriormente sinalados e adquirir as competencias descritas, ademais da presentación dos temas por parte dos profesores, os estudantes han de abordar as lecturas dos materiais seleccionados dun xeito activo. Por esta razón levarán a cabo unha serie de lecturas previamente ás sesións de seminario, onde se traballará sobre elas resolvendo dificultades conceptuais, contestando a breves cuestionarios, realizando cadros sinópticos, presentando oralmente algúns dos contidos máis importantes dos temas, etc. Nas devanditas sesións favorecerase o traballo en equipo a través de actitudes de cooperación e solidariedade. Con este sistema a motivación do alumnado aumenta significativamente, dando lugar a resultados de aprendizaxe sólidos e estables no tempo.
Ademais, os alumnos dispoñerán dunha serie de materiais (manual e caderno de prácticas, programas informáticos, paquetes estatísticos, etc.) cuxa utilización lles servirá para: coñecer os principais efectos experimentais, aprender a analizar e interpretar os datos obtidos e recoller a información derivada deste proceso en informes experimentais de calidade.
O traballo individual, en suma, debe preceder e seguir ás clases expositivas e interactivas. Polo tanto, esixirase unha dedicación constante á materia, con elaboración de glosarios, esquemas e resumos propios, o que facilitará enormemente a comprensión e favorecerá a identificación de dúbidas que poderán ser consultadas nas titorías e nas propias sesións de clase.
A avaliación desta materia basearase en tres tipos de actividades:
a) Tarefas de avaliación continua: durante ou tralas sesións interactivas de seminario realizaranse distintos tipos de tarefas, que se conciben como un todo e que darán lugar a unha única nota que, á súa vez, contribuirá un 30% á cualificación final. Valorarase o traballo sistemático, a participación activa nos seminarios e a calidade da mesma, así como a capacidade de organizar a información, a claridade expositiva e o dominio no manexo da terminología propia da disciplina. Das tarefas propostas, será requirimento indispensable para a superación da materia ter realizado polo menos o 70%. No caso de obter unha puntuación menor de 4,5, esta parte terá que ser recuperada o curso seguinte.
b) Informes de prácticas: se evaluará o rendemento nas prácticas mediante a corrección dos informes correspondentes, aínda que tamén se terá en conta a asistencia, a implicación e a autonomía mostradas durante o desenvolvemento das mesmas. A nota obtida contribuirá un 30% á cualificación final. En calquera caso, para poder superar a materia será requisito indispensable realizar, como mínimo, dúas das tres prácticas de laboratorio. No caso de obter unha puntuación menor de 4,5, esta parte terá que ser recuperada o curso seguinte.
c) Exame oficial da materia: Para rematar, realizarase un exame de toda a materia na(s) data(s) oficial(es) establecida(s). O exame (tipo test) constará de 40 preguntas con tres alternativas de resposta, das que soamente unha será correcta. A nota mínima requirida no exame para poder superar a materia será de 5. A nota do exame contribuirá un 40% á cualificación final.
Os/as estudantes poderán participar en experimentos de laboratorio, obtendo ata 0,8 puntos por esta vía, que se sumarán -unha vez superada a materia- á cualificación final.
Para superar a materia, a cualificación final derivada das tres anteriores deberá ser, como mínimo, de 5.
Todo alumno que comece a avaliación continua terá unha cualificación ao final do semestre. Soamente poderá optarse a Matrícula de Honor si se realizaron todas as tarefas de avaliación continua e todas as prácticas. As notas das tarefas de avaliación continua e de prácticas gardaranse un curso máis.
Ademais do manual da materia, o alumnado con dispensa de asistencia a clase recibirá as indicacións e os documentos necesarios para facer as tarefas interactivas e de prácticas. Unha vez realizado o mínimo de tarefas exixidas, se lle aplicarán os mesmos criterios de avaliación que ao resto do alumnado.
O tempo total estimado para a consecución dos obxectivos e competencias e, en última instancia, para poder superar a materia é de 112,5 horas, distribuídas do seguinte xeito:
. Para a preparación dos contidos teóricos, ademais da asistencia ás 22 horas de clases expositivas e as 8 horas de clases interactivas presenciais, o estudante deberá dedicar 40 horas á preparación dos temas e a realización de lecturas individuais e unhas 10 horas á realización das actividades de avaliación continua.
. Para a preparación das prácticas, ademais das 6 horas presenciais, o alumno dedicará 9,5 horas á lectura previa dos capítulos do manual de prácticas e á elaboración posterior dos informes correspondentes.
. Para a preparación do exame, estimamos que o alumno necesitará unha media de 15 horas de estudo.
Para preparar esta materia recoméndase un traballo constante por parte do alumno ao longo do cuadrimestre. O devandito traballo será tamén guiado, tutorizado e avaliado de forma continuada por parte dos profesores. Dende principios do cuadrimestre os alumnos dispoñerán dunha Guía docente, así como de Guías de estudo correspondentes a cada unidade didáctica nas que se recollen -ademais dos contidos básicos e a bibliografía recomendada- as principais actividades a desenvolver nas clases interactivas e un resumo dos conceptos clave.
A Psicoloxía da Linguaxe parece unha materia especialmente axeitada para traballar activamente no acceso ao coñecemento por parte dos estudantes a través do adestramento nas catro habilidades lingüísticas (falar, escoitar, ler e escribir) que configuran os contidos desta materia e que son a base da comprensión e a comunicación humanas.
Isabel Fraga Carou
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Básica
- Teléfono
- 881813787
- Correo electrónico
- isabel.fraga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Jaime Mauro Redondo Lago
- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Básica
- Teléfono
- 881813905
- Correo electrónico
- j.redondo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Marcos Diaz Lago
- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Básica
- Correo electrónico
- marcos.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 6 |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 5 |
22.05.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 3 |
22.05.2025 12:30-15:00 | Grupo de exame | Aula 3 |
22.05.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
22.05.2025 12:30-15:00 | Grupo de exame | Aula 5 |
22.05.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
22.05.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 5 |
22.05.2025 12:30-15:00 | Grupo de exame | Aula 6 |
22.05.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
22.05.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 6 |
22.05.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 7 |
22.05.2025 12:30-15:00 | Grupo de exame | Aula 7 |
22.05.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
26.06.2025 12:30-15:00 | Grupo de exame | Aula 3 |
26.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
26.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 3 |
26.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 6 |
26.06.2025 12:30-15:00 | Grupo de exame | Aula 6 |
26.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
26.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 7 |
26.06.2025 12:30-15:00 | Grupo de exame | Aula 7 |
26.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |