Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
Áreas: Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Estudar as persoas e os seus comportamentos no contexto do deporte e da actividade física.
• Comprender os efectos dos factores psicolóxicos no comportamento físico e motor.
• Comprender os efectos da participación en actividades físicas e deportivas sobre o desenvolvemento psicolóxico, a saúde e o benestar das persoas.
• Aplicar os coñecementos adquiridos mediante a investigación e a experiencia profesional.
Historia e situación actual da psicoloxía do deporte e da actividade física.
Personalidade, actividade física e deporte.
Motivación e deporte.
Activación, ansiedade e estrés.
Utilización de reforzos no ámbito do deporte e da actividade física.
Dinámica dos grupos deportivos.
Básica:
Weinberg e Gould (2007). Fundamentos de psicología del deporte y del ejercicio físico. Buenos Aires: Editorial médica panamericana. https://www.casadellibro.com/libro-fundamentos-de-psicologia-del-deport…
Complementaria:
Olmedilla, Abenza, Boladeras e Ortín (2012). Manual de psicología de la actividad física y del deporte. Murcia: Diego Marín.
Competencias específicas da titulación ás que contribúe a materia:
CE1. Demostrar coñecemento e comprensión das funcións, características, contribucións e limitacións dos distintos modelos teóricos da Psicoloxía
CE2. Demostrar coñecemento e comprensión das leis básicas dos distintos procesos psicolóxicos
CE5. Demostrar coñecemento e comprensión dos principios psicosociais que interveñen no comportamento dos individuos e no funcionamento dos grupos e das organizacións
CE7. Demostrar coñecemento e comprensión dos distintos métodos de avaliación, diagnóstico e tratamento psicolóxico en diferentes ámbitos aplicados da Psicoloxía -clínico e da saúde, social, educativo-
CE8. Saber identificar as necesidades e demandas dos destinatarios nos diferentes campos de aplicación e establecer as metas da actuación psicolóxica
CE9. Saber identificar as características relevantes do comportamento dos individuos, grupos, organizacións e contextos mediante os métodos, técnicas e instrumentos propios da avaliación psicolóxica
CE10. Saber promover a saúde e a calidade de vida, a través dos métodos propios da profesión, nos individuos, grupos, comunidades e organizacións nos distintos ámbitos e contextos: educativo, clínico e da saúde, do traballo e as organizacións, grupal e comunitaria
CE11. Saber seleccionar e administrar técnicas e instrumentos propios e específicos da Psicoloxía
CE13. Saber transmitirlles aos destinatarios, de forma axeitada e precisa, os resultados da avaliación
CE14. Saber elaborar informes psicolóxicos en distintos ámbitos de actuación, dirixidos aos destinatarios e a outros profesionais
CE15. Saber axustarse ás obrigas deontolóxicas da Psicoloxía
Competencias específicas da materia:
(A) Coñecemento (coñecer e comprender ...)
1. Incorporar a perspectiva da psicoloxía do deporte e da actividade física á comprensión, avaliación e explicación do comportamento deportivo.
2. Coñecer e comprender a importancia dos procesos psicolóxicos básicos tales como a concentración, a activación, a motivación e a autoconfianza no comportamento deportivo.
3. Coñecer e comprender os principios psicosociais que interveñen no comportamento das persoas no contexto deportivo (liderazgo, comunicación, dirección de equipos, cohesión de equipo, dinámica de grupos)
4. Coñecer e comprender os métodos, deseños e técnicas de análise de datos utilizados na psicoloxía da actividade física e do deporte.
5. Coñecer e comprender os instrumentos e estratexias de avaliación e rehabilitación no eido da actividade física e do deporte.
(B) Habilidades e destrezas
6. Identificar mediante observación sistemática, medición psicolóxica ou entrevista, as necesidades e demandas dos deportistas e do contexto deportivo e establecer os obxectivos da intervención psicolóxica.
7. Identificar as características relevantes do comportamento deportivo a nivel individual e grupal mediante a utilización dos métodos, técnicas e instrumentos específicos da psicoloxía do deporte e da actividade física.
8. Saber promover un estilo de vida saudable que abrenga a totalidade da vida do deportista.
9. Saber administrar os distintos instrumentos de medida dispoñibles propios da psicoloxía da actividade física e do deporte.
10. Saber transmitir aos deportistas, técnicos deportivos e dirixentes deportivos os resultados da avaliación psicolóxica.
11. Saber elaborar informes sobre aspectos psicolóxicos relevantes no eido do deporte e da actividade física e saber comunicalo aos propios deportistas, a técnicos e dirixentes deportivos.
12. Tomar conciencia da obriga de respectar sempre os principios deontolóxicos da Psicoloxía no desenvolvemento profesional.
Intentaremos desenvolver o programa a través de tres canles: as clases expositivas, as interactivas, e as titorías personalizadas ou grupais. Todas as perspectivas son complementarias e permiten a formación individual pero tamén o traballo en equipo.
As clases expositivas consisten en sesións expositivas e / ou demostrativas de contido teórico da materia.
Para profundar e reforzar os contidos expostos, contémplanse clases interactivas que favorecen a adquisición das competencias específicas da materia, así como unha aprendizaxe significativa. Ademais, estas clases prácticas están destinadas a que os estudantes adquiran as habilidades procesuais e de investigación da materia.
As titorías son unha relación directa e presencial, para asesoramento continuo e profundización nos contidos teóricos e prácticos do traballo do estudante, así como responder a preguntas.
O horario de titorías acordarase con cada estudante de xeito que sexa compatible coas suas clases e demais obrigas académicas. Aconséllase enviar un email a constantino.arce [at] usc.es (constantino[dot]arce[at]usc[dot]es) para establecer data e hora da titoría.
A avaliación nesta materia ten un carácter fundamentalmente formativo e será continua, iremos facendo probas cada pouco a medida que se vaian dando contidos tanto nas sesións expositivas como interactivas. Existe por tanto a posibilidade de obter a máxima cualificación sen exame final. O exame final queda reservado para aqueles estudiantes que non participaron na avaliación formativa, aqueles que queiran superar a nota ou aqueles que estiveran nalgún programa de intercambio durante o curso e non puideran asistir e participar nas actividades da materia. Ademais dos resultados das probas da avaliación continua poderanse obter puntos por traballos teóricos ou de campo, informes e participación en actividades grupais realizadas tanto nas sesións expositivas como interactivas.
De xeito máis concreto, as competencias 1-3 serán avaliadas mediante proba con preguntas seguidas de catro respostas a elexir a correcta e as competencias 4-12 mediante informes de prácticas, participación en discusións grupais, asistencia, exposición de traballos ou aplicación de métodos, deseños e técnicas de análise de datos propios da actividade física ou do deporte.
O exame final consistirá nuna proba do tipo preguntas seguidas de catro respostas a elexir a correcta.
O alumnado con dispensa de asistencia pode elexir calquera das duas modalidades de avaliación: (1) continua, presentándose as probas que vaiamos realizando ao longo do curso ou (2) exame final, na data que fixe a Facultade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Unha media de 1 hora diaria para lecturas, repaso de apuntes ou realización de informes de prácticas e traballos de campo pode ser suficiente.
Seguiremos o manual de Weinberg e Gould (2007) e traballeremos cos apuntes de clase de cara aos exames e a avaliación formativa. Recoméndase a continuidade na asistencia e na participación nas clases expositivas e interactivas.
Constantino Arce Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
- Teléfono
- 881813795
- Correo electrónico
- constantino.arce [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 10 |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 11 |
Xoves | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 11 |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 8 |
18.12.2024 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 3 |
18.12.2024 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
18.12.2024 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 5 |
18.12.2024 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
18.12.2024 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
18.12.2024 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 6 |
18.12.2024 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 7 |
18.12.2024 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
09.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 1 |
09.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
09.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
09.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 2 |