Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Ciencias e Técnicas Historiográficas, Historia Contemporánea
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
I. PATRIMONIO DOCUMENTAL E BIBLIOGRÁFICO.
- Identificar os bens que compoñen o patrimonio documental e bibliográfico como parte do Patrimonio Histórico e a normativa legal destinada á sua protección e difusión.
- Iniciar -mediante a adquisición dunha formación teórico-práctica básica- no axeitado tratamento, aproveitamento histórico, difusión e posta en valor de obxectos escritos de época medieval e moderna integrantes do patrimonio documental e bibliográfico.
- Coñecer os tipos e o funcionamento dos centros destinados á conservación e difusión do patrimonio documental e bibliográfico ao longo da historia.
II. USOS SOCIAIS DA HISTORIA.
- Entender e interpretar os procesos de continuidade e cambio: políticos, económicos, sociais e culturais
- Construír e argumentar de xeito crítico os factores/axentes que foron configurando a sociedade actual, e a través deles o presente.
- Formulación de que o saber histórico é unha disciplina en permanente construción e en diálogo consigo mesma.
- Analizar o presente dun xeito crítico a través da súa perspectiva histórica e dotarse de elementos para os debates sobre o mundo no que vivimos.
A materia divídese en dúas partes, a primeira comprende contidos da Área de Ciencias e Técnicas Historiográficas e a segunda da Área de Historia Contemporánea.
I. Patrimonio documental e bibliográfico.
- O patrimonio documental e bibliográfico. Concepto e normativa legal.
- Introdución ao estudo do patrimonio documental e bibliográfico medieval e moderno.
- Os centros de conservación e difusión do patrimonio documental e bibliográfico: bibliotecas e arquivos.
- A descrición: procedementos e instrumentos.
- Recuperación, conservación, difusión e divulgación do Patrimonio documental e bibliográfico. Usos sociais.
II. Usos sociais da Historia.
- Usos sociais da Historia.
- Historia e Memoria: aproximacións a un vello debate.
- Fontes nas fronteiras entre Historia e Memoria: fonte oral, documentos persoais e escrita popular.
- Un soporte máis que emerxente: a Historia dixital.
- O suxeito da Historia: Historia dende abaixo (subalternos, colonizados, infancia...)
- Historia e Tempo Presente: a Historia Vivida.
I. Patrimonio documental e bibliográfico.
ALBERCH FUGUERAS, Los archivos, entre la memoria histórica y la sociedad del conocimiento, Barcelona 2003.
ARNALL I JUAN, El llibre manuscrit, Barcelona 2002.
BALLART HERNÁNDEZ, J..- JUAN I TRESSERRAS, J., Gestión del patrimonio cultural, Bercelona 2001.
BALLART, J., El patrimonio histórico y arqueológico. Valor y uso, Barcelona 2007.
COMMISSION INTERNATIONALE DE DIPLOMATIQUE, Vocabulaire International de la Diplomatique (CÁRCEL ORTÍ, M.M., ed.), Valencia 1994.
CRUZ MUNDET, J. R., Manual de Archivística, Madrid 2005 (6ª ed.).
CRUZ MUNDET, J. R., Diccionario de Archivística, Madrid 2011.
DICCIONARIO de terminología archivística, Madrid 1995 (2ª ed.).
GIRY, A., Manuel de Diplomatique, Paris 1894 (ed. facsímil Hildesheim-New York 1972). (http://gallica.bnf.fr/ark:/12148/bpt6k5442588r/f8.image.langFR)
GUYOTJEANNIN, O., PYCKE, J., TOCK, B.M., Diplomatique Médiévale, Turnhout 1993.
HEREDIA HERRERA, A., Archivística general: teoría y práctica, Sevilla 1995 (7ª ed.).
LÓPEZ TRIJILLO, M. A., Patrimonio. La lucha por los bienes culturales españoles (1500-1939), Gijón 2006.
MARÍN MARTÍNEZ, T. y otros, Paleografía y Diplomática, II, 5ª ed., Madrid 1991, 13ª reimp. Madrid 2007.
MARTÍN ABAD, J., Los primeros tiempos de la imprenta en España, Madrid 2003.
ID., Los libros impresos antiguos, Valladolid 2004.
MARTÍN ABAD, J.- BECEDAS GONZÁLEZ, M.- LILAO FRANCA, O., La descripción de impresos antiguos: análisis y aplicación de la ISBD (A), Madrid 2008.
MUZERELLE, D., Vocabulaire codicologique. Répertoire méthodique des termes français relatifs aux manuscrits, Paris 1985 (http://vocabulaire.irht.cnrs.fr/vocab.htm)
OSTOS, P., PARDO, M.L., RODRÍGUEZ, E., Vocabulario de Codicología. Versión española revisada y aumentada del Vocabulaire codicologique de Denis Muzerelle, Madrid 1997.
QUEROL, M. A., Manual de gestión del patrimonio cultural, Madrid 2010.
ROMERO TALLAFIGO, M., Archivística y archivos: soportes, edificio y organización, (3ª ed.), Carmona 1997.
TUGORES, R.- PLANAS, R., Introducción al patrimonio cultural, Gijón 2006.
VVAA, Los materiales especiales en las bibliotecas, Gijón 1998.
VVAA, Conceptos. Actas del III Congreso de Historia de la Cultura Escrita, Alcalá de Henares 1998.
VVAA., Lire le manuscrit médiéval. Observer et décrire, Paris 2005.
VVAA, Diplomática antigua. Diplomática moderna (III Jornadas de la Sociedad Española de Ciencias y Técnicas Historiográficas) [Murcia 2006].
II. USOS SOCIAIS DA HISTORIA
ARÓSTEGUI, J., La Historia Vivida. Sobre la Historia del Presente, Madrid, Alianza, 2004
CARRERAS-FORCADELL (eds.), Usos públicos de la Historia, Madrid, 2003.
CURTHOYS, A.-Mc. GRATH, A., How to write History that people want to read, Australia, 2009.
EVANS, Richard J., In defence of history, Granta Books, 1997.
GUHA, R., Las voces de la Historia y otros estudios subalternos, Barcelona, Crítica, 2002.
HODKING, K.; RADSTONE, S. (eds.), Contested Pasts. The Politics of Memory, London, Routledge, 2002.
JUDT, T., Pensar el siglo XX, Madrid, 2012.
JULIA, S., Elogio de Historia en tiempo de Memoria, Madrid, 2011.
KOSELLECK, R., historia/Historia, Madrid, 2004.
Mc. MILLAN, M., Juegos peligrosos. Usos y abusos de la Historia, Barcelona, 2010.
NÚÑEZ SEIXAS, X.M., Volver a Stalingrado. El frente del Este en la memoria europea (1945 - 2021), Madrid, Galaxia Gutenberg, 2021.
PAUL, Henry, La llamada del pasado. Claves de la teoría de la historia, Zaragoza, Fernando el Católico, 2016.
TRILLO TENORIO, M., La historia en ruinas. El culto a los monumentos y su destrucción, Madrid, Alianza Editorial, 2023.
TROUILLOT, M.R., Silenciando el pasado. El poder y la producción de la Historia, Granada, Comares, 2017.
I. Patrimonio documental e bibliográfico.
Adquisición dun vocabulario descritivo básico relativo ao patrimonio documental e bibliográfico medieval e moderno.
Capacitación para unha adecuada interpretación de instrumentos de descrición documental e bibliográfica.
Capacitación para unha aproximación crítica ás actividades de diversa índole que teñen por obxectivo a posta en valor, difusión, divulgación e uso social do patrimonio documental e bibliográfico.
II. Usos sociais da historia.
Específicas
- Contextualizar en termos históricos a realidade política, social, económica e cultural contemporánea e os acontecementos e problemáticas actuais.
- Analizar criticamente realidades sociais complexas pasadas e presentes do mundo actual.
- Comparar en termos históricos distintas realidades históricas e espaciais partindo da complexidade e da diversidade que conforman os procesos evolutivos.
- Dominar a base conceptual específica dos procesos históricos referidos ós séculos XIX e XX.
Transversais
- Localizar e seleccionar dun xeito crítico a información que se precise, así como facer un uso axeitado dos recursos dixitais, cribando, xeraquizando e organizando de forma axeitada e crítica a información e materiais disponibles
- Aprendizaxe autónoma
- Elaborar por escrito e expoñer oralmente contidos históricos co rigor conceptual e as formalidades de presentación propias da ciencia histórica.
- Razoar de forma crítica a partir dunha lectura reflexiva tanto dos acontecementos en si mesmos como da información disponible –fontes, monografías, exposicións, etc.-.
Presencial:
- Clases expositivas e interactivas: exposición dos contidos teóricos e prácticos.
- Traballo sobre fontes documentais, bibliográficas, gráficas, comentarios de textos e imaxes, etc.
- Exercicios de descrición e análise de obxectos escritos integrantes do patrimonio documental e bibliográfico.
- Prácticas de campo (obrigatorias e avaliables):
1. Centros de conservación do patrimonio documental e bibliográfico si as novas condicións dos centros receptores máis apropiados para o seu desenvolvemento, derivadas dunha situación excepcional -como restricións de aforo ou similares- permíteno.
2. Lugares e espazos de Memoria: dentro e arredor do edificio da Facultade.
Non presencial (traballo autónomo do alumnado):
- Estudo dos aspectos teórico-prácticos expostos nas clases ou facilitados a través de material de apoio.
- Lecturas complementarias relativas ao contido teórico da materia.
- Realización de traballos de curso.
Respectarase a normativa de asistencia a clase establecida pola USC.
Aspectos avaliables e porcentaxes na cualificación:
1. Primera oportunidade.
Exame
a) Exame final teórico-práctico obrigatorio. Supoñerá o 60% da cualificación global da materia. O exame divídese en dúas partes que corresponden ás dúas seccións da materia (I. Patrimonio documental e bibliográfico e II. Usos sociais da Historia) e serán avaliadas polo/a profesor/a responsable da devandita parte no desenvolvemento da materia.
Para que a cualificación do exame compute na nota final da materia será necesario que se realice correctamente o seu 40%.
b) Patrimonio documental e bibliográfico: Avaliación de traballo/s de carácter obrigatorio realizados individualmente ou en grupo (exercicios prácticos de descrición, edición e difusión do patrimonio relacionados cos contidos da primeira parte da materia e as prácticas de campo). A cualificación supoñerá o 20% da nota final.
c) Usos sociais da Historia: Avaliación das intervencións dos alumnos nas clases e tarefas curtas sobre historiografía, fontes e usos sociais a partir de materiais manexados na clase. A cualificación supoñerá o 20% da nota final.
No caso do alumnado con dispensa oficial de asistencia a clase, este apartado c avalariase mediante exercicios escritos que suplan as intervencións e as tarefas curtas.
2ª oportunidade.
a) Exame final teórico-práctico obrigatorio. Supoñerá o 60% da cualificación global da materia. O exame divídese en dúas partes que corresponden ás dúas seccións da materia (I. Patrimonio documental e bibliográfico e II. Usos sociais da Historia) e serán avaliadas polo/a profesor/a responsable da devandita sección. Para que a cualificación do exame compute na nota final da materia será necesario que se realice correctamente o seu 40%.
b y c) Manteranse as cualificacións obtidas na primeira oportunidade, durante o periodo de docencia da materia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
150 horas totais
-A recomendación básica é a lectura da bibliografía xeral ou especializada que proporcionan os profesores co programa, pero tamén aquela máis específica que se subministra para obter unha visión máis completa que a que é posible ofrecer nas clases expositivas.
- Lectura de prensa de calidade e de revistas históricas.
- A asistencia regular á clase considerase imprescindible para acadar un bo resultado para unha avaliación positiva.
- Facer preguntas, debater cuestións e aclarar dúbidas, en clase, durante a resolución dos casos prácticos antes mencionados ou nas titorías.
Os contidos teórico-prácticos da Parte I. Patrimonio documental e bibliográfico, correspondentes á Área de Ciencias e Técnicas Historiográficas desenvolveranse do 9 de setembro ao 22 de outubro de 2024.
Os contidos teórico-prácticos da Parte II. Usos sociais da Historia (Área de Historia Contemporánea), desenvolveranse nas clases do 24 de outubro ao 13 de decembro de 2024.
Daniel Lanero Taboas
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 881812593
- Correo electrónico
- daniel.lanero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ana Isabel Suarez Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Ciencias e Técnicas Historiográficas
- Teléfono
- 881812688
- Correo electrónico
- ana.suarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 13 |
Xoves | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 13 |
22.01.2025 18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 |
25.06.2025 18:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |