Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Antiga
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo esencial que se procura coa docencia desta materia é que o alumno tome consciencia do carácter complexo das sociedades antigas peninsulares, das súas especificidades, das dificultades que temos para acercarnos con coñecemento a elas, por causa das noticias escasas e o dificultoso de manexar os distintos camiños de coñecemento, textos, epigrafía, arqueoloxía.
Insístese, igualmente, na necesaria prudencia e abertura de perspectivas para examinar e extraer conclusións duns pobos dos que nos chegan visións moi deformadas xa desde os tempos latinos e nos que a época contemporánea engadiu aproximacións ahistóricas, en temas como o problema da orixe dos pobos peninsulares, das que son ejemplos o vascoiberismo ou o celtismo.
Por último, a docencia desta materia trata de subliñar o feito de que a Historia da Península Ibérica na Antigüidade está moi relacionada coa historia do mundo mediterráneo. Fenómenos como as colonizacións fenicia, grega e cartaxinesa e a conquista e integración de Hispania por Roma son unha demostración da inutilidade de perspectivas á marxe do desenvolvemento da historia antiga xeral do Mediterráneo
O temario da materia organízase en torno a tres grandes bloques temáticos: Colonizacións Mediterraneas, Pobos perromanos e Conquista e Romanización, e desenvolverase arredor dos seguintes epígrafes que pasamos a enumerar:
1.- A colonización fenicia
2.- A colonización grega
3.- A colonización púnica
4.- A etnografía da Península Ibérica. Indoeuropeos e non indoeuropeos
5.- Os pobos do sur: tartesos e turdetanos
6.- Os iberos
7.- Os pobos do centro e oeste peninsular: lusitanos e vetóns
8.- Os pobos da Meseta Norte: celtiberos e vacceos
9.- Os pobos do norte e noroeste: a cultura castrexa
10.- Roma e Hispania: a loita contra Cartago e a conquista do sur e do leste peninsular
11.- A conquista de Hispania durante a República. Transformacións en Hispania
12.- Hispania e o Imperio: a política de César e Augusto
13.- A romanización: a extensión da civilización romana en Hispania.
14.- Os cambios xurídicos e políticos: Ius latii, cidadanía romana, etc.
15.- A Hispania do século III e Baixo Imperial
16.- O final da Hispania romana e os reinos xermánicos no s. V
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
HISTORIA DE ESPAÑA ANTIGUA: Ed. Cátedra:
Tomo 1: BLÁZQUEZ, J. M.; PRESEDO, F.; LOMAS, F. J, FENÁNDEZ NIETO, F. J.: Protohistoria
Tomo II: BLÁZQUEZ, J. M.; MONTENEGRO, A.; ROLDÁN, J. M.; MANGAS, J., et Alii: Hispania Romana.
SALINAS DE FRIAS, M.: Los pueblos prerromanos de la península ibérica. Ed. Akal, Madrid, 2006.
MONTENEGRO (coord.): Historia de España, 2. Colonizaciones y formación de los pueblos prerromanos (1200-218 a. C.) Ed. Gredos, Madrid, 1989.
ROLDÁN HERVÁS, J. M. ; WULFF ALONSO, F. : Citerior y Ulterior. Las provincias romanas de hispania en la era republicana. Ed. Istmo, Madrid, 2001
SÁNCHEZ-MORENO, EDUARDO (COORD.) ; DOMÍNGUEZ MONEDERO, ADOLFO J., GÓMEZ-PANTOJA JOAQUÍN L.: Protohistoria y antigüedad de la Península Ibérica. Madrid : Silex, 2007-2008
Vol.1: Las Fuentes y la Iberia colonial
Vol.2: La Iberia prerromana y la romanidad
COMPLEMENTARIA:
Abascal, J. M.; U. Espinosa. La ciudad hispano-romana: privilegios y poder. Logroño, 1989.
Álvarez Sanchís, J. Los señores del ganado. Arqueología de los pueblos prerromanos en el occidente de Iberia. Madrid, 2003.
Arce, J. El último siglo de la España romana. Madrid, 2009.
Aubet, Mª. E. (coord.). Tartessos. Arqueología protohistórica del Bajo Guadalquivir. Barcelona, 1989.
Aubet, Mª E.: Tiro y las colonias fenicias de Occidente. Barcelona, 1994
Bendala, M. Tartesios, iberos y celtas. Madrid, 2000.
Blázquez, J. M.; J. Alvar; C. G. Wagner. Fenicios y cartagineses en el Mediterráneo. Madrid, 1999.
Bravo Catsañeda, G. Hispania y el Imperio. Madrid, 2007.
Burillo, F. Los Celtíberos. Etnias y Estados. Zaragoza, 1.998.
Chaín Galán, A.; J. I. de la Torre Echávarri. Celtíberos. Tras la estela de Numancia (Catálogo exposición). Soria, 2005.
Caro Baroja, J.: Los pueblos de España. Ed. Istmo. Madrid, 1987
Díaz Martínez, P. C.; C. Martínez Maza; F. J. Sanz Huesma. Hispania tardoantigua y visigoda. Madrid, 2007.
Frankenstein, S. Arqueología del colonialismo. Barcelona, 1997.
Gómez Espelosín, F. J. Guerras ibéricas. Aníbal. Madrid, 2006.
Gómez Espelosín, F. J. Iberia e Hispania. Recursos para el estudio de la historia de la España antigua. Alcalá de Henares, 2011.
Gracia Alonso, F. Roma, Cartago, íberos y celtíberos: las grandes guerras en la Península Ibérica. Barceloa, 2006.
Gracia Alonso, F. ( coord.). De Iberia a Hispania. Barcelona, 2008.
Harrison, R. J. España en los albores de la historia: iberos, fenicios, griegos. Madrid, 1989.
Le Roux, P. Romanos de España: ciudades y política en las provincias, siglos II a. C.-III d. C., Barcelona, 2006.
López Castro, J. L. Hispania Poena. Los fenicios en la Hispania romana. Barcelona, 1993.
Lorrio, A. J. Los Celtíberos (Complutum, extra 7). Madrid, 1997.
Maya, J. L. Celtas e iberos en la península ibérica. Barcelona, 1999
Martín Almagro; Arteaga;Blech; Ruíz Mata; Schubart. Protohistoria de la Península Ibérica. Barcelona, 2001
Menéndez Fernández, M. (coord.) Prehistoria y Protohistoria de la Península Ibérica. Madrid, 2007.
Richardson, J. S. Hispania, provincia imperial. Madrid, 2007.
Roldán Hervás, J. M. La Hispania romana, Madrid, 1987.
Roldán Hervás, J. M. (dir.). Diccionario Akal de la Antigüedad hispana. Madrid, 2006.
Salinas de Frias, M.: El gobierno de las provincias hispanas durante la República romana ( 218-27 a. C.). Salamanca, 1999
Santos Yanguas, J. Los pueblos de la España antigua. Madrid, 1997.
O alumno debe, no decurso da materia, adquirir:
- Un coñecemento do desenvolvemento histórico e das características das sociedades de Hispania desde o inicio do proceso colonial ata o fin da romanidade.
- Debe tomar consciencia dos problemas que temos para ese coñecemento centrados en:
- Insuficiencia das fontes literarias e a epigrafía.
- Importancia da arqueoloxía como fonte de coñecemento para complementar as fontes l iterarias e a epigrafía ou para proporcionar datos ausentes nestas.
- Necesidade de comprender a diversidade de solucións e hipóteses para a resolución de problemas históricos que diversos investigadores ou escolas históricas propoñen. En suma, o carácter aberto, provisorio e sempre en renovación dos nosos coñecementos
A materia impartiráse segundo o horario establecido, procurando promover unha aprendizaxe activa a través das actividades interactivas e de tutoría, a través das que se disporá unha ensinanza e unha aprendizaxe activas, con actividades de avaliación continua e formativa para implicar o estudantado na materia de forma continuada ao longo de todo o cuadrimestre. Esta ensinanza incluirá:
1-Clases expositivas nas que se fará a explicación dos contidos teóricos. Trátase dunha actividade presencial na aula.
2-Clases interactivas nas que as actividades serán prácticas relacionadas cos contidos teóricos da materia. Nelas faranse comentarios de fontes clásicas; analizaranse mapas históricos e fontes arqueolóxicas; realizaranse lecturas críticas; e proxectaranse recursos audiovisuais. É tamén unha actividade presencial na aula.
Todos os alumnos presentarán obrigatoriamente por escrito un comentario elaborado sobre os materiais obxecto das clases prácticas, que constitúen as actividades academicamente dirixidas.
3-Actividade práctica de campo (en dia que o horario oficial estabelece), obligatoria e avaliable e que se concretará no seu momento, en función das posibilidades organizativas e as disponibilidades económicas para o seu financiamento.
4-Titoría personalizada.
O propósito é que o resultado da avaliación sexa resultado dun proceso de avaliación contínua con varios elementos. Valorarase o rendemento e a aprendizaxe adquirida a través dunha combinación equilibrada entre actividades de avaliación formativa e de avaliación final. Na primeira valorarase o esforzo e o progreso na aprendizaxe e incentivarase unha dedicación constante á materia ao longo do cuadrimestre. A segunda permitirá valorar os resultados da aprendizaxe.
A avaliación constará de tres partes:
- un exame dos contidos teóricos desenvolvidos nas horas expositivas e na actividade práctica presencial que se realizará no lugar, día e hora estabelecidos pola secretaría desta facultade (60 % da nota final). Esta proba será presencial ou telemática
-participación nas actividades prácticas das clases interactivas e realización das actividades e traballos das clases interactivas e das prácticas de campo, e realización das actividades e traballos programados nas mesmas (20 % da nota).
-traballo persoal ou grupal (de iniciación á investigación ou de recensión bibliográfica) sobre unha área temática concreta da materia (20 % da nota)
Avaliación extraordinaria: mantendo as percentaxes respectivas, repetirase aquela parte non superada e, de ser o caso, entregaranse os traballos demandados e non realizados na convocatoria ordinaria.
No caso dos alumnos que teñan concedida a dispensa de asistencia; a materia será avaliada a través do exame final oficial (60% da nota),así como a entrega das prácticas e traballo de curso que o profesor determinará atendendo a situacións particulares se é necesario (40 %)
Consoante co sistema europeo de créditos ECTS, corresponde ao alumno para esta materia unha dedicación de 150 horas:
Actividades presenciais:
- Horas expositivas : 32
- Horas interactivas : 16
- tutoría personalizada: 2
Total 50 horas
Actividades non presenciais:
O resto, ata completar as 150, son horas de estudo e de traballo individual destinado á preparación das actividades nas clases, realización dos traballos e preparación do exame final.
Recoméndase unha participación activa nas clases teóricas e prácticas, procurando levar a materia ao día co seu estudo continuado ao longo do cuadrimestre.
Realizar as prácticas coa menor dilación posible e, para a realización do traballo de curso, trazar desde o comezo das clases un programa de traballo supervisado polo profesor.
Recoméndase ademais, que se consulte có profesor o mais cedo posíbel dentro do primeiro mes de clase, para decidir a elección do tema de traballo de curso.
É conveniente que o alumnado procure contar con coñecementos básicos de lingua latina e ser capaz de ler bibliografía nalgunha lingua de referencia (inglés, francés, etc.)
A materia impártese en lingua galega, mais serán atendidas as necesidades dos alumnos dos programas de intercambio SICUE-SENECA ou ERASMUS, con titorías especiais que aseguren o seguimento satisfactorio das actividades, con atención especial ás horas expositivas.
Os alumnos partícipes dalgún deses programas deben consultar co profesor ao inicio do curso.
"En caso de fraude académica tal como se define no artigo 42 da Lei de Convivencia da USC de marzo de 2023 aplicaranse as sancións previstas no artigo 11 de producirse plaxio en traballos académicos ou exames ou ben emprego non consentido de ferramentas de Intelixencia Artificial"
Manuel Villanueva Acuña
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Antiga
- Teléfono
- 881812563
- Correo electrónico
- manuel.villanueva [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 12 |
Martes | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 12 |
Xoves | |||
11:00-13:00 | G5021323/CLE_02 | Galego | Aula 05 |
Venres | |||
09:00-11:00 | G5021323/CLE_02 | Galego | Aula 05 |
14.01.2025 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
14.01.2025 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 |
20.06.2025 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |