Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Contemporánea
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
¨
DESCRIPTOR DA MATERIA
------------------------------
A materia aborda os principais procesos e factores históricos que incidiron na configuración da España actual no período que vai dende a Guerra da Independencia e as Cortes de Cádiz (1808-1814) o réxime da Restauración:
(1) A Revolución Liberal: do radicalismo liberal gaditano, á consagración do réxime liberal moderado.
A nova articulación territorial e institucional do Estado.
(2) As ideoloxías e os sistemas políticos en pugna: Liberalismo 'versus' Absolutismo, Carlismo, Autoritarismo e Democracia. Republicanismo, Federalismo, Socialismo e Anarquismo.
(3) A construción da economía de libre mercado e o desenvolvemento moderno: bases ; etapas; e debate historiográfico.
A puxanza da Segunda Escravitude da negritude nas Antillas, e máis a súa memoria.
(4) Xestación da sociedade de clases e conflitividade social: vellas e novas élites; a nova clase obreira e a cultura fabril;
do proto-obreirismo de inspiración liberal radical, ao internacionalismo obreiro.
(5) A xénese da "cuestión nacional": Fuerismo, Federalismo, Rexionalismo, Nacionalismos periféricos.
OBXECTIVOS
----------------
O/A alumno/a deberá coñecer:
(O-1) A estrutura diacrónica xeral da historia contemporánea de España.
(O-2) Os procesos de continuidade e cambio –políticos, económicos, sociais e culturais-, incluíndo as variantes e peculiaridades territoriais que foron conformando a España contemporánea.
(O-3) Os factores/axentes que foron configurando a sociedade española contemporánea, e con eles as principais claves explicativas do pasado.
(O-4) As distintas perspectivas adoptadas e principais debates historiográficos producidos en torno a cuestións centrais da materia a fin de poder desenvolver unha actitude crítica e de tomar conciencia de que o saber histórico é unha disciplina en permanente construcción.
.
¨
PRESENTACIÓN
------------------
DA CRISE Á QUEBRA DA MONARQUÍA ABSOLUTA NA ESPAÑA DE ENTRESÉCULOS
TEMA 1
---------
REVOLUCIÓN E CONSTRUCCIÓN DO ESTADO LIBERAL NA PRIMEIRA MITADE DO XIX
• A Guerra de Independencia e o fenómeno do Xuntismo.
• A Revolución: as Cortes de Cádiz e a Constitución de 1812.
• Da Restauración Absolutista ó Estatuto Real: unha saída pactada pero insuficiente.
• As forzas políticas en liza. A Guerra Carlista.
• A consagración do réxime liberal. Da Revolución de 1836 ó triunfo do Moderantismo doutrinario na era isabelina.
• A Gloriosa Revolución e o Sexenio Democrático.
TEMA 2
---------
XESTACIÓN DA ECONOMÍA DE LIBRE MERCADO E DA SOCIEDADE DE CLASES: PRINCIPAIS REFORMAS E BALANCE
• Os principios do Liberalismo económico.
• A reforma agraria liberal: a propiedade da terra.
• Liberalización da explotación dos recursos. A reforma fiscal.
• Cambios e inercias na marcha da economía: comercio exterior, minería, banca, agricultura, industria e II Escravitude negreira.
• Vellas e Novas Élites: a nova oligarquía liberal; a nova clase obreira.
TEMA 3
---------
O RÉXIME DA RESTAURACIÓN: A CULMINACIÓN DO DOMINIO DA OLIGARQUÍA
• A Restauración da Monarquía Liberal: proceso, axentes e fundamentos normativos.
• O sistema Canovista: Partidos dinásticos, Turnismo, e Centralismo clientelar.
• A fin do Imperio español: do esplendor das Antillas ó Desastre do 98.
• Os efectos desestabilizadores do 98: Rexeneracionismo, Republicanismo, Anticlericalismo, Obreirismo.
• Da crise á descomposición do réxime da Restauración baixo o reinado de Alfonso XIII.
TEMA 4
---------
MODERNIZACIÓN ECONÓMICA E "CAPITALISMO NACIONAL" ENTRE OS DOUS SÉCULOS
• Expansión e modernización da industria e as finanzas.
• Da crise finisecular á modernización do sector agrario.
• Transición demográfica e movementos migratorios.
• Asociacionismo e movilización obreira. Do primeiro activismo á etapa do internacionalismo: estratexias de loita.
.
¨
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
--------------------------
FERNÁNDEZ SEBASTIÁN, J., (dir.), Diccionario político y social del siglo XIX español, Madrid, 2002.
FUSI, J.P., PALAFOX, J., España 1808-1996. El desafío de la modernidad, Madrid, Espasa, 1997.
CARDESÍN, J. Mª., Revuelta popular y violencia colectiva en la Guerra de la Independencia, Madrid, 2024.
GONZÁLEZ CALLEJA, E., Polítia y violencia en la España contemporánea (I), Madrid, Akal, 2019.
CANAL, J. (dir.), Historia contemporánea de España. Vol. 1: 1808-1931, Madrid, Maphre, 2017.
ÁLVAREZ JUNCO, J., Nueva historia de la España contemporánea (1808-2018), Barcelona, Galaxia, 2018.
MARTORELL, M., JULIÁ, S., Manual de historia política y social de España (1808-2011), Barcelona, RBA, 2014.
BAHAMONDE, A., Historia de España: siglo XIX, Madrid, Cátedra, 1994.
CARRERAS, A., Historia económica de la España contemporánea, Crítica, Barcelona, 2003.
SHUBERT, A., Historia social de España (1800-1990), Madrid, Nerea, 1991.
CRUZ VALENCIANO, J., Surgimiento de la cultura burguesa en la España del XIX, Madrid, Siglo XXI, 2014.
TOWNSON, N, ¿Es España diferente? una mirada comparativa (siglos XIX y XX), Madrid, Taurus, 2010
TEMA 1
--------
FONTANA, J., La época del liberalismo, Madrid, Marcial Pons, 2007.
FUENTES, J. Fr., El fin del Antiguo Régimen (1808-1868). Política y sociedad, Madrid, Síntesis, 2007.
ELORZA, A., Ilustración y liberalismo, Madrid, Tecnos, 2021.
VARELA SUANZES-CARPEGNA, J., Historia constitucional de España..., Madrid, Marcial Pons, 2020.
CABRERA, M., (coord.), La creación de las culturas políticas modernas, 1808-1833, Marcial Pons, 2014.
ROMERO, M. C. (coord.), La España liberal (1833-1874). Hª de las culturas políticas, vol. II, Marcial Pons, 2014.
MARCUELLO, I., La práctica parlamentaria en el reinado de Isabel II, Madrid, 1986.
CAFFIERO, M. et alii (coords.), Mujeres y culturas políticas en España, 1808-1845, Barcelona, Bellaterra, 2013.
TEMA 2
--------
BARCIELA, C. et alii (eds.), La historia económica en España y Francia (siglos XIX y XX), Alicante, Universidad, 2006.
SÁIZ, C., VIDAL, J., El fin del Antiguo Régimen: 1808-1868. Economía, Madrid, Síntesis, 1996.
NADAL, J., CARRERAS, A. (coords.), Pautas regionales de la industrialización española (siglos XIX-XX), Barcelona, 1990.
ROMERO MARÍN, J., La construcción de la cultura del oficio durante la industrialización, Barcelona, 1814-1860, Icaria, 2005.
RODRIGO Y ALHARILLA, M. (ed.), Del olvido a la memoria. La esclavitud en la España contemporánea, Barcelona, 2022.
TEMA 3
--------
SUÁREZ CORTINA, M., La España liberal (1868-1917). Política y sociedad, Madrid, Síntesis, 2006.
BARRIO ALONSO, A., La modernización de España (1917-1939). Política y Sociedad, Madrid, Síntesis, 2004.
MORENO LUZÓN, J. (ed.), De las urnas al hemiciclo. Elecciones y parlamentarismo … (1875-1926), Madrid, 2015.
VARELA ORTEGA, J., Los amigos políticos. Partidos, elecciones y caciquismo en la Restauración..., Madrid, 2001.
PAN MONTOJO, J. (coord.), Más se perdió en cuba. España, 1898 y la crisis de fin de siglo, Madrid, Alianza, 2006.
TEMA 4
--------
BERNAL, A.M., La España liberal (1868-1913). Economía, Madrid, Síntesis, 2001.
PAREJO BARRANCO, A., La modernización de España (1914-1939): Economía, Madrid, Síntesis, 2007.
CABRERA, M.A., El reformismo social en España (1870-1900), Valencia, Universidad, 2014.
CRUZ, R., Protestar en España, 1900-2013, Madrid, alianza, 2015.
PÉREZ MOREDA, V., et alii, La conquista de la salud..., Madrid, 2015.
¨
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
----------------------------------
O/A alumno/a será capaz de:
(CE-1) Achegarse á historia contemporánea de España como una disciplina en construcción a partir dos principais debates suscitados a nivel historiográfico.
(CE-2) Contextualizar en termos históricos a realidade política, social, económica e cultural da España contemporánea en xeral ou dalgún dos seus ámbitos espaciais en particular.
(CE-3) Analizar críticamente a partir dunha lectura reflexiva, e interpretar realidades sociais complexas pasadas e presentes da España contemporánea.
CE-3 Analizar críticamente, a partir de una lectura reflexiva, e interpretar de forma razonada y debidamente fundamentada realidades sociales complejas, pasadas y presentes, de la España contemporánea.
(CE-4) Explicar en termos históricos a diversidade que presenta territorialmente falando a sociedade da España contemporánea.
(CE-5) Comparar en termos históricos distintas realidades históricas e espaciais partindo da complexidade e diversidade que conforman os procesos evolutivos.
(CE-6) Dominar o emprego da base conceptual propia e particular dos procesos históricos referidos ó tránsito e máis ó ámbito da Contemporaneidade española.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
------------------------------------
O/A alumno/a será capaz de:
(CT-1) Localizar e seleccionar dun xeito crítico a información que se precise a nivel de bibliografía e de fontes históricas.
(CT-2) Elaborar un traballo de síntese histórica co rigor e demais requisitos esixibles a nivel de contidos.
(CT-3) Presentar os traballos por escrito cumprindo cos requisitos formais e de proceder académico esixibles.
(CT-4) Comunicar información e ideas de maneira clara e efectiva, mesmo en público.
.
¨
1.- CLASES EXPOSITIVAS
----------------------------
Dedicadas á explicación de contidos teóricos: véxase temario.
Actividade presencial na aula.
2.- CLASES INTERACTIVAS
------------------------------
Dedicadas a prácticas presenciais relacionadas cos contidos teóricos previamente impartidos, e orientadas tanto a adquirir as destrezas contempladas no apartado sobre competencias -en especial as específicas- como a profundizar sobre aspectos tratados nas clases expositivas:
2.1.- Conceptos fundamentais do período.
2.2.- Lectura comprensiva, analítica e critica da fonte, histórica ou historiográfica.
2.3.- Comentario de documentos varios: textos, gráficos, estadisticas, imaxes, etc.
2.4.- Proxección e comentario de documentais.
2.5.- Exercicios de control ou seguimento -Avaliación Continua-.
Terase en conta a participación nas actividades de carácter historiográfico organizadas no
marco do Centenario da facultade.
3.- ACTIVIDAD ACADEMICAMENTE DIRIXIDA (A.A.D.)
------------------------------------------------------------
Lectura e elaboración por escrito para entregar nas datas estipuladas de varios artigos sobre cuestións transversais claves da materia, que poderán ser obxecto de seminario nalgunha das clases interactivas.
4.- TITORIZACIÓN PERSONALIZADA
-----------------------------------------
Dedicada a orientar a elaboración dos traballos e a comentar o resultado dos mesmos.
5.- APOIATURA DA AULA VIRTUAL
--------------------------------------
Empregada como soporte para materiais de apoio, igual que para a recollida e comentario dos exercicios prácticos.
Horario de Titorías => Pendente fixar a inicio de curso
.
¨
A AVALIACIÓN CONSTARÁ DE DÚAS PARTES
--------------------------------------------------
1) O 40% da calificación procederá da avaliación continua, computando a partes iguais tanto os traballos a entregar ó longo do curso con cargo á AAD. como os exercicios presenciais que se vaian realizar nas clases interactivas.
2) O 60% restante procederá dunha proba escrita sobre as cuestións impartidas na aula. Contémplase a realización dalgunha pregunta relativa á AAD. Contémplase a realización dalgunha pregunta relativa á AAD.
AS CONDICIÓNS DA AVALIACIÓN
--------------------------------------
(1) A asistencia presencial é obrigatoria tanto nas clases expositivas como nas interactivas. Non asistir ao mínimo do 80% das clases conleva perder o dereito a avaliarse na I Oportunidade -maio-. o que implica igualmente non poder acollerse ao sistema de avaliación continua.
(2) A realización de todas e cada una das prácticas é condición obrigada para poder presentarse ao examen.
(3) As prácticas entregadas fóra de prazo serán penalizadas cunha rebaixa da calificación obtida que estará en función do prazo transcorrido.
(4) Cando a calificación do exame ou das prácticas é inferior a 4,5, non se fará media coa parte aprobada, tendo que examinarse o alumno da parte suspensa -materia ou prácticas- na II Oportunidade -xullo-.
(5) Os alumnos con dispensa de asistencia deberán realizar os mesmos traballos de AAD. seguíndose para a súa avaliación o mesmo sistema que para os demáis alumnos. Quedarian unicamente exentos dos exercicios prácticos presenciais asignados ás clases interactivas a efectos da calificación final.
(6) Os alumnos sen dispensa que non cumplan co requisito de asistencia estipulado polo Plan Bologna só poderán avaliarse no exame do conxunto da materia -clases expositivas e prácticas- da II Oportunidade.
CRITERIOS DE CALIFICACIÓN
---------------------------------
1.- Nivel de dominio dos contidos.
2.- Nivel de dominio da terminoloxía histórica xeral e específica da materia ou período abordado.
3.- Capacidade de análise crítica e de razonamento interpretativo.
4.- Capacidade de síntese e de xerarquización dos aspectos relevantes na elaboración dun tema.
5.- Capacidade para disertar argumentando de forma razonada en termos históricos.
6.- Capacidade de relación e comparación, segundo proceda, á hora de elaborar un tema.
7.- O nivel de dominio das técnicas de presentación formal dos traballos.
.
¨
DISTRIBUCIÓN DAS HORAS
-------------------------------
32 horas presenciais de clases expositivas en grupo completo
12 horas presenciais de clases interactivas
------------------------------------------------
60 horas de estudio persoal
44 horas de lecturas e de elaboración de traballos (AAD.)
----------------------------------------------------------------
2 horas de exame
--------------------
TOTAL: 150 horas
--------------------
.
¨
=> Ter cursado a materia de "Historia Contemporánea Universal"
=> Ter cursado as materias correspondentes aos periodos históricos precedentes.
=> A realización dos cursos ofertados pola Biblioteca da Facultade.
=> Consulta habitual de ferramentas autorizadas, como atlas e dicionarios históricos.
=> Consulta das monografías de apoio que permitan ao alumno relacionar informacións de procedencia diversa.
=> Lectura de prensa de referencia, ao igual que de revistas académicas procedentes do ámbito histórico ou outros afíns.
¨
CASOS DE FRAUDE ACADÉMICA =>
Segundo se establece no artigo 42 da "Lei de Convivencia" da USC, de marzo de 2023, aplicaranse as sancións previstas
no Artigo 11 tanto para as prácticas de plaxio en traballos académicos ou exames, como para os casos igualmente de
emprego non consentido de ferramentas de Intelixencia Artificial.
Maria Jesus Baz Vicente
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 881812718
- Correo electrónico
- mjesus.baz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xose Carlos Veiga Garcia
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Correo electrónico
- xosecarlos.veiga.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | G5021325/CLE_02 | Galego | Aula 05 |
Martes | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 12 |
Mércores | |||
11:00-13:00 | G5021325/CLE_02 | Galego | Aula 05 |
Xoves | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 12 |
17.01.2025 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
17.01.2025 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 |
23.06.2025 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |