Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Contemporánea, Historia de América
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O/A alumno/a haberá coñecer:
(O-1) A estrutura diacrónica xeral da evolución da guerra, da violencia e das políticas da memoria nas sociedades do século XX.
(O-2) Os procesos de continuidade e mudanza neses apartados, incluíndo as diversas variábeis territoriais ou por áreas na Europa e na América.
(O-3) Os principais factores que contribuíron e contribúen a conformar as culturas de guerra e as culturas do recordo e da paz no século XX.
(O-4) As diversas perspectivas e principais debates historiográficos segundo os periodos e contextos, co fin de poder desenvolver unha actitude crítica e de adquirir unha consciencia de que o saber histórico é unha disciplina en permanente construción, e en diálogo con outras Ciencias Sociais.
I. Introdución teórica
— A violencia como un fenómeno histórico: marcos conceptuais e interpretativos
— A evolución da Historia da violencia: Da Historia Militar á Historia cultural da guerra
— Cultura de guerra, experiencia de guerra e Historia Militar “dende abaixo”
— Violencia de masas: vítimas, perpetradores e xenocidios
II. A era da guerra total: violencia, embrutecemento, xenocidio
— Expansión colonial e violencia
— A I Guerra Mundial: un ponto de inflexión decisivo?
— Violencia paramilitar, desmobilización e guerras civís no periodo de entreguerras: de Rusia a España.
— A II Guerra Mundial: guerras de exterminio, violencia na retagarda, xenocidios.
— A codificación dos crimes de guerra e dos xenocidios
— As guerras da Guerra Fría e as práticas violentas: de China a Vietnam
III. As vagas da violencia contemporánea
— As vagas da violencia: conceitos e debates
— A vaga da nova esquerda (1959-1996)
— As continuidades da violencia: descolonización terceiro mundo, revolución
IV. Os procesos de difusión política transnacional
— A dimensión transnacional da violencia política
— Comunidades imaxinadas e identidades compartidas
— A difusión político-ideolóxica: formas, actores, soportes
APPLEBAUM, A.: GULAG. Historia de los campos de concentración soviéticos, Barcelona, Debate, 2004.
ARENDT, H.: Los orígenes del totalitarismo, Madrid, Taurus, 1974 (or., 1951, reed. 2001).
BAUMAN, Z.: Modernidad y Holocausto, Madrid, Sequitur, 1997.
BOURKE, J., Sed de sangre: historia íntima del combate cuerpo a cuerpo en las guerras del siglo XX, Barcelona: Crítica, 2008.
BRUNETEAU, B.: El siglo de los genocidios. Violencias, masacres y procesos genocidas desde Armenia a Ruanda, Madrid, Alianza, 2006.
GERLACH, C.: Extremely Violent Societies: Mass Violence in the Twentieth-Century World, Cambridge, Cambridge UP, 2010.
GONZÁLEZ CALLEJA, Eduardo: “Las oleadas históricas de la violencia terrorista: una reconsideración”, Revista de Psicología Social 24: 119-137, 2009.
GONZÁLEZ CALLEJA, Eduardo: El laboratorio del miedo. Una historia general del terrorismo: de los sicarios a Al Qa’ida, Barcelona, Crítica, 2012
GUPTA, D. K.: “Waves of International Terrorism. An Explanation of the Process by wich Ideas Flood the World”, in J. ROSENFELD (ed.), Terrorismo, Identity and Legytimacy. The Four Waves Theory and Political Violence, London, Routledge, 2010, pp. 30-43.
HILBERG, R.: La destrucción de los judíos europeos, Madrid, Akal, 2005 (1961).
KIERNAN, B., Blood and soil: a world history of genocide and extermination from Sparta to Darfur, New Haven, Yale UP, 2007.
KÜHNE, T., Belonging and genocide: Hitler’s community, 1918-1945, New Haven, Yale UP, 2010
LEED, E. J., Terra di nessuno: esperienza bellica e identità personale nella prima guerra mondiale, Boloña, Il Mulino, 2007.
LEWY, G., The nazi Persecution of the Gypsies, New York, Oxford UP, 2000.
MARTÍN, A.; REY, E. “La oleada revolucionaria latinoamericana contemporánea, 1959-1996”. Navegamérica 12, 2009.
MARTÍN ÁLVAREZ, A. y E. REY TRISTÁN (eds.), Revolutionary Violence and the New Left. Transnational Perspectives, New York, Routledge, 2016.
MOSSE, G.L.: Le guerre mondiali. Dalla tragedia al mito dei caduti, Roma-Bari, Laterza, 1990.
NÚÑEZ SEIXAS, X. M.: El Frente del Este, 1941-1945. Historia y memoria de la guerra germano-soviética, Madrid: Alianza, 2018.
RANZATO, G. (ed.): Guerre fratricide. Le guerre civili in etá contemporanea. Turín, Bollati Boringhieri, 1994
RAPOPORT, David: “The Four Waves of Modern Terrorism”, in CRONIN, A. K. & J. M. LUDES (eds.), Attacking Terrorism: Elements of a Grand Strategy. Washington: Georgetown University Press, 2004, pp. 46-73.
ROSENFELD, J. E. (ed.) Terrorism, Identity and Legitimacy. The four waves theory and political violence. London: Routledge, 2011.
SAGEMAN, M., “Ripples in the Waves: Fantasies and Fashions”. En: ROSENFELD, J. E. (ed.). Terrorism, Identity and Legitimacy. The Four Waves Theory and Political Violence. London: Routledge, 2011, p. 87-93.
SEDGWICH, Mark: “Inspiration and the Origins of Global Waves of Terrorism”, in Studies in Conflict & Terrorism 30: 97-112, 2007.
TERNON, Y.: El Estado criminal. Los genocidios del siglo XX, Barcelona, Península, 1995
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
---------------------------------
O/A alumno/a haberá ser quen de:
(CE-1) Contextualizar en termos históricos a evolución da guerra e da violencia nas sociedades contemporáneas, identificando os seus contextos espaciais e cronolóxicos particulares.
(CE-2) Analisar criticamente os conceitos e os debates historiográficos plantexados.
(CE-3) Explicar en termos históricos a diversidade de episodios e as tipoloxías presentadas.
(CE-4) Comparar en termos históricos diversas realidades históricas e espaciais, partindo da complexidade e da diversidade que conforman os procesos evolutivos.
(CE-5) Dominar a base conceptual específica dos procesos históricos relacionados coa evolución da violencia no século XX.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
-----------------------------------
O/A alumno/a haberá ser quen de:
(CT-1) Localizar e escolmar dun xeito crítico a información que se precise a nivel de bibliografía e de fontes históricas.
(CT-2) Elaborar con rigor un traballo de síntese histórica, peneirando, xeraquizando e organizando de forma axeitada e crítica a información e materiais dispoñíbeis.
(CT-3) Elaborar por escrito e expór de forma oral contidos co rigor conceptual e as formalidades de presentación propias das ciencias históricas e sociais.
(CT-4) Razoar de forma crítica a partires dunha leitura reflexiva tanto sobre os acontecementos en si mesmos como sobre os conceptos manexados na materia, sobre a base da información dispoñíbel (fontes, monografías, exposicións, etcétera).
1.- AULAS EXPOSITIVAS
----------------------------
Adicadas á explicación de contidos teóricos: véxase temario.
Actividade presencial na aula.
2.- AULAS INTERACTIVAS
-----------------------------
Adicadas a prácticas presenciais relacionadas cos contidos teóricos previamente impartidos, e orientadas tanto á adquisición das destrezas enxergadas no apartado sobre competencias -nomeadamente, as específicas- como a aprofundar sobre aspectos tratados nas aulas expositivas:
2.1.- Comentario de textos, gráficos, imaxes, etcétera.
2.2.- Definición en termos históricos de conceptos fundamentais da temática.
2.3.- Leitura e sinopse para entregar por escrito nas datas estipuladas na Guía da materia de varios artigos e/ou capítulos de libro sobre conceptos e debates fundamentais tratados no temario. Adicaránse algunhas sesións de seminario a comentar a materia desas leituras.
2.4.- Proxección de documentais e filmes históricos relacionados coa materia.
Traballos prácticos:
- Realización de debates e traballos no propio marco das aulas interactivas, nos que será fundamental a participación activa e continuada.
- Elaboración dun traballo en grupo sobre o tema das revolucións do século XX, que será explicado ao comezo do curso e será entregado nunha data previamente sinalada.
3.- ACTIVIDADE ACADEMICAMENTE DIRIXIDA (NON PRESENCIAL)
------------------------------------------------------------------------
Traballo individual, optativo e por escrito sobre temáticas do curso e guiado por un dos profesores. Pódense realizar propostas e acordar os traballos cos profesores ate o 30 de outubro. A entrega da versión final realizarase a data do exame.
Os traballos terán carácter de ensaio en canto reflexión sobre a temática escollida a partires das lecturas realizadas. Deberán xirar en torno a unha idea central ou argumento de partida, ter un desenvolvemento de ideas básicas a partires da bibliografía consultada, e unha reflexión final e persoal. Non superarán as 20 páxinas con bibliografía e anexos.
4.- TITORIZACIÓN PERSONALIZADA
----------------------------------------
Adicada a orientar a elaboura dos traballos e a comentar o resultado dos mesmos.
5.- PRÁCTICAS DE CAMPO
-----------------------------
Por determinar
A AVALIACIÓN CONSTARÁ DE DÚAS PARTES:
(1) Unha proba escrita sobre as cuestións recollidas no temario e impartidas nas aulas, que suporá o 50 por cento da cualificación final.
(2) Avaliación da parte interactiva ben a través de traballos ben a través duna proba específica realizada no Campus Virtual: 50 por cento. É obrigatoria a realización e presentación das parte interactiva para se poder presentar ao exame.
IMPORTANTE:
1- Para superar a materia débese ter como mínimo o 30% da calificación de cada unha das partes
2- En caso de non superar a materia na evaluación regular, todos os seus contidos serán evaluados en xulio a través de un único examen.
CRITERIOS segundo os que se cualificarán os traballos dos/as alumnos/as:
1.- Nivel de dominio dos contidos.
2.- Nivel de dominio da terminoloxía histórica xeral e específica da materia abordada.
3.- Capacidade de síntese e de xerarquización dos aspectos relevantes na elaboura dun tema.
4.- Capacidade de análise crítica, de conceptualización e de razoamento interpretativo.
5.- Capacidade de relación e/ou comparanza, segundo proceda, á hora de elaborar un tema.
6.- Nivel de dominio das técnicas de presentación formal dos traballos.
A ASISTENCIA É OBRIGATORIA, ao se tratar dun sistema de avaliación continua.
A INASISTENCIA REITERADA SUPERIOR AO 20 POR CENTO IMPOSIBILITARÁ A AVALIACIÓN do/da alumno/a.
AVALIACIÓN NO CASO DE DISPENSA DE ASISTENCIA
No caso de estudantes a quen lle sexa concedida a dispensa de asistencia ás aulas polos motivos establecidos e regulados, ofertaráselles, sempre nas primeiras semanas de curso, a posibilidade de realizar un exame final no que se valore o conxunto da materia, parte expositiva e interactiva. Igualmente, terán a obrigatoriedade de realizar o traballo individual definido no apartado anterior de actividade academicamente dirixida (non presencial).
Sempre haberá alumnos/as que precisen máis tempo e outros/as que precisen menos tempo, dependendo das capacidades individuais, a motivación e o talento. Con todo, e partindo dun nivel medio, podemos apontar os seguintes tempos:
30 horas presenciais de aulas expositivas en grupo completo
50 horas de estudo persoal
12 horas presenciais de clases interactivas en grupo reducido
38 horas de elaboración dos traballos
2 horas de titoría personalizada obrigatoria
2 horas avaliación
TOTAL: 134 HORAS
(1) Ter cursado as materias de Historia Contemporánea e de Historia de América nos semestres anteriores do grao, para posuír xa un coñecemento abondo do marco cronolóxico e temático xeral ao que se fará mención de maneira reiterada.
(2) Ter nocións teóricas abondas sobre Teoría da Historia.
(3) Complementar os contidos impartidos polos profesores nas aulas coa bibliografía xeral e específica recomendada.
En caso de fraude académica tal como se define no artigo 42 da Lei de Convivencia da USC de marzo de 2023 aplicaranse as sancións previstas no artigo 11 de producirse plaxio en traballos académicos ou exames ou ben emprego non consentido de ferramentas de Intelixencia Artificial
Xose Manoel Nuñez Seijas
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 881812681
- Correo electrónico
- xoseml.nunez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Eduardo Rey Tristan
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia de América
- Teléfono
- 881812637
- Correo electrónico
- eduardo.rey [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xaquin Bermello Corominas
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia de América
- Correo electrónico
- xaquin.bermello.corominas [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Xoves | |||
---|---|---|---|
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 13 |
Venres | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 13 |
10.01.2025 18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 |
10.01.2025 18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |
17.06.2025 18:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |