Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
Centro Facultade de Relacións Laborais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Ao finalizar a materia o alumno deberá:
- Entender os procesos psicolóxicos e de interacción entre o empregado e o seu ambiente de traballo que inflúen na súa saúde ocupacional.
- Coñecer os instrumentos e métodos de avaliación e prevención dos riscos psicosociais aos que se enfronta o traballador no ambiente laboral.
1. A SAÚDE OCUPACIONAL DENDE A PERSPECTIVA PSICOSOCIAL
• Concepto de saúde ocupacional.
• Factores psicosociales, factores de risco psiscosocial e riscos psicosociais.
• Recursos e demandas laborais
2. ESTRÉSLABORAL
• Estrés: concepto e medida
• Factores de risco
• Repercusións psicolóxicas, físicas e organizacionais do estrés
• O tecno-estrés
• O burnout
3. VIOLENCIA LABORAL
• Concepto e tipos de violencia no traballo
• Factores de risco da violencia no traballo
• Consecuencias da violencia no traballo
• Mobbing ou acoso laboral
4. TRABALLO EMOCIONAL
• Concepto de traballo emocional.
• Dimensións do traballo emocional
• Antecedentes do traballo emocional
• Enfoques e operacionalización do traballo emocional
• Antecedentes do traballo emocional
5. AVALIACIÓN DE RISCOS PSICOSOCIAIS
• ¿Que é a avaliación de riscos psicosociais?
• Fundamentos científicos dos métodos de ARP
• Pasos nun proceso de ARP
• Lexislación laboral sobre riscos psicosociais
• Métodos de avaliación de riscos psicosociais
6. PREVENCIÓN DOS RISCOS PSICOSOCIAIS
• Concepto
• Niveis de intervención
o Prevención primaria
o Prevención secundaria
o Prevención terciaria
7. BENESTAR LABORAL E PSICOLOXÍA ORGANIZACIONAL POSITIVA
• Concepto e desenrolo da psicoloxía organizacional positiva
• Aproximacións teóricas ó benestar dende a psicoloxía organizacional positiva
• Instrumentos de medida do benestar laboral
• Conciliación da vida familiar e laboral.
- Del Lïbano, M. y Llorens, S. (2012). Adicción al trabajo. Guías de intervención. Madrid: Síntesis
- Gil. Monte, P. y Moreno, B. (2007). El síndrome de quemarse por el trabajo (burnout) : grupos profesionales de riesgo. Madrid: Pirámide
- González de Rivera, J.L. (2005). El maltrato psicológico. Madrid: Espasa-Calpe
- González-Camino, G. y Osca, A. (2004). Estrés y salud laboral. En A.Osca, (Ed.). Psicología de las Organizaciones. Madrid: Sanz y Torres.
- Institut of Work, Health and Organizations, I-WHO (2004). La organización del trabajo y el estrés. Organización Mundial de la Salud.
- - LLorens, S, Salanova. M. y Ventura, M. (2011). Tecnoestrés. Guías de intervención. Madrid: Síntesis
- Martínez Selva, J.M. (2004). Estrés laboral: Guía para empresarios y empleados. Madrid: Pearson Educación.
- Morán Astorga, C. (2005). Estrés, burnout y mobbing: recursos y estrategias de afrontamiento. Salamanca: Amarú D.L.
- Moreno-Jimenez, B. y Garrosa-Hernández, E. (2013). Salud laboral. Riesgos laborales psicosociales y bienestar laboral.
- Moscoso, S. y Alonso, P. (2013). El bienestar laboral.Publicado en Cantera, L., Pallarés, S. y Selva, C. Del Malestar al Bienestar Laboral .VIPAT, Universidad Autónoma de Barcelona.
- Rodriguez, A.Mª. y Cifre E. (2012). Flow y bienestar subjetivo en el trabajo. Guías de optimización. Madrid: Síntesis.
- Salanova, M., Martínez, I. LLorens, S. (2019). Organizaciones saludables. Aranzadi
- - Seligman, M. (2011). La vida que florece. Barcelona: Edciones B.
- Tous, J., Carrión, M.A. y López Barón, F. (2008). Promoción de la Salud Ocupacional. Colección Psicosociología de la Salud Ocupacional, 2. AEPA: Mollet del Vallés, Barcelona.
Competencias da titulación ás que contribúe a materia
- Traballar individualmente e en equipo
- Localizar, analizar, sistematizar e xestionar diferentes fontes e tipos de información
- Aplicar o razoamento crítico no estudo e análise dun determinado asunto ou tema
- Expor e defender, oralmente e/ou por escrito, un asunto ou tema de carácter xeral ou relacionado coa súa especialidade
- Aprender autónomamente
- Traballar e relacionarse cos demais, respectando as normas básicas de convivencia, os dereitos fundamentais e os valores democráticos
Competencias específicas da materia
- Ao finalizar o curso, o alumno debería ser capaz de exhibir as competencias/destrezas/habilidades básicas (a un nivel non especializado) requiridas para:
- Coñecer a influencia das esixencias cognitivas, emocionais, sensoriais e sociais da contorna laboral sobre o traballador.
- Adquirir coñecementos psicolóxicos sobre como poder adaptar esa contorna ao traballador co fin de evitar distintos problemas de saúde.
- Coñecer, e saber aplicar a un nivel básico, algunhas das principais técnicas de intervención e tratamento psicolóxico ante a aparición de problemas psicosociais no traballo (tensión, violencia...).
- Desenvolver habilidades de comunicación (oral/escrita, verbal, non verbal, etc).
- Orientar a súa actuación profesional a partir do respecto e a consideración dos principios e valores propios da materia e do Código Deontolóxico da profesión.
As clases expositivas e prácticas están orientadas á capacitación do estudantado respecto a a adquisición dos coñecementos relativos aos contidos da materia. Para iso o profesorado explicará os diferentes temas apoiándose en material audiovisual e ferramentas TIC.
O contido teórico será impartido nas clases expositivas. Estas impartiránse na aula, utilizando todos os medios técnicos dispoñibles na mesma.
Empregarase o Campus Virtual como vía de comunicación co alumnado, tanto para facerlle chegar toda a información referente á avaliación da materia, como os materiais que deben ser preparados por parte do alumnado, así como para realizar as entregas dos traballos que formarán parte da avaliación.
As actividades interactivas serán de varios tipos: (1) Análise de casos, exercicios, traballos e simulacións para poñer en práctica os conceptos aprendidos nas clases expositivas e adquirir as competencias específicas (a nivel elemental) necesarias para superar a materia; (2) Dinámicas de grupo pequeno, nas que ademais de desenvolver as competencias específicas relacionadas directamente cos contidos da materia, practicaranse as habilidades de comunicación oral. Ademais de todo isto, ao longo do curso o alumnado poderá participar na realización de experimentos e estudos relacionados coa materia, así como realizar varias lecturas obrigatorias.
Débese asistir como mínimo ao 80% das clases interactivas e expositivas para poder superar a materia. No caso de que a docencia sexa online, a asistencia seguirá sendo obrigatoria.
A avaliación das competencias específicas da materia que están mais relacionadas coa adquisición de coñecementos teóricos e prácticos realizarase mediante o exame final e/ou os exames parciais que valerá un 70% da cualificación final. O exame constará de dúas partes: (a) un test e (b) preguntas curtas.
A avaliación das competencias tanto específicas como aquelas relacionadas coa titulación farase en función do desempeño en cada unha das actividades interactivas (prácticas, traballos, lecturas). Esta parte valerá un 30% da cualificación final.
Será necesario aprobar o exame para poder superar a materia.
No caso do alumnado que teña concedida a dispensa á clase, o 70% da cualificación será obtida a través do exame e o 30% restante a través da realización de traballos e actividades similares ás realizadas polo resto do estudantado e que estarán especificadas no campus virtual.
Estímase que o alumno necesitará unhas 80 horas de traballo de estudo e persoal. Repartido entre estudo persoal, realización de traballos individuais ou en grupo, preparación de presentacións e realización de lecturas.
Os alumnos deberán levar a materia ao día, tanto no que se refire ás clases expositivas como prácticas.
Para poder obter o máximo aproveitamento nesta materia recoméndase que o alumno teña superadas as materias de Psicoloxía do Traballo e Comportamento Organizacional xa que isto permitiralles ter uns coñecementos previos que lle axudarán a comprender e contextualizar os temas impartidos nesta materia.
Plaxio e uso indebido das tecnoloxías:
A realización fraudulenta de calquera exame, exercicios, informes, etc., de maneira total ou parcial, que poida ser obxeto de avaliación para a materia, implicará a cualificación de suspenso na convocatoria vixente de acordo co artigo 16 recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Silvia Moscoso Ruibal
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
- Teléfono
- 881815140
- Correo electrónico
- silvia.moscoso [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luz Isabel Leirós Lobeiras
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
- Teléfono
- 881813894
- Correo electrónico
- luzisabel.leiros [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:30-14:00 | Grupo /CLE_01-Grupo expositivo único- mañá | Castelán | Aula 6 |
Xoves | |||
11:30-13:00 | Grupo /CLE_01-Grupo expositivo único- mañá | Castelán | Aula 6 |
16.01.2025 16:30-19:30 | Grupo /CLE_01-Grupo expositivo único- mañá | Aula 3 |
16.01.2025 16:30-19:30 | Grupo /CLE_01-Grupo expositivo único- mañá | Aula 5 |
16.01.2025 16:30-19:30 | Grupo /CLE_01-Grupo expositivo único- mañá | Aula 6 |
11.06.2025 16:30-19:30 | Grupo /CLE_01-Grupo expositivo único- mañá | Aula 3 |
11.06.2025 16:30-19:30 | Grupo /CLE_01-Grupo expositivo único- mañá | Aula 5 |
11.06.2025 16:30-19:30 | Grupo /CLE_01-Grupo expositivo único- mañá | Aula 6 |