Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Común
Áreas: Dereito Civil
Centro Facultade de Relacións Laborais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Facilitar ao alumno un primeiro achegamento ao ámbito xurídico de forma que se familiarice coa terminoloxía xurídica que vai ser necesaria noutras materias do Grado, así como no campo profesional.
2. Aplicar o razoamento crítico no estudo e análise dun determinado asunto ou tema.
3. Aprender a traballar de forma individual e en equipo.
4. Expoñer e defender adecuadamente, de forma oral e/ou escrita, unha cuestión de carácter xeral ou relacionada coa súa especialidade.
5. Coñecer e comprender o sentido fundamental do ordenamento xurídico e aplicación das normas xurídicas básicas necesarias para o posterior estudo especializado das diferentes ramas xurídicas, así como para o adecuado desempeño das tarefas de asesoramento e representación técnica no ámbito administrativo e procesual e defensa ante os Tribunais laborais.
ORDENAMIENTO XURÍDICO E FONTES DO DEREITO
LECCIÓN 1.- O Dereito e o ordenamento: aproximación ao seu concepto.- As normas xurídicas: clases e eficacia. Estrutura do ordenamento xurídico.
LECCIÓN 2.- As fontes do dereito: o seu significado.- O dereito español como ordenamento xurídico complexo: estrutura territorial e distribución competencial.- A Constitución de 1978
LECCIÓN 3.- Fontes do dereito estatal.- As normas legais.- As normas regulamentarias .- Normas consuetudinarias e principios xerais do dereito.- O poder xudicial: a xurisprudencia que complementa o ordenamento xurídico. O papel do Tribunal Constitucional
LECCIÓN 4.- Fontes do dereito autonómico: a súa relación co dereito estatal.- As normas legais.- As normas regulamentarias.- Normas consuetudinarias e principios xerais do dereito.- O poder xudicial: a xurisprudencia dos Tribunais Superiores de Xustiza.
LECCIÓN 5.- O dereito europeo.- O dereito internacional.- A incardinación do dereito europeo e internacional no sistema de fontes español.
A APLICACION E EFICACIA DAS NORMAS XURÍDICAS
LECCIÓN 6.- A aplicación do dereito: formulación.- Interpretación e integración das normas: as lagoas legais, a analoxía e a equidade.- Vixencia temporal das normas: entrada en vigor e derrogación.- Os cambios normativos e o dereito transitorio: o principio de irretroactividade.- Ámbito espacial de vixencia: o dereito internacional privado e o dereito interrexional.
LECCIÓN 7.- A eficacia das normas.- O deber xeral de cumprimento: a ignorancia da lei e o erro de dereito.- A contravención das normas e a súa sanción: actos en contra de lei e en fraude de lei.
LECCIÓN 8.- A eficacia constitutiva das normas: o dereito subxectivo.- O exercicio dos dereitos e os seus límites: o principio de boa fe, a doutrina dos propios actos e o abuso do dereito.- Límites temporais do exercicio dos dereitos: a prescrición e a caducidade.-
A PERSOA E AS SÚAS RELACIÓNS XURÍDICAS BÁSICAS
LECCIÓN 9.- A persoa como suxeito de dereito.- Persoa física: capacidade xurídica, menores de idade e persoas con discapacidade.- Persoa xurídica .- Réxime xurídico básico de dereito da persoa.
LECCIÓN 10.- Relacións patrimoniais das persoas: os dereitos de crédito e os dereitos reais.- A obrigación e o seu cumprimento.- O incumprimento da obrigación e as súas consecuencias.- O contrato: requisitos e efectos.- Os contratos: principais figuras contractuais e o seu contido.- Os dereitos reais e o Rexistro da Propiedade
LECCIÓN 11.- Matrimonio e réximes económico matrimoniais.- A sociedade de gananciais.- A herdanza.- A sucesión testada e intestada.- As lexítimas
Recoméndase utilizar as últimas edicións dos seguintes monografías e manuais:
- ACEDO PENCO, Á., Introducción al Derecho Privado y al Derecho de la Persona. Dykinson.
- ÁLVAREZ CAPEROCHIPI, J.A., Introducción al Derecho. Comares.
- CARRASCO PERERA, Á. y GONZÁLEZ CARRASCO, C., Introducción al Derecho y fundamentos de Derecho Privado. Tecnos.
- FERNÁNDEZ SARASOLA, I. y SÁNCHEZ ÁLVAREZ, E., Manual de fundamentos de Derecho público y privado, Tecnos.
- GARCÍA RUBIO, M.ª P., Introducción al Derecho Civil. Cálamo.
- LASARTE ÁLVAREZ, C., Compendio de Derecho Civil: Trabajo Social y Relaciones Laborales. Dykinson.
- LLEDÓ YAGÜE, F. y otros, Compendio de Derecho Civil. Parte general. Tomo I. Teoría general del derecho. Volumen I. Dykinson.
- MORENO CATENA, V., Introducción al Derecho Procesal, Tirant lo Blanch.
- RIVERA FERNÁNDEZ, M. y HORNERO MÉNDEZ, C. (coords.), Fundamentos de Derecho Privado (Grado en Relaciones Laborales y Recursos Humanos). Tecnos.
- SÁNCHEZ CID, I., Instituciones de Derecho Civil. Parte general. Obligaciones y contratos. Ratio Legis.
- VERDERA SERVER, R., Lecciones de Derecho Civil. Derecho Civil I. Tirant lo Blanch.
- VV.AA., Introducción al Derecho. Coordinador: L. Prieto Sanchís. Colección Estudios. Ediciones de la Universidad de Castilla La Mancha.
- VV.AA., Introducción al Derecho español. Coordinador: A. Embid Irujo. Iustel.
- VV.AA., Derecho Civil. Introducción. Derecho de la persona. Derecho subjetivo. Derecho de propiedad. Coord. A. Carrasco Perera, Tecnos.
- VV.AA., Introducción al Derecho Constitucional. Coord.: F. Balaguer Callejón, Tecnos.
- VV.AA., Curso de Derecho Privado. Dirs. J. Orduña e A. B. Campuzano. Tirant lo Blanch.
- VV.AA., Lecciónes básicas para el aprendizaje del Derecho Civil. Coord.: Mª J. Cazorla González, Atelier.
- VV.AA., Manual de Introducción al Derecho. R. Bercovitz Rodríguez-Cano, E. Valladares Rascón e H. Díez García, Bercal.
- VV.AA. Lecciones de Derecho Civil. Coords.: J.M. Ruiz-Rico Ruiz, A. Gálvez Criado e M.D., Arias Díaz, Tecnos.
Capacidade para comprender, analizar e sintetizar.
Capacidade para obter e xestionar información.
Capacidade para resolver problemas.
Capacidade de decidir.
Razoamento crítico.
Capacidade para as relacións interpersonais nun contexto profesional.
Aprendizaxe autónoma.
Sensibilidade aos problemas da realidade social, económica e ambiental.
O ensino inclúe clases expositivas, clases interactivas e titorías, segundo o calendario.
As clases expositivas e interactivas serán preferentemente presenciais, aínda que se poderán utilizar os recursos virtuais dispoñibles en casos puntuais.
As titorías serán preferentemente virtuais, por correo electrónico ou por Teams.
1. Asistencia ao aula e participación activa (10 %)
2. Asistencia ás clases interactivas, participación nas discusións, entrega de traballos e resolución de casos (30%).
3. Exame final (60%)
Para que se teñan en conta as notas correspondentes á asistencia e participación nas clases expositivas, así como a participación activa nas actividades realizadas nas clases interactivas, será necesario aprobar o exame final. En ningún caso podrá superar a materia o alumnado que na proba final deixe algunha pregunta, incluída la parte práctia, en branco o cualificada con cero.
Aqueles alumnos que teñan recoñecida a exención de docencia serán avaliados unicamente a través do exame final que constituirá o 100% da nota da materia.
As tres actividades sinaladas teñen a consideración de avaliables aos efectos regulados na normativa de permanencia da USC, polo que a participación do alumno/a en calquera delas producirá os efectos legalmente previstos. Por tanto, e de acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do estudante que os cumprimente en ningún caso será de NON PRESENTADO.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Estímase necesario un traballo presencial na aula por parte do alumno de 48 horas: aulas teóricas, prácticas e exames.
Estímase necesario un traballo persoal do alumno de 102 horas: estudo individual ou en grupo, resolución de casos prácticos ou outros traballos, lecturas recomendadas.
1. Asistencia regular ao aula
2. Participación activa dos alumnos na aula
3. Disposición dos materiais necesarios (manuais, lexislación e jurisprudencia). Recoméndase asistir ás aulas co material lexislativo correspondente á lección. A tenencia dun manual da materia (aquel que comparta máis contido co programa da materia) que sirva como punto de apoio principal para todo o estudo da materia é algo imprescindible.
4. Estudo diario da materia
5. Utilizar as titorías para solucionar dúbidas sobre a explicación teórica e sobre a resolución dos problemas prácticos
Materias relacionadas:
Dereito de contratos e dereito de danos
Dereito laboral
Dereito societario
Dereito administrativo
Dereito sindical
Dereito da seguridade social
Dereito procesual
Margarita Cristina Herrero Oviedo
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Teléfono
- 881814621
- Correo electrónico
- margarita.herrero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Marta Madriñan Vazquez
- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Teléfono
- 881814741
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
15:00-17:00 | Grupo B - horario de tarde (M-Z) | Castelán | Aula 5 |
Mércores | |||
11:00-13:00 | Grupo A - horario de mañá (A-L) | Castelán | Aula 5 |
15.01.2025 09:30-12:30 | Grupo A - horario de mañá (A-L) | Aula 3 |
15.01.2025 09:30-12:30 | Grupo B - horario de tarde (M-Z) | Aula 3 |
15.01.2025 09:30-12:30 | Grupo B - horario de tarde (M-Z) | Aula 5 |
15.01.2025 09:30-12:30 | Grupo A - horario de mañá (A-L) | Aula 5 |
15.01.2025 09:30-12:30 | Grupo A - horario de mañá (A-L) | Aula 6 |
15.01.2025 09:30-12:30 | Grupo B - horario de tarde (M-Z) | Aula 6 |
15.01.2025 16:00-19:30 | Grupo A - horario de mañá (A-L) | Aula 6 |
15.01.2025 16:30-19:30 | Grupo A - horario de mañá (A-L) | Aula 3 |
15.01.2025 16:30-19:30 | Grupo A - horario de mañá (A-L) | Aula 5 |
13.06.2025 16:30-19:30 | Grupo B - horario de tarde (M-Z) | Aula 3 |
13.06.2025 16:30-19:30 | Grupo B - horario de tarde (M-Z) | Aula 5 |
13.06.2025 16:30-19:30 | Grupo B - horario de tarde (M-Z) | Aula 6 |