Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Antropoloxía Social
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecer a especificidade da antropoloxía social, a súa orixe, construción teórica e metodoloxía, así como a súa utilidade para a análise e a intervención social.
Comprender a relación da antropoloxía con outras disciplinas e, en particular, coa filosofía.
Identificar autores, obras relevantes e enfoques desta disciplina que representan achegas fundamentais ás ciencias sociais e historia
do pensamento.
Coñecer o concepto de cultura e as súas implicacións para a análise da realidade como contrución social.
Aprender a aplicar o concepto de relativismo cultural para valorar a diversidade cultural e reflexionar críticamente sobre as relacións interculturais propias do mundo global.
1. A antropoloxía no contexto das ciencias sociais e das humanidades. Orientacións terminolóxicas. Oríxes da disciplina. Do estudio dos “outros” ao estudio da diversidade cultural.
2. A cultura como concepto central da antropoloxía. Definicións de cultura. Cultura, proceso de hominización e uso de símbolos. Etnocentrismo e relativismo cultural.
3. A metodoloxía etnográfica. Perspectivas emic e etic. Traballo de campo e técnicas etnográficas.
4. Paradigmas antropolóxicos e ámbitos de estudio (I). A idea de progreso e o evolucionismo. Lewis Henry Morgan e o estudio das relacións de parentesco. Particularismo histórico. Franz Boas e os estudios de cultura e personalidade. O desenvolvemento dos estudios antropolóxicos en España: o folklore e o estudio da identidade cultural.
5. Paradigmas antropolóxicos e ámbitos de estudio (II). O funcionalismo. Malinowski e a explicación da maxia. Durkheim e a explicación da relixión. C. Lévi- Strauss e a lóxica do espírito humano. M. Harris e a cultura como sistema adaptativo. C. Geertz e o xiro interpretativo: as culturas como textos.
Bibliografía básica
Kottak C. P. 2002 Antropología cultural, Madrid, Mc Graw Hill.
Lombard J. 1997 Introducción a la Etnología, Alianza, Madrid.
Méndez Pérez, L. 2019 Siete claves para una introducción a la antropología, Madrid, Síntesis.
Bibliografía complementaria
Azcona J. 1988 Para comprender la antropología 2 vols., Navarra, Verbo Divino.
Barfield, T. 2001 Diccionario de Antropología, Bellaterra, Barcelona.
Bonte P. e M. Izard 1997 Diccionario de Etnología y Antropología, Madrid, Akal.
Diamond S. 1982 De la cultura primitiva a la cultura moderna, Barcelona, Anagrama.
Díaz de Rada, A. 2019 El taller del etnógrafo. Materiales y herramientas de investigación en etnografía, Madrid, UNED.
Ferrándiz, F. 2011 Etnografías contemporáneas: anclajes, métodos y claves para el futuro, Barcelona, Anthropos.
Frigolé J. (Dir.), 1986 Las razas humanas, vol 4, Barcelona, Ediciones Océano.
Gaillarel, G. 2004 The Routledge Dictionary of Anthropology, London, Routledge.
Geertz, C. 1987 La interpretación de las culturas, Madrid, Gedisa.
Harris, M. 1990 Antropología cultural, Madrid, Alianza.
Kuper A. 1988 The Invention of Primitive Society. Transformations of an Illusion, London, Routledge.
Layton R. 1998 An Introduction to Theory in Anthropology, Cambridge, Cambridge University Press.
Lisón Tolosana, C. 2004 Antropología cultural de Galicia, Madrid, Akal.
Lisón Tolosana C. 1977 Pequeña historia del nacimiento de una disciplina. Antropología social en España, Akal, Madrid.
Maleffijt W. 1974 Imágenes del hombre, Buenos Aires, Amorrortu.
Mariño Ferro X. R. 2000 Antropoloxía de Galicia, Vigo, Xerais.
Mariño Ferro X. R. 2010 Dicionario de etnografía e antropoloxía de Galiza, Vigo, Nigratrea.
Mercier, P. 1969 Historia de la Antropología, Barcelona, Península.
Moreno Feliu, P. 2014 De lo lejano a lo próximo: un viaje por la antropología y sus encrucijadas, Madrid, Universidad Ramón Areces.
Ortiz García C. e L.A. Sánchez Gómez 1994 Diccionario histórico de la Antropología Española, Madrid, Consejo Superior de Investigaciones Científicas.
Sanmartín J. 1993 Antropología, ciencia humana, ciencia práctica, Barcelona, Montesinos.
Velasco, H. (comp.) 2001 Lecturas de antropología social y cultural: la cultura y las culturas, Cuadernos de la UNED.
Básicas e Xerais:
CG1 - Que os titulados posúan e comprendan os coñecementos da Filosofía como coñecemento, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel que proporcionan os textos académicos, con referencia a contribucións recentes de investigación. CG2 - Que saiban aplicar estes coñecementos para identificar, formular e resolver problemas do ámbito da Filosofía, a nivel xeral e non especializado. CG4 - Que sexan capaces de continuar a súa formación, en Filosofía e/ou noutros ámbitos do coñecemento, cun alto grao de autonomía. CG5 - Que teñan habilidades para recoñecer, nos diversos coñecementos e prácticas sociais, cuestións e problemas que se poden abordar e resolver dende a Filosofía. CG6 - Que na súa actividade profesional e actuacións persoais difundan e apliquen os principios de respecto e promoción dos dereitos fundamentais das persoas, igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e desenvolvemento para todos, e democrático e de cultura de paz. CB1 - Que o alumnado demostre posesión e comprensión de coñecementos nunha área de estudo que se basea na educación secundaria xeral, e que se atopa habitualmente nun nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos desde o vangarda da súa área de estudo. CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación de forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse mediante a elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan a reflexión sobre cuestións relevantes de carácter social, científico ou ético. CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información , ideas, problemas e solucións para un público tanto especializado como non especializado. CB5 - Que o alumnado teña desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Transversais:
CT01 - Tipo instrumental: Capacidade para comprender e interpretar discursos complexos (escritos e orais), análise e síntese, traballo conceptual. Capacidade de presentación e comunicación oral e escrita. Capacidade para xestionar a información. Resolución de problemas. Toma de decisións. CT02 - Persoal: Curiosidade intelectual e actividade non restrinxida á filosofía. Capacidade para funcionar en diversos contextos culturais e sociais. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático. CT03 - Sistémico: Capacidade de aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta a novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cara aos problemas de igualdade ambiental
Específicas:
CE1 - Coñecer as disciplinas, teorías, métodos, aplicacións e correntes da Filosofía, seguindo a súa historia e as súas formulacións contemporáneas. Estes coñecementos están indicados na ficha da materia. CE6 - Saber expresarse, comunicarse, debater e dialogar. CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, formular e resolver problemas. CE8 - Desenvolvemento do razoamento crítico e do compromiso ético. CE9 - Sentido social, fomentando a cooperación e a mediación. CE10 - Capacidade de reacción e espírito construtivo: proactividade, inventiva, creatividade, laboriosidade e adaptabilidade a contextos cambiantes, problemáticos e/ou adversos.
Os contidos teóricos serán presentados nas clases expositivas pola profesora. As clases interactivas e o traballo autónomo do alumnado serán para comprender e afondar nos contidos e practicar as competencias mediante a realización ao longo do curso dos seguintes traballos:1) unha descrición etnográfica, 2) un comentario de textos 3) un comentario dunha película 4) unha visita a un museo etnográfico ou exposición. As sesións interactivas dedicaranse a deseñar e avanzar na elaboración progresiva das distintas tarefas asociadas a estes traballos mediante a presentacións orais por parte do alumnado, a posta en común e traballo en grupo. De acordo co calendario-programación que se publicará na aula virtual o alumnado deberá presentar individualmente o resultado final destes traballos noutros tantos entregables que serán a base da avaliación continua. É necesario ter presente a importancia das horas estipuladas para o traballo persoal autónomo no conxunto de horas totais da materia, segundo o cómputo indicado máis abaixo, e realizar este traballo con disciplina, constancia e regularidade. As titorías individuais servirán para apoiar o traballo persoal do alumnado. As titorías de grupo utilizaranse para revisar a marcha do curso e reforzar tanto aspectos teóricos como metodolóxicos. O traballo en todos estes ámbitos estará apoiado e reforzado pola aula virtual.
Avaliación continua (modalidade preferente)
1) asistencia e participación nás clases expositivas e interactivas +entregables: representará o 40% da nota final. Adquisición de competencias CG4, CG5, CG6, CB3, CB5, CT01, CT02, CTo3, CE1, CE6, CE7, CE8, CE9, CE10.
2) proba final escrita orientada a medir o dominio conceptual: representará o 60% da nota final. Adquisición de competencias CG4, CG5, CB3, CB5, CT01, CT02, CT03.
Será preciso aprobar cada unha destas partes para facer a media.
Segundo os Estatutos da Universidade, no seu artigo 130.2, o estudantado ten o deber da “asistencia e participación naquelas actividades formativas que se establezan como obrigatorias na programación docente”.A asistencia é obrigatoria e O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nos ensinos adaptados ao EEES http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis… Na mesma exponse os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos e alumnas poderán solicitar exención oficial de docencia ou ben matricularse na modalidade de dedicación parcial aos seus estudos para facilitar a conciliación. Nesta materia queda establecido que o alumnado que falte máis de tres veces sen xustificar as súas faltas, ou que non entregue os traballos nos prazos fixados non poderá ser obxecto de avaliación continua e será avaliado só tendo en conta o exame final.
Avaliación non continua
Para o alumnado que perda a avaliación continua o valor da proba final escrita será do 100%.
Avaliación de alumnado con dispensa de asistencia:
o alumnado que teña concedida pola Facultade de Filosofía a dispensa de asistencia a clase (segundo a instrución 1/2017 da Secretaría Xeral) poderá optar por unha das dúas formas de avaliación anteriores (continua ou non continua). No primeiro caso poderá facer o seguimento da materia a través da aula virtual e da titorización individual. Os criterios serán os mesmos establecidos para o alumnado asistente. Si se opta pola realización de exame final o seu valor será do 100%.
A distribución dos 6 ECTS é a seguinte:
Horas expositivas: 24
Horas interactivas: 24
Horas de titoría de grupo: 3
Total horas presenciais: 51
Horas non presenciais: estímase que cada alumno deberá dedicar unhas 99 horas ao seu traballo autónomo para poder superar a materia. Estas inclúen tarefas de estudo, preparación de materiais, busca de información e análise de documentos, lecturas e elaboración dos traballos escritos e orais, lectura de obras recomendadas e resolución de dúbidas e problemas de aprendizaxe dos contidos.
Iso supón un total de 150 horas de dedicación á materia.
Detectar desde o principio de curso dificultades e debilidades nas destrezas intelectuais que esixen a comprensión dos contidos e a elaboración dos traballos, de cara a deseñar estratexias para a súa superación.
Facer un seguimento continuado da materia e manter un ritmo de traballo axeitado e constante ao longo do curso.
O alumnado deberá facer uso das titorías para apoiar a súa aprendizaxe.
Partiremos da análise antropolóxica dunha clase como un “espazo socio-cultural específico” cuxa condición de posibilidade esixe o respecto a unhas normas básicas como son a puntualidade, a actitude de escoita, atenta e participativa, a toma de apuntamentos e do que quedan excluídas actividades como o uso de móbiles, a bebida e a comida.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: tódalas comunicacións realizaranse a través do correo RAI e empregaranse as ferramentas tecnolóxicas institucionais como Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola universidade. Será responsabilidade do alumnado seguir as distintas canles de comunicación. Ünicamente serán avaliados os traballos a través da aula virtual e dentro dos prazos indicados.
O proceso de ensinanza-aprendizaxe (clases, titorías, email, vídeo-llamadas...) é un proceso privado de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Maria Nieves Herrero Pérez
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Antropoloxía Social
- Teléfono
- 881812531
- Correo electrónico
- mnieves.herrero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 4 |
Mércores | |||
12:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 4 |
20.01.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
20.01.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 4 |
20.01.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
20.01.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |
20.01.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 5 |
20.01.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
20.01.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 5 |
20.01.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 5 |
16.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |
16.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 4 |
16.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
16.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
16.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
16.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 5 |
16.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 5 |
16.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 5 |