Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Lóxica e Filosofía da Ciencia
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Transmitir os contidos fundamentais sobre a natureza e a orixe da linguaxe.
- Amosar as cuestións abertas que alimentan a investigación neste eido.
- Alentar a imaxinación e o debate para tratar de facer aportacións propias e contrastar ideas.
- Proporcionar unha formación sólida en Filosofía da Linguaxe, situándoa no conxunto dos saberes científicos e humanistas, no tecido cultural e na práctica social do mundo contemporáneo.
- Combinar a formación en Filosofía da Linguaxe co ensino das habilidades precisas para aplicar os coñecementos adquiridos na práctica profesional.
- Xerar capacidade de análise e crítica no eido da Filosofía da Linguaxe.
- Ser quen de aprender de xeito autónomo as bases da Filosofía da Linguaxe, usando criterios propios e aplicándoos o longo da vida.
- Promover os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais na igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e desenvolvemento para todos, e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
Docencia expositiva:
1. Introdución: O obxecto de estudo da Filosofía da Linguaxe.
1.1 As ciencias da linguaxe.
1.2 Filosofía da linguaxe vs. Filosofía da lingüística.
2. Unha teoría da linguaxe: a gramática xerativo-transformacional de Chomsky
2.1 Presupostos: da taxonomía á teoría.
2.2 Linguaxe, lingua e fala.
2.3 Sistema e norma. Competencia e actuación.
2.4 A creatividade lingüística. Teoría xeral e gramáticas particulares.
2.5 Os rasgos definitorios da linguaxe e os universais lingüísticos.
2.6 A gramática como sistema xerador. Gramática transformacional.
2.7 Semántica xerativa.
2.8 Recursividade e creatividade.
3. Linguaxe e forma. O papel da forma na evolución.
3.1 Gramáticas formais e autómatas
3.2 Gramáticas, tipos de gramáticas e clases de oracións que xeran.
3.3 Autómatas e tipos de oracións que recoñecen.
3.4 Protolinguaxe e linguaxe.
3.5 O órgano da linguaxe.
3.6 O papel das gramáticas formais na distinción da linguaxe humana dos sistemas de comunicación animal.
Docencia interactiva:
- Resolución de cuestionarios de preguntas sobre temas previamente explicados.
- Material audiovisual e cuestións sobre o contido do mesmo.
- Titorías de grupo para pór en común a experiencia formativa recibida.
Bibliografía básica:
Calvin,W. H. & Bickerton, D., Lingua ex Machina. La conciliación de las teorías de Darwin y Chomsky sobre el cerebro humano. Gedisa, 2001.
Cela Conde C. J. y G. Marty, ‘Entrevista a Chomsky’, Psicothema, 1997, nº 9, vol. 3, pp.: 569-585
Chomsky, N., Aspectos de la teoría de la sintaxis, Gedisa, 1999.
Chomsky, N., Lingüística cartesiana: un capítulo de la historia del pensamiento racionalista. Gredos, 1972.
Chomsky, N. & Miller, G., El análisis formal de los lenguajes naturales. Alberto Corazón editor, Madrid, 1972.
Fitch, W. T. & Hauser M. D., ‘Computational constraints on syntactic processing in a nonhuman primate’. Science, 303, 2004, 377–380.
Hauser, M. D. & Chomsky, N. & Fitch, W. T., ‘The Faculty of Language: What Is It, Who Has It, and How Did It Evolve?’, Science, vol. 298, 2002, 1569-1579.
Hierro Sánchez-Pescador, J., Principios de Filosofía del Lenguaje I, Alianza editorial, 1980.
Hockett, Ch. F., The origin of Speech, Scientific American, 203, 88-111, 1960
Nique, C., Introducción metódica a la gramática generativa. Cátedra, 1985.
Pinker, S., El instinto del lenguaje. Como crea el lenguaje la mente. Alianza, 1995
Searle, J., La revolución de Chomsky en Lingüística. Ed. Anagrama, 1977 (v. orix. 1972)
Bibliografía complementaria:
Berwick, R. & Chomsky, N., ¿Por qué solo nosotros? Evolución y lenguaje. Kairos, 2016.
Bickerton, D., Lenguaje y especies. Alianza Editorial, 1994
Bickerton, D., Adam's tongue: how humans made language, how language made humans. Hill and Wang, 2009.
Bickerton, D., More than nature needs. Language, Mind and Evolution. Harvard U. P., 2014.
Chomsky, N., El conocimiento del lenguaje: su naturaleza, origen y uso. Alianza Editorial, 1989.
Chomsky, N., El Lenguaje y el entendimiento. Seix-Barral, 1977
Chomsky, N., El lenguaje y los problemas del conocimiento, A. Machado libros, 2002.
Chomsky, N. What kind of creatures are we? Columbia University Press, 2016. Ver. cast. en Ariel, 2007.
Corbalis, M., La mente recursiva: los orígenes del lenguaje humano, el pensamiento y la civilización. Ediciones Intervención Cultural, 2014. Ed. orixinal, Princeton U. P. 2011.
Di Sciullo, A. M. et al., The Biolinguistic Enterprise, The MIT Press, 2011.
Fitch, W. T., ‘Animal cognition and the evolution of human language: why we cannot focus solely on communication’. Phil. Trans. R. Soc. B, 375:20190046, 2019
Gentner, T. Q. et al., 'Recursive syntantic pattern learning by songbirds', Nature, 440, 1204-1207.
Hawthorne, J., Philosophy of language, Blackwell, 2008
Lowenthal, F. & Lefebvre, L. (eds.), Language and recursion. Springer, 2014
Mariño, X., La conquista del lenguaje. Una mirada a la evolución de la mente simbólica. Shackleton, 2020
Olarrea, A., Orígenes del lenguaje y selección natural. Equipo Sirius, 2005
Smith, N., Chomsky. Ideas e ideales. Cambridge University Press, 2001.
Sobrino, A., Lenguajes formales y autómatas. USC editora, 2023
Van der Hulst, H., Recursion and Human language, De Gruyter Mouton, 2010
Wolfe, T. El reino del lenguaje. Anagrama, 2018. V. orig. 2016
Competencias básicas:
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
Competencias de tipo xeral:
CX1 - Proporcionar os coñecementos propios da Filosofía da Linguaxe.
CX2 - Aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver os problemas que se presentan na Filosofía da Linguaxe a un nivel xeral e non especializado.
CX3 - Capacidade de transmitir coñecementos, ideas, cuestións e solucións tanto a un público xeral como especializado en ámbitos propios da Filosofía da Linguaxe.
CX4- Capacidade de continuar a formación en Filosofía da Linguaxe cun alto grao de autonomía.
CX5 – Habilidade para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, problemas susceptibles de ser abordados e resoltos desde a Filosofía da Linguaxe.
Competencias transversais:
CT1 –De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT2 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectual non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT3 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cara a problemas de igualdade e ambientais.
Competencias de tipo específico:
CE1 - Coñecer as disciplinas, teorías, métodos, aplicacións e correntes sobre a orixe e natureza da linguaxe.
CE2 - Explicar e estar en condicións de aprender a ensinar os coñecementos propios sobre a orixe e a natureza da linguaxe.
CE3 - Saber aplicar eses coñecementos dentro e fóra da Filosofía da Linguaxe.
CE4 - Saber expresar, comunicar, debater e dialogar acerca da orixe e natureza da linguaxe.
CE5 - Desenvolver razoamento crítico e compromiso ético no eido da Filosofía da Linguaxe.
CE6 - Ter sentido social e fomentar a cooperación e a mediación nos diferentes tópicos desta materia.
CE7 - Ter un espírito construtivo, amosando creatividade e adaptación a novos contextos no eido da Filosofía da Linguaxe.
(1) Aulas expositivas. Ofrecerase unha explicación dos temas do programa incidindo sobre todo naqueles aspectos que sexan nucleares e que contribúan a que os/as alumnos/as formen o seu propio mapa conceptual do tópico tratado. A exposición estará sempre aberta á participación e debate.
(2) Aulas interactivas. Propiciarase a participación do alumnado propondo tarefas nas que terán un papel protagonista. Estes cometidos poden comprender:
- Resolución de cuestionarios de preguntas sobre temas previamente explicados.
- Material audiovisual e preguntas sobre o contido do mesmo.
(3) Traballo autónomo do alumnado.
- Resposta aos cuestionarios plantexados.
- Comentarios curtos sobre as actividades teóricas ou audiovisuais programadas.
(4) Actividade titorial en grupo
Á metade do cuadrimestre programaranse titorías en grupo, para pór en común a experiencia formativa recibida ata ese momento e recoller suxestións para a segunda parte do curso. Análise e, de selo caso, posta en marcha das mesmas.
(5) Aula virtual. A materia dispón de aula virtual, na que se poderá consultar os textos para as diferentes sesións, as probas a realizar e as cualificacións acadadas.
É posible superar a materia mediante: (1) avaliación continua ou (2) realizando o exame final. A avaliación continua require da asistencia ás aulas.
(1) A avaliación continua consta de:
- Exame, consistente en 10 preguntas de resposta curta sobre os diferentes bloques de materia.
- Cuestionarios ou comentarios de resposta breve sobre os distintos temas da materia.
No ecuador do cuadrimestre farase unha simulación de exame que terá carácter optativo e non contará para a puntuación final. O obxectivo é que o alumnado se familiarice co tipo de proba ao que se enfrontará ao final do semestre.
(2) Exame final. O exame final constará de 10 preguntas de resposta breve sobre os contidos do programa.
- Alumnado con exención de asistencia a clase: deberá presentarse ao exame final.
Dimensións da avaliación:
(1) Avaliación continua:
- Exame: 80 %
- Resolución de cuestionarios u comentarios: 20%
(2) Exame final:
O alumnado que non supere a materia ou que desexe mellorar a nota acadada na avaliación continua poderá concorrer ao exame final. Nese caso, a nota definitiva será a do exame final.
O exame final constará de 10 preguntas, puntuando cada unha delas como máximo 1 punto.
2ª Oportunidade.
Valen as mesmas especificacións que para a primeira oportunidade.
As competencias da materia son avaliadas en todos e cada un dos diferentes modos e dimensións da avaliación continua e no exame final. Nas probas escritas as competencias serán avaliadas atendendo á claridade e concisión coa que se responda, así como a madurez e consistencia amosada nas argumentacións. Os cuestionarios requiren precisión na contestación.
- Alumnado con exención de asistencia a clase: avaliarase co exame final.
Normas a ter en conta:
- A realización de cuestionarios ou comentarios de resposta breve será aleatoria e non é recuperable.
- O/a alumno/a debe atender ao código de boas prácticas da USC, que di que hai que traballar con honestidade intelectual e seriedade no contraste das citas, respectando o traballo dos demáis, evitando todo tipo de plaxios e apropiacións indebidas e actuando co máximo respecto á propiedade intelectual ou industrial. A non observancia de esta norma conlevará non superar a materia nas dúas convocatorias anuais.
Horas presenciais semanais: 51 h.
- Horas expositivas de docencia: 24
- Horas interactivas de seminario de docencia: 24
- Horas de titorías de grupo: 3
Horas non presenciais semanais: 99 h.
- Horas de estudo: 70 h.
- Preparación de probas: 29 h.
1. Actitude activa nas aulas.
2. Seguimento ao día da materia.
3. Asistencia ás titorías.
4. Ler, pensar, debater e escribir.
Alejandro Sobrino Cerdeiriña
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Lóxica e Filosofía da Ciencia
- Teléfono
- 881812534
- Correo electrónico
- alejandro.sobrino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
12:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 |
Xoves | |||
11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 |
08.01.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 1 |
08.01.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
08.01.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 1 |
08.01.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 1 |
11.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 1 |
11.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 1 |
11.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
11.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 1 |