Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Dotar ao alumnado dun coñecemento básico da economía mundial actual como marco no que se insiren as economías española e galega, ámbito no que as graduadas e graduados en Administración e Dirección de Empresas desenvolverán a súa actividade. En particular, preténdese:
• Dotar de coñecementos e capacidade de interpretación dos cambios recentes na evolución da economía mundial, con especial atención ao carácter interdependente dos elementos e relacións que configuran esta realidade.
• A comprensión do papel e funcionamento das institucións económicas internacionais.
• Dotar de coñecemento sobre os conceptos básicos da economía aplicada necesarios para a comprensión do contido da materia.
• A familiarización e comprensión coa prensa económica, en especial nos temas referidos á economía mundial.
1. Introdución ao estudo da economía mundial.
2. Os sistemas económicos e a formación do sistema capitalista.
3. Crecemento e cambio estrutural na economía mundial.
4. O comercio internacional. Estrutura, tendencias e marco regulador.
5. A internacionalización do capital produtivo. Investimento estranxeiro e multinacionais.
6. Sistema monetario e financeiro internacional.
7. Os procesos de integración económica. A integración Europea.
8. Desenvolvemento e subdesenvolvemento económico.
9. Os límites ecolóxicos do modelo de crecemento.
Bibliografía básica
Para cada tema os alumnos disporán, como lectura e material de traballo básico, dos textos necesarios para o correcto estudo dos contidos. Ademais, proporanse algunhas lecturas breves ou a consulta de datos estatísticos e outros seleccionados polo profesorado, así como as presentacións de clase.
Particularmente, será precisa a consulta das seguintes obras:
Cándido Muñoz, Belén Iráizoz e Manuel Rapún (2020): Introducción a la economía aplicada: magnitudes y cuentas económicas. Civitas Thomson Reuters.
José María Vidal Villa, Javier Martínez Peinado e Dolors Casares Vidal (2021): Economía mundial, 2ª edición. McGraw-Hill.
José Antonio Alonso (director), Lecciones sobre economía mundial, Thomson-Civitas. Última edición dispoñible.
Bibliografía complementaria
Carlos Berzosa; Pablo Bustelo e Jesús de la Iglesia (coordinadores), Estructura económica mundial, Síntesis, Madrid. Última edición dispoñible.
Mirem Etxezarreta (2015), ¿Para qué sirve realmente la economía?, Ediciones Paidós.
Pedro J. Gómez Serrano (coord,) (2017), La economía mundial. Enfoques Críticos, Fuhem Ecosocial-Catarata.
Enrique Palazuelos (dir) (2015), Economía Política Mundial, Akal.
Jaime Requeijo, Economía mundial, McGraw-Hill. Última edición dispoñible.
Rafael Muñoz de Bustillo e Rafael Bonete, Introducción a la Unión Europea: un análisis desde la economía, Alianza Editorial. Última edición dispoñible.
Gemma Durán Romero, José Manuel García de la Cruz e Angeles Sánchez Díez (2013), Estructura Económica Y Relaciones Internacionales, Gaceta.
Competencias básicas
CB1. Que o estudantado demostre posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2. Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos adquiridos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3. Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4. Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5. Que o estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias xerais
CG2. Saber elaborar e defender argumentos sobre cuestións económicas a un nivel xeral, así como resolver problemas sobre estas cuestións, empregando os seus coñecementos sobre a realidade empresarial, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
CG3. Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresarial, incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre da súa dimensión social, científica ou ética.
- Desenvolver a capacidade analítica necesaria para abordar estudos económicos.
Competencias específicas
A3. A realidade económica nacional e internacional, sectores produtivos, sector público, institucións económicas e a súa evolución.
D6. Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
Competencias transversais:
CT1 Análise e síntese.
CT2 Organización e planificación.
CT3 Comunicación oral e escrita.
CT4 Xestión da información.
CT23 Estimulación intelectual.
O ensino da materia desenvolverase a través de actividades de docencia expositiva e de docencia interactiva, todas elas de carácter presencial. A materia desenvolverase a través dos seguintes métodos e técnicas:
• Lección maxistral: explicación polo profesorado dos contidos da materia (conceptos, compoñentes e procesos estruturais, datos empíricos...) e busca da comprensión do alumnado mediante técnicas de interacción.
• Lectura e debate de textos e novas de actualidade no ámbito da economía.
• Busca e análise de información estatística económica.
• Elaboración e presentación de traballos.
Un soporte esencial está constituído pola Aula Virtual da materia, na que o alumnado pode atopar: i) as presentacións para cada sesión de docencia expositiva; ii) as instrucións das actividades a realizar e os materiais para traballar en cada unha das sesións de docencia interactiva (enunciado, lecturas e indicacións para a obtención de datos); iii) as lecturas obrigatorias para cada tema.
A avaliación baséase en:
a) Sistema de avaliación continua, no que se teñen en conta a asistencia ás aulas e a participación nas actividades que se deben realizar ao longo do curso (valorando aspectos tales como a claridade e capacidade expositiva, o dominio de conceptos propios da materia e a participación activa).
b) Exame final sobre os coñecementos teóricos e prácticos desenvolvidos ao longo da explicación dos contidos da materia.
O peso da avaliación continua na cualificación final será o 30%. O 70% restante corresponderá á cualificación obtida no exame final. As actividades serán eminentemente prácticas e, salvo indicación en contra, terán o mesmo peso na nota da avaliación continua. Debe terse en conta que a falta recorrente ás aulas, expositivas ou interactivas, pode ter consecuencias negativas na avaliación da materia.
Para o caso do alumnado con dispensa de asistencia recoñecida e para o alumnado repetidor, débese ter en conta o seguinte:
• A avaliación do alumnado con dispensa de asistencia basearase exclusivamente no exame final sobre os coñecementos teóricos e prácticos desenvolvidos ao longo da explicación dos contidos da materia.
• O alumnado repetidor poderá escoller entre manter a nota da avaliación continua do curso inmediatamente anterior ou, no seu defecto, acudir con normalidade ás sesións interactivas baixo o sistema de avaliación continua. Na eventualidade de alumnado repetidor con dispensa de asistencia, este será avaliado unicamente mediante exame final. O alumnado repetidor que decida manter a valoración do curso anterior, deberá comunicarllo ao docente encargado do seu grupo expositivo nas dúas primeiras semanas de clase, antes do comezo das sesións interactivas, mediante o correo electrónico institucional.
Todas as competencias son avaliadas empregando os dous instrumentos de avaliación descritos.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Traballo presencial na aula
Docencia en grupo grande: 30 horas
Docencia en grupo reducido: 15 horas
Titorías en grupo: 10 horas
Outras sesións co profesor. Actividades de avaliación: 5 horas
Total horas traballo presencial na aula: 60 horas
Estudo autónomo individual ou en grupo: 65 horas.
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos: 10 horas.
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar: 10 horas.
Preparación de presentacións orais, debates ou similar: 5 horas.
Total horas traballo persoal do alumno: 90 horas.
TOTAL 150 horas
Recoméndase o seguimento continuado das clases presenciais e da bibliografía básica e complementaria sinalada polo profesorado a medida que se desenvolve o programa. Tamén se considera conveniente consultar con frecuencia as principais fontes estatísticas recomendadas polo profesorado con obxecto de familiarizarse co seu uso e poder aplicar as técnicas de análise necesarias para o coñecemento da realidade económica que é obxecto de estudo.
Recoméndase, así mesmo, a consulta do material complementario que indique o profesorado a medida que este desenvolve o programa da materia. A lectura na prensa das noticias relacionadas co contido da materia debe ser un requisito básico. Xunto co anterior, o uso das titorías debería suplir calquera tipo de problema que puidera xurdir ao longo do proceso de ensinanza-aprendizaxe da materia.
Maria Angeles Pereira Sanchez
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- angeles.pereira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Diego Sande Veiga
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811692
- Correo electrónico
- diego.sande.veiga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros
Alexandre Vecino Aguirre
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811591
- Correo electrónico
- alexandre.vecino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
11:30-13:30 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula C |
18:00-19:30 | Grupo /CLE_03 | Galego | Aula C |
Mércores | |||
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula C |
11:00-12:30 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula C |
16:30-18:30 | Grupo /CLE_03 | Galego | Aula C |
Venres | |||
11:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula B |
24.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_03 | Aula A |
24.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_6 | Aula A |
24.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_7 | Aula A |
24.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_2 | Aula A |
24.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
24.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_3 | Aula A |
24.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
24.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_1 | Aula A |
24.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_4 | Aula A |
24.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_5 | Aula A |
24.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
24.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_1 | Aula B |
24.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_4 | Aula B |
24.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_5 | Aula B |
24.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
24.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_03 | Aula B |
24.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_6 | Aula B |
24.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_7 | Aula B |
24.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_2 | Aula B |
24.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_3 | Aula B |
13.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_03 | Aula A |
13.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_6 | Aula A |
13.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_7 | Aula A |
13.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_2 | Aula A |
13.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_3 | Aula A |
13.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
13.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_1 | Aula A |
13.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_4 | Aula A |
13.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_5 | Aula A |
13.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |