Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Cuantitativa
Áreas: Economía Cuantitativa (propia da USC)
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A inferencia estatística aborda técnicas de grande utilidade no ámbito económico-empresarial, dado que permite obter conclusións válidas sobre o comportamento poboacional a partir de datos mostrais. O obxectivo básico desta materia é que o/a alumno/a
- Coñeza e comprenda os conceptos e métodos propios da probabilidade e a inferencia estatística, así como a súa aplicación á análise dos fenómenos económicos e empresariais.
- Realize análises estatísticas básicas utilizando ferramentas informáticas.
- Sexa capaz de seleccionar e aplicar as técnicas estatísticas máis adecuadas á análise de cada fenómeno, así como de interpretar os resultados obtidos.
- Se inicie na análise de datos empíricos da realidade económica e empresarial (obtención de datos, análise estatística, interpretación e fiabilidade dos resultados, etc.) e na presentación formal do traballo realizado.
- Desenvolva as capacidades de entendemento, razoamento, crítica e expresión oral e escrita, mediante a utilización dun léxico estatístico-económico adecuado.
TEMA 1 PROBABILIDADE
1.1 Teorías da probabilidade en estatística: clásica, frecuentista, subxectiva e axiomática. Axiomas de Kolmogorov
1.2 Probabilidade condicionada, conxunta e total. Teoremas.
1.3 Teorema de Bayes
1.4 Independencia de acontecementos.
TEMA 2 DISTRIBUCIÓNS DE PROBABILIDADE
2.1 Variables aleatorias: discretas e continuas.
2.2 Distribución de probabilidade dunha variable aleatoria.
2.3 Características asociadas ás variables aleatorias. Esperanza, varianza, momentos.
2.4 Xeralización ó caso bidimensional e multidimensional.
TEMA 3 MODELOS DE PROBABILIDADE DISCRETOS E CONTINUOS
3.1 Distribución binomial.
3.2 Distribución de Poisson.
3.3 Distribución normal e normal bivariante.
3.4 Distribucións derivadas da normal: Ki-cadrado, t-Student, F-Snedecor..
TEMA 4 INTRODUCIÓN Á INFERENCIA ESTATÍSTICA
4.1 Inferencia Estatística: poboacións e mostras aleatorias.
4.2 Estatísticos e estimadores.
4.3 Distribución da media, varianza e proporción mostrais.
TEMA 5 ESTIMACIÓN
5.1 Estimación. Propiedades dos estimadores puntuais
5.2 Métodos de estimación puntual: método dos momentos e de máxima verosimilitude.
5.3 Estimación por intervalo. Métodos de construción de intervalos de confianza. Intervalos de confianza en poboacións normais.
TEMA 6 CONTRASTE DE HIPÓTESES
6.1 Conceptos básicos: tipos de hipóteses, rexión crítica e rexión de aceptación, tipos de erros, potencia do contraste.
6.2 Metodoloxía do contraste de hipóteses.
6.3 Contrastes usuais
BÁSICA
Fernández-Abascal, H., M. Guijarro, J.L. Rojo, J.A. Sanz. (1994): Cálculo de Probabilidades y Estadística. Ed. Ariel.
Lind, D.A.; Marchal, W.G. e Wathen, S.A. (2015, 2012, 2008): Estadística Aplicada a los Negocios y a la Economía. Ed. McGrawHill.
Newbold, P. et al. (2008). Estadística para los Negocios y la Economía. Prentice-Hall.
Ruiz-Maya, L. (2004, 2002, 1999): Fundamentos de Inferencia Estadística. Ed. AC.
Sarabia, J.M.; Prieto, F.; Jordá,V. (2017): Prácticas de estadística con R. Pirámide.
Esta materia contará con materiais elaborados polo profesorado, a disposición do alumnado no CURSO VIRTUAL da materia.
http://www.usc.es/campusvirtual/
COMPLEMENTARIA
Anderson, D. R.; Sweeney, D.J. e Williams, T.A. (2001): Estadística para Administración y Economía. Vol.I. Thomson ed.
Berenson, M.L. e Levine, D.M. (1996): Estadística Básica en Administración. Conceptos y Aplicaciones. Ed. Pearson Educación / Prentice Hall.
Canavos, G.C. (1997). Probabilidad y Estadística. Aplicaciones y Métodos. Ed. McGraw Hill.
Casas Sánchez, J.M. (1996): Inferencia Estadística para Economía y Administración de Empresas. Ed. Centro de Estudios Ramón Areces.
Durá Peiró, J.M. e J.M. López Cuñat. (1989): Fundamentos de Estadística. Estadística descriptiva y Modelos Probabilísticos para la Inferencia. Ed. Ariel.
Freund, J.E.; Miller, I. e Miller, M (2000): Estadística Matemática con aplicaciones. Ed. Pearson Educación / Prentice Hall
García Barbancho, A. (1992): Estadística Teórica Básica. Probabilidad y modelos probabilísticos. Ed. Ariel.
Kazmier, L.J. (2006): Estadística aplicada a administración y economía. Ed. Mc Graw-Hill.
Levin, R.I. e Rubin, D.S. (1996): Estadística para Administradores. Ed. Pearson Educación / Prentice Hall.
Martín Pliego, F.J. e L. Ruiz-Maya. (2006): Fundamentos de Probabilidad (2ª edición). Ed. Thomson-Paraninfo.
Novales Cinca, A. (1998): Estadística y Econometría. Ed. McGraw Hill.
Peña, D.; Romo, j. (1997): Introducción a la Estadística para las Ciencias Sociales. Ed. McGrawHill.
Ruiz-Maya, L. e F.J. Martín Pliego. (2004): Fundamentos de Inferencia Estadística (2ª edición). Ed. AC.
Sarabia Alegria, J.M. (2000): Curso práctico de estadística. Ed. Civitas.
Spiegel, M.R.; Schiller, J. e Alu Srinivasan, R. (2010): Probabilidad y Estadística. Ed. McGraw-Hill.
Triola, M.F. (2004): Estadística. Pearson Educación.
Webster A.L. (1996): Estadística aplicada a la empresa y a la economía. Ed. Irwin.
LIBROS DE EXERCICIOS
Baró Llinás, J. (1987): Cálculo de probabilidades. Ed. Parramón.
Baró Llinás, J. (1989): Inferencia estadística. Ed. Parramón.
Fernández- Abascal, H., M. Guijarro, J.L. Rojo e J.A. Sanz. (1995): Ejercicios de Cálculo de Probabilidades. Ed. Ariel.
Martín Pliego, F.J., Montero Lorenzo, J.M. e Ruiz-Maya L. (1998): Problemas de probabilidad. Ed. AC.
Martín Pliego, F.J., Montero Lorenzo, J.M. e Ruiz-Maya L. (2000): Problemas de inferencia estadística. Ed. AC.
Parra Frutos, I. (2003): Estadística Empresarial con Microsoft Excel. Problemas de Inferencia Estadística. Ed. AC
BÁSICAS E XENERAIS
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG2 - Saber elaborar e defender argumentos sobre cuestións económicas a un nivel xeral, así como resolver problemas sobre estas cuestións, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade empresarial, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
CG3 - Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresarial, incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre a súa dimensión social, científica ou ética.
TRANSVERSAIS
CT1 - -Análise e síntese.
CT4 - -Xestión da información.
CT5 - -Coñecementos de tecnoloxía da información relativos ao ámbito de estudo.
CT6 - -Resolución de problemas.
CT7 - -Toma de decisións.
CT8 - -Razoamento crítico
CT9 - -Autonomía na aprendizaxe.
CT13 - -Sentido ético.
CT16 - -Sensibilidade cara a problemas sociais e ambientais.
CT22 - -Desenvolvemento da calidade.
ESPECÍFICAS
C2 - Elementos básicos de estatística descritiva, probabilidade e inferencia estatística.
D6 - Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
D8 - Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
D10 - Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos.
O curso desenvólvese combinando docencia expositiva e docencia interactiva, complementadas ambas por titorías individuais e/ou en grupo reducido.
A materia contará cunha aula virtual na plataforma da USC onde se incluirán as presentacións de aula e materiais de apoio para o curso e preparación da materia.
CLASES EXPOSITIVAS
As sesións dedicadas ás clases expositivas teñen como obxecto a introdución e explicación dos aspectos básicos de cada tema do programa, proporcionando a información adicional necesaria que permita un adecuado desenvolvemento do proceso de aprendizaxe autónomo.
CLASES INTERACTIVAS E PRÁCTICAS CON ORDENADOR
Nas clases interactivas preténdese que o alumnado aprenda a aplicar as técnicas estatísticas á análise da realidade económica e empresarial, diferenciando que tipo de técnica utilizar en cada caso, como aplicala e que conclusións se obteñen da análise realizada. Para iso, proporanse problemas prácticos e actividades que o alumnado deberá resolver individualmente e/ou en grupos reducidos. Estas prácticas interactivas veranse complementadas coa realización de prácticas con ordenador, co obxecto de adquirir habilidades de manexo de follas de cálculo ou outros paquetes estatísticos de utilidade para a análise de datos.
TAREFAS PROGRAMADAS E PROBAS
Tomando como referencia as prácticas con ordenador, as actividades de avaliación continua poden consistir na análise estatística de fenómenos empíricos, con bases de datos reais, a realizar ó longo do cuadrimestre, empregando ferramentas informáticas. Estas tarefas pretenden que o/a alumno/a adquira habilidades para levar a cabo análises estatísticas da realidade empírica, aprendendo a seleccionar e aplicar as técnicas estatísticas axeitadas a cada fenómeno, a utilizar ferramentas informáticas para a análise, a interpretar correctamente os resultados obtidos, así como a presentar/defender o traballo realizado empregando o léxico propio da disciplina. Tamén poden realizarse probas para avaliar os contidos desenvolvidos e a súa comprensión de carácter individual ou grupal.
TITORÍAS INDIVIDUAIS OU EN GRUPO REDUCIDO
Mediante as titorías búscase que o alumnado dispoña de asesoramento continuo do profesorado para o desenvolvemento das actividades propostas, moitas delas a realizar de forma autónoma polo alumnado, así como atender calquera dúbida relacionada coa materia.
O/a estudante pode optar ó inicio do semestre entre un sistema de avaliación continua ou un sistema de avaliación única. O sistema de avaliación por excelencia será o de avaliación continua, empregando instrumentos que permitan medir a aprendizaxe continuada dos conceptos e metodoloxías estatísticas obxecto desta materia, así como da súa aplicación á realidade empírica. Basearase fundamentalmente en tarefas nas que o/a alumno/a demostre o nivel de coñecementos adquirido. Quen se presente a calquera proba ou realice calquera tarefa quedará automaticamente incluído no sistema de avaliación continua. O profesorado da materia recomenda seguir este sistema.
1ª OPORTUNIDADE
A) Sistema de Avaliación Continua. Instrumentos avaliativos e o seu peso na nota final:
- Exame: 70% da cualificación total (7 puntos).
- Actividades de avaliación continua: 30% da cualificación total (3 puntos).
As actividades de avaliación continua centraranse fundamentalmente na realización de prácticas e probas de pizarra e con ordenador, discusión e resolución de problemas e/ou traballos en grupo.
Para superar a materia é preciso obter unha nota total (exame + avaliación continua) de 5 ou superior sobre 10.
B) Sistema de Avaliación Única. O/a estudante que opte por este sistema será cualificado exclusivamente a través do exame final da materia que puntuará sobre 10 puntos.
2ª OPORTUNIDADE
Na avaliación da 2ª Oportunidade, o/a estudante que tivese elixido o sistema de avaliación continua poderá manterse no mesmo ou cambiar ao sistema de avaliación única. Para isto, no momento do exame, fará constar se se mantén no sistema de avaliación continua (no que o exame puntuará sobre 7 puntos) ou se opta polo de avaliación única (no que o exame puntuará sobre 10 puntos). Para obter a cualificación final da materia, no primeiro caso manterase a puntuación de avaliación continua obtida ó longo do curso que será sumada á do exame, mentres que no segundo caso a cualificación final da materia coincidirá coa obtida no exame. O alumnado non terá a posibilidade de recuperar as tarefas, actividades e probas anteriores pendentes de realización polo alumnado vinculadas á avaliación continuada.
Para poder realizar os exames será necesario presentar un documento de identificación que teña carácter oficial (DNI, Pasaporte...).
A asistencia ás actividades rexerase pola normativa propia da USC. A avaliación nos casos de dispensa de asistencia a clase farase coa proba final valorada sobre a cualificación máxima posible.
Segundo a normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en calquera das actividades suxeitas a avaliación suporá que a nota final do estudante sexa distinta de Non Presentado.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
AVALIACIÓN DE COMPETENCIAS
Avaliación Continua: CB2, CB3, CB4, CB5, CG2, CG3, CT1, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT13, CT16, CT22, D6, D8, D10.
Avaliación por Exame: CB1, CB2, CB5, CG2, CT1, CT6, CT7, CT8, C2, D8, D10.
Seguindo a memoria do Grao: 60 horas de traballo presencial na aula e 90 horas de traballo persoal do estudante.
-Ter superada as materias Estatística Empresarial I e Matemáticas Empresariais I e II.
-Traballar na materia a diario para poder aproveitar as clases, tanto para seguir a materia como para expoñer as dúbidas na aula (é moi bo para o conxunto) ou en titorías.
-Non deixar de facer todo o que se vai propoñendo para traballar.
-Non aparcar a materia aínda que as avaliacións parciais non sexan positivas, sempre que se estea disposto a seguir traballando.
Idioma: galego
Uso da Aula Virtual: si
Docencia Interactiva: Aula de Informática, Aula de Pizarra
Software: R, SPSS, EXCEL, …
Pilar Gonzalez Murias
- Departamento
- Economía Cuantitativa
- Área
- Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Teléfono
- 881811527
- Correo electrónico
- pilar.gonzalez.murias [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Carlos Pio Del Oro Saez
- Departamento
- Economía Cuantitativa
- Área
- Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Correo electrónico
- carlospio.deloro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Luisa Chas Amil
- Departamento
- Economía Cuantitativa
- Área
- Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Teléfono
- 881811549
- Correo electrónico
- marisa.chas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Marina Lois Mosquera
- Departamento
- Economía Cuantitativa
- Área
- Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Teléfono
- 881811521
- Correo electrónico
- marina.lois [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria
Angela Troitiño Cobas
Coordinador/a- Departamento
- Economía Cuantitativa
- Área
- Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Teléfono
- 881811556
- Correo electrónico
- angela.troitino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 07 |
12:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 07 |
16:30-18:00 | Grupo /CLE_03 | Galego | Aula 07 |
Xoves | |||
11:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 07 |
15:00-17:00 | Grupo /CLE_03 | Galego | Aula 07 |
Venres | |||
11:00-12:30 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 22 |
20.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
20.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_2 | Aula A |
20.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_3a | Aula A |
20.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_4 | Aula A |
20.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
20.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_1b | Aula A |
20.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_3b | Aula A |
20.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_5b | Aula A |
20.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_03 | Aula A |
20.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_1a | Aula A |
20.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_5a | Aula A |
20.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_6 | Aula A |
20.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_2 | Aula B |
20.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_3a | Aula B |
20.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_4 | Aula B |
20.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
20.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_1b | Aula B |
20.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_3b | Aula B |
20.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_5b | Aula B |
20.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_03 | Aula B |
20.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_1a | Aula B |
20.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_5a | Aula B |
20.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_6 | Aula B |
20.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
16.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_2 | Aula A |
16.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_3a | Aula A |
16.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_4 | Aula A |
16.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
16.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_1b | Aula A |
16.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_3b | Aula A |
16.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_5b | Aula A |
16.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_03 | Aula A |
16.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_1a | Aula A |
16.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_5a | Aula A |
16.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
16.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_6 | Aula A |