Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Dotar ao alumnado cos conceptos precisos e a información necesaria para que poida entender o funcionamento da economía española e galega.
- Analizar os problemas existentes na economía española e galega e os retos que se deben afrontar no futuro.
- Analizar os procesos de mudanza experimentados pola economía española e galega nas últimas décadas.
- Adquirir coñecementos e técnicas que poidan contribuír ao desenvolvemento das futuras tarefas profesionais.
- Manexar fontes bibliográficas, estatísticas e de Internet.
BLOCO I: EVOLUCIÓN RECENTE DA ECONOMÍA ESPAÑOLA
TEMA 1: Trazos do crecemento económico, factores determinantes e mudanzas estruturais
TEMA 2: Etapas na evolución recente da economía española
BLOCO II: FONTES DO CRECEMENTO ECONÓMICO ESPAÑOL
TEMA 3: Poboación e capital humano
TEMA 4: Territorio e capital físico
TEMA 5: Capital tecnolóxico
BLOCO III: ELEMENTOS ESTRUTURAIS BÁSICOS
TEMA 6: Mercado de traballo
TEMA 7: Sector público
TEMA 8: Sistema financeiro
BLOCO IV: ANÁLISE SECTORIAL E ESPACIAL (contidos só en interactivas)
TEMA 9: Sectores produtivos
TEMA 10: Distribución funcional, persoal e territorial da renda
BLOCO V: DINÁMICA E ESTRUTURA ACTUAL DA ECONOMÍA GALEGA
TEMA 11: Trazos básicos e transformacións desde a década de 1960
TEMA 12: Dinámica e características da poboación e do emprego
TEMA 13: Sector público e sectores produtivos
(a) Básica
GARCÍA DELGADO, J. L.; MYRO, R. (DIRS.) (2023): Lecciones de Economía Española. Madrid: Civitas.
FERNÁNDEZ LEICEAGA, X.; LÓPEZ IGLESIAS, E. (2000): Estrutura Económica de Galiza. Santiago de Compostela: Laiovento.
(b) Complementaria
AFUNDACIÓN-OBRA SOCIAL ABANCA (varios anos): A economía galega. Informe ... A Coruña: AFundación (informes anuais publicados desde 1986).
CARMONA, X e NADAL, J. (2005): El empeño industrial de Galicia: 250 años de historia 1750-2000. A Coruña: Fundación Barrié de la Maza.
GARCÍA DE LA CRUZ, J.M.; RUESGA BENITO, S.M. (COORDS.) (2007): Economía Española. Estructura y regulación. Madrid: Thomson.
GARCÍA DELGADO, J.L. (DIR) (1999): España, economía: ante el siglo XXI. Madrid: Espasa-Calpe.
LÓPEZ IGLESIAS, E. e ARES, J.J. (eds.) (2002): Novos escenarios para a economía galega. Actas do II Congreso de Economía de Galicia, Serv. de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela.
MARTÍN, C. (1997): España en la nueva Europa. Madrid: Alianza Universidad.
MARTÍN MAYORAL, F. (COORD.) (2009): Manual de Economía Española. Teoría y Estructura. Madrid: Pearson-Prentice-Hall.
MARTÍNEZ CHACÓN, E. (DIR.) (2009): Economía española. Barcelona: Ariel.
PÉREZ, F. (DIR.) (2004): La Competitividad de la economía española: inflación, productividad y especialización. Barcelona: La Caixa, Servicio de Estudios.
PRADA BLANCO, A. e LAGO PEÑAS, S. (2009): Galicia, unha economía europea 1986-2006. Vigo: Ed.Galaxia.
RALLO ROMERO, A. (COORD.) (2001): Curso de estructura económica española. Madrid: Pirámide.
TAMAMES, R. (2008): Estructura Económica de España. Madrid: Alianza Editorial.
VALLÉS FERRER, J. (DIR.) (2009): Economía Española. Madrid: McGraw Hill.
VVAA (2000): Revista Galega de Economía, vol. 9, nº 1, número monográfico “A economía galega ante o século XXI”.
VVAA (2007): Papeles de Economía Española, Economía de las Comunidades Autónomas, nº 22: Galicia-Norte de Portugal.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
BÁSICAS
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoita atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
XERAIS
CG2 - Saber elaborar e defender argumentos sobre cuestións económicas a un nivel xeral, así como resolver problemas sobre estas cuestións, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade empresarial, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
CG3 - Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresarial, incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre a súa dimensión social, científica ou ética.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT1 - Análise e síntese.
CT2 - Organización e planificación.
CT3 - Comunicación oral e escrita.
CT4 - Xestión da información.
CT5 - Coñecementos de tecnoloxía da información relativos ao ámbito de estudo.
CT6 - Resolución de problemas.
CT7 - Toma de decisións.
CT8 - Razoamento crítico.
CT9 - Autonomía na aprendizaxe.
CT10 - Traballo en equipo.
CT11 -Traballo en equipo de carácter interdisciplinar.
CT12 -Habilidades nas relacións interpersoais.
CT13 -Sentido ético.
CT14 -Adaptación á contorna e ao cambio.
CT15 -Coñecemento doutras culturas e costumes, e traballo nun contexto internacional.
CT16 -Sensibilidade cara a problemas sociais e ambiental.
CT17 -Negociación e tratamento de conflitos.
CT18 -Iniciativa e espírito emprendedor.
CT19 -Creatividade e capacidade innovadora.
CT20 -Xestión por obxectivos.
CT21 -Xestión de proxectos.
CT22 -Desenvolvemento da calidade.
CT23 -Estimulación intelectual.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
A3 - A realidade económica nacional e internacional, sectores produtivos, sector público, institucións económicas e a súa evolución.
D6 - Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
O desenvolvemento da materia estrutúrase en clases presenciais, tanto de carácter expositivo como interactivo.
Nas clases expositivas a profesora exporá os diferentes temas que configuran o programa, así como as cuestións de actualidade que puidesen ir xurdindo en relación cos mesmos. Para preparar a parte teórica os/as alumnos/as dispoñen dun conxunto de referencias bibliográficas recollidas no programa da materia. Nas clases interactivas resólvense cuestións relacionadas coa materia, analízanse e interprétanse datos económicos reais e discútense aspectos relativos aos contidos teóricos.
Na Aula Virtual da materia se colgarán as diapositivas que se expliquen nas clases expositivas e as prácticas que se realicen nas clases interactivas.
As dúbidas da materia resolveranse preferibelmente en horario de titorías a través de MS Teams.
O sistema de avaliación na oportunidade ordinaria consiste na realización dunha proba final escrita con preguntas tipo test que representa o 80% da nota final do/a alumno/a. O restante 20% da cualificación obtense coa realización de probas específicas relacionadas co contido da materia e cuxa puntuación será ponderada pola asistencia e participación activa nas clases interactivas e expositivas. A puntuación acadada polo/a alumno/a ao longo do curso nestas actividades de avaliación continua manteranse, no caso de suspender a oportunidade ordinaria, para a oportunidade extraordinaria da mesma convocatoria.
Os/as alumnos/as repetidores/as poderán optar polo sistema de avaliación continua ou polo sistema de avaliación única. Neste último caso terán un prazo dun mes desde o inicio do curso para enviar por correo electrónico á profesora un documento asinado no que manifesten a súa elección polo sistema de avaliación única.
Os/as alumnos/as que obteñan a dispensa de asistencia a clase serán avaliados polo sistema de avaliación única.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
AVALIACIÓN DE COMPETENCIAS:
Avaliación continua: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CT1, CT6, CT9, CT10
Exame final: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG3, CG5, CT6, CT9, A3, D6
(a) Traballo presencial na aula (ou en actividades síncronas):
- Docencia expositiva: 31 horas
- Docencia interactiva: 17 horas
- Titorías: 3 horas
- Actividades de avaliación: 2 horas
- Total de horas de traballo presencial: 53 horas
(b) Traballo persoal do/a alumno/a:
- Estudo autónomo individual: 60 horas
- Preparación das prácticas das clases interactivas: 30 horas
- Total de horas de traballo persoal: 90 horas
Recoméndase a asistencia continuada ás clases expositivas e interactivas, a realización das prácticas que se resolverán nas clases interactivas e a lectura da bibliografía sinalada polas profesoras.
Aconséllase, así mesmo, a consulta frecuente das principais fontes estatísticas empregadas e dalgún dos principais xornais económicos (Cinco Días, Expansión, etc.), como mecanismos que axuden a fixar o coñecemento impartido nas clases teóricas.
Por último, aconséllase acudir ás titorías para a resolución de calquera dúbida ou problema que se presente durante o curso académico.
Rosa Maria Verdugo Mates
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811589
- Correo electrónico
- rosa.verdugo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
09:30-11:30 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 08 |
15:00-17:00 | Grupo /CLE_03 | Galego | Aula 07 |
Martes | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 22 |
18:00-19:30 | Grupo /CLE_03 | Galego | Aula 07 |
Xoves | |||
09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 07 |
Venres | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 07 |
08.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
08.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_03 | Aula A |
08.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_1 | Aula A |
08.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_2 | Aula A |
08.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_3 | Aula A |
08.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_4 | Aula A |
08.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_5 | Aula A |
08.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_6 | Aula A |
08.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
08.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
08.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
08.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_03 | Aula B |
08.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_1 | Aula B |
08.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_2 | Aula B |
08.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_3 | Aula B |
08.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_4 | Aula B |
08.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_5 | Aula B |
08.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_6 | Aula B |
26.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_2 | Aula A |
26.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_3 | Aula A |
26.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_4 | Aula A |
26.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_5 | Aula A |
26.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_6 | Aula A |
26.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
26.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
26.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_03 | Aula A |
26.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_1 | Aula A |