Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Cuantitativa
Áreas: Economía Cuantitativa (propia da USC)
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Aportar os coñecementos necesarios para que os alumnos e alumnas:
- Podan entender o papel da Econometría no contexto da Ciencia Económica e na análise de decisións empresariais.
- Dominen os conceptos e instrumentos básicos indispensables para a análise cuantitativa e empírica da Economía desde a perspectiva econométrica.
- Apliquen as técnicas econométricas básicas á resolución de problemas económicos e de toma de decisións no ámbito da empresa.
- Podan cursar a materia Econometría II.
Tema 1: A Econometría: evolución histórica e concepto. Modelos económicos e modelos econométricos. Procesos de modelización econométrica. Clasificación dos modelos econométricos. O papel da Econometría.
Tema 2: O modelo de regresión lineal normal clásico: formulación e hipóteses básicas. Estimación polo método dos mínimos cadrados ordinarios. Propiedades dos estimadores mínimo cadrático ordinarios. Análise da precisión dos estimadores e da bondade do axuste. Contrastes de hipóteses. Estimación máxima-verosemellanza.
Tema 3: Multicolinealidade e selección de regresores.
Tema 4: Variables ficticias e contrastes de estabilidade.
Tema 5: A predición e medidas evaluadoras da capacidade predictiva. Análise da estabilidade postmuestral.
Tema 6: Paquetes econométricos e aplicacións.
Pódese consultar a súa dispoñibilidade en:
http://iacobus.usc.es/search~S1*gag?/reconometr{226}ia+I/reconometria+i/1%2C6%2C6%2CB/frameset&FF=reconometria+i+materias+obrigatorias+grao+en+admin+e+direccion+de+empresas&1%2C1%2C/indexsort=-
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
GUISÁN. M.C. (1997): Econometría. Ed. McGraw-Hill.
GUJARATI, D. (2006): Principios de Econometría. Ed. McGraw-Hill.
HILL, R. C.; GRIFFITHS, W. E.; LIM, G. C.(2011): Principles of Econometrics. Ed. Wiley & Sons Inc.
PULIDO; A (1993): Modelos Econométricos. Madrid: Pirámide.
STOCK, J.H. y WATSON, M.W. ( 2012) Introducción a la Econometría (3ed). Editorial: Pearson.
WOOLDRIDGE, J. M. (2006): Introducción a la econometría. Un enfoque moderno. Thomson.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
ALEGRE,J. et al. (1995): Ejercicios y problemas de Econometría. Editorial AC
ALONSO, A.;FERNÁNDEZ, J; GALLASTEGUI, I. (2005): Econometría. Prentice Hall
GREENE, W. H. (1998): Análisis econométrico. Prentice Hall.
JOHNSTON, J. (1989): Métodos de Econometría. Ed.Vicens-Vives.
MADDALA, G.S. (1985): Econometría. Ed. McGraw-Hill.,
PENA TRAPERO, B. e outros (1999): Cien ejercicios de Econometría. Ed. Pirámide..
PULIDO, A. (1989): Predicción económica y empresarial. Ed. Pirámide.
STUDENMUND, A.H. (2006): Using Econometrics: A Practical Guide. Pearson International Edition
VERBEEK, M. (2008): A guide to Modern Econometrics. Ed. Wiley & Sons Inc.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XENERAIS
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
CG2 - Saber elaborar e defender argumentos sobre cuestións económicas a un nivel xeral, así como resolver problemas sobre estas cuestións, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade empresarial, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT1 - -Análise e síntese
CT2 - -Organización e planificación
CT3 - -Comunicación oral e escrita
CT4 - -Xestión da información.
CT5 - -Coñecementos de tecnoloxía da información relativos ao ámbito de estudo.
CT6 - -Resolución de problemas.
CT9 - -Autonomía na aprendizaxe
CT10 - -Traballo en equipo
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
C4 - Elementos básicos de modelos econométricos e predición
D6 - Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido
D7 - Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de como funciona a economía
D8 - Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais
Ao ser unha materia de introdución no campo da Econometría, préstase especial atención ás actividades presenciais e ao traballo continuado do alumnado.
As sesións de aula dedicadas ás clases expositivas teñen como obxecto a introdución e explicación dos aspectos básicos de cada un dos temas incluídos no programa, proporcionándolle deste modo a información adicional necesaria que permita un adecuado desenvolvemento do proceso de aprendizaxe autónoma.
As clases en grupos reducidos realízanse na aula de informática. Estas clases prácticas de ordenador están encamiñadas a que o alumnado consiga unha mellor comprensión dos contidos básicos, se familiarice co novo instrumental informático e coa resolución de problemas concretos en economía en xeral e de forma particular no contexto da empresa.
Estas actividades teórico-prácticas poderán complementase con traballos concretos que os alumnos deberán realizar autonomamente. Con estes traballos tamén se pretenden contribuír á adquisición de habilidades para elaborar e presentar estudios referentes á realidade económica máis actual.
A materia conta cunha aula virtual como complemento á docencia. cuxo deseño, estrutura e contido poderá ser modificado ao longo do curso.
Avaliación continua: O/a alumno/a obterá unha parte da cualificación final en base ao traballo realizado ao longo do cuadrimestre: participación en clase, resultados das distintas probas, traballos realizados.... A valoración destas actividades así como o peso que terá na puntuación final (en todo caso entre un 30% e un 40%) establecerase na correspondente guía docente, que se publicará no curso virtual da materia e será explicada en detalle o primeiro dia de clase.
O resto da puntuación obterase a través dun exame final. O contido deste exame final debe ter en conta e valorar de forma complementaria o traballo continuado realizado polo alumno.
Pola metodoloxía de ensinanza e o sistema de avaliación empregado, considérase imprescindible a asistencia a clase e a participación activa, tanto nas sesións expositivas como interactivas, así como o seguimento e realización das actividades propostas, fundamentais para o aproveitamento da materia.
A normativa de permanencia da USC sinala que “A cualificación dunha convocatoria na que o alumno non se presenta, ou non supera os obxectivos establecidos será de "suspenso", salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, en cuxo caso constará como "non presentado".
O alumnado que xa estivera matriculado en algunha ocasión na materia poderá optar por facer un exame final específico, o cal se valorará co 100% da nota. Para optar a dito sistema excepcional de avaliación, o alumno ou alumna deberá comunicalo ao profesorado no prazo e forma establecido na guía docente
Alumnado con dereito a dispensa de clases: a avaliación se realizará a través do exame final, o cal se valorará co 100% da nota. http://www.usc.es/gl/goberno/secxeral/instrucions.html
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”. Inclúese o uso indebido das tecnoloxías.
Avaliación de competencias:
Avaliación continua: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG2, CT1, CT4, CT5, CT6, CT9, CT10, C4,D6,D7, D8
Exame final: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG2, CT1, CT4, CT6, CT9, C4,D6,D7, D8
Como a carga total de cada crédito estímase en 25 horas totais para o alumno, o tempo de estudio e de traballo persoal que se estima para superar esta materia é de 150 horas, as cales se distribúen entre traballo presencial e non presencial.
O alumno debe de ter coñecementos básicos das materias de Matemáticas, Estatística e Teoría Económica cursadas polo alumno nos cursos previos deste grao.
A materia conta cunha aula virtual como complemento á docencia.
Maria Teresa Cancelo Marquez
- Departamento
- Economía Cuantitativa
- Área
- Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Teléfono
- 881811642
- Correo electrónico
- maite.cancelo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Emilia Vazquez Rozas
Coordinador/a- Departamento
- Economía Cuantitativa
- Área
- Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Teléfono
- 881811524
- Correo electrónico
- emilia.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xulia Guntin Araujo
- Departamento
- Economía Cuantitativa
- Área
- Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Teléfono
- 881811548
- Correo electrónico
- xulia.guntin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Pilar Exposito Diaz
- Departamento
- Economía Cuantitativa
- Área
- Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Teléfono
- 881811518
- Correo electrónico
- pilar.exposito [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Eva Maria Aguayo Lorenzo
- Departamento
- Economía Cuantitativa
- Área
- Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Teléfono
- 881811518
- Correo electrónico
- eva.aguayo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
19:30-20:30 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 08 |
Martes | |||
16:00-17:30 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 08 |
Xoves | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08 |
Venres | |||
09:30-10:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08 |
21.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIL_1a | Aula A |
21.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIL_1b | Aula A |
21.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIL_5 | Aula A |
21.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
21.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIL_6 | Aula A |
21.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIL_4a | Aula A |
21.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
21.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIL_2 | Aula A |
21.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIL_3 | Aula A |
21.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIL_4b | Aula A |
21.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
21.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIL_1a | Aula B |
21.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIL_1b | Aula B |
21.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIL_5 | Aula B |
21.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
21.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIL_6 | Aula B |
21.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIL_4a | Aula B |
21.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIL_2 | Aula B |
21.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIL_3 | Aula B |
21.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIL_4b | Aula B |
27.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_1b | Aula A |
27.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_5 | Aula A |
27.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
27.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_6 | Aula A |
27.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_4a | Aula A |
27.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_2 | Aula A |
27.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_3 | Aula A |
27.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_4b | Aula A |
27.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
27.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_1a | Aula A |