Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Organización de Empresas
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Dotar o alumnado dos coñecementos teórico-prácticos da creación de empresas.
- Proporcionar ao alumnado as ferramentas necesarias para ser capaz de detectar boas oportunidades de negocio, así como desenvolver plans que convertan esas ideas en proxectos viables que poidan levarse á práctica.
- Potenciar o espíritu emprendedor no alumnado.
1.- Importancia dos proxectos empresariais emprendedores
2.- Características e habilidades das persoas emprendedoras
3.- A idea empresarial. Fontes de ideas
4.- Razóns do fracaso de novos proxectos empresariais
5.- Elaboración dun plan de empresa
6.- Formas xurídicas
7.- Fontes de recursos financeiros
Bibliografía básica
- Castillo Clavero, A.M. (2018). “Dirección de empresas”. Ed. Pirámide.
- Castro Abancéns, I (2010). “Creación de empresas para emprendedores” . Ed. Pirámide
- Filion, L; Cisneros Martínez, L. y Mejía-Morelos, J (2011). Administración de PYMES. Emprender, dirigir y desarrollar empresas. Ed. Pearson
- Clark, T.; Osterwalder, A.; Pigneur, Y (2019). “Tu modelo de negocio”. Ed. Deusto
- Díaz Fernández, M.J. (2015). “Creación de empresas. Paso a paso”. Ed. Alcalá Grupo editorial.
- González Domínguez, F.J. (2012). “Creación de empresas: Guía para el desarrollo de iniciativas empresariales”. Ed. Pirámide.
- Iborra, M.; dasí, A.; Dolz, C.; Ferrer, C. (2014). “Fundamentos de dirección de empresas”. Ed . Paraninfo
- Osterwalder, A.; Pigneur, Y.; Bernarda, B.; Smith, A. (2019). “Diseñando la propuesta de valor”. Ed. Deusto.
- Osterwalder, A. ; Pigneur, Y. (2020). “Generación de modelos de negocio”. Ed. Deusto
- Ries, E. (2011). “El método Lean Startup. Cómo crear empresas de éxito utilizando innovación continua”. Ed. Deusto
- Ries, E. (2018). “El camino hacia el Lean Startup. “. Ed. Deusto.
- Ruano, L.A.; Velasco, R. (2018). Emprendimiento en el entorno digital. E. Marcombo.
Bibliografía complementaria
- Amaru, A.C. (2008). “Administración para emprendedores. Fundamentos para la creación y gestión de nuevos negocios. Ed. Pearson.
- Dess, G.; et al (2011). “Administración estratégica”. 5ªed. Ed. McGraw-Hill.
- Dueñas, M.; et al (2004). “Creación de empresas: teoría y práctica”. Ed McGraw-Hill.
- García Álvarez, O (2010). Dificultades propias del proceso de creación de empresas. Fundación Caixanova.
- Gómez Gras, J.M., et al (2012). “Manual de casos sobre creación de empresas en España”. Ed. McGraw- Hill.
-Jiménez Quintero, J. (2005). Dirección estratégica y viabilidad de las empresas. Aplicaciones prácticas. Ed. Pirámide.
- Jiménez Quintero, J. y Arroyo Varela, S. (2002). Dirección estratégica en la creación de empresas. Ed Pirámide.
- Nueno, P. (2009). “Emprendiendo hacia el 2020. Una renovada perspectiva global del arte de crear empresas y sus artistas”. Ed. Deusto.
- Shepherd, C.; et al (2011). “Administración de la innovación”. Ed. Pearson.
- Soler, C.; Reig, E. (2010). “Pequeñas empresas, grandes ideas”. Ed. Pearson.
- Steffan, B. (2009). “Quiero crear mi empresa”. Ed. Pearson.
- Thompson, A.; et al (2012). “Administración estratégica”. 18ª ed. Ed. Mc-GrawHill.
1.- Básicas e xerais
CB1 - Que o alumnado demostrase posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoita atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que o alumnado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que o alumnado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que o alumnado desenvolvese aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG4 - Saber comunicar información, ideas, problemas e propostas de solución a cuestións de índole empresarial tanto a un público especializado como non especializado, facendo uso tanto da linguaxe verbal e escrita como dos medios e técnicas de representación de relacións e presentación de datos que se empregan na disciplina.
CG5 - Posuír os coñecementos xerais e as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar estudando e para emprender estudos especializados nos diversos ámbitos da empresa e noutras áreas relacionadas, cun alto grao de autonomía.
2.- Transversais
CT1 - Análise e síntese.
CT2 - Organización e planificación.
CT3 - Comunicación oral e escrita.
CT4 - Xestión da información.
CT6 - Resolución de problemas.
CT7 - Toma de decisións.
CT8 - Razoamento crítico.
CT9 - Autonomía na aprendizaxe.
CT10 - Traballo en equipo.
CT12 - Habilidades nas relacións interpersoais.
CT16 - Sensibilidade cara a problemas sociais e ambientais.
CT18 - Iniciativa e espírito emprendedor.
CT19 - Creatividade e capacidade innovadora.
CT21 - Xestión de Proxectos.
3.- Específicas
A5 - Teoría básica da empresa. Organización e áreas funcionais.
D4 - Emitir informes de asesoramento sobre situacións concretas de empresas e mercados.
D11 - Comunicarse con fluidez na súa contorna e traballar en equipo.
As sesións de aula dedicadas ás clases expositivas terán como obxectivo introducir ao alumnado nos contidos dos temas que conforman o programa, enfatizando nos aspectos especialmente relevantes e as relacións entre eles.
As sesións interactivas en grupos reducidos se basearán na aplicación práctica dos contidos teóricos expostos nas sesións expositivas. Estas sesións estarán encamiñadas á resolución e debate de casos e exercicios prácticos para mellorar a habilidade do alumnado en recoñecer e definir os problemas aos que se enfrentan as empresas, e poder tomar as decisións máis adecuadas, á vez que se facilita a interacción entre o alumnado.
Todas estas actividades se complementarán co traballo persoal que o alumnado deberá dedicar a cada unha delas, como busca de material bibliográfico, leitura de devandito material, redacción de conclusións, etc. Para unha maior comprensión da materia estableceanse contactos con distintos colectivos e emprendedores a través de visitas a empresas e ecosistemas empresariais.
O desenrolo da materia realizarase co apoio da aula virtual docente creada a tal efecto na plataforma Moodle.
As sesión expositivas e interactivas levaranse a cabo no horario oficial publicado polo centro e Terán carácter presencial.
O profesorado fará un seguimiento da asistencia do alumnado e a súa participación nas sesións.
A avaliación continua terá en conta a participación nas clases, así como todas as actividades desenvolvidas polo alumnado. Terase en conta especialmente a participación activa na análise dos casos, debate e comentario de lecturas, e a presentación de traballos.
A avaliación dos coñecementos teóricos realizarase mediante un exame final a realizar na data fixada polo centro no calendario do curso.
As competencias básicas, xerais, transversais e específicas serán eavaliadas a través do exame final así como a través do seguimiento do alumno/a nas clases interactivas (mediante a presentación de memorias, resultados de análise de casos, etc).
Puntuación
Participación nas actividades levadas a cabo na aula: análise de casos, participación nos debates, presentación de traballos e elaboración de plan de empresa... Peso na cualificación final: 40%.
Exame final. Peso na cualificación final: 60%.
Estas dúas partes que conforman a cualificación do alumnado, aplicaranse ás dúas convocatorias (ordinaria e extraordinaria), de tal maneira que a puntuación obtida na avaliación continua (40%) manterase para a convocatoria de xullo.
De acordo coa Normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en cualquiera das actividades suxeitas a avaliación suporá que a nota final do estudiante sexa distinta de NON PRESENTADO.
A asistencia tanto ás clases expositivas como ás clases interactivas é obrigatoria, salvo que ao alumno ou alumna lle sexa concedida a dispensa de asistencia, seguindo a Instrución N. 1/2017, da Secretaría Xeral, sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias. Ao alumnado que lle sexa concedida a dispensa, poderá presentarse ao exame final e optar á máxima cualificación, 100% da nota.
A proba final terá carácter presencial.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou exames será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de calificacións.
Materia de 4,5 créditos optativa
- Presenciais (inclúe horas de docencia expositiva, docencia interactiva, tutorías e avaliación): 38,5h
- Traballo persoal do alumnado: 74h.
Participación activa na aula e búsqueda de información sobre os temas propostos nas distintas sesións. Participación nas charlas de empresarios e visitas a empresas programadas.
Eduardo Curto Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Teléfono
- 881811636
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
09:30-10:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 28 |
15:00-16:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 28 |
Martes | |||
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 28 |
Mércores | |||
16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 28 |
24.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
24.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A |
24.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A |
24.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula A |
24.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
24.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A |
16.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
16.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula B |
16.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
16.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula B |
16.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula B |
16.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula B |