Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
O principal obxectivo desta materia é que o alumno adquira competencias básicas no campo da Administración de Sistemas e Redes de Computadores. Algunhas destas competencias son:
* Familiarización coas tarefas principais dun administrador de sistemas, así como coas políticas básicas de administración.
* Familiarización coas ferramentas básicas de administración de sistemas.
* Familiarización cos conceptos fundamentais dun ámbito de computación en rede.
* Capacidade de instalar servizos básicos en rede.
* Capacidade de examinar e elaborar documentación técnica.
A materia céntrase nas principais tarefas dun administrador de sistemas, dende a instalación do sistema e a xestión de usuarios á configuración de servizos básicos, como servidores de arquivos, ou servizos de directorio.
TEMARIO
1. Introdución as tarefas de administración.
1.1 Introdución aos sistemas Linux/UNIX.
1.2 Instalación do sistema e de software.
1.3 Automatización de tarefas.
1.4 Copias de seguridade.
2. Programación de scripts.
2.1 Uso da liña de comandos.
2.2 Expresións regulares e procesamiento de texto.
2.3 Programación de scripts de administración.
2.4 Python.
3. Actividades administrativas básicas.
3.1 Xestión de procesos
3.2 Xestión do sistema de ficheiros.
3.3 Xestión de usuarios.
3.4 Xestión de redes de área local.
4. Servizos básicos de servidor a cliente.
4.1 Acceso remoto e transferencia de ficheiros.
4.2 Servidores de ficheiros.
4.3 Compartición Linux-Windows
4.4 Servizos de directorio.
TEMPORIZACIÓN DAS CLASES TEÓRICAS
(5 horas en sesións de 1 hora + 32 horas de traballo persoal):
Día 1 - Introdución á materia, tarefas dun administrador de sistemas, instalación do sistema (tema 1)
Día 2 - Introdución a Unix e Linux (tema 1)
Día 3 - Programación en Python (tema 2)
Día 4 - Actividades administrativas básicas (tema 3)
Día 5 - Servizos básicos de servidor a cliente (tema 4)
TEMPORIZACIÓN DAS PRÁCTICAS
(45 horas en sesións de 2 horas + 60 horas de traballo persoal):
Tema 1
* P1: Instalación do sistema, 4 horas (sesións 1 e 2) + 5 horas de traballo persoal
* P2: Instalación de software, 4 horas (sesións 3 e 4) + 5 horas de traballo persoal.
Tema 2
* P3: Programación de scripts, 6 horas (sesións 5, 6 e 7) + 14 horas de traballo persoal.
Tema 3
* P4: Xestión de procesos, 4 horas (sesións 8 e 9) + 4 horas de traballo persoal.
* P5: Xestión de ficheiros e discos, 8 horas (sesións 10, 11, 12 e 13) + 10 horas de traballo persoal.
* P6: Xestión de usuarios, 8 horas (sesións 14, 15, 16 e 17) + 10 horas de traballo persoal.
* P7: Xestión de redes, 6 horas (sesións 18, 19 e 20) + 8 horas de traballo persoal.
Tema 4
* P8: Xestión de servizos, 5 horas (sesións 21, 22 y 23) + 4 horas de traballo persoal.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA DESCARGABLE
- Apuntes de Administración de Sistemas y Redes. Proporciónanse apuntamentos elaborados polo profesor que cobren a totalidade dos temas teóricos e prácticos da materia.
- Raphaël Hertzog e Roland Mas, "The Debian Administrator's Handbook", 2020, ISBN: 979-10-91414-04-3, http://debian-handbook.info/browse/stable/
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA DESCARGABLE
- Daniele Raffo, "Linux Quick Reference Guide", 8º ed. 2020, https://perso.crans.org/~raffo/docs/linux-guide.pdf
- Raúl González Duque, "Python PARA TODOS", http://www.utic.edu.py/citil/images/Manuales/Python_para_todos.pdf
- Eugenia Bahit, "Curso: Python para Principiantes", https://www.iaa.csic.es/python/curso-python-para-principiantes.pdf
Nesta materia preténdese que o alumno acade as competencias básicas dun administrador de sistemas e redes a nivel intermedio. Entre estas competencias, tal como destaca o SAGE, están:
1. Capacidade de resolver problemas rápida e completamente.
2. Capacidade de identificar tarefas que requiran automatización e automatizalas.
3. Facilidade de uso da maior parte dos aspectos da administración de sistemas UNIX; por exemplo, instalación e configuración de sistemas, instalación de software, administración de usuarios, sistema de impresión, etc.
4. Coñecemento de administración de redes: por exemplo, conceptos básicos de encamiñamento, configuración dos sistemas de ficheiros en red, etc.
5. Capacidade de entender e escribir scripts de administración.
Así mesmo, a materia pretende contribuír a acadar as competencias recollidas na memoria do titulo de Grao en Enxeñaría Informática da USC (CB3, CB5, CG3, CG4, CG6, CG8, CG9, CG10, TR1, TR3, FB4, RI1, RI2, RI5, TI2, TI4, TI7).
Ademais das competencias anteriores, outras competencias incluidas dentro do módulo Administración e Xestión de Sistemas e Redes da memoria do título de Grado en Enxeñaría Informática son:
- Adquirir as competencias básicas dun administrador de sistemas e redes de computadores.
- Monitorizar e optimizar o uso dos sistemas e as redes dunha organización.
- Ser capaz de instalar, configurar e mantener os servizos máis importantes de Internet, incluíndo servizos web, de correo electrónico, novas, mensaxería e outros.
- Ser capaz de coñecer os principales ataques que pode recibir un sistema informático, así como os posibles métodos de protección, detección e políticas de seguridade que permitan evitar o dano ao sistema ou minimizar a súa repercusión.
O contido eminente práctico da materia fai que a metodoloxía do ensino consista nunha superposición do ensino teórico e práctico.
CLASES EXPOSITIVAS
As clases teóricas supoñen unha porcentaxe reducida da materia e nelas realizarase unha breve introdución dos contidos de cada tema, destacando aqueles aspectos máis teóricos, mentres que as explicacións máis rutineiras como a sintaxe dos comandos repartiranse coas clases interactivas. Os contidos que se imparten nestas sesións van ter unha aplicación directa nas sesións de prácticas, momento no cal se poden realizar todas as matizacións e aclaracións que sexan necesarias.
Nestas clases traballaranse, principalmente, as competencias xerais CG4 e CG8 (mediante a descrición de exemplos e tecnoloxías), e a transversal TR1 (mellora da capacidade de xestión de información), así como as específicas FB4, RI2 e RI5.
CLASES INTERACTIVAS
A maioría das clases son sesións en grupos reducidos que se impartirán nas aulas de informática da USC. Nelas o profesor desenvolverá os temas introducidos nas clases de teoría e o estudante levaraos á práctica no computador. Para poder realizar tarefas de administración, utilizaranse de forma intensiva máquinas virtuais Linux nas que o alumno realizará as instalacións e configuracións. O alumno poderá á súa elección realizar as prácticas na súa propio portátil, posto que a totalidade dos programas que se utilizan son software libre. Estas clases permitirán a adquisición de habilidades prácticas sobre os contidos da materia que foron presentados de maneira introductoria nas clases maxistrais.
Non existirá, así, unha separación definida entre aspectos teóricos e prácticos, senón que o alumno irá aplicando directamente nas prácticas a información transmitida nas clases de teoría. A metodoloxía didáctica centrarase especialmente no traballo individual dos alumnos, pero tamén se fará un especial esforzo para fomentar a discusión na clase e nos foros.
Nestas clases traballaranse as competencias xerais CG3, CG6, CG9 e CG10 (mediante o desenvolvemento e implantación de novos sistemas), a transversal TR3 (procura autónoma de solucións e adaptación a novas situacións), e as específicas FB4, RI1, RI5, TI2, TI4 e TI7.
TUTORÍAS
As tutorias realizaranse de forma presencial ou virtual.
MATERIAIS E FERRAMENTAS
A aprendizaxe do alumno tamén estará apoiado no ensino virtual, a través do Campus Virtual da USC. Na páxina da materia o alumno poderá obter unha copia en formato dixital do material usado nas clases, así como material suplementario e ligazóns as páxinas web relacionadas cos contidos da materia. Estarán á disposición dos alumnos diversos sistemas (MS Teams, correo electrónico, foro de discusións, chat), onde poderán facer consultas e establecer discusións sobre os diferentes tópicos da materia. Todos os programas, tanto as máquinas virtuais como as aplicacións utilizadas nesta materia son software libre.
A cualificación da materia será 50% da puntuación obtida na avaliación continua e 50% no exame.
AVALIACIÓN CONTINUA
A avaliación continua estará fundamentada na realización efectiva por parte do alumno das prácticas propostas ao longo do cuadrimestre. O requirimento da realización das prácticas durante o cuadrimestre se justifica en que estas se realizan de forma progresiva (instalación, configuración e administración do sistema operativo, dos seus servizos e aplicacións), e en que o traballo presentado permite ao profesor avaliar o progreso do alumno.
As prácticas realizaranse individualmente. Ao remate de cada unha das prácticas propostas, o alumno presentaraa na aula e será avaliada polo profesor. Cada unha das prácticas propostas terá unha data concreta de realización. Despois desta data, a práctica considerarase non realizada.
A nota das prácticas terá un peso dun 50% na cualificación final da materia, e terá en conta o grao de consecución das competencias CG3, CG6, CG9, CG10, TR3, FB4, RI1, RI5, TI2, TI4 e TI7.
EXAME DA PRIMEIRA OPORTUNIDADE
Ao final do cuadrimestre realizarase un exame teórico sobre todo o contido da materia. A nota obtida neste exame terá un peso do 50% na cualificación final.
Neste exame avaliarase a consecución das competencias CG4, CG8, CG9, CG10, FB4, TR1, RI1, RI2, RI5, TI2, TI4 e TI7.
EXAME DA SEGUNDA OPORTUNIDADE
No caso de non superar (ou non presentarse) a primeira oportunidade, o alumno poderá facelo na segunda oportunidade. Nesta segunda oportunidade non hai posibilidade de recuperar a avaliación continua.
Os pesos dá cada parte na cualificación da segunda oportunidade serán os mesmos que na primeira oportunidade, así como as competencias que serán avaliadas.
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA
Aplicarase o mesmo criterio que na segunda oportunidade.
CONDICIÓN DE APROBADO
Para aprobar a materia é necesario obter polo menos un 5 sobre 10 na nota final da materia (sumando a avaliación continua e a nota do exame).
CONDICIÓN DE NON PRESENTADO
Terase a condición de non presentado cando non obtendo os puntos necesarios para o aprobado o alumno non asista ao exame.
Calquera outra condición, que non implique aprobado ou "non presentado", suporá unha cualificación de suspenso.
ALUMNADO REPETIDOR
Manterase o aprobado da avaliación continua ou do exame das convocatorias anteriores (no caso de que se obtivo polo menos a metade dos puntos da parte correspondente), pero non de prácticas individuais.
SISTEMA DE CUALIFICACIÓN
A continuación indícanse os puntos que supoñen cada parte na nota final:
* Avaliación continua: 5 puntos, repartidos do modo seguinte:
** T1: 0,5 puntos.
** T2: 0,5 puntos.
** T3: 0,8 puntos.
** T4: 0,5 puntos.
** T5: 0,7 puntos.
** T6: 0,7 puntos.
** T7: 0,7 puntos.
** T8: 0,6 puntos.
* Exame: 5 puntos.
Para aprobar a materia é necesario obter polo menos 5 puntos en total.
AVALIACIÓN DAS COMPETENCIAS:
CG4, CG8, CG9, CG10, FB4, TR1, RI1, RI2, RI5, TI2, TI4, TI7: Exame
CG3, CG6, CG9, CG10, TR3, FB4, RI1, RI5, TI2, TI4, TI7: Tarefas T1-T8
REALIZACIÓN FRAUDULENTA DE EXERCICIOS E PROBAS
Estableceranse medidas específicas para evitar plaxios e a realización fraudulenta das prácticas, por exemplo, comprobarase que cada alumno traballa sobre a súa propia máquina virtual e non se permitirá en ningún caso a compartición de máquinas. Ademais, os programas e documentación entregados serán sometidos a probas de detección de plaxios.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios e probas serán de aplicación o recojido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dous estudantes e de revisión de cualificacións da USC" e a normativa do Centro.
Ademais de 58 horas de traballo presencial na aula, o alumno deberá dedicar outras 92 horas de traballo persoal para superar a materia. Estas horas distribúense da seguinte maneira:
Traballo presencial na aula:
- Clases maxistrais: 5 horas
- Sesións prácticas na aula de informática: 45 horas
- Titorías e atención personalizada: 3 horas
- Actividades de avaliación: 5 horas
Traballo persoal do alumno
- Estudo autónomo: 7 horas
- Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos: 25 horas
- Programación/experimentación ou outros traballos no computador: 35 horas
- Preparación de traballos, proxectos, exames: 25 horas
Esta materia require dos coñecementos de programación de shell impartidos na materia "Sistemas Operativos II".
A constancia no estudo e na asistencia á clase é unha das claves para estudar esta materia. É moi importante para que a materia resulte doada que se vaia estudando ao día. Deste xeito, rendibilízanse as explicacións recibidas na clase. Ademais, unha actitude seria nas prácticas vai permitir que os conceptos se vaian afianzando e que se poidan abordar problemáticas cada vez máis complexas sen demasiado esforzo.
O idioma a usar na aula será o castelán.
Na páxina da materia do Campus Virtual o alumno poderá obter unha copia en formato dixital do material usado nas clases teóricas e prácticas, vídeos mostrando que debe entregarse nas prácticas, así como material suplementario e ligazóns as páxinas web relacionadas cos contidos da materia. Estarán á disposición dos alumnos diversos sistemas (MS Teams, correo electrónico, foro de discusións, chat), onde poderán facer consultas e establecer discusións sobre os diferentes tópicos da materia.
Todos os programas utilizados nesta materia, tanto as máquinas virtuais como as aplicacións son software libre.
Francisco Santiago Argüello Pedreira
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores
- Teléfono
- 881813556
- Correo electrónico
- francisco.arguello [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
17:30-19:30 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | IA.03 |
Martes | |||
12:00-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Castelán | Aula de Informática I6 |
17:30-19:30 | Grupo /CLIL_04 | Castelán | IA.03 |
Mércores | |||
15:30-17:30 | Grupo /CLIL_02 | Castelán | IA.S2 |
17:30-19:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | IA.03 |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | IA.S1 |
15:30-17:30 | Grupo /CLIL_04 | Castelán | IA.S2 |
17:30-19:30 | Grupo /CLIL_02 | Castelán | IA.S2 |
Venres | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLIL_03 | Castelán | IA.01 |
10.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A3 |
10.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A3 |
10.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A3 |
10.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A3 |
10.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A3 |
10.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A4 |
10.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A4 |
10.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A4 |
10.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A4 |
10.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A4 |
20.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A2 |
20.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A2 |
20.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A2 |
20.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A2 |
20.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A2 |