Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 76.5 Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 13.5 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado
Áreas: Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecemento das principais características da Sociedade internacional actual, e as tensións que se manifestan no Dereito internacional chamado a regulala, mediante a análise de non só a estrutura da orde xurídica internacional, e xa que logo dos procedementos de elaboración e os mecanismos de aplicación das normas xurídicas, senón tamén da subjetividad internacional, atendendo fundamentalmente á figura do Estado e da Organización internacional.
- De acordo con estes parametros perséguese:
- Profundar na análise dos principios, estrutura e funcionamento da sociedade internacional contemporánea e o seu ordenamento xurídico.
- Profundar na dinámica do Estado e doutros suxeitos cun estatuto adoptado ás súas características que participan na arquitectura política e xurídica da Sociedade internacional
TEMA I.- A SOCIEDADE INTERNACIONAL E O SEU ORDENAMENTO XURÍDICO. ASPECTOS BÁSICOS
1. Caracteres esenciais da Sociedade Internacional actual e a súa influencia na orde xurídica internacional
2. Papel e alcance do Dereito Internacional. Da coexistencia ao interese público global
3.- Os suxeitos do ordenamento xurídico internacional. Constitución e contido da personalidade internacional.
TEMA II.- A FORMACIÓN DAS NORMAS INTERNACIONAIS COMO FACTOR DE REGULACIÓN DAS RELACIÓNS INTERNACIONAIS
1. Proceso de formación das normas internacionais. Gradación normativa. O ius cogens internacional
2. Os tratados internacionais. Concepto e elementos constitutivos do tratado internacional. Proceso de celebración e entrada en vigor dos tratados. Observancia, aplicación e interpretación da tratados Emenda e modificación. Nulidade terminación e suspensión da aplicación dos tratados.
3. O costume internacional: Concepto, elementos e clases. A interacción entre costume e tratado
4. Outros procedementos de creación das normas internacionais: Actos das organizacións internacionais. Actos unilaterais dos Estados. Principios xerais e os "medios auxiliares" de determinación do Dereito
TEMA III.- APLICACIÓN DO ORDENAMENTO XURÍDICO INTERNACIONAL
1. Aplicación das normas e eficacia do sistema internacional. Integración da norma internacional no ordenamento interno. Execución das normas internacionais
2. O arranxo de controversias. Principio de arranxo pacífico das controversias internacionais. Procedementos de arranxo: políticos e xurídicos. Outros mecanismos
3. Feito internacionalmente ilícito e responsabilidade internacional
4. A responsabilidade internacional do individuo. A Corte Penal Internacional
5. Medidas de autotutela. Procedementos institucionalizados para asegurar a aplicación das normas internacionais
TEMA IV.- O ESTATUTO INTERNACIONAL DO ESTADO
1. O Estado como suxeito primario do Dereito Internacional. Os seus elementos constitutivos e competencias. A inmunidade do Estado
2. Recoñecemento de Estados.
3. Recoñecemento de Gobernos.
4. Sucesión de Estados
V.- ÁMBITOS DE REGULACIÓN XURÍDICA INTERNACIONAL. UNHA APROXIMACIÓN XERAL E GLOBAL
1. Xestión internacional dos espazos
2. Os Dereitos humanos e dos Pobos
3. Paz e conflitos armados
4. Relacións económicas internacionais
MANUAL BÁSICO RECOMENDADO
CASADO RAIGÓN, R.: Derecho internacional, Madrid, 4ª ed., Tecnos, 2020.
INSTRUMENTO NORMATIVO BÁSICO RECOMENDADO
- PUEYO LOSA, J., PONTE IGLESIAS, M. T. (coordinadores): Derecho Internacional Público. Organización Internacional. Unión Europea. Recopilación básica de instrumentos jurídicos (Espacio Europeo de Educación Superior), Santiago de Compostela, 2ª ed., Andavira Editora. 2016.
Este Manual e a Recompilación de Instrumentos normativos servirán como contidos mínimos de referencia na impartición da docencia teórica e interactiva da materia e na súa avaliación. Por iso, recoméndase a todos os alumnos que dispoñan destes textos como materiais básicos de estudo da materia.
OUTROS MANUAIS E OBRAS XERAIS COMPLEMENTARIAS
- ANDRÉS SAÉNZ DE SANTAMARÍA, P.: Sistema de Derecho Internacional Público, Madrid, 7ª ed. Civitas, 2023.
- CASANOVAS, O., RODRIGO, A. J.: Compendio de Derecho Internacional Público, Madrid, 12ª ed. Tecnos, 2024.
- JUSTE RUIZ, J., CASTILLO DAUDÍ, M., BOU FRANCH, V.: Lecciones de Derecho Internacional Público, Valencia, 4ª ed. Tirant Lo Blanch, 2023.
- MARIÑO MENÉNDEZ, F.: Instrumentos y regímenes de Cooperación Internacional, Madrid, 2ª ed., Trotta, 2017.
- MARTÍN MARTÍNEZ, M. M.; JIMENEZ SÁNCHEZ, C.: Derecho Internacional Público. Síntesis de Teoria y Práctica, Ed. Comares, Granada, 2019.
- PASTOR RIDRUEJO, J. A.: Curso de Derecho Internacional Público y Organizaciones Internacionales, Madrid, 27ª ed. Tecnos, 2023.
OUTROS TEXTOS NORMATIVOS E MATERIAIS DE PRÁCTICAS COMPLEMENTARIOS
- ANDRES SAENZ DE SANTA MARÍA, P.: Legislación básica de Derecho Internacional Público, Madrid, 23ª ed., Tecnos, 2023.
- Comprensión e análise crítica da realidade internacional
- Comprensión casuística das cuestións mais relevantes que expón no actual escenario mundial o ordenamento xurídico internacional, abordando, basicamente: o fenómeno de interacción entre os planos normativos interno e internacional, os principios e mecanismos que rexen en materia de arranxo de controversias internacionais, as polémicas transformacións que se producen no réxime da responsabilidade internacional e nos mecanismos de aplicación coactiva do Dereito internacional.
- Capacidade para analizar, debater e resolver, utilizando argumentos xurídicos, as cuestións que na actualidade suscitan maior interese e conflitividade neste campo disciplinar; fomentando a capacidade de razoamento, reflexión e espírito crítico do alumno.
- O ensino desta disciplina desenvolvése a través de clases teóricas (expositivas), clases prácticas/ seminarios (interactivas), traballos tutelados e tutorías.
- A clase teórica -que poderá contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos- centrarase na explicación dos contidos esenciais da materia, incentivando o debate e o comentario sobre aspectos da actualidade.
- A clase práctica/seminario ten por obxectivo propor, debater e resolver supostos de feito da práctica internacional nos que o alumno debe aplicar os coñecementos teóricos adquiridos. Por iso, esíxese a participación activa do estudante durante o seu desenvolvemento, así como unha preparación previa sobre a base dos materiais de apoio entregados.
- O traballo tutelado diríxese a profundar sobre algún dos aspectos mais relevantes da materia, e a fortalecer a capacidade analítica, discursiva e expositiva do alumno.
- A tutoría permite ofrecer ao alumno unha orientación individualizada sobre a materia e potenciar o diálogo co profesor. Atenderase ao estudante para tratar cuestións concretas en relación coas súas tarefas e/ou resolver calquera dificultade relacionada coa materia.
- A materia, como obrigatoria, consta de 4,5 créditos ECTS, o que equivale a 112,5 horas. Polo que se refire ao traballo presencial no aula, ditas horas distribúense como segue: Clases teóricas, 18 horas; Practicas/Seminarios, 6 horas; Traballos tutelados, 3 horas; Tutorías, 2 horas; Exame, 3 horas.
- O exame suporá o 60% da calificación final e aprobalo será requisito para superar a asignatura. O exame, que estará composto por unha parte teórica e outra práctica, busca valorar a adquisición de coñecementos teóricos por parte do alumno e a súa capacidade para aplicalos nun suposto práctico.
- Poderase convocar a una proba adicional para a obtención da Matrícula de Honra aos estudantes que obtiveran na proba final a cualificación de Sobresaínte para a que terán que inscribirse no prazo que fixe o Profesor responsable da materia.
-As actividades programadas, particularmente as clases interactivas (elaboración e entrega de casos prácticos, traballos tutelados e exposición, comentarios de xurisprudencia, seminarios ou calqueira outra actividade que se indique), así como a asistencia ás clases teóricas e interactivas suporá o 40% restante da calificación final.
Os criterios de valoración serán os seguintes:
• Asistencia en máis do 90% as actividades docentes realizadas durante o curso.
• Elaboración e entrega por escrito a través da Aula Virtual da USC dos casos prácticos ou calquera outra actividade que se indique.
• A participación activa do alumno durante o desenvolvemento da clase interactiva será un requisito indispensable para a valoración da mesma.
- No caso de que o alumno realice algunhas das actividades programadas, pero non o exame, a calificación será de "non presentado".
- Os alumnos repetidores que cubrisen o requisito da asistencia ás clases expositivas e interactivas quedarán exentos do devandito requisito no curso seguinte, sen prexuízo da súa obrigación de someterse ao mesmo sistema de avaliación que o resto dos demais alumnos; e en todo caso deberan elaborar e entregar por escrito a través da Aula Virtual da USC os casos prácticos ou calquera outra actividade que se indique.
- - Os alumnos aos que a Xunta de Facultade lles recoñeza o dereito a desfrutar dunha "exención de docencia" serán avaliados exclusivamente en función da calificación que obteñan no exame final da asignatura e das actividades interactivas que entregarán por escrito a través da Aula virtual da USC.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A materia, como obrigatoria, consta de 4,5 créditos ECTS, o que equivale a 112,5 horas. Polo que se refire ao traballo persoal do alumno, estas horas distribúense como segue:
- Estudo individual do alumno: 42,5 horas.
- Preparación de clases prácticas/seminarios: 19 horas
- Preparación de traballos e exposicións (traballos tutelados): 19 horas.
- Asistir a clase de xeito regular e participar activamente
- Planificar o traballo con antelación e estudar continuadamente
- Completar o ensino cos manuais e obras especializadas indicadas. Esta recomendación é especialmente importante para aqueles alumnos que carezan de formación xurídica.
- Recorrer ás titorías para os efectos de despexar as dúbidas que pratee o estudo da materia
O uso de computadores e outros dispositivos electrónicos en clase poderá limitarse a criterio do docente encargado da materia.
Maria Teresa Ponte Iglesias
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais
- Teléfono
- 881814709
- Correo electrónico
- mteresa.ponte [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 18 |
Xoves | |||
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 18 |
23.01.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 18 |
13.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 18 |