Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Lugo
Áreas: Escola Universitaria de Relacións Laborais [L]
Centro Escola Universitaria de Relacións Laborais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer os antecedentes da Seguridade Social, especialmente o máis significativo: os seguros sociais.
- Coñecer as fontes do Dereito da Seguridade Social, desde unha perspectiva transversal que comprende o Dereito español e ao comunitario.
- Distinguir os distintos niveis de protección social e a súa estrutura.
- Entender o campo subxectivo de aplicación e a forma de practicar os actos de aseguramento, así como a obriga de cotizar.
- Distinguir entre riscos comúns e profesionais e a protección do sistema en ambos os dous.
Os contidos coinciden exactamente co Programa da materia que se detalla a continuación:
SEGURIDADE SOCIAL I. PARTE XERAL
Lección 1ª. FORMACIÓN HISTÓRICA e CONCEPTO.
I. Os riscos sociais. A perda de rendas do traballo.- II. Técnicas de protección: 1) a beneficencia; 2) o aforro; 3) o seguro privado e a mutualidade; 4) a responsabilidade por accidentes de traballo. Os seguros sociais.- III. Tránsito á seguridade social.- IV. Antecedentes e formación do sistema español de Seguridade Social.- V. Concepto e carácteres do Sistema de Seguridade Social
Lección 2ª FONTES.
I. Fontes. A Seguridade Social na Constitución. II. Distribución de competencias entre o Estado e as Comunidades Autónomas. III. Dereito Internacional. IV. O Dereito Social Comunitario.
Lección 3ª. ÁMBITO SUBXECTIVO.
I. Suxeitos protexidos: 1) nivel contributivo; 2) nivel asistencial. - II. Ámbito de aplicación do Réxime Xeral. – III. Ámbito de aplicación dos Réximes Especiais. – IV. Estranxeiros e traballadores da Unión Europea. – V. Españois non residentes en territorio nacional.
Lección 4ª. XESTIÓN.
I. Entidades xestoras: Instituto Nacional da Seguridade Social. Instituto Nacional de Xestión Sanitaria e Servizos de Saúde das Comunidades Autónomas. Instituto de Maiores e Servizos Sociais; transferencias. Instituto Social da Marina. II. Organismos Autónomos: Servizo Público de Emprego Estatal. - III. Servizos comúns: A Tesouraría Xeral da Seguridade Social.- IV. Outros organismos con funcións de xestión.- V. Entidades colaboradoras: 1) Mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais; 2) Empresas.
Lección 5º ASEGURAMENTO.
I. Os actos de aseguramento.- II. Inscrición de empresas.- III. Afiliación.- IV. Altas: 1) situacións asimiladas á de alta; Subscrición de Convenio coa Seguridade Social.- 2) alta de pleno dereito.- V. Baixa.
Lección 6ª. RÉXIME ECONÓMICO-FINANCIERO.
I. Fins e medios da Seguridade Social.- II. Recursos do sistema español de Seguridade Social.
Lección 7ª COTIZACIÓN.
I. Cotización: 1) Suxeitos cotizantes. Responsabilidade solidaria e subsidiaria no pagamento das cotas; 2) Bases e tipos de cotización, primas por accidentes de traballo; nacemento duración e extinción da obriga de cotizar. A cota: continxencias comúns; continxencias profesionais; horas extraordinarias; conceptos de recadación conxunta; 3) Supostos especiais da obriga de cotizar. 4) Bonificacións e reducións.
Lección 8ª. RECADACIÓN.
I. Normas de carácter xeral.- Pagamento e outras formas de extinción das obrigas.- II. Procedemento de recadación en período voluntario.- III. Procedemento de recadación en vía executiva.- IV. Procedementos de impugnación e de revisión dos actos de xestión recaudatoria.
Lección 9ª. RISCOS SOCIAIS
I. Riscos comúns e profesionais.- II. O accidente de traballo: 1) concepto legal; 2) o nexo traballo-lesión e as súas ampliacións. III. A enfermidade profesional: 1) concepto. 2) lista de enfermidades profesionais. IV. Especialidades da acción protectora en materia de riscos profesionais.
Lección 10ª. I. Procedementos administrativos. II. Particularidades procesais en materia de Seguridade Social.-
Bibliografía básica e complementaria
Para o estudo da materia recoméndase o manexo da última edición dalgún dos seguintes manuais que integran a bibliografía básica, os cales serán obxecto de comentario, xunto con outras obras, nos primeiros días de clase:
- GORELLI, J. (et alia), Sistema de Seguridad Social (Tecnos).
- BLASCO LAHOZ, Curso de Seguridad Social, Tirant lo Blanch (Valencia).
- BLASCO LAHOZ et al., Curso de Seguridad Social, Tirant lo Blanch (Valencia).
- BLASCO LAHOZ et al., Curso de Seguridad Social II: Prestaciones, Tirant lo Blanch (Valencia).
- BLASCO LAHOZ et. al., Regímenes especiales de la Seguridad Social, Tirant lo Blanch (Valencia).
- DE LA VILLA GIL et al., Derecho de la Seguridad Social, Tirant lo Blanch (Valencia).
- MARTÍNEZ GIRÓN, ARUFE VARELA y CARRIL VÁZQUEZ, Derecho de la Seguridad Social, Netbiblo (La Coruña).
Adicionalmente, convén consultar a seguinte bibliografía complementaria:
- COLINA ROBLEDO et al., Derecho Social Comunitario, Tirant lo Blanch (Valencia).
- MONTOYA MELGAR, Derecho del Trabajo, Tecnos (Madrid).
Os estudantes disporán, no Campus Virtual, do CÓDIGO LABORAL E DA SEGURIDADE SOCIAL, editado pola Axencia Estatal do BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO, gratuíto, de libre difusión e totalmente actualizado, en formato electrónico (PDF e ePUB).
Os alumnos e alumnas estudarán a parte xeral da materia de Seguridade Social, cos obxectivos arriba indicados e como base para o ulterior estudo das prestacións do sistema de Seguridade Social.
As clases versarán sobre as diversas leccións do programa.
Durante as clases expositivas, a explicación recaerá sobre os principais problemas prácticos que expoñen os temas tratados. Darase especial importancia ao manexo da xurisprudencia e dos textos legais. Unha e outros son soportes fundamentais das clases. Algunhas leccións ou preguntas das leccións do programa deberá preparalas o alumnado servíndose dos manuais recomendados ou do texto facilitado polo propio profesor, así como da recompilación lexislativa recomendada. A remisión da preparación dalgunhas leccións ou preguntas de leccións aos devanditos contidos estará acompañada da dedicación dunha ou varias clases ao tratamento dos principais aspectos das aludidas leccións ou preguntas e á resolución das dúbidas que expoña o alumnado.
Nas clases interactivas desenvolveranse os problemas máis novos que susciten cada unha das leccións. A través da súa resolución, prepararase ao alumnado para o estudo de casos, a súa discusión en grupo, a súa exposición, así como para a redacción dos documentos forenses (recursos, demandas, reclamacións administrativas, etc.) que procedan.
Durante as clases interactivas, pero tamén ao longo das expositivas, formularanse preguntas ao alumnado sobre as cuestións abordadas, de aí a conveniencia de levar ao día a preparación das leccións.
O sistema de avaliación compoñerase da cualificación obtida no exame final, coa que se alcanzará ata un máximo do 70 por cento da nota final. O alumnado deberá aprobalo para poder engadir a puntuación obtida nas clases interactivas durante as que se levará a cabo a avaliación continua, que supoñerá un 30% da cualificación final.
Realizarase un único exame final, na data oficial aprobada pola Xunta de Facultade e publicada no taboleiro de anuncios e na páxina web. O exame será escrito, podendo contar soamente con preguntas test, de desenvolvemento, ou unha combinación de ambas. As preguntas poderán ter carácter teórico ou práctico.
A superación do devandito exame final é complementaria á avaliación continua nos tres escenarios docentes.
Durante as clases interactivas levarase a cabo a avaliación continua do alumnado. Para ese efecto, non se valorará a simple asistencia, senón a súa participación e a calidade dos traballos solicitados polo profesorado que aquel presente.
Se o alumno realizou algunha actividade académica obxecto de avaliación conforme ao establecido nesta guía docente e non se presentou ao exame, obterá a cualificación de "suspenso".
Réxime para o alumnado con exención de docencia:
O alumnado que se atope en réxime de exención de docencia deberá poñerse en contacto co profesorado da materia para a elaboración dun programa de actividades tutorizadas a distancia. O exame final será igual que para o resto dos alumnos, e tamén, o sistema de avaliación.
Precísase suficiente tempo de estudo dada a dificultade desta materia.
- Procurar a comprensión dos contidos da materia, á par que evitar a súa simple retención memorística. Para lograr tal fin, encóntranse as titorías, ademais da formulación en clase das cuestións que poidan resultar máis complexas.
- Afrontar o estudo como unha tarefa continua.
- Utilizar a aula virtual en que se deixarán materiais que facilitan o estudo.
- Consultar as redes informáticas para encontrar as novidades lexislativas e xurisprudenciais, de sorte que se introducen coñecementos cun menor esforzo.
A asistencia a clase é imprescindible.
Antonio Garcia Rojo
Coordinador/a- Departamento
- Campus Lugo
- Área
- Escola Universitaria de Relacións Laborais [L]
- Correo electrónico
- antonio.garcia.rojo [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Mércores | |||
---|---|---|---|
19:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 |
Xoves | |||
17:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 |
15.01.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
17.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |