Créditos ECTS Créditos ECTS: 4
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 68 Horas de Titorías: 4 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 16 Total: 100
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
OBXECTIVOS DA MATERIA
1. Identificar as necesidades específicas de apoio educativo asociadas aos trastornos e dificultades no desenvolvemento e a aprendizaxe, con especial referencia ás súas manifestacións durante a adolescencia.
2. Identificar posibles barreiras e facilitadores para unha educación inclusiva dentro da institución escolar.
3. Coñecer os principios da intervención educativa vinculados cos trastornos e dificultades no desenvolvemento e a aprendizaxe dende un modelo inclusivo e de atención á diversidade.
4. Elaborar propostas de intervención adaptadas ás características e necesidades individuais e contextuais dos adolescentes con trastornos ou dificultades no desenvolvemento e na aprendizaxe.
5. Elaborar propostas de actuación no ámbito da prevención primaria, e dirixidas á sensibilización do conxunto da comunidade educativa.
6. Habituarse á metodoloxía de traballo en equipo, tanto en pequeno grupo durante as clases teóricas coma durante a realización das prácticas.
CONTIDOS
Os contidos estrutúranse ao redor de catro bloques temáticos, dos que o primeiro se dedica a presentar unhas consideracións xerais sobre os trastornos do desenvolvemento e as dificultades na aprendizaxe; o segundo e o terceiro intérnanse nos diferentes trastornos e dificultades que se poden dar na etapa da adolescencia, prestando especial atención ás pautas de intervención en cada un deles; o último fai referencia a outras dificultades de aprendizaxe asociadas a alteracións no desenvolvemento.
BLOQUE I. TRASTORNOS NO DESENVOLVEMENTO E DIFICULTADES NA APRENIDIZAXE: ASPECTOS INTRODUCTORIOS.
TEMA 1. TRASTORNOS NO DESENVOLVEMENTO E DIFICULTADES NA APRENDIZAXE: ASPECTOS INTRODUCTORIOS
- 1.1. TRASTORNOS DO DESENVOLVEMENTO. Evolución do concepto. Análise causal. Principais trastornos do desenvolvemento.
- 1.2. DIFICULTADES NA APRENDIZAXE. Delimitación conceptual. Análise causal. Principais dificultades na aprendizaxe.
BLOQUE II. TRASTORNOS DO DESENVOLVEMENTO.
TEMA 2. TRASTORNOS DO DESENVOLVEMENTO NEUROLÓXICO.
- 2.1. DISCAPACIDADE INTELECTUAL. Concepto e clasificación. Características e limitacións no desenvolvemento. Etioloxía. Pautas básicas de avaliación e intervención.
- 2.2. TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO. Concepto, características descritivas e criterios diagnósticos. Etioloxía. Características da etapa de Educación Secundaria. Principios básicos de intervención.
- 2.3. TRASTORNO DE DÉFICIT DE ATENCIÓN/HIPERACTIVIDADE. Criterios diagnósticos DSM-V. Características na adolescencia. Aspectos relacionados coa intervención.
BLOQUE III. DIFICULTADES NA APRENDIZAXE.
TEMA 3. DIFICULTADES ESPECÍFICAS NA APRENDIZAXE: DISLEXIA, DISGRAFÍA, DISORTOGRAFÍA E DISCALCULIA. Delimitación conceptual. Características. Xeneralidades sobre a intervención psicoeducativa.
BLOQUE IV. OUTRAS DIFICULTADES DE APRENDIZAXE ASOCIADAS A ALTERACIÓNS NO DESENVOLVEMENTO
TEMA 4. DISCAPACIDADE MOTÓRICA: PARÁLISE CEREBRAL E ESPINA BÍFIDA. Concepto e clasificación. Características. Pautas de intervención.
TEMA 5. DISCAPACIDADE SENSORIAL: CEGUEIRA E XORDEIRA. Concepto. Características. Pautas de intervención.
BIBLIOGRAFÍA BASICA
- Mayo, M.E. (2023). Discapacidade Intelectual. Universidade de Santiago de Compostela. https://dx.doi.org/10.15304/9788419679482
- Mayo, M.E. (2023). Trastorno do Espectro do Autismo (TEA). Universidade de Santiago de Compostela. https://dx.doi.org/10.15304/9788419679499
- Mayo, M.E. (2023). Discapacidade motora. Universidade de Santiago de Compostela. https://dx.doi.org/10.15304/9788419679505
- Mayo, M.E. (2024). Discapacidade visual. Universidade de Santiago de Compostela. https://dx.doi.org/10.15304/9788419679857
- Mayo, M.E. (2024). Trastorno por Déficit de Atención/Hiperactividade. Universidade de Santiago de Compostela. https://dx.doi.org/10.15304/9788419679840
- Rivas, R.Mª. y López, S. (2015). Dificultades en el desarrollo y del aprendizaje. Pearson. (eBook en formato PDF).
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
- Acosta, V. y Moreno, A.M. (2007). Dificultades del lenguaje en ambientes educativos: del retraso al trastorno específico del lenguaje. Masson.
- American Psychiatric Association (2022). Diagnostic and statistical manual of mental disorders (5th ed., text rev.). https://doi.org/10.1176/appi.books.9780890425787
- Albertí, M. y Romero, L. (2010). Alumnado con discapacidad visual. Barcelona. Graó.
- Artigas-Pallares, J. y Narbona, J. (2011). Trastornos del neurodesarrollo. Viguera.
- Ávila, V. y cols. (2018). Intervención psicoeducativa en alumnado con necesidades específicas de apoyo educativo. Tirant Humanidades.
- Barón-Cohen, S. (2010). Autismo y síndrome de Asperger. Alianza.
- Bassedas, E. (2010). Alumnado con discapacidad intelectual y retraso del desarrollo. Graó.
- Benítez, J. L. (2014). Aspectos psicoevolutivos asociados al trastorno del espectro autista. En M. D. López-Justicia y M. T. Polo (Coords.), Trastornos del desarrollo infantil, (pp. 119-133). Pirámide.
- Bueno, M. y Toro, S. (2002). Deficiente visión y acción educativa. En R. Bautista (Coord.), Necesidades Educativas Especiales, (pp. 315-340). Aljibe.
- Bolea, E. y Gallardo, A. (2011). Alumnado con dificultades de regulación del comportamiento. Vol II: Secundaria. Graó.
- García-Fernández, J. M., Lozano, M. y Navas, L. (2011). Dificultades de desarrollo y aprendizaje asociadas a la discapacidad motora. En J. L. Castejón y L. Navas (Eds.), Dificultades y trastornos del aprendizaje y del desarrollo en infantil y primaria, (pp. 339-376). ECU.
- González, M. J. (Coord.) (2012). Prevención de las dificultades de aprendizaje. Pirámide.
- Ingles, C. J. (2003). Enseñanza de habilidades interpersonales para adolescentes. Pirámide.
- López, A. y Encabo, E. (2001). Mejorar la comunicación en niños y adolescentes. Pirámide.
- Mendoza, Lara, E. (2016). Trastorno específico del lenguaje (TEL). Avances en el estudio de un trastorno invisible. Pirámide
- Miranda, A. (Coord.) (2011). Manual práctico de TDAH. Síntesis.
- Miranda, A., Vidal, E. y Soriano, M. (2000). Evaluación e intervención psicoeducativa en dificultades de aprendizaje. Pirámide.
- Organización Mundial de la Salud (OMS) (1992). CIE-10. Trastornos mentales y del comportamiento. Décima revisión de la clasificación internacional de las enfermedades. Descripciones clínicas y pautas para el diagnóstico. Meditor (versión española).
- Peñafiel, F. y De Dios Fernández, J. (2000). Cómo intervenir en logopedia escolar. CCS.
- Rivas, R.Mª. y Fernández, P. (2011). Dislexia, disortografía y disgrafía. Pirámide.
- Sánchez, A. (2017). Trastorno del espectro autista. Evaluación, diagnóstico e intervención educativa y familiar. Formación Alcalá.
-Teruel, J. y Latorre, Á. (2014). Dificultades de aprendizaje. Pirámide.
- Verdugo, M. A. y Gutiérrez, B. (2009). Discapacidad intelectual. Adaptación social y problemas de comportamiento. Pirámide.
- Xunta de Galicia (s.f.). Protocolo para la atención educativa del alumnado con Síndrome de Down y/o Discapacidad Intelectual.
- Xunta de Galicia (s.f.). Tratamento educativo do alumnado con trastorno do espectro do autismo (TEA).
- Xunta de Galicia (s.f.). Alumnado con discapacidade motora.
- Xunta de Galicia (s.f.) Alumnado con discapacidade visual.
- Xunta de Galicia (2014). Protocolo de consenso sobre TDAH na infancia e na adolescencia nos ámbitos educativo e sanitario.
- Xunta de Galicia (2019). Protocolo para la intervención psicoeducativa de la dislexia y/u otras dificultades específicas del aprendizaje.
- Xunta de Galicia (2019). Protocolo para la atención educativa al alumnado con discapacidad auditiva.
COMPETENCIAS
BÁSICAS
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade para ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e afrontar a complexidade de formular xuízos baseados en información que, por ser incompleta ou limitada, inclúe reflexións sobre responsabilidades éticas e sociais vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e as razóns últimas que os apoian a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e inequívoco.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan seguir estudando de xeito que será, en gran medida, autodirixido ou autónomo.
XERAIS
CX16 - Traballar en equipo con outros profesionais da educación, enriquecendo a súa formación.
CX17 – Desenvolver hábitos e actitudes para aprender a aprender ao longo do seu posterior desenvolvemento profesional
CX18 – Aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problemas a contornas educativas novas ou pouco coñecidas.
CX19 - Coñecer as características psicopedagóxicas dos alumnos/as para avalialos e emitir os informes necesarios.
CX20 - Coñecer as medidas de atención á diversidade que se poden adoptar para proporcionar o asesoramento necesario en cada caso.
CX22 - Desenvolver as habilidades e técnicas necesarias para poder asesorar adecuadamente ás familias sobre o proceso de desenvolvemento e aprendizaxe dos seus fillos.
CX23 - Identificar os servizos públicos e as entidades comunitarias coas que o centro pode colaborar e promover e planificar, en colaboración co equipo directivo, as accións necesarias para atender mellor aos estudantes.
TRANSVERSAIS
CT1 - Empregar bibliografía e ferramentas de busca de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluído o acceso a Internet.
CT2 - Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecer prioridades, camiños alternativos e identificar erros lóxicos na toma de decisións.
ESPECÍFICAS
CE19 – Asesorar e colaborar co profesorado na revisión e mellora dos procesos de ensino e aprendizaxe e de avaliación, e poñelos en práctica en caso de impartir algunha materia do currículo.
CE20 – Asesorar e colaborar cos docentes e, en especial, cos titores, no acompañamento ao alumnado nos seus procesos de desenvolvemento, aprendizaxe e toma de decisións.
CE21 - Guiar aos alumnos/as no seu coñecemento persoal, na definición e axuste progresivo dun proxecto de vida e na adopción de decisións académicas e profesionais, de xeito que todo isto facilite a súa inserción laboral.
CE28 - Coñecer e valorar as técnicas de diagnóstico psicopedagóxico.
CE29 - Avaliar as intervencións realizadas e derivar cambios para melloralas.
CE30 - Saber aplicar programas preventivos de ámbito sociocomunitario.
CE33 - Identificar as barreiras e os facilitadores dunha educación inclusiva tanto na escola como no resto de contextos que inflúen no desenvolvemento e na educación do alumnado.
CE34 - Deseñar e implementar, en colaboración coa comunidade escolar, medidas de atención á diversidade que garantan a presenza, participación e aprendizaxe de todo o alumnado.
CE35 - Realización de avaliacións psicopedagóxicas e, no seu caso, elaboración de informes diagnósticos e opinións de matrícula escolar para alumnos/as con necesidades específicas de apoio educativo.
CE36 - Identificar as necesidades específicas de apoio educativo asociadas á discapacidade, trastornos do desenvolvemento, dificultades de aprendizaxe, alta capacidade e factores socioculturais.
CE37 - Deseñar e implementar, utilizando os recursos do sistema de orientación, intervencións de apoio para todos o alumnado que o requira, no marco do Plan de atención á diversidade.
CE38 - Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a alumnos/as con diferentes capacidades e diferentes ritmos de aprendizaxe.
METODOLOXÍA DE ENSINANZA
Coa finalidade de axustarse aos contidos teórico-prácticos da materia, a metodoloxía docente incluirá tanto técnicas expositivas como procedemento didáctico básico de presentación, transmisión e explicación dos contidos teórico-prácticos, como técnicas de debate dirixido propias das clases participativas para a realización de traballos autónomos -lectura anticipada de materiais, elaboración de temas, glosarios e estudos de caso- e para os traballos en grupo -posta en común de temas, glosarios e casos-.
Para facilitar as explicacións dos contidos teóricos, o alumnado disporá das presentacións realizadas para cada un dos temas, incluíndo as referencias bibliográficas que se recomendan consultar para cada un deles.
Nas clases expositivas presentaranse os contidos da materia, proporcionando unha visión organizada e integrada dos distintos enfoques e modelos explicativos dos trastornos fundamentais do neurodesarrollo. A continuación, abordaranse cada un dos trastornos, pondo especialmente a énfase nas discapacidades intelectuais, o trastorno do espectro autista e as dificultades na aprendizaxe, tendo en conta a incidencia e o contexto curricular da materia, complementando ditas explicacións con materiais audiovisuais diversos.
Para a realización das clases interactivas, facilitaráselle ao alumnado, o material necesario para a realización das distintas prácticas.
Nas clases interactivas realizaranse actividades de carácter práctico e aplicado (estudo de casos, elaboración de casos, análises de programas de intervención) vinculadas aos contidos teóricos estudados, fomentando, particularmente, a aprendizaxe autónoma e cooperativa, así como a toma de decisións. Tamén se tratará de fomentar a implicación do alumnado en debates dirixidos a promover o pensamento crítico.
As titorías serán mixtas: presenciais (50%) e virtuais (50%).
SISTEMA DE AVALIACIÓN DA APRENDIZAXE
A avaliación da materia inclúe os seguintes aspectos:
1. Avaliación de coñecementos sobre os contidos explicados e traballados nas clases expositivas e interactivas mediante a realización dun exame final tipo test. A cualificación deste suporá o 60% da cualificación final. Para superar o exame, debe obterse un mínimo de 4 (sobre 6) para que se lle poidan sumar o resto de cualificacións obtidas a través de traballos individuais varios e os realizados en grupo.
O exame realizarase ao final do cuadrimestre. O contido do exame inclúe tanto cuestións relativas ao contido das clases expositivas, ás lecturas recomendadas, como ás clases interactivas.
2. TAREFAS GRUPAIS: Un 40% (4 puntos) da nota final provirá dos resultados das distintas tarefas de carácter grupal (máx. 5 alumnos/as grupo) que se farán nas clases interactivas. Estas tarefas poderán consistir en tarefas de procura bibliográfica, detección e análise de síntomas, realización de informes, propostas de intervención… A realización e entrega destas tarefas é OBRIGATORIA para superar a materia, debendo ter un mínimo de 2 puntos para que se poida sumar ao resto das puntuacións. Deberanse entregar todas as tarefas dentro dos prazos indicados. Entregalas dentro das 24horas posteriores ao prazo indicado suporá unha penalización do 25% da nota. Non se admitirá, e por tanto non se puntuarán, as tarefas cun atraso maior, o que implicará o suspenso nesta parte a materia.
En caso de non superar a puntuación mínima nas tarefas grupais da avaliación continua, na 2ª oportunidade o alumnado deberá entregar na data que se determine para a realización do exame oficial, aquela tarefa ou tarefas que se determinen.
A ASISTENCIA será un requisito indispensable nesta parte da materia (clases interactivas), debendo asistir o alumnado, como mínimo, ao 80% das sesións interactivas. No caso de que non se poida asistir, só se xustificarán as faltas debidamente acreditadas, para o que se terá en conta a normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao espazo europeo de educación superior (USC). As faltas de asistencia debidas a situacións dificilmente xustificables (nas que non conste o preciso documento acreditativo) penalizarán sobre a puntuación das tarefas grupais aumentando a súa penalización progresivamente e da seguinte forma: primeira falta -0,25 puntos, segunda falta -0,5 puntos, terceira falta -1 punto… cuarta falta -2 puntos, de xeito que máis de 4 faltas sen xustificar suporá un 0 nas tarefas grupais. Por tanto, con 3 faltas sen xustificar será moi difícil superar esta parte da materia e 4 ou máis faltas suporá o suspenso nas tarefas grupais.
A cualificación de “Non presentado” darase tan só a aqueles estudantes que non fixeran ningunha das actividades propostas na avaliación continua. Nese caso, para aprobar a materia so terían a opción de presentarse á oportunidade extraordinaria de xullo, facendo un exame que puntuará sobre 6 puntos e no que terían que obter un 5/6 para aprobar a materia, sen poder sumarlle ningunha outra puntuación, xa que non a teñen.
Os estudantes con exención/dispensa de asistencia deberán informar ao profesorado na mesma semana que solicitan a súa exención/dispensa para especificar o seu plan de traballo e a avaliación específica da materia. O procedemento de avaliación, tendo en conta as características temporais do alumnado, seguirá as condicións xerais de avaliación da materia: un exame final tipo test, cuxa nota representa o 60% da nota final, tendo que obter un mínimo de 4 (sobre 6) para poder sumar as cualificacións obtidas no traballo individual; ademais, deben realizar diversas actividades individuais, que terán un peso do 40% na nota final.
O plan de avaliación específico implica o seguimento dos alumnos/as en titorías virtuais programadas (mínimo 3), sendo o alumno/a o que debe solicitalas.
TEMPO DE ESTUDO E DE TRABALLO PERSOAL
Actividades presenciais:
1. Gran grupo: 12 horas
- Clases expositivas
- Presentación de material de apoio audiovisual
- Debates guiados
2. Grupo reducido (seminario): 16 horas
- Lectura e discusión de documentos
- Estudo de casos
- Presentacións orais de temas escollidos
- Análise de programas de intervención
- Deseño de propostas a partir de supostos prácticos
3. Pequeno grupo (titorías): 4 horas
TOTAL HORAS PRESENCIAIS: 32 horas
Actividades non presenciais: horas de traballo autónomo do estudante
- Estudo, lectura e elaboración de traballos
- Busca de información
- Resolución de casos prácticos
- Preparación de presentacións orais, debates, etc.
TOTAL HORAS NON PRESENCIAIS: 68
RECOMENDACIÓNS PARA O ESTUDIO DA MATERIA
Para un seguimento axeitado da materia e o estudio da mesma recoméndase:
1. Asistencia e implicación activa na dinámica de clase desde o comezo da mesma.
2. Realización e entrega puntual dos traballos.
3. Dominio básico da lingua inglesa.
4. Posuír certos rudimentos informáticos como o manexo dun procesador de textos e de Internet.
OBSERVACIÓNS
1. Responsabilidade medioambiental. Se o/a docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
o Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
2. Perspectiva de xénero:
o Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
3. Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
4. Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
5. Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
6. Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o alumnado matriculado na materia.
7. Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Maria Emma Mayo Pais
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813773
- Correo electrónico
- emma.mayo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Xoves | |||
16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
08.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
24.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |