Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 41 Clase Interactiva: 8 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
- Aplicar os mecanismos da transmisión de calor ao plantexamento e resolución de problemas.
- Coñecer os distintos tipos de equipas que se utilizan para a transmisión de calor na industria.
- Saber escoller un intercambiador de calor para unha determinada aplicación e saber dimensionalo.
- Introdución. Equipos para a transmisión de calor.
- Métodos de diseño básicos para intercambiadores de calor.
- Intercambiadores de calor de tubos: doble tubo y carcasa y tubos.
- Intercambiadores de calor de placas.
- Intercambiadores con cambio de fases: Condensadores y Evaporadores.
- Outros intercambiadores de calor.
A) Básica:
- KAKAÇ, S. e LIU, H., 2002. Heat exchangers: selection, rating and thermal design. 2ªed. Florida: CRC Press. ISBN 0-8493-0902-6. Referencia: QUT 216 e QUT 217
- KERN, D.Q, 2007. Procesos de transmisión de calor. México: Grupo Editorial Patria. ISBN 9789682610400. Referencia: QUT 366 e QUT 367
B) Complementaria:
- BRANAN, C.R., 2000. Soluciones prácticas para el ingeniero químico. 2ªed. México: McGraw-Hill. ISBN 970-10-2733-7. Referencia: QUT 333 a QUT 336
- ÇENGEL, Y.A., 2004. Transferencia de calor. 2ª ed. México: McGraw-Hill. ISBN 970-10-4484-3. Referencia: ICL 37
- HOLMAN, J.P., 2000. Transferencia de calor. 8ª ed. Madrid: McGraw-Hill, Interamericana de España, D.L. ISBN 84-481-2040-X Referencia: FIS 476 1 y FIS 478 1
- INCROPERA, F.P. e DE WITT, D.P., 1999. Fundamentos de Transferencia de Calor. 4ª ed. México: Prentice Hall Hispanoamérica. ISBN 970-17-0170-4. Referencia: FIS 285 e FIS 495
- JIMÉNEZ-GUTIÉRREZ, A., 2006. Diseño de procesos en ingeniería química. Barcelona: Reverté. ISBN 84-291-7277-7; 968-6708-51-0. Referencia: QUT 404
- KREITH, F., BOHN, M.S. e MANGLIK, R.M., 2012. Principios de transferencia de calor. 7ª ed. México: Cengage Learning. ISBN: 9786074816150 Referencia: QUT 300 e QUT 416
- MARÍN, J.M. e GUILLÉN, S., 2013. Diseño y cálculo de intercambiadores de calor monofásicos. Madrid: Paraninfo D.L. ISBN 978-84-283-0438-2. Referencia: QUT 391 e QUT 392
- SHAH, R.K. e SEKULIC, D.P., 2003. Fundamentals of heat exchanger design. New Jersey: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-32171-0. Referencia: QUT 403
- SINNOTT, R. e TOWLER, G., 2012. Diseño en Ingeniería Química. 5ª ed. Barcelona: Reverté. ISBN 9788429171990. Referencia: QUT 398 a QUT 401 e QUT 410
Básicas e Xerais:
CB2 - Que os estudantes podan aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que poden demostrarse a través da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB4 - Que os alumnos podan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
CG4 - Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, pensamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da Enxeñaría Industrial na especialidade de Química Industrial.
CG10 - Capacidade de traballar nun entorno multilingüe e multidisciplinar.
Transvesais:
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 – Capacidade para usar aplicacións informáticas no ámbito da Enxeñaría Industrial.
CT3 - Capacidade para xestionar a información.
CT4 - Capacidade para traballar en equipo.
Específicas:
CE7* - Coñecementos de termodinámica aplicada e transmisión de calor. Principios básicos e a súa aplicación á resolución de problemas de enxeñaría.
(*adquirida como un todo con outras materias da titulación)
A consecución dunha formación básica do estudante será mediante 41 horas de docencia expositiva, onde explicaranse os fundamentos teóricos da materia e resolveranse exercicios e problemas que sirvan para aplicar os coñecementos teóricos.
Dende o comezo das clases, os estudantes terán á súa disposición no Campus Virtual todos os materiais empregados para a docencia, agás os que forman parte do sistema de avaliación.
Nos seminarios (8 horas), o estudante resolverá na aula temas e problemas específicos da materia. Así, poderanse abordar aspectos moi diversos como técnicas auxiliares de cálculo, debates de temas de interese relacionados cos contidos da materia, e manexo de fontes bibliográficas,
Os estudantes deberán facer, obrigatoriamente, un Traballo en Grupo, consistente no deseño dun intercambiador de calor.
Haberá titorías individuais para clarexar problemas particulares de cada alumno e titorías con grupos reducidos (2 horas).
Usaranse ferramentas informáticas de apoio á docencia e para resolución de problemas. Ademais usarase como apoio o Campus Virtual da USC.
Só os estudantes que non participen en ningunha das actividades de avaliación poderán recibir a nota final de Non Presentado.
*Escenario 1:
A)-PRIMEIRA OPORTUNIDADE:
A avaliación realizarase mediante Avaliación Continua (40%) máis un Exame Final (60%).
*A1)-Avaliación continua, a cualificación mínima exixida será de 1,6 puntos e constará de duas seccións:
1º)-Traballo en Grupo: obrigatorio e asíncrono, pódense obter ata 2,0 puntos. Competencias avaliadas: CB2, CB4, CG4, CT1, CT2, CT3, CT4, CE7.
2º)-Actividades na aula (seminarios): voluntarias e síncronas, pódense conseguir ata 2,0 puntos. Competencias avaliadas: CB2, CB4, CG4, CT1, CT3 e CE7
Os estudantes que non acaden a cualificación mínima requirida recibirán unha cualificación final de Suspenso e serán avaliados na segunda oportunidade segundo o detallado na sección (B2).
Os estudantes repetidores que por vontade propia renuncien á avaliación continua, se a superaron nalgún dos dous cursos anteriores podrán optar por ser avaliados na Segunda Oportunidade tal e como se detalla no apartado (B2).
*A2)-Exame Final, obrigatorio e síncrono. Competencias avaliadas: CB2, CB4, CG4, CT3 e CE7. Farase en dúas partes coas seguintes características:
1ª)-Parte Teórica: pódense conseguir ata 1,5 puntos; cualificación mínima requirida 0,6 puntos.
2ª)-Parte Práctica: pódense conseguir ata 4,5 puntos; cualificación mínima requirida 1,8 puntos.
É obrigatorio acadar a cualificación mínima requirida en cada unha das partes para superar a materia, e ademáis acadar unhna cualificación global de polo menos 5,0 puntos.
B) - SEGUNDA OPORTUNIDADE:
*B1)-Os estudantes que obtivesen a cualificación mínima requirida na Avaliación Continua conservarán esa cualificación e realizarán un Exame Final coas mesmas características que na primeira oportunidade de avaliación (A2).
*B2)-Os estudantes que non alcanzaron a nota mínima requirida na Avaliación Continua perderán esa cualificación e deberán realizar un Exame Final, de natureza síncrona, que se realizará en dúas partes coas seguintes características:
1ª)-Parte Teórica: pódense conseguir ata 2,0 puntos; nota mínima requirida 0,8 puntos.
2ª)-Parte Práctica: pódense conseguir ata 8,0 puntos; nota mínima requirida 4,2 puntos.
Competencias avaliadas: CB2, CB4, CG4, CT3 e CE7. É obrigatorio acadar a cualificación mínima requirida en cada unha das partes para superar a materia.
O estudante debe levar ao día a materia para poder entender e realizar posteriormente as cuestións e os problemas que se establezan na clase, así como os traballos en grupo.
Con todo estímase que o estudante deberá empregar un total de 95 horas de traballo persoal para completar un total de 150 horas dedicadas á materia (40 horas para a docencia expositiva, 38 horas para os seminarios, 2 horas para as titorías e 15 horas para o exame).
É recomendable ter cursado previamente as materias Enxeñaría Química I e Enseñaría Química II.
O estudante deberá realizar por la súa conta os exercicios prácticos, tanto os resoltos na aula como os propostos como traballo persoal.
É necesario saber manexar a folla de cálculo Excel ou similares.
A materia impartese nos dous idiomas oficiais da comunidade autónoma.
Eugenio Fernandez Carrasco
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- eugenio.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 1P AULA 3 PRIMEIRA PLANTA |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 1P AULA 3 PRIMEIRA PLANTA |
19.12.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 2 PRIMEIRA PLANTA |
18.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 2 PRIMEIRA PLANTA |