Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica, Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Teoría e Historia da Educación, Antropoloxía Social
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Conceptuais (saber):
- Coñecer, analizar e valorar os alicerces nos que se apoia a sociabilidade e a educabilidade do ser humano.
- Coñecer unha óptica intercultural que propicie o distanciamento crítico dos modelos culturais dominantes, así como propostas inclusivas e non discriminatorias, que tomen en consideración os contextos tanto local como global na comprensión da infancia, da educación e dos distintos modelos familiares.
- Comprender a infancia, a familia e a escola, así como as súas interrelacións, como construcións socioculturais suxeitas a unha gran variabilidade histórica e cultural, desde unha perspectiva pedagóxica e antropolóxica.
- Entender a variedade de factores, históricos, políticos, económicos e culturais que determinan estas variacións e coñecer distintas manifestacións da diversidade, facendo fincapé no compromiso coa diversidade étnica e cultural, sexo/xenérica, a diversidade na infancia e a diversidade familiar.
- Coñecer, analizar e valorar as implicacións e demandas mutuas que se establecen no seo do triángulo escola-familias-sociedade.
- Coñecer estratexias de titoría coas familias e co alumnado de educación infantil.
Procedimentais (saber facer):
- Extraer coñecemento que oriente a praxe docente, a partir da análise desde o punto de vista antropolóxico, histórico e pedagóxico, do triángulo escola-familias-sociedade.
- Aplicar actividades de titoría co alumnado de educación infantil e coas súas familias.
- Presentar traballos académicos de calidade universitaria, tanto na cuestión de forma como na de contido, tanto oralmente como por escrito, conforme criterios que se lle ofrecerán ao alumnado.
- Acadar e demostrar, por parte do alumnado, competencia en lingua galega, por formar parte esta materia do proxecto CompetenteS, impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade.
Actitudinais (saber ser):
- Promover hábitos de comportamento democrático (capacidade de diálogo razoado, respectuoso e sereno; capacidade de información, de crítica e de rendemento público de contas; etc.) para, a partir de aí, fomentar unha educación democrática da cidadanía contextualizada no territorio, con atención especial á igualdade de xénero (e contra os modelos de masculinidade tóxica), ao respecto dos dereitos humanos e ao desenvolvemento dunha actitude crítica, participativa e responsable respecto dos problemas da sociedade actual.
- Adquirir compromisos como futuros/as docentes coa infancia, co servizo público á sociedade e ás familias, e coa innovación pedagóxica.
Tema 1. Familia, escola e infancia: tipoloxías e evolución histórica.
Tema 2. Actividades de orientación e titoría relativas ao escenario familiar na educación infantil.
Tema 3. Deseño de plans de acción titorial nos centros de educación infantil e o seu impacto nas familias.
Tema 4. A natureza cultural do ser humano. Cultura, sociedade e aprendizaxe.
Tema 5. Antropoloxías da infancia e da familia: variabilidade en canto construcións socio-culturais.
Tema 6. A visión intercultural da infancia, da familia e da escola.
Bibliografía básica:
Castro, Xavier (2008). Historia da infancia na Galicia contemporánea. Minius, 16, 63-101. En http://minius.webs.uvigo.es/docs/16/3.pdf
Delgado, Buenaventura (1998). Historia de la infancia. Barcelona: Ariel.
Garreta, Jordi (ed.) (2007). La relación familia-escuela. Lleida: Universitat de Lleida.
Kottak, Conrad Ph. (2002). Antropología cultural. Madrid: McGraw Hill.
Malgesini, Graciela e Giménez, Carlos (2000). Guía de conceptos sobre migraciones, racismo e interculturalidad. Madrid: Catarata.
Méndez, Laura e outros (2007). La tutoría en educación infantil. Barcelona: CissPraxis.
Bibliografía complementaria:
Ariès, Philippe (1992). El niño y la vida familiar en el Antiguo Régimen. Madrid: Taurus.
Boivin, Mauricio, Rosato, Ana e Arribas, Victoria (2004). Construtores de Otredad. Una introducción a la Antropología Social y Cultural. Bos Aires: Eudeba.
Borrás, José M. (ed.) (1996). Historia de la infancia en la España contemporánea, 1834-1936. Madrid: MTSS.
Carmona, José, García-Ruiz, Marta, Máiquez, M. Luisa e Rodrigo, María J. (2019). El impacto de las relaciones entre la familia y la escuela en la inclusión educativa de alumnos de etnia gitana. Una revisión sistemática. Multidisciplinary Journal of Educational Research, 9(3), 319-348. En 10.4471/remie.2019.4666
De Mause, Lloyd (ed.) (1994). Historia de la infancia. Madrid: Alianza.
El Aaddam, Safia (2022). Hija de inmigrantes. Barcelona: Penguin Random House.
Gallego, Sofía e Riart, Joan (2006). La tutoría y la orientación en el siglo XXI: nuevas propuestas. Barcelona: Octaedro.
Garreta, Jordi (2015). La comunicación familia-escuela en Educación Infantil y Primaria. Revista de la Asociación de Sociología de la Educación, 8, 1, 71-85. En https://www.academia.edu/10438098/Garreta_J._La_comunicaci%C3%B3n_famil…
Llevot, Núria e Bernad, Olga (2015). La participación de las familias en la escuela: factores clave. Revista de la Asociación de Sociología de la Educación, 8, 1, 57-70. En https://ojs.uv.es/index.php/RASE/article/view/8761
Monge, M. Concepción (2009). Tutoría y orientación educativa: nuevas competencias. Madrid: Wolters Kluwer.
Oca, Luzia (2006). La dialéctica de la inclusión versus exclusión de l@s inmigrantes: retórica y realidad. En Miguel A. Santos (ed.) Estudios sobre flujos migratorios en perspectiva educativa y cultural. Granada: Grupo Editorial Universitario, 171-191.
Spindler, George D. (2006). La transmisión de la cultura. En H.M. Velasco e outros (eds.) Lecturas de Antropología para educadores. Madrid: Trotta, 205-241.
Xerais:
G.3 Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan as singulares necesidades educativas das e dos estudantes, a igualdade de xénero, a equidade e o respecto aos dereitos humanos.
G.4 Fomentar a convivencia na aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
G.5 Reflexionar en grupo sobre a aceptación de normas e o respecto ás/aos demais. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira infancia.
G.7 Coñecer as implicacións educativas das tecnoloxías da información e a comunicación e, en particular, da televisión na primeira infancia.
G.10 Actuar como orientador/a de pais e nais en relación coa educación familiar no período 0-6 e dominar habilidades sociais no trato e relación coa familia de cada estudante e co conxunto das familias.
G.12 Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan os colexios en educación infantil e as/os seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos.
Básicas:
B.2 Que as e os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B.3 Que as e os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4 Que as e os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Transversais:
T.1 Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
T.2 Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3 Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
Específicas:
E.10 Crear e manter lazos de comunicación coas familias para incidir eficazmente no proceso educativo.
E.11 Coñecer e saber exercer as funcións de titor/a e orientador/a en relación coa educación familiar.
E.12 Promover e colaborar en accións dentro e fóra da escola, organizadas por familias, concellos e outras institucións con incidencia na formación cidadá.
E.14 Coñecer a evolución histórica da familia, os diferentes tipos de familias, de estilos de vida e educación no contexto familiar.
As actividades presenciais en grupo completo (24 horas) están concibidas para desenvolver, aclarar e comentar os contidos da materia que ofrecen unha maior dificultade de comprensión, con especial incidencia nos aspectos básicos e máis relevantes, ao tempo que se resolven os problemas de aprendizaxe iniciais que poden presentar os/as estudantes, que deberán empregar 35 horas de estudo autónomo para dominar os fundamentos da materia. O profesorado utilizará varias técnicas expositivas e o estudantado realizará os exercicios que se indiquen de acordo cos contidos tratados.
As actividades en grupo máis reducido (24 horas) desenvolveranse no marco de métodos como a discusión, o debate, o comentario de documentos ou a exposición de traballos, o que esixirá 45 horas de traballo persoal do alumnado, co fin de fomentar unha aprendizaxe autónoma, cooperativa e que permita mellorar a capacidade de exposición pública dos resultados dos traballos realizados (comunicación oral). Con iso propiciarase a adquisición por parte do alumnado das competencias ligadas ao pensamento crítico, ao uso da lingua galega, ás tecnoloxías da información e a comunicación e demais competencias sinaladas.
Ben sexa con actividades ofrecidas de partida polos propios docentes, ben sexa por iniciativa do estudantado, as alumnas e os alumnos serán atendidos polos profesores nas 3 horas establecidas de titorías de materia (e secundariamente no horario de titorías académicas de despacho), e en grupos moi reducidos co obxectivo de orientar mellor o seu traballo e a súa aprendizaxe, e polo tanto para asegurar tamén a consecución de todas as competencias arriba sinaladas para a materia, o que esixirá a maiores 19 horas de traballo autónomo do alumnado.
Alén das competencias ordinarias, considéranse tamén as competencias xenéricas (competencia de comunicación oral e escrita; análise, síntese e pensamento crítico; competencia informática e informacional; traballo en grupo), que poderán ser obxecto dun programa de formación específico que o profesorado do grao compartirá no seu momento co alumnado. Nese programa incluiranse “actividades interdisciplinares e complementarias” diversas, que terán a mesma obrigatoriedade que calquera outra actividade presencial da materia, e serán consideradas convenientemente na súa avaliación. A este respecto merece especial atención o curso “Competencia informática e informacional” da Biblioteca Universitaria, que o alumnado debe realizar, e cuxos resultados serán valorados tamén nesta materia.
Na medida en que o permitan os orzamentos do centro e a situación sanitaria, faranse co alumnado unha ou varias viaxes pedagóxicas (“prácticas de campo”) a lugares de interese para a materia (Museo Pedagóxico de Galicia en Santiago de Compostela, Centro Educativo Santo Anxo de Rábade, Sotavento en Xermade, Centros Penitenciarios de Bonxe ou Monterroso, escolas rurais da provincia de Lugo, Museo-Escola Unitaria de Muimenta-Cospeito, CPI de Castroverde, CEIP Mosteiro de Caaveiro das Neves-A Capela, Meniñeiros-Escola Waldorf de Friol, Museo Etnolúdico de Galicia en Ponteceso etc.), que se aproveitarán para afianzar directamente e in situ os contidos dos temas traballados ata ese momento nas sesións presenciais da materia. Informarase ao respecto no seu momento.
Esta materia e o seu corpo docente participan no proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade, co perfil de galego. Por iso o profesorado desenvolverá en lingua galega a docencia da materia (expositiva, interactiva e titorial) e todas as actividades ligadas a ela, á marxe de que parte dos textos escritos que o alumnado deberá ler puidesen ofrecerse noutra lingua. O alumnado, pola súa parte, tamén interactuará co profesorado normalmente na lingua de perfil da materia, tanto a nivel oral como escrito, tanto nas clases como nas titorías, tanto en actividades presenciais como telemáticas ou non presenciais, tanto se son síncronas como asíncronas.
Precisamente para facilitar o acceso permanente do alumnado aos textos e outros materiais que utilizarán os docentes para o desenvolvemento dos contidos da materia, abrirase un curso ao respecto dentro do Campus Virtual da USC. En todo caso o profesorado controlará a asistencia do alumnado a todas as sesións presenciais da materia.
ALUMNADO EN PRIMEIRA MATRÍCULA. A adquisición das competencias desta materia valorarase a través das catro actividades de aprendizaxe e exercicios de avaliación que se concretan a continuación, baseadas no principio de avaliación continua:
1. Participación e implicación: ata 2,0 puntos (competencias que se avalían: G.4, G.5; B.2, B.4; T.2, T.3; E.10). Ao ser a USC unha universidade presencial, os seus Estatutos determinan a obriga do alumnado de asistir a clase; ademais, a memoria do título especifica que a asistencia debe ser do 80% como mínimo. Neste sentido, no presente apartado non se valora a asistencia ás clases (xa que, como acabamos de sinalar, trátase dunha obriga e dun requisito avaliativo) senón a participación construtiva e a implicación activa do alumnado en todas as actividades da materia, especialmente nas sesións interactivas e titoriais. Por suposto, o alumnado que non acade un mínimo de asistencia a clases do 80% do total de horas de presencialidade da materia, recibirá neste apartado unha puntuación de 0 puntos.
2. Presentacións orais: ata 2,0 puntos (competencias que se avalían: G.10; B.2, B.3, B.4; T.2, T.3; E.10). Cada estudante terá a oportunidade de realizar cando menos unha exposición ao longo do semestre fronte ás súas compañeiras e compañeiros na aula, respecto dunha temática (ou duns textos) que con varios días de antelación os docentes teñan posto á súa disposición. As condicións concretas baixo as que deberán realizarse as exposicións orais serán detalladas oportunamente na aula. O alumnado que non acade un mínimo de asistencia a clases do 80% do total de horas de presencialidade da materia, recibirá neste apartado unha puntuación de 0 puntos.
3. Informes escritos e outras producións: ata 3,0 puntos (competencias que se avalían: G.3, G.7; B.3, B.4; T.1, T.2, T.3; E.12, E.14). Á marxe de pequenas actividades que os docentes pidan na aula de día en día, o alumnado elaborará un traballo en grupo. Nas primeiras sesións de clase do semestre informarase convenientemente ao alumnado da natureza, orientación e condicións deste traballo. O alumnado que non acade un mínimo de asistencia a clases do 80% do total de horas de presencialidade da materia, recibirá neste apartado unha puntuación de 0 puntos.
4. Probas específicas: ata 5,0 puntos (competencias que se avalían: G.3, G.12; B.2, B.3, B.4; T.2; E.11, E.14). Haberá unha proba final obrigatoria para todo o alumnado. Toda a actividade que se desenvolva nas sesións presenciais da materia (máis os documentos achegados polos docentes para o estudo non presencial por parte do alumnado), serán considerados de partida como contidos sometidos a avaliación na proba final da materia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido no documento da USC “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Con carácter xeral, nas primeiras sesións de clase do semestre os docentes ofrecerán con detalle e concreción as orientacións necesarias respecto de cada un dos criterios e instrumentos de avaliación da materia.
En todo caso xa se avanza que, en virtude da participación desta materia no proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade (co perfil de galego), e coa intención de que o profesorado poida polo tanto avaliar o dominio por parte do alumnado da competencia T.2 da USC (“Coñecemento instrumental da lingua galega”, tanto a nivel oral como escrito), as e os estudantes normalmente presentarán en galego tanto as súas exposicións orais como os traballos escritos da materia. Paralelamente seranlles valoradas no apartado “participación e implicación” as súas intervencións en galego.
PROBA FINAL. Trátase do exercicio obrigatorio final da materia, cun valor máximo de 5 puntos. Consiste nunha proba obxectiva de 50 preguntas con catro alternativas de resposta para cada unha, das que só unha se dará por válida en cada pregunta (a valoración final da proba será o resultado da multiplicación do número de respostas atinadas por 0,1 puntos; as preguntas non respondidas ou respondidas erroneamente non penalizan na puntuación final). Entenderase que se supera este exercicio cando se acada (ou se excede) un determinado número mínimo de acertos. O número mínimo de acertos esixible, así como a duración da proba, son dúas informacións que se lle comunicarán ao alumnado no seu momento, e ambas poden ser diferentes entre as oportunidades de xaneiro e de xuño.
CUALIFICACIÓN FINAL. Virá definida polo sumatorio acadado reunindo todas as cualificacións parciais obtidas ao longo do semestre, incluíndo a da proba final, en virtude da seguinte progresión:
• Entre 0,0 e 4,9 puntos: suspenso.
• Entre 5,0 e 6,9 puntos: aprobado.
• Entre 7,0 e 8,9 puntos: notable.
• Entre 9,0 e 10,0 puntos: sobresaliente.
• Entre 10,1 e 12,0 puntos: a nota neste caso limitarase a 10 puntos, pero o alumnado en cuestión automaticamente convértese en candidato para a mención “matrícula de honra”. Concederanse tantas matrículas de honra como haxa dispoñibles, priorizando sempre o alumnado candidato que tivera acadado as maiores puntuacións.
Por encima de todas as casuísticas anteriores, para aprobar a materia o alumnado necesariamente deberá ter superado a proba final obrigatoria. De non a superar, a cualificación final máxima que podería recibir na materia sería de 4,0 puntos (suspenso).
FALTAS DE ASISTENCIA. As actividades de avaliación desta materia están pensadas para alumnado que asiste normalmente a clases (o alumnado que non pode asistir sempre ten á súa disposición a posibilidade de solicitar a dispensa de asistencia, e polo tanto queda fóra da avaliación continua). Por iso, e tendo en conta que a asistencia é unha obriga do alumnado, non se valora na avaliación.
Controlarase a asistencia en todas as sesións presenciais da materia a través de un dos seguintes procedementos: ou sinaturas do alumnado asistente nunha listaxe en papel, ou chamada polo nome de cada estudante por parte da/do docente.
Días despois da proba final da materia, unha vez que o docente fai públicas as listaxes de avaliación provisionais (e antes de que “peche” as listaxes definitivas), no hipotético caso de que un alumno ou alumna superase o 20% de inasistencia permitida, poderá presentarlle ao profesor os documentos xustificativos das súas faltas, para que este puidera eventualmente tomalas en consideración, para o caso de “presentacións orais” e “informes escritos”, pero nunca para o apartado de “participación e implicación” que, pola súa propia natureza, esixe asistir a clase (máxime se temos en conta que a puntuación deste apartado -ata 2 puntos- concédese por encima dos 10 puntos habituais da avaliación de calquera materia). Non é necesario presentar esta documentación durante o período de clases, pero si ir gardándoa por se chegado o momento, e como xa se sinalou, a/o estudante precisase ofrecerlla ao docente a inicios de febreiro.
Só se recoñecerán como faltas xustificadas aquelas que veñan adecuadamente documentadas e figuren entre as casuísticas recoñecidas no acordo do Consello de Goberno da USC de 25 de marzo de 2010 “polo que se aproba a normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES”.
ALUMNADO EN SEGUNDA OPORTUNIDADE. Ao estarmos a falar dunha avaliación continua, o alumnado que precisase acudir á oportunidade de xuño só terá dereito a realizar a proba final, e manteránselle nos restantes apartados as cualificacións obtidas no primeiro semestre, sexan as que sexan. Non se admitirán novos traballos ou exposicións para a oportunidade de xuño.
ALUMNADO EN SEGUNDA E POSTERIORES CONVOCATORIAS. Dispón de tres posibilidades:
1. Implicarse na materia comezando “de cero”, acudindo a todas as clases durante todo o semestre e facendo todos os exercicios e probas, exactamente igual que se fose de primeira matrícula.
2. Acudir á proba final da materia, que será o único exercicio de avaliación que se lle tería en conta (neste caso o valor máximo da proba sería de 10 puntos, pero co mesmo número mínimo de acertos esixibles ao alumnado de primeira matrícula).
3. Acudir á proba final da materia (nas mesmas condicións que o alumnado de primeira matrícula), pero recuperando as cualificacións acadadas nos restantes exercicios de avaliación, correspondentes ao curso en que a/o estudante en cuestión asistiu ordinariamente ás clases.
Por defecto, o profesorado entenderá sempre que o alumnado de segunda e posteriores convocatorias opta pola terceira das opcións. No caso de que desexara optar pola primeira ou pola segunda opcións, será a alumna ou alumno en cuestión quen llo deberá comunicar ao profesorado por correo-e no mes de setembro. En calquera dos casos, o alumnado sempre terá dereito a acudir ás sesións de clase que desexe, á proba final, e por suposto a facer uso do servizo de titorías do profesorado.
ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA. Deberá remitirlle ao profesorado, e canto antes, o documento acreditativo da súa dispensa. Para aprobar a materia unicamente deberá superar, sexa en 1ª ou 2ª oportunidade e en calquera convocatoria, unha proba final na que se valorará o dominio de todos os contidos traballados na materia, tanto nas sesións expositivas como nas interactivas. Será unha proba semellante á do alumnado habitual, pero coas seguintes diferenzas: 1) constará de 20 preguntas máis (70 en total); 2) tanto o tempo máximo de resposta da proba, como o número mínimo de respostas acertadas necesarias para superala, serán máis elevados (estas dúas informacións concretaranse no seu momento); e 3) a multiplicación de cada resposta acertada será por 0,143 puntos (polo que a puntuación máxima posible a acadar na proba será 10 puntos). Por suposto, este alumnado sempre terá dereito a acudir ás sesións de clase que desexe, e a facer uso do servizo de titorías do profesorado.
ALUMNADO CON DIVERSIDADE FUNCIONAL. O alumnado que presente calquera tipo de diversidade funcional que lle dificulte a asistencia e/ou o seguimento diario normal da materia, debe poñerse en contacto co profesorado á maior brevidade, quen terá en consideración a súa situación sempre que veña certificada a través de documento expedido polo Servizo de Promoción e Integración Universitaria (é o servizo da USC competente a estes efectos). Ambas partes acordarán as adaptacións curriculares da materia que fosen pertinentes para atender cada situación particular, e mesmo poderían arbitrar a mesma solución avaliativa prevista para o alumnado con dispensa.
150 horas totais (51 presenciais e 99 de traballo autónomo), que se reparten do seguinte xeito:
- Actividades expositivas en grupo grande: 24 horas presenciais e 35 de traballo autónomo.
- Actividades interactivas en grupo mediano: 24 horas presenciais e 45 de traballo autónomo.
- Actividades titoriais en grupo pequeno: 3 horas presenciais e 19 de traballo autónomo.
- Asistencia continuada ás aulas e participación activa nelas.
- Realización do conxunto dos traballos e actividades programadas.
- Lectura atenta da guía docente, no caso de que se ofreza; nese documento detallaranse con máis concreción numerosos aspectos referentes ao desenvolvemento da materia, nomeadamente os relativos a actividades de aprendizaxe, e instrumentos e criterios de avaliación.
- Os docentes informarán na aula ao alumnado cada vez que deixen material para o estudo ou a ampliación de contidos, para o que se creará un curso virtual da materia aloxado no Campus Virtual da USC, a fin de evitar o gasto de papel que implica o indicado anteriormente.
- Na intención de materializar a igualdade de xénero no quefacer comunicativo universitario, recoméndase facer na materia uso dunha linguaxe non sexista nin discriminatoria, tanto na actividade cotiá de aula como en calquera traballo escrito que se elabore. Ao respecto, a USC dispón en https://www.usc.gal/gl/servizos/area/normalizacion-linguistica/mellorar… de dous documentos, breves e prácticos, para aprenderdes a empregar a linguaxe de xeito inclusivo.
- No que cómpre aos traballos que elabore o alumnado, estes deberán respectar as seguintes condicións:
1. Normas de estilo e formato: ver https://www.usc.gal/gl/servizos/area/normalizacion-linguistica/mellorar…, onde tamén figuran indicacións para evitar a linguaxe sexista. É ademais importante ter en conta o traballado nas sesións (no caso de que se organicen) de competencias xenéricas de primeiro curso respecto da comunicación escrita. Non hai extensión mínima nin máxima dos traballos, salvo indicación en contra.
2. Emprego responsable de recursos: cada traballo será presentado nun só volume, con folios tamaño DIN A4, grampados; non incluirá follas en branco no interior nin plásticos ou outros envoltorios innecesarios no exterior; na impresión utilizarase calidade “aforro de tinta” ou “borrador”; sempre que sexa posible, empréguese papel escrito polas dúas caras, e mellor, reciclado; evítese abusar das grosas, das maiúsculas, das cores, e de anexos que non teñan relación cos temas desenvolvidos.
3. Entrega (no caso de que non sexa dixital): os traballos poden entregarse ata as 21 horas do día que se sinale como data límite. Deixaranse no compartimento do docente correspondente na conserxería da Facultade; tamén poden enviarse por correo postal certificado, sempre e cando o día de envío non exceda a data límite.
4. Valoración: á marxe da calidade dos contidos en si (en relación coa materia), a valoración final de cada traballo terá tamén en conta a gramaticalidade, a cohesión, a coherencia, a adecuación e o formato. O recurso ao plaxio ou ao emprego de intelixencia artificial implicará a desestimación do traballo.
- Normas de comportamento nas clases:
• O alumno/a que entre tarde a clase ou o que saia antes do remate desta: no caso de que fose por razón xustificada, deberá documentarlle ao/á docente canto antes ese particular; do contrario, tanto nun caso coma noutro, computará como falta de asistencia.
• Durante as clases: o alumnado permanecerá na aula salvo por motivos de urxencia ou de saúde. Por suposto manterá un comportamento adecuado, silencioso, respectuoso e construtivo en beneficio dun bo desenvolvemento das sesións, sobre todo no tocante ao uso da palabra.
• Móbiles, reloxos ou calquera outro aparello/instrumento que poida xerar ruído: estarán apagados durante as clases.
• Ordenadores portátiles, “tabletas”, teléfonos intelixentes ou calquera outro dispositivo dixital: poden ser empregados na aula sempre que o seu uso sexa pertinente ao obxecto de cada clase; por exemplo, navegar por internet durante o desenvolvemento dunha sesión pode estar xustificado ou resultar un uso inaceptable, en virtude do traballo que se estea a realizar na clase nese momento.
• Bebida ou comida: en clase, absterse de mastigar goma, beber calquera líquido ou inxerir calquera alimento, salvo por motivos xustificables de saúde; se é este o caso, infórmese canto antes ao/á docente.
• Mobiliario: por favor cóidao, e por suposto non escribas nas mesas (respecta o traballo do persoal de limpeza).
• Ao marchar da aula: deixa ordenado o mobiliario da sala; evita abandonar calquera tipo de residuo ou resto fóra das papeleiras ou dos colectores selectivos. Se usaches o canón e/ou os equipos informáticos, apágaos (tamén os pilotos “stand by”); se es a última persoa en saír, apaga as luces.
Obviamente trátase de normas básicas de respecto e boa convivencia entre persoas adultas, cuxo incumprimento terá efectos na avaliación final da materia. En definitiva, a cualidade e calidade das interaccións que se agardan e esixen de nós como universitarios/as precisan dunha implicación persoal que favoreza a expresión, difusión e creación de ideas libre e respectuosa, a eficacia da formación e a extensión do coñecemento.
- A alumna ou alumno que durante o semestre se vise afectado por calquera circunstancia (persoal, emocional, familiar, económica, de saúde etc.) que dificultase ou impedise o seu progreso normal na materia e/ou a súa asistencia habitual ás sesións presenciais, debería poñer a súa situación en coñecemento dos docentes o antes posible, por se fose conveniente activar adaptacións metodolóxicas ou avaliativas na materia.
- O alumnado que non asista habitualmente a clase (sexa porque repite a materia ou por outras circunstancias) deberá respectar as datas xerais de entrega de traballos, sendo ademais recomendable que manteña contacto periódico cos docentes a través das titorías para asegurar o axeitado progreso na materia e a superación dos seus obxectivos de aprendizaxe.
- Nesta materia está explicitamente prohibido o plaxio e o uso da intelixencia artificial en calquera tarefa ou exercicio que o/a docente lle encargue ao alumnado. Incumprir esta pauta implica que a valoración da tarefa ou exercicio en cuestión sería de 0 puntos.
- Os docentes resérvanse o dereito de dar por nulo parcial ou totalmente calquera exercicio de avaliación da materia no caso de detectar que o alumnado ilexitimamente cometeu falsificación ou fraude á hora de preparalo ou respondelo. A cualificación resultante nesa oportunidade da avaliación sería Suspenso.
- Os docentes son responsables do que din ou do que escriben, non do que se di que din, ou do que se di que escriben. En relación con isto, advírtese e prevense dun uso inadecuado das tecnoloxías e especialmente das redes sociais: cada quen será responsable do que publica ou do que difunde.
- Os docentes dispoñen dun horario amplo de titorías de despacho ao longo de todo o curso para acompañar o alumnado no seu proceso de aprendizaxe e mellora, sempre a demanda da/do estudante en cuestión. Neste sentido é imprescindible, antes de acudir a titorías, que a alumna ou alumno lle solicite cita ao/á docente a través do correo-e (francisco.candia [at] usc.gal (francisco[dot]candia[at]usc[dot]gal) ou luzia.oca [at] usc.es (luzia[dot]oca[at]usc[dot]es), segundo o caso), especificando os horarios que a/o estudante tería dispoñibles nos seguintes días.
- Calquera traballo en papel que presente o alumnado para esta materia no actual ano académico poderá ser recollido por calquera dos seus autores ou autoras (no despacho dalgún dos docentes, e no seu horario de titorías en cada momento) ao longo do mes de setembro inmediatamente posterior ao vindeiro ano académico (é dicir, os docentes custodian os traballos durante case dous anos académicos). A partir do 1 de outubro seguinte os documentos non recollidos serán destruídos.
Francisco Xose Candia Duran
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 982821019
- Correo electrónico
- francisco.candia [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Colaborador
Luzia Oca Gonzalez
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Antropoloxía Social
- Teléfono
- ext 24732
- Correo electrónico
- luzia.oca [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 24 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 24 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Aula 24 |
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_03 | Galego | Aula 29 |
17.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 22 |
19.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 22 |