Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
A finalidade perseguida nesta materia é que as alumnas e alumnos adquiran unha visión de síntese, mediante un estudio diacrónico e comparativo, dos procesos pedagóxicos que conduciron á actual configuración desta etapa educativa. Este estudio se realizará mediante a análise do pensamento e da práctica efectuada en distintos modelos de escolas de párvulos no mundo contemporáneo.Trátase de que a/o estudante adquira coñecementos sobre as orixes e estado actual da educación de párvulos e que ó mesmo tempo sexa capaz de analizar os fundamentos que orientan esta etapa do sistema educativo. A materia baséase en suscitar nos alumnos a capacidade reflexiva mediante a análise de textos, imaxes e material que estimulen o seu pensamento crítico e a comprensión da educación.
Nas clases teóricas faise unha síntese actualizada do coñecemento, e nas prácticas deben aplicar o seu coñecemento ao comentario perspicaz e crítica de textos, imaxes visuais e material escolar. O traballo en equipo axuda a entender os fundamentos da aprendizaxe cooperativa e a ter en conta os puntos de vista dos demais que enriquecen reciprocamente, e a comprender que o coñecemento e unha construción colectiva. Estes aspectos se fornecen coa páxina virtual da materia onde os alumnos teñen a posibilidade de debater en foros e recibir máis información. As metas desta materia se concretan nos seguintes obxectivos:
Conceptuais:
1.- Comprender os procesos educativos da infancia, tanto dentro da familia como nas institucións escolares.
2.- Coñecer conceptos teóricos e históricos relevantes na práctica profesional da educación infantil.
3.- Diferenciar entre distintos modos, modelos e sistemas de educación referidos ás escolas infantís dende perspectivas históricas e comparadas.
4.- Percibir as diferenzas, semellanzas e cambios nas reformas da educación infantil, establecendo comparacións entre as distintas solucións establecidas.
Procedimentais:
1.- Desenvolver a capacidade de análise e síntese no coñecemento da educación infantil.
2.- Adquirir a capacidade de desenvolver o pensamento crítico.
3.- Amosar perspicacia para a comprensión e comentario de textos pedagóxicos, imaxes e material de ensino e xogo.
4.- Desenvolver habilidades de elaboración de traballos escritos conforme a criterios académicos.
Actitudinais:
1.- Posuír apertura cara ó coñecemento e espírito de tolerancia.
2- Desenvolver as disposicións que habilitan para ser un bo profesional da educación, especialmente a capacidade de comunicación e relación coas persoas, sentido da responsabilidade e optimismo.
3.- Amosar espírito de iniciativa e pensamento autónomo que permita tomar decisións libres e sensatas como educadores.
1.- A educación como fenómeno humano. Teorías educativas e modos de educación. Os contextos educativos e as familias. As institucións educativas e os educadores persoais.
2.- Pensamento pedagóxico e educación de párvulos. De Comenio a Pestalozzi: sobre a necesidade dunha educación regulada dos nenos pequenos.
3.- O nacemento das escolas de párvulos en Europa. A escola de New Lanark e o movemento lancasteriano. Os primeiros parvularios en España: Pablo Montesino e a escola de Virio.
4.- O pensamento romántico e a educación da infancia. Análise do pensamento fröbeliano. Desenvolvemento do Kindergarten e difusión do fröbelianismo. Influxo de Fröbel en España. O desenvolvemento da educación infantil na segunda metade do século XIX.
5.- O parvulario montessoriano: análise dos fundamentos básicos. O parvulario decrolyniano. Outros modelos de parvulario na primeira metade do século XX.
6.- As aportacións da escola de Xenebra. Claparède e Piaget. O método Audemars e Lafendel. O influxo das ideas piagetianas.
7.- Evolución da educación infantil en España durante o século XX. As leis educativas da democracia e a educación infantil
8.- A teoría constructivista na educación infantil. O coñecemento práctico no contexto dos parvularios. Análise do material escolar e do xogo infantil dende a perspectiva da aprendizaxe.
9.- Análise comparativo dos sistemas de educación infantil na Unión Europea. Modelos escolares e non escolares. A educación infantil noutros continentes.
10.- Tendencias actuais na educación de párvulos. O Instituto Picklet. As escolas infantís de Módena e Reggio Emilia. O modelo High/Scope. Preescolar na casa. A educación infantil no século XXI.
Referencias básicas:
González-Agápito, J. (2003) La educación infantil. Lecturas de un proceso histórico en Europa. Octaedro.
Pozo Andrés, M. M., Álvarez Castillo, J. L., Luengo Navas, J. J., e Otero Urtaza, E. (2002). Teorías e instituciones contemporáneas de educación. Biblioteca Nueva.
Sanchidrián Blanco, C., e Ruiz Berrio, J., (coords.) (2010). Historia y perspectiva actual de la educación infantil. Graó.
Referencias complementarias:
Abbagnano, N., e Visallberghi, A. (1988). Historia de la Pedagogía (reimp.). FCE.
Ariès, P., e Duby, G (Dr.). (2000). Historia de la vida privada (5 volumes). Taurus.
Borras, J. M. (1996). Historia de la infancia en la España contemporánea. Fundación Germán Sánchez Ruipérez.
Bowen, J. (1992). Historia de la educación occidental. El occidente moderno: Europa y el nuevo mundo. S. XVII-XX. (T.III), Herder.
Colmenar Orzaes, C. (1991). Las escuelas de párvulos en España durante el siglo XIX: su desarrollo en la época de la Restauración. Historia de la Educación, 10, 89-105.
Colmenar Orzaes, C. (1995). Génesis de la educación infantil en la sociedad occidental. Revista Complutense de Educación, 6, 15-29.
De Puelles Benítez, M. (2011). Un proyecto educativo singular: La Institución Libre de Eseñanza. En Política y educación en la España contemporánea (pp. 41-56). Editorial UNED.
Donnachie, I. (2014). People, Places and Spaces: Education in Robert Owen’s New Society. En S. Mills, P. Kraftl, P. (eds) Informal Education, Childhood and Youth (pp. 81-96). Palgrave Macmillan. https://doi.org/10.1057/9781137027733_6
Gardner, H. Feldman, D.H. e Krechevsky, M.(2001). El Proyecto Spectrum (3 volumes). Morata.
Hoyuelos, A. (2006). Estética en el pensamiento y obra de Loris Malaguzzi. Octaedro.
Luzuriaga, L. (1994). Historia de la educación y de la pedagogía (reimp.). Losada.
Michelet, A (1977). Los útiles de la infancia. Herder.
Taylor Allen, A. (1986). Jardines de niños. Jardines de Dios: Kindergartens y guarderías en Alemania en el siglo XIX. Revista de Educación, 281, 125-154.
Zabalza, M. (1996). Calidad en la educación infantil. Narcea.
Na guía docente da materia detallarase documentación específica asociada a cada tema/bloque.
Inclúense aquí as competencias oficialmente establecidas no plano de estudio desta materia:
Competencias xerais:
- G1. Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período 0-6, no contexto familiar, social e escolar.
- G9. Coñecer a organización das escolas de educación infantil e a diversidade de acciones que comprende o seu funcionamento.
Competencias básicas:
- B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
- B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudio) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
Competencias específicas.
- E27. Situar a escola infantil no sistema educativo español, no contexto europeo e no internacional.
- E28. Coñecer experiencias internacionais e exemplos de prácticas innovadoras en educación infantil.
- E29. Valorar a importancia do traballo en equipo.
- E30. Participar na elaboración e seguimento de proxectos educativos de educación infantil no marco de proxectos de centro e na colaboración co territorio y con outros profesionais e axentes
sociais.
- E31. Coñecer a lexislación que regula as escolas infantís e a súa organización.
- E32. Valorar a relación persoal con cada estudante e a súa familia como factor de calidade da educación.
Competencias transversais.
- T3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
- T4.- Competencia informacional.
Actividades presenciais:
• En gran grupo: expositivas, clases de pizarra, actividades prácticas xerais, organización de grupos, presentación do material, debates e sesións de avaliación.
• En grupo de traballo: Actividades prácticas en grupo reducido, análises e comentario de textos, imaxes e material escolar, presentación de plans de traballo e de informes.
• Actividades en pequeno grupo ou individuais: Titoría individualizada, reunións de equipos de traballo, comentario e lecturas.
• Como actividade de traballo interdisciplinar cabe a posibilidade de realizar unha saída a un centro de investigación e documentación.
Actividades non presenciais:
• Actividades de traballo autónomo: asistencia a charlas, exposicións, películas, lecturas, estudo individualizado e outras actividades recomendadas.
• Actividades en grupo mediano (seminarios): estudo autónomo individual ou de grupo e procura de información complementaria.
• Actividades en pequeno grupo ou individuais: Escritura de exercicios, conclusións e outros traballos, lecturas recomendadas, actividades en biblioteca o similar, preparación de presentacións, orais e debates ou similar.
Competencias relacionadas entre as actividades do profesorado e alumnado:
• En gran grupo: G1, G9. B2, B3, E27, E28, E30, E31, E32, T3, T4.
• En grupo de traballo: G1, B2, B3, E27, E28, E29, E30, T3, T4.
• Actividades en pequeno grupo ou individuais: B2, B3. E29, E30, E32, T3, T4.
Nas clases teóricas o profesor presentará os contidos de cada tema que estarán apoiados polo material que se lles facilitará. O uso da bibliografía deberá adecuarse a cada tema específico, así como os aspectos máis relevantes que proporcionan para o aproveitamento no estudo.
O traballo das sesións prácticas céntrase no desenvolvemento da capacidade de comentar imaxes, textos pedagóxicos, saber buscar e organizar fontes de información, analizar e avaliar material escolar, xoguetes, e calquera outra actividade que se especifique puntualmente. Nos comentarios de texto se traballan máis especificamente as capacidades de análise, síntese, e desenvolvemento do pensamento crítico.
As actividades prácticas inclúen visitas e excursións a escolas infantis e escenarios de aprendizaxe.
Con carácter obrigatorio, os alumnos deberán presentar traballo realizado en equipo que incida nas ideas básicas que se desenvolven no programa conforme as indicacións que dea o profesorado. As características da súa elaboración e a metodoloxía que debe ser empregada para súa realización serán explicadas nas clases. Teranse en conta neste proceso metodolóxico os principios de actividade, socialización e participación para que o alumnado acade as competencias. Este traballo será exposto publicamente en sesións interactivas.
Estes estudos teñen carácter presencial. A asistencia regular ás clases teóricas e prácticas e a participación activa dos alumnos nas mesmas é un elemento valioso para a cualificación. En todo caso é de aplicación a normativa sobre a asistencia as clases da USC do 25 de marzo de 2010 para os graos adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior que especifica que a asistencia a un mínimo do 80% das clases é obrigatoria.
A cualificación final estará composta polos seguintes factores ata o máximo sinalado:
• Participación na aula: 10%.
• Informes escritos e outras producións do alumnado: 35%.
• Presentacións orais de traballos ou probas orais específicas: 15%.
• Proba específica: 40%.
Para obter unha cualificación positiva será necesario obter un mínimo dun 50% entre a suma das diferentes partes de cualificación. Para obter unha valoración positiva da materia será necesario entregar os traballos nos prazos previstos. Os traballos, informes e comentarios de texto deberán ser orixinais e feitos especificamente para esta materia. A entrega dun traballo non orixinal suporá o suspenso automático.
As alumnas e alumnos que non entregasen os traballos solicitados e que suspendesen na primeira convocatoria, non teñen obriga de presentar ningún traballo para as seguintes convocatorias, pero a súa cualificación non poderá ser superior a 7 puntos, provenientes dunha proba. Porén, calquera estudante suspenso poderá intentar mellorar a puntuación obtida nos traballos, comentarios de texto e informes nas seguintes convocatorias.
As actuacións do profesorado rexeranse, en todo caso, pola Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011 (DOG 21 de xullo de 2011) e modificada pola Resolución do 5 de abril de 2017 (DOG, 8 de maio). A asistencia a clase é obrigatoria salvo concesión de dispensa. Conforme a esa disposición legal se lembra que “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas" será de aplicación o recollido nesa normativa.
Alumnado con dispensa de asistencia a clase:
O alumnado que obteña e acredite a dispensa de asistencia ás clases será avaliado mediante unha proba final específica cunha valoración do 100% da cualificación. Recoméndase que o alumnado con dispensa asista a todas as sesións presenciais que lle sexa posible coa fin de preparar a citada proba e seguir os contidos que se traballen na aula.
Para superar a materia será necesario amosar capacidade no comentario de texto pedagóxico, así como saber responder na proba específica ás cuestións básicas traballadas. Neses casos, para aprobar esta materia é obrigatoria a superación da proba final na cal se incorporarán contidos vistos nas clases teóricas e prácticados nas sesións interactivas.
O alumnado que teña concedida dispensa de asistencia terá que aterse ao disposto na Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral.
Actividades presenciais.
• En gran grupo: expositivas, clases de pizarra, actividades prácticas xerais, organización de grupos, presentación do material, debates e sesións de avaliación. 24 horas.
• En grupo de traballo: Actividades prácticas en grupo reducido, análises e comentario de textos, imaxes e material escolar, presentación de plans de traballo e de informes. 24 horas.
• Actividades en pequeno grupo ou individuais: Titoría individualizada, reunións de equipos de traballo, comentario e lecturas. 3 horas.
Actividades non presenciais:
• Actividades de traballo autónomo: asistencia a charlas, exposicións, películas, lecturas, estudo individualizado e outras actividades recomendadas. 35 horas.
• Actividades en grupo mediano (seminarios): estudo autónomo individual ou de grupo e procura de información complementaria. 45 horas.
• Actividades en pequeno grupo ou individuais: Escritura de exercicios, conclusións e outros traballos, lecturas recomendadas, actividades en biblioteca o similar, preparación de presentacións orais e debates ou similar. 19 horas.
No que respecta a coñecementos previos, axuda ter lido obras ou ensaios sobre a historia da infancia ou da familia, coñecer ós autores clásicos da educación infantil e estar familiarizado co material escolar das escolas infantís. Os alumnos e alumnas deben ter desenvolta a capacidade de redacción e expresión escrita, saber usar os recursos da biblioteca e saber buscar información por medios telemáticos. É unha materia que debe estudarse a cotío, especialmente traballando o comentario de texto dos autores de referencia e establecendo relacións e diferenzas entre as distintas propostas e solucións das teorías e prácticas pedagóxicas na educación infantil. Os estudantes deben usar as titorías para resolver as súas dúbidas e afondar nas canles do estudo que está a desenvolver.
Nas primeiras sesións de clase, tendo en conta o calendario de realización de traballos, estableceranse as datas para a entrega de lecturas e informes. Esta materia desenvólvese parcialmente na USC-virtual. É necesario que todos os alumnos e alumnas se dean de alta na mesma, tanto para entregar traballos e comentarios de texto, participar en foros ou usar o correo electrónico na titoría e ter acceso ao material de contidos que está a súa disposición nesa páxina. A biblioteca da Facultade ten unha alta especialización en libros referidos a esta materia, e os estudantes deben acostumarse a utilizala dende o primeiro día, así como todas as súas posibilidades de procura de información. Asemade o estudante debe facer uso das redes telemáticas especializadas. O programa se explica máis detidamente na Guía da materia.
Responsabilidade mediambiental
Nesta materia a entrega de material é fundamentalmente virtual. Porén, en casos excepcionais que se entreguen traballos en papel:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados,
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes, así como anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Perspectiva de xénero:
Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
David Garcia Romero
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 982821010
- Correo electrónico
- d.garcia.romero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Leticia Lopez Castro
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 982821052
- Correo electrónico
- leticia.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 24 |
17:30-19:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 24 |
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_04 | Galego | Aula 24 |
Mércores | |||
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_03 | Galego | Aula 27 |
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Aula 27 |
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 27 |
13.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 22 |
13.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 22 |
13.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 23 |
13.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 23 |
13.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |
13.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 29 |
16.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 29 |
16.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |