Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Matemática
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
- Coñecer o tratamento curricular da matemática na Educación Infantil e as implicacións cara á súa ensinanza e aprendizaxe.
- Adquirir unha formación matemática básica que capacite ao alumnado para levar a cabo o seu futuro labor docente.
- Coñecer as principias teorías sobre o desenvolvemento dos conceptos matemáticos no neno.
- Manexar materiais e recursos para a ensinanza-aprendizaxe da matemática en Educación Infantil.
- Acadar e demostrar competencia en lingua galega, por formar parte a materia do proxecto CompetenteS, impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade.
Temas a desenvolver:
1. A MATEMÁTICA NA EDUCACIÓN INFANTIL:
· Que é aprender Matemáticas en Educación Infantil?
· O currículo de Matemáticas en Educación Infantil.
2. A CONSTRUCIÓN DO COÑECEMENTO LÓXICO-MATEMÁTICO:
· Características do coñecemento lóxico-matemático.
· Adquisición de estruturas lóxico-matemáticas en Educación Infantil.
3. COÑECEMENTOS ACERCA DO NÚMERO:
· Adquisición do concepto de número. Situacións de ensinanza-aprendizaxe para o número.
· Iniciación ao sistema de numeración decimal e ao cálculo.
4. INICIACIÓN Á MEDIDA:
· Noción de magnitude e medida. Medida e estimación de magnitudes en Educación Infantil.
· Fases no proceso de ensinanza-aprendizaxe das magnitudes e a súa medida.
5. A CONSTRUCIÓN DO ESPAZO:
· Percepción e representación do espazo.
· Aproximación ás nocións topolóxicas.
· Recoñecemento e análise de figuras planas e tridimensionais.
6. RECURSOS E MATERIAIS DIDÁCTICOS NA ENSINANZA-APRENDIZAXE DA MATEMÁTICA EN EDUCACIÓN INFANTIL.
Bibliografía básica:
- AGUILAR LIÉBANA, B. et al., Construir, jugar y compartir : Un enfoque constructivista de las matemáticas en Educación Infantil. Enfoques educativos, 2010.
- ALSINA, Á, Itinerarios didácticos para la enseñanza de las matemáticas (3-6 años), Graó, 2022.
- CASTRO, E. e CASTRO, E. (Coords.), Enseñanza y aprendizaje de las matemáticas en Educación Infantil, Pirámide, 2016.
- MUÑOZ-CATALÁN, C. e CARRILLO, J. (Eds.), Didáctica de las matemáticas para maestros de Educación Infantil, Editorial Paraninfo, 2018.
Bibliografía complementaria:
- ALSINA, Á, Matemáticas intuitivas e informales de 0 a 3 años : elementos para empezar bien, Narcea, 2015.
- ALSINA, C., Enseñar matemáticas, Graó, 1996.
- BAROODY, A., El pensamiento matemático de los niños, Visor, 1988.
- BERDONNEAU, C., Matemáticas activas (2-6 años), Graó, 2008.
- BOULE, F., Manipular, organizar y representar: Iniciación a las matemáticas, Narcea, 1995.
- CANALS, Mª A., Los dossiers de María Antonia Canals, Associació de Mestres Rosa Sensat, 2009.
- CHAMORRO, Mª d. C., Didáctica de las matemáticas para Educación Infantil, Pearson Educación, 2005.
- CLEMENTS, D. H. e SARAMA, J., El aprendizaje y la enseñanza de las matemáticas a edad temprana: El enfoque de las trayectorias de aprendizaje, Learning Tools LLC, 2015.
- DICKSON, L. et al., El aprendizaje de las matemáticas, Labor, 1991.
- KAMII, C., El número en la educación preescolar, Visor, 1986.
- LOVELL, K., Desarrollo de los conceptos básicos matemáticos y científicos en los niños, Morata, 1982.
Revistas españolas de investigación e experiencias en Educación Matemática Infantil:
- Edma 0-6: Educación Matemática en la Infancia, http://www.edma0-6.es/index.php/edma0-6.
Competencias e resultados da aprendizaxe que o/a estudante debe adquirir:
Competencias xerais (G):
G1. Coñecer os obxectivos, contidos curriculares e criterios de avaliación da Educación Infantil.
G3. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás singulares necesidades educativas dos estudantes, á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos.
G5. Reflexionar en grupo sobre a aceptación das normas e o respecto aos demais. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira infancia
G11. Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelos nos estudantes.
Competencias específicas (E) da materia:
E33. Coñecer os fundamentos científicos, matemáticos e tecnolóxicos do currículo desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
E34. Coñecer estratexias didácticas para desenvolver representacións numéricas e nocións espaciais, xeométricas e de desenvolvemento lóxico.
E35. Comprender as matemáticas como coñecemento sociocultural.
E41. Fomentar experiencias de iniciación ás tecnoloxías da información e a comunicación.
Competencias transversais(T):
T2. Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
A distribución semanal das clases constará dunha sesión de 1,5 horas en grupo expositivo e unha de 1,5 horas en grupo interactivo de laboratorio. Cada estudante contará así mesmo con 3 horas de titorías programadas, distribuídas ao longo do transcurso da materia en dúas sesións de 1,5 horas debidamente fixadas no horario.
As actividades formativas en grupo expositivo están concibidas para presentar o itinerario formativo que se seguirá e desenvolver, aclarar e comentar os contidos que ofrecen maior dificultade de comprensión, incidindo nos aspectos básicos e máis relevantes (ao tempo que se resolven os problemas de aprendizaxe iniciais que poida presentar o alumnado). O profesorado utilizará a exposición e o debate en gran grupo, promovendo a reflexión do alumnado sobre determinados supostos de acordo cos contidos abordados. Permiten desenvolver fundamentalmente as seguintes competencias: G1, G11; E33, E41; T2, T3. En particular, estarán dirixidas principalmente á adquisición das seguintes aprendizaxes:
- Comprender os conceptos matemáticos que forman parte da matemática escolar, en especial os directamente involucrados na etapa de Educación Infantil.
- Corrixir posibles concepcións erróneas do futuro profesorado sobre as matemáticas escolares.
- Coñecer teorías acerca do desenvolvemento dos conceptos matemáticos na infancia.
As actividades en grupo interactivo desenvolveranse no marco de métodos de resolución de problemas matemáticos e didácticos, preferentemente, implicando tamén un importante traballo autónomo individual e en grupo. O debate, a lectura e comentario de documentos e a exposición de traballos, requirirán unha porcentaxe elevada de horas de traballo persoal do alumnado, co fin de propiciar unha aprendizaxe autónoma, cooperativa e que desenvolva a capacidade de expoñer publicamente os resultados do traballo realizado. Isto propiciará o desenvolvemento das competencias máis ligadas ao pensamento crítico, ao uso das tecnoloxías da información e a comunicación e en xeral a boa parte das competencias citadas (G1, G2, G11; E34, E35, E41; T2, T3). Procuraranse, entre outras, as seguintes aprendizaxes:
- Experimentar o modo de facer das matemáticas.
- Reflexionar sobre as implicacións didácticas que supoñen determinados aspectos epistemolóxicos das matemáticas.
- Coñecer materiais para a ensinanza-aprendizaxe da matemática en Educación Infantil.
- Tomar contacto con diversas investigacións que se están levando a cabo sobre a tratamento da matemática en Educación Infantil.
Así mesmo, o alumnado poderá acudir ás sesións de titoría, tanto ás programadas no horario da materia como ás ordinarias fixadas polo profesor no seu horario, para ser atendido individualmente ou en grupos moi reducidos tratando de orientar o seu traballo e de dirixir a súa aprendizaxe, co fin de desenvolver as competencias G3, G11; E34, E35, E41; T2, T3 .
A materia contará con aula virtual, a través da cal se realizarán as comunicacións oficiais e se procurará proporcionar todo o material necesario para a realización das actividades propostas.
Se as circunstancias o permiten, contemplarase a realización de relatorios, prácticas de campo ou experiencias prácticas de ApS con centros e institucións que manteñan vinculación coa Universidade de Santiago de Compostela, que axuden a consolidar as aprendizaxes pretendidas na materia.
Esta materia e o seu docente participan do proxecto CompetenteS da Comisión de Normalización Lingüística da Facultade, co perfil de galego. Por iso, o profesor desenvolverá en lingua galega a docencia da materia (expositiva, interactiva e titorial) e todas as actividades ligadas a ela, á marxe de que parte dos textos escritos que o alumnado deberá ler puidesen ser ofrecidos noutra lingua. O alumnado, pola súa parte, tamén interactuará co profesorado normalmente na lingua de perfil da materia, tanto a nivel oral como escrito, tanto nas clases como nas titorías, tanto en actividades presenciais como telemáticas ou non presenciais, tanto se son síncronas como asíncronas.
A avaliación levarase a cabo en función do seguinte esquema:
Parte 1:
A) PARTICIPACIÓN NAS SESIÓNS PRESENCIAIS (G1, G3, G5, G11, E33, E34, E35, E41, B1, B2, B3, T2, T3): 10%
B) INFORMES E OUTRAS PRODUCIÓNS ESCRITAS OU ORAIS (G1, G3, G5, G11, E33, E34, E35, E41, B1, B2, B3, T2, T3): 30%
C) PRESENTACIÓNS ORAIS (G1, G11, E33, E34, E35, E41, B1, B2, B3, B4, T2, T3): 10%
Parte 2:
D) PROBAS ESPECÍFICAS (G1, E33, E34, E35, E41, B1, B2, B3): 50%
Para superar a materia será necesario:
- Superar as dúas partes, isto é, obter en cada unha delas polo menos o 40% da cualificación máxima posible.
- Que a suma das cualificacións obtidas nas dúas partes sexa igual ou superior a 5.
Para obter cualificación positiva no apartado A será necesaria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións presenciais. De ser o caso, o profesorado da materia informará oportunamente ao alumnado con dispensa de asistencia da alternativa de avaliación correspondente a este apartado.
Os apartados B e C avaliaranse por medio dun traballo en grupo, a presentar nas sesións do grupo interactivo no tramo final do semestre (previsiblemente entre mediados de novembro e mediados de decembro). A asistencia a polo menos o 50% das sesións presencias poderá ser requisito para presentar o traballo.
As producións entregadas deberán ser orixinais; a entrega dun traballo copiado suporá o suspenso na materia. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
En virtude da participación desta materia no proxecto CompetenteS da Comisión de Normalización Lingüística da Facultade (co perfil de galego), e coa intención de que o profesor poida polo tanto avaliar o dominio por parte do alumnado da competencia T2 da USC (coñecemento instrumental da lingua galega, tanto a nivel oral como escrito), as e os estudantes normalmente presentarán en galego tanto a exposición oral como os traballos escritos da materia. Ao mesmo tempo seranlles valoradas no apartado de participación activa as súas intervencións en galego.
O apartado D, parte 2, consistirá nunha proba final sobre os coñecementos de matemáticas e da súa didáctica traballados na materia.
Segunda oportunidade:
Ao estarmos a falar dunha avaliación continua, o alumnado que precisase acudir á oportunidade de xullo só terá dereito a realizar a proba final, apartado D, manténdoselle as cualificacións obtidas nos restantes apartados.
Alumnado de 2ª convocatoria e posteriores:
O alumnado que xa cursou a materia e obtivo cualificación positiva nos apartados A, B e/ou C terá opción de que se lle garde a cualificación obtida, tendo que facer só o exame. Evidentemente, pode optar por implicarse en todas as actividades de xeito ordinario e neste caso estaría a todos os efectos dentro da casuística xeral. En calquera caso, deberá falar co docente en horario de titorías dentro das dúas primeiras semanas do semestre, a fin de concretar o plan de traballo a seguir para superar a materia.
HORAS PRESENCIAIS: 51 horas en función de
- ACTIVIDADES EN GRUPO EXPOSITIVO (24 horas)
Actividade expositiva
Práctica en grupo clase
Presentación dun plan de traballo
Realización de proba escrita
- ACTIVIDADES EN GRUPO INTERACTIVO (24 horas)
Resolución de problemas
Estudo de casos
Debates
Proxectos e traballos
- ACTIVIDADES EN PEQUENO GRUPO OU INDIVIDUAIS (3 horas)
Reflexión traballo grupo
Discusión de proxectos
HORAS DE TRABALLO AUTÓNOMO: 99 horas en función de
- ACTIVIDADES EN GRUPO EXPOSITIVO (35 horas)
Lectura de documentos
Estudo
Preparación de proba escrita
- ACTIVIDADES EN GRUPO INTERACTIVO (45 horas)
Lectura de documentos
Preparación de presentacións
Busca de información complementaria
Reflexión en pequenos grupos
- ACTIVIDADES EN PEQUENO GRUPO OU INDIVIDUAIS (19 horas)
Resolución de dúbidas
Discusión de proxectos e traballo en pequeno grupo
Actividades de autoavaliación
HORAS TOTAIS: 150
A asistencia ás clases e o traballo nelas favorecerá a adquisición das competencias e a recollida de información. A inmersión na bibliografía recomendada axudará a avanzar nas aprendizaxes e consolidalas.
O alumnado que presente calquera tipo de diversidade funcional ou dificultade para un seguimento diario normal da materia, sexa esa dificultade permanente ou temporal, deberá xustificar a súa situación a través dun documento expedido polo servizo acreditado pola USC a estes efectos (Servizo de Promoción e Integración Universitaria) e informar do seu caso ao docente dentro das dúas primeiras semanas do semestre correspondente, a fin de que poidan acordar á maior brevidade o plan de traballo da/do estudante na materia e, se é preciso, as adaptacións curriculares e/ou avaliativas que fosen pertinentes para atender cada situación particular.
- O alumnado con dispensa de asistencia ás clases deberá respectar os prazos de entrega de traballos e demais requisitos establecidos, e será recomendable e necesario que manteña contacto co profesorado da materia a través das titorías e a plataforma virtual, para garantir o óptimo desenvolvemento da materia e a superación da mesma. En todo caso, dentro dos 15 días seguintes á concesión da dispensa, deberá falar co profesorado para determinar no seu caso a vía de avaliación alternativa ao apartado (A).
- Recoméndase facer uso dunha linguaxe inclusiva, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
- Recoméndase o emprego da conta de correo rai e das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos
https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Pablo Gonzalez Sequeiros
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Matemática
- Teléfono
- 982821040
- Correo electrónico
- pablo.gonzalez.sequeiros [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 29 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | Aula 27 |
16:00-17:30 | Grupo /CLIL_04 | Galego | Aula 27 |
17:30-19:00 | Grupo /CLIL_03 | Galego | Aula 27 |
Xoves | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLIL_05 | Galego | Aula 22 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_02 | Galego | Aula 22 |
22.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |
16.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 22 |