Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Expresión Corporal
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
CONCEPTUAIS (SABER):
• Comprender o concepto de motricidade na etapa de educación infantil e as diferentes perspectivas desde as que se aborda o seu estudio.
• Identificar, desde unha perspectiva global, as competencias, os obxectivos, os criterios de avaliación e os saberes básicos relativos á motricidade e presentes no currículo de educación infantil.
• Coñecer os contidos básicos da motricidade, as variables do proceso de ensino-aprendizaxe e a súa didáctica na educación infantil.
DOS PROCEDEMENTOS (SABER FACER):
• Planificar, aplicar e avaliar propostas didácticas de motricidade infantil tomando como referencia o currículo e adaptadas a un contexto específico.
• Ser capaz de manexar e adaptar as variables do proceso de ensino-aprendizaxe tales como o espazo, os materiais, as interaccións persoais, os instrumentos, o tempo, os recursos e os métodos de ensino na educación infantil.
• Reflexionar, interpretar e extraer conclusións a partir da experimentación motriz.
• Manexar coa actitude crítica e reflexiva as fontes documentais da materia, empregando con rigor académico a información extraída.
DAS ACTITUDES (SABER SER):
• Valorar as posibilidades da motricidade no desenvolvemento de todas as dimensións do ser humano, así como a súa inclusión na educación infantil de forma planificada e intencional.
• Mostrar e transmitir unha actitude inclusiva sobre as singularidades e diversidades motrices, favorecendo un clima de respecto, confianza e de relación positiva.
• A motricidade humana na Educación Infantil.
• Os contidos da motricidade infantil.
• A motricidade no currículo de Educación Infantil.
• A didáctica en motricidade infantil.
• Desenvolvemento curricular e programación da motricidade infantil.
BÁSICA
- Gil, P. (2004). Metodología de la Educación Física Infantil. Sevilla: Wanceulen.
- Sugrañes, E., y Angel, M. (Coords.). (2007). La educación psicomotriz (3-8 años). Cuerpo, movimiento, percepción, afectividad: una propuesta teórico-práctica. Barcelona: Graó.
- Torres, G. (2015). Enseñanza y aprendizaje de la Educación Física en la Educación Infantil. Madrid: Ediciones Paraninfo.
- Ureña, N. (2010). Didáctica de la Educación Física en la Educación Infantil. Murcia: Diego Marín.
COMPLEMENTARIA
- Bilbao, A., y Oña, A. (2000). La lateralidad motora como habilidad entrenable. Efectos del aprendizaje sobre el cambio de tendencia lateral. European Journal of Human Movement, 6, 7-27.
- Cebrián, B., Martín, M. I. y Arroyo, M. A. (2013). Cómo trabajar la motricidad en el aula. Cuñas motrices para infantil y primaria. Buenos Aires: Miño y Dávila.
- Castañer, M., y Camerino, O. (2006). Manifestaciones básicas de la motricidad. Lleida: Edicions de la Universitat de Lleida.
- Castro, J. (2004). El desarrollo de la noción de espacio en el niño de Educación Inicial. Acción pedagógica, 13(2), 162-170.
- Conde, J. L., Martín, C., y Viciana, V. (1997). Las canciones motrices. Metodología para el desarrollo de las habilidades motrices en educación infantil y primaria a través de la música. Barcelona: Inde Publicaciones.
- García, S. y Ureña, N. (2015). La vuelta al mundo en 80 días. Programa de intervención motriz con cuento motor interrelacionado con el trabajo por proyectos en Educación Infantil. En J. Maquilón y Noelia Orcajada (Eds.), Investigación y acción educativa en Infantil y Primaria (279-290). Murcia: edit.um
- Garrido, U., y García-Marín, P. (2017). O conto motor como recurso docente nas etapas de Educación Infantil e Primaria [Obradoiro]. Actividade formativa O Album Ilustrado na Educación Infantil, Lugo, España.
- Gómez, A. (2013). La relajación en niños: principales métodos de aplicación. EmásF. Revista digital de Educación Física, 4(24), 35-43.
- Molina, M., y López, V. M. (2017). Educación física y aprendizaje globalizado en educación infantil: evaluación de una experiencia. Didacticae. Revista de Investigación en Didácticas Específicas, 2, 89-104.
- Navarro, B., y García, J. J. (s.f). El uso de ambientes de aprendizaje en educación infantil para trabajar contenidos de educación física. Recuperado de https://cutt.ly/Gf4BwJW.
- Pallares, C., López, V. M., y Bermejo, A. (2014). Teatro de sombras, diseño y puesta en práctica de una unidad didáctica en educación infantil. La peonza: Revista de educación física para la paz, 9, 63-71.
- Real Decreto 95/2022, de 1 de febrero, por el que se establece la ordenación y las enseñanzas mínimas de la Educación Infantil.
Rey, A., y Trigo, E. (2000). Motricidad... ¿Quién eres?. Apunts, Educación Física y Deportes, 59, 91-98.
- Ureña, N., Cerezo, M. C. López , A. y Alarcón, F. (2018). Programa ACTIVAMotricidad. Ejercicio físico y neurociencia : beneficios en el desarrollo cognitivo, emocional y social en niños. España, Murcia: Lulu
- Vaca, M., y Varela, S. (2008). Motricidad y aprendizaje. Tratamiento pedagógico del ámbito corporal (3-6 años). Barcelona: GRAÓ.
- Zagalaz, M. L., Morenos, R., y Cachón, J. (2001). Nuevas tendencias en la educación física. Contextos educativos, 4, 263-294.
BÁSICAS
CB2-Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación de forma profesional e posúa as competencias que se amosan por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3-Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4-Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5-Que o estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grao de autonomía.
XERAIS
G1-Coñecer os obxectivos, contidos curriculares e criterios de avaliación da educación infantil.
G2-Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, dende unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións: cognitiva, emocional, motriz e volitiva.
G4-Fomentar a convivencia na aula e fora dela e abordar a resolución de conflitos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
G11-Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela nas e nos estudantes.
TRANSVERSAIS
T2-Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3-Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
ESPECÍFICAS
E53-Coñecer os fundamentos da expresión corporal do currículo desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
E54-Coñecer e utilizar cancións para promover a educación auditiva, rítmica e vocal.
E55-Saber utilizar o xogo como recurso didáctico, así como deseñar actividades de aprendizaxe baseadas en principios lúdicos.
E56-Elaborar propostas didácticas que fomenten a percepción e expresión musicais, as habilidades motrices, o debuxo e a creatividade.
SESIÓNS EXPOSITIVAS EN GRAN GRUPO
A metodoloxía principal que se empregará será a "aprendizaxe baseada en problemas” coa finalidade de incentivar a colaboración e a cooperación. Esta metodoloxía combinarase coas explicacións do docente para facilitar a comprensión dos conceptos. Ademais, propoñeranse descansos activos, relacionados cos contidos da materia, para favorecer a dinámica das sesións e a aprendizaxe.
SESIÓNS INTERACTIVAS EN GRUPO MEDIANO
Realizaranse no pavillón da Facultade e estruturaranse en tres fases: momento de encontro, de actividade motriz e de despedida. Buscarase a adquisición das competencias para fomentar o desenvolvemento da motricidade infantil a partir da experimentación de situación motrices, a reflexión construtiva e a análise. Ademais, o alumnado asumirá o rol do docente dirixindo parte dunha sesión e coavaliará as intervencións educativas dos seus compañeiros/as.
TRABALLO GRUPAL
Consistirá no deseño e aplicación de oito situación motrices empregando os recursos didácticos específicos de motricidade infantil: cuña motriz, conto motor, circuíto motor, xogo tradicional, xogo do mundo, canción motriz, ambiente de aprendizaxe, e tarefas motrices relacionadas con centros de interese do currículo.
TRABALLO INDIVIDUAL
Cada alumno/a propoñerá unha actividade motriz por cada contido motor explicado nas sesións interactivas (capacidades perceptivo-motrices, as habilidades motrices básicas, o equilibrio, a coordinación e a expresión corporal).
TITORÍAS EN GRUPO PEQUENO
Planificarase dúas titorías para cada equipo de traballo que se desenvolverán no despacho do profesor. A primeira destinarase a comprender as características do traballo grupal. A segunda orientarase á avaliación procesual do traballo grupal.
AULA VIRTUAL
Deseñarase como un espazo de aprendizaxe útil para comunicarse co alumnado, aloxar recursos bibliográficos, completar as actividades formativas, guiar o traballo autónomo e supervisar o proceso de ensino-aprendizaxe.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE
Os apartados da avaliación-cualificación divídense en catro:
1) PARTICIPACIÓN NA AULA (15%): Para puntuar neste apartado será requisito asistir ao 80% das sesións interactivas e obter a cualificación de APTO no traballo individual, relacionado coa participación nas sesións interactivas.
2) INFORMES ESCRITOS E OUTRAS PRODUCIÓNS (30%): Valorarase a través do traballo grupal, relacionado co deseño e aplicación de oito situacións motrices empregando os recursos didácticos específicos en motricidade infantil. Para puntuar neste apartado será requisito asistir ao 50% das sesións interactivas.
3) PRESENTACIÓNS ORAIS (15%): A cualificación virá da exposición do traballo grupal, asumindo o rol de docente e dirixindo parte dunha sesión interactiva. Para puntuar neste apartado será requisito asistir ao 50% das sesións interactivas.
4) PROBAS ESPECÍFICAS (40%): Corresponderase coas cualificacións obtidas nos traballos relacionadas coa metodoloxía da “aprendizaxe baseada en problemas” ou o exame final.
Para superar a materia deberanse cumprir dúas condicións:
• Obter unha cualificación igual ou superior a 5 puntos (sobre 10) no apartado de proba específica.
• Acadar unha puntuación media de 5 puntos o máis (sobre 10) entre todos os apartados que compoñen a avaliación.
O alumnado que non teña concedida a dispensa de asistencia e non acade o 50% de asistencia nas sesións interactivas non poderá superar a materia na primeira oportunidade debido aos requisitos mencionados anteriormente.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Haberá unha proba global estruturada cos mesmos apartados que configuran a primeira oportunidade (participación na aula, informes escritos e outras producións, presentacións orais e probas específicas). O alumnado terá a posibilidade de decidir as partes ás que presentarse para mellorar a súas cualificacións.
O alumnado que na primeira oportunidade non acade o 50% de asistencia ás sesións interactivas terá que presentar un traballo consistente no deseño dunha proposta didáctica baseada na motricidade infantil cun enfoque global (unidade didáctica, traballo por proxectos ou centro de interese) composta por, alomenos, dez sesións.
As condicións para superar a materia serán as mesmas que na primeira oportunidade.
SEGUNDA CONVOCATORIA E SUCESIVAS (REPETIDORES)
Poderase optar por unha das seguintes opcións:
• Participar de todas as actividades formativas nas mesmas condicións co alumnado de primeira oportunidade.
• Ser avaliado cunha proba similar á de segunda oportunidade.
O alumnado repetidor deberá notificar a opción desexada ao docente. No caso de non facelo, será avaliado mediante a proba global.
ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA – PRIMEIRA OPORTUNIDADE
Deberase ter en conta o cambio das porcentaxes nos apartados da avaliación e as seguintes matizacións:
1) PARTICIPACIÓN NA AULA (10%): Avaliarase co traballo individual e, no exame final, con preguntas relacionadas coas sesións interactivas.
2) INFORMES ESCRITOS E OUTRAS PRODUCIÓNS (30%): O alumnado con dispensa non estará exento da participación no traballo grupal.
3) PRESENTACIÓNS ORAIS (10%): Tampouco estará exento da exposición de traballo grupal.
4) PROBA ESPECÍFICA (50%): A cualificación provirá do exame final ao non poder facer os traballos relacionados coa metodoloxía da “aprendizaxe baseada en problemas”.
Para superar a materia será requisito obter unha cualificación igual o maior a 5 puntos (sobre 10) nos apartados da proba específica e de participación na aula.
ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA – SEGUNDA OPORTUNIDADE
Consistirá nunha proba global estruturada cos mesmos apartados que configuran a primeira oportunidade (participación na aula, informes escritos e outras producións, presentacións orais e probas específicas). O alumnado terá a posibilidade de decidir as partes ás que presentarse para mellorar a súas cualificacións.
As condicións para superar a materia serán as mesmas que na primeira oportunidade.
ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECÍFICAS
O alumnado que requira adaptacións para seguir o desenvolvemento da materia deberá solicitalo ao Servizo de Participación e Integración Universitaria e, inmediatamente despois, concertar unha titoría co docente para concretar o seu plan de traballo.
FRAUDE NAS ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
A materia ten unha carga de 6 créditos ECTS (150 horas), das cales 51 horas son presenciais e distribúense así:
• Expositivas = 24 horas en grupo grande.
• Interactivas = 24 horas en grupo mediano.
• Titorías =3 horas en grupo pequeno.
As horas de traballo autónomo estimadas para cada actividade formativa co fin de superar a materia son:
• Traballo individual = 15 horas.
• Traballo grupal = 54 horas.
• Exame final = 30 horas.
• Coñecer os obxectivos, os contidos, as metodoloxías e as modalidades e casuísticas da avaliación-cualificación.
• Participar de forma activa, construtiva e constante nas sesións presenciais.
• Seguir as orientacións e recomendacións do docente relativas á temporalización, os traballos, os estudo e as fontes documentais.
• Desenvolver as actividades formativas de forma progresiva ao longo do semestre.
• Cumprir cos prazos de entrega e revisar a calidade lingüística dos traballos.
• Empregar as titorías académicas para resolver dúbidas durante o proceso.
• Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.gal/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/oix/desc…
• A entrega dos traballos académicos realizarase a través das ferramentas tecnolóxicas institucionais (Campus Virtual, Microsoft Office 365) coa finalidade de aforrar papel.
• A comunicación co docente vía correo electrónico deberá establecerse coa conta @rai proporcionada pola USC.
Pablo Garcia Marin
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Corporal
- Teléfono
- 982821037
- Correo electrónico
- pablo.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLIL_04 | Castelán | Pavillón |
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_05 | Castelán | Pavillón |
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_03 | Castelán | Pavillón |
13:30-15:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Pavillón |
16:00-17:30 | Grupo /CLIL_02 | Castelán | Pavillón |
Xoves | |||
10:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 24 |
16:00-17:30 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Pavillón |
17:30-19:00 | Grupo /CLIL_03 | Castelán | Pavillón |
19:00-20:30 | Grupo /CLIL_04 | Castelán | Pavillón |
Venres | |||
16:00-17:30 | Grupo /CLIL_05 | Castelán | Pavillón |
17:30-19:00 | Grupo /CLIL_02 | Castelán | Pavillón |
23.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |
20.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 24 |