Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Matemática
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
- Coñecer o tratamento curricular da matemática na Educación Infantil e as implicacións cara á súa ensinanza e aprendizaxe.
- Adquirir unha formación matemática básica que capacite ao alumnado para levar a cabo o seu futuro labor docente.
- Coñecer as principias teorías sobre o desenvolvemento dos conceptos matemáticos na infancia.
- Manexar materiais e recursos para a ensinanza-aprendizaxe da matemática en Educación Infantil.
Temas a desenvolver:
1. A MATEMÁTICA NA EDUCACIÓN INFANTIL:
· Que é aprender Matemáticas en Educación Infantil?
· O currículo de Matemáticas en Educación Infantil.
2. A CONSTRUCIÓN DO COÑECEMENTO LÓXICO-MATEMÁTICO:
· Características do coñecemento lóxico-matemático.
· Adquisición de estruturas lóxico-matemáticas en Educación Infantil.
3. COÑECEMENTOS ACERCA DO NÚMERO:
· Adquisición do concepto de número. Situacións de ensinanza-aprendizaxe para o número.
· Iniciación ao sistema de numeración decimal e ao cálculo.
4. INICIACIÓN Á MEDIDA:
· Noción de magnitude e medida. Medida e estimación de magnitudes en Educación Infantil.
· Fases no proceso de ensinanza-aprendizaxe das magnitudes e a súa medida.
5. A CONSTRUCIÓN DO ESPAZO:
· Percepción e representación do espazo.
· Aproximación ás nocións topolóxicas.
· Recoñecemento e análise de figuras planas e tridimensionais.
6. RECURSOS E MATERIAIS DIDÁCTICOS NA ENSINANZA-APRENDIZAXE DA MATEMÁTICA EN EDUCACIÓN INFANTIL.
Bibliografía básica:
- Aguilar Liébana, B. et al. (2010). Construir, jugar y compartir: Un enfoque constructivista de las matemáticas en Educación Infantil. Enfoques educativos.
- Castro, E. e Castro, E. (Coords.), (2016). Enseñanza y aprendizaje de las matemáticas en Educación Infantil. Pirámide.
- Muñoz-Catalán, C. e Carrillo, J. (Eds.), (2018). Didáctica de las matemáticas para maestros de Educación Infantil. Editorial Paraninfo.
Bibliografía complementaria:
- Alsina, Á. (2006). Cómo desarrollar el pensamiento matemático de 0 a 6 años. Octaedro-Eumo.
- Alsina, C. (1996). Enseñar matemáticas. Graó.
- Baroody, A. (1988). El pensamiento matemático de los niños. Visor.
- Berdoneau, C. (2008). Matemáticas activas (2-6 años). Graó.
- Boule, F. (1995). Manipular, organizar y representar: Iniciación a las matemáticas. Narcea.
- Canals, Mª A. (2009). Los dossiers de María Antonia Canals. Associació de Mestres Rosa Sensat.
- Chamorro, Mª d. C. (2005). Didáctica de las matemáticas para Educación Infantil. Pearson Educación.
- Clements, D. H. e Sarama, J. (2015). El aprendizaje y la enseñanza de las matemáticas a edad temprana: El enfoque de las trayectorias de aprendizaje.Learning Tools LLC.
- Dickson, L. et al. (1991). El aprendizaje de las matemáticas. Labor.
- Kamii, C. (1986) El número en la educación preescolar. Visor.
- Lovell, K. (1982). Desarrollo de los conceptos básicos matemáticos y científicos en los niños. Morata.
- Xunta de Galicia (2009). Legislación da Educación Infantil en Galicia, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Tórculo Artes Gráficas.Revistas españolas de investigación e experiencias en Educación Matemática Infantil:
- Edma 0-6: Educación Matemática en la Infancia, http://www.edma0-6.es/index.php/edma0-6.
Revistas españolas de investigación y experiencias en Educación Matemática Infantil:
- Edma 0-6: Educación Matemática en la Infancia, http://www.edma0-6.es/index.php/edma0-6. Revista española publicada pola Universidade de Valladolid.
Competencias e resultados da aprendizaxe que o/a estudante debe adquirir:
Competencias básicas (CB):
CB1. Posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2. Aplicar os coñecementos ao traballo ou vocación de forma profesional e posuír as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentacións e a resolución de problemas dentro da propia área de estudo.
CB3. Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da propia área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4. Transmitir información, ideas problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5. Desenvolver aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias xerais (G):
G1 - Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no periodo de 0-6, no contexto familiar, social e escolar.
G3. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás singulares necesidades educativas dos estudantes, á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos.
G5. Reflexionar en grupo sobre a aceptación das normas e o respecto aos demais. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira infancia
G11. Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelos nos estudantes.
Competencias específicas (E) da materia:
E33. Coñecer os fundamentos científicos, matemáticos e tecnolóxicos do currículo desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
E34. Coñecer estratexias didácticas para desenvolver representacións numéricas e nocións espaciais, xeométricas e de desenvolvemento lóxico.
E35. Comprender as matemáticas como coñecemento sociocultural.
E41. Fomentar experiencias de iniciación ás tecnoloxías da información e a comunicación.
Competencias transversais(T):
T2. Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
DIRECTRICES XERAIS
As actividades formativas en grupo expositivo están concibidas para presentar o itinerario formativo que se seguirá e desenvolver, aclarar e comentar os contidos que ofrecen maior dificultade de comprensión, incidindo nos aspectos básicos e máis relevantes (ao tempo que se resolven os problemas de aprendizaxe iniciais que poida presentar o alumnado). O profesorado utilizará a exposición e o debate en gran grupo, promovendo a reflexión do alumnado sobre determinados supostos de acordo cos contidos abordados. Permiten desenvolver fundamentalmente as seguintes competencias: G1, G11; E33, E41; T2, T3. En particular, estarán dirixidas principalmente á adquisición das seguintes aprendizaxes:
- Comprender os conceptos matemáticos que forman parte da matemática escolar, en especial os directamente involucrados na etapa de Educación Infantil.
- Corrixir posibles concepcións erróneas do futuro profesorado sobre as matemáticas escolares.
- Coñecer teorías acerca do desenvolvemento dos conceptos matemáticos no neno.
As actividades en grupo interactivo desenvolveranse no marco de métodos de resolución de problemas matemáticos e didácticos, preferentemente, implicando tamén un importante traballo autónomo individual e en grupo. O debate, a lectura e comentario de documentos e a exposición de traballos, requirirán unha porcentaxe elevada de horas de traballo persoal do alumnado, co fin de propiciar unha aprendizaxe autónoma, cooperativa e que desenvolva a capacidade de expoñer publicamente os resultados do traballo realizado. Isto propiciará o desenvolvemento das competencias máis ligadas ao pensamento crítico, ao uso das tecnoloxías da información e a comunicación e en xeral a boa parte das competencias citadas (G1, G2, G11; E34, E35, E41; T2, T3). Procuraranse, entre outras, as seguintes aprendizaxes:
- Experimentar o modo de facer das matemáticas.
- Reflexionar sobre as implicacións didácticas que supoñen determinados aspectos epistemolóxicos das matemáticas.
- Coñecer materiais para a ensinanza-aprendizaxe da matemática en Educación Infantil.
- Tomar contacto con diversas investigacións que se están levando a cabo sobre o tratamento da matemática en Educación Infantil.
Así mesmo, o alumnado poderá acudir ás sesións de titoría programadas no horario da materia, para ser atendido individualmente ou en grupos moi reducidos tratando de orientar o seu traballo e de dirixir a súa aprendizaxe, co fin de desenvolver as competencias G3, G11; E34, E35, E41; T2, T3 .
A materia contará con aula virtual, a través da cal se realizarán as comunicacións oficiais e se procurará proporcionar todo o material necesario para a realización das actividades propostas.
Se as circunstancias o permiten, contemplarase a realización de relatorios, prácticas de campo ou experiencias prácticas de ApS con centros e institucións que manteñan vinculación coa Universidade de Santiago de Compostela, que axuden a consolidar as aprendizaxes pretendidas na materia.
A avaliación levarase a cabo en función do seguinte esquema:
Parte 1: 50% da nota final.
Nesta parte poderanse valorar os seguintes aspectos:
A) PARTICIPACIÓN NAS SESIÓNS PRESENCIAIS (G1, G3, G5, G11, E33, E34, E35, E41, B1, B2, B3, T2, T3).
B) INFORMES E OUTRAS PRODUCIÓNS ESCRITAS OU ORAIS (G1, G3, G5, G11, E33, E34, E35, E41, B1, B2, B3, T2, T3).
C) PRESENTACIÓNS ORAIS OU DIXITAIS (G1, G11, E33, E34, E35, E41, T2, T3 B1, B2, B3, B4, T2, T3).
Parte 2: 50% da nota final.
D) PROBAS ESPECÍFICAS (G1, E33, E34, E35, E41, B1, B2, B3).
O apartado (B) avaliaranse a través dalgún dos seguintes medios:
- Distintas actividades propostas ao alumando durante o transcurso da materia, a realizar de forma individual nas sesións interactivas ou de xeito autónomo.
- Un ou varios traballos en grupo sobre recursos ou estratexias para a ensinanza da matemática en Infantil.
O apartado (C) avaliarase a través de presentacións orais ou dixitais das producións relativas ao apartado (B).
O apartado (D parte 2, consistirá nun exame ou exames escritos con distintas cuestións sobre os coñecementos de matemáticas e da súa didáctica traballados na materia.
A asistencia a polo menos o 50% das sesións presencias poderá ser requisito para poder presentar ditos traballos. As producións entregadas deberán ser orixinais; a entrega dun traballo copiado suporá o suspenso na materia.
O alumnado con dispensa de asistencia ás clases ou exención de docencia deberá respectar os prazos de entrega de traballos e demais requisitos establecidos nos apartados (B) e (C) adaptados á súa realidade. Ademais será necesario que manteña contacto co profesorado da materia a través das titorías e a plataforma virtual, para garantir o óptimo desenvolvemento da materia e a superación da mesma. En todo caso, dentro dos 15 días seguintes á concesión da dispensa, deberá falar coa profesora da materia para concretar no seu caso como realizar os traballos propostos dentro dos apartados (B) e (C) e, se é necesario, a vía de avaliación alternativa ao apartado (A).
- Para superar a materia será necesario:
Superar as dúas partes
Que a suma das cualificacións obtidas nas dúas partes sexa igual ou superior a 5.
- Convocatoria de xullo:
O alumnado que precisase acudir á convocatoria de xullo só terá dereito a realizar a proba final, e manteránselle as cualificacións obtidas nos restantes apartados. Polo tanto, salvo causas excepcionais, non se admitirán traballos ou exposicións para a convocatoria de xullo.
- Seguintes convocatorias
O alumnado terá que presentarse ao profesor/a da materia que lle corresponda durante as dúas primeiras semanas do semestre, quedando constancia por escrito da súa asistencia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificación.
HORAS PRESENCIAIS: 51 horas en función de
- ACTIVIDADES EN GRUPO EXPOSITIVO (24 horas)
Actividade expositiva
Práctica en grupo clase
Presentación dun plan de traballo
Realización de proba escrita
- ACTIVIDADES EN GRUPO INTERACTIVO (24 horas)
Resolución de problemas
Estudo de casos
Debates
Proxectos e traballos
- ACTIVIDADES EN PEQUENO GRUPO OU INDIVIDUAIS (3 horas)
Reflexión traballo grupo
Discusión de proxectos
HORAS DE TRABALLO AUTÓNOMO: 99 horas en función de
- ACTIVIDADES EN GRUPO EXPOSITIVO (35 horas)
Lectura de documentos
Estudo
Preparación de proba escrita
- ACTIVIDADES EN GRUPO INTERACTIVO (45 horas)
Lectura de documentos
Preparación de presentacións
Busca de información complementaria
Reflexión en pequenos grupos
- ACTIVIDADES EN PEQUENO GRUPO OU INDIVIDUAIS (19 horas)
Resolución de dúbidas
Discusión de proxectos e traballo en pequeno grupo
Actividades de autoavaliación
HORAS TOTAIS: 150
A asistencia ás clases e o traballo nelas favorecerá a adquisición das competencias e a recollida de información. A inmersión na bibliografía recomendada axudará ao estudante a avanzar nas súas aprendizaxes e consolidalas.
O alumnado que presente calquera tipo de diversidade funcional ou dificultade para un seguimento diario normal da materia, sexa esa dificultade permanente ou temporal, deberá xustificar a súa situación a través dun documento expedido polo servizo acreditado pola USC a estes efectos
(Servizo de Promoción e Integración Universitaria) e informar do seu caso ao docente dentro das dúas primeiras semanas do semestre correspondente, a fin de que poidan acordar á maior brevidade o plan de traballo da/do estudante na materia e, se é preciso, as adaptacións curriculares e/ou avaliativas que fosen pertinentes para atender cada situación particular.
Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
O alumnado con dispensa de asistencia ás clases deberá respectar os prazos de entrega de traballos e demais requisitos establecidos, e será recomendable e necesario que manteña contacto co profesor da materia a través das titorías e o correo electrónico, para garantir o óptimo desenvolvemento da materia e a superación da mesma.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificación.
Responsabilidade medioambiental:
Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos.
Ana Belen Rodriguez Raposo
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Matemática
- Teléfono
- 881812124
- Correo electrónico
- anabelen.rodriguez.raposo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Salgado Somoza
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Matemática
- Teléfono
- 881812078
- Correo electrónico
- maria.salgado [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao 5º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_01 - Dobre Grao 5º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 21 |
Martes | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLIL_04 (Martínez E - Santac) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 21 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_03 (Fu - Martínez D) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 21 |
Mércores | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_05 (Santad - Z) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 21 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_02 (A - Fr) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 21 |
13.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao 5º | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
23.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao 5º | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |